A Xunta preséntalle á patroal e aos sindicatos as liñas xerais dos orzamentos para o ano que vén, que contemplan unha suba salarial do 2,2% para os funcionarios // A campaña de Nadal pode xerar preto de cincuenta mil contratos temporais en Galicia // Preto de 200 compañías exportadoras negocian con empresas de fóra hoxe na Coruña para ampliar os seus mercados internacionais // Un de cada catro litros de auga para o consumo pérdese por fugas nas redes subministro e a Xunta dalle aos concellos tres anos para que as reduzan // Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller Rural, que pon en valor o papel das mulleres empresarias nas zonas rurais. 15/10/19

Á espera da chegada doutra borrasca a partir de mañá, hoxe o tempo virá marcado por ceos parcialmente anubrados con algunha chuvia illada e ocasional. Pola tarde aumenta a intensidade do vento, que anunciará a chegada desa nova fronte. Os chuvascos serán máis probables no terzo oeste e xa de noite iranse extendendo ao resto da metade occidental. As temperaturas máximas oscilarán entre os 15 graos previstos en Santiago e os 20 de Viveiro. 15/10/19
A vacina da gripe xa está dispoñible nos centros de saúde galegos // Reaccións dos grupos políticos galegos á sentenza do Supremo que condena aos líderes do Procés a penas de ata 13 anos de cadea // A biblia Kennikott, obra cumio da ilustración medieval e un dos manuscritos hebreos máis valiosos do mundo, volve a Galicia cinco séculos despois. 14/10/19
Endesa comprométese ante o presidente da Xunta a estudar alternativas para manter activa a central térmica das Pontes // Unha asociación de vítimas do Alvia sinistrado en Angrois denuncian o borrado de información sobre as avarías do tren, baseándose na denuncia dun extraballador de Talgo // O último cine de Ferrol, a sala Dúplex, reabre as súas portas. 11/10/19
Endesa comprométese ante o presidente da Xunta a estudar alternativas para manter activa a central térmica das Pontes // Unha asociación de vítimas do Alvia sinistrado en Angrois denuncian o borrado de información sobre as avarías do tren, baseándose na denuncia dun extraballador de Talgo // Arranca en Silleda o encontro informático Xuventude Galicia Net, cun milleiro de mozos inscritos e o dobre de velocidade de conexión // Pechadas varias rúas do centro de Pontevedra tras desprenderse parte do arco da escultura do Teucro // O último cine de Ferrol, a sala Dúplex, reabre as súas portas // Hoxe chega a vinte salas galegas "O que arde" de Óliver Laxe. 11/10/19

Seguimos con tempo solleiro. Galicia continúa baixo a influencia do anticiclón e os ceos estarán despexados, con brétemas costeiras na franxa atlántica. As temperaturas soben un chisco, ata 29 graos poden acadar en Ourense, 25 en Lugo e Pontevedra ou 21 na Coruña. A xornada festiva de mañá será de transición. E o domingo chega a Galicia a primeira fronte fría do outono, que deixará chuvias xeralizadas en toda a comunidade, sobre todo no sur. 11/10/19
A Xunta reorganiza o sistema sanitario galego, creando direccións específicas de atención primaria nas áreas sanitarias // A Guarda homenaxea hoxe aos fusilados e vítimas do campo de concentración instalado durante a Guerra Civil no colexio dos Xesuítas de Camposancos // O Grove rende tributo aos tesouros máis prezados do mar na súa festa do marisco ata o próximo domingo. 10/10/19
A Xunta reorganiza o sistema sanitario galego, creando direccións específicas de atención primaria nas áreas sanitarias // O desmaio do conductor podería ter sido a causa do atropelo múltiple ocorrido onte á tarde en Vigo, no que resultaron feridas oito persoas // Nova Pescanova estrea o "Lalandii 1", o primeiro dos sete barcos construidos no estaleiro vigués de Armón para renovar a súa frota // As asociación de saúde mental reivindican máis estratexias para a prevención dos suicidios. En Galicia suicídase cada día unha persoa // A Guarda homenaxea hoxe aos fusilados e vítimas do campo de concentración instalado durante a Guerra Civil no colexio dos Xesuítas de Camposancos // O Grove rende tributo aos tesouros máis prezados do mar na súa festa do marisco ata o próximo domingo. 10/10/19
Día solleiro sen apenas nubes, agás na metade norte ao final do día, onde terán nubes baixas e probables brétemas e bancos de néboa. As temperaturas soben de xeito notable no sur e centro de Ourense e nas montañas de Lugo. As máximas oscilarán entre os 20 graos previstos na Coruña e os 27 de Ourense. 22 terán en Santiago e ata 24º en Pontevedra. 10/10/19
A Xunta reorganiza o sistema sanitario galego, creando direccións específicas de atención primaria nas áreas sanitarias // O desmaio do conductor podería ter sido a causa do atropelo múltiple ocorrido onte á tarde en Vigo, no que resultaron feridas oito persoas // Nova Pescanova estrea o "Lalandii 1", o primeiro dos sete barcos construidos no estaleiro vigués de Armón para renovar a súa frota // As asociación de saúde mental reivindican máis estratexias para a prevención dos suicidios. En Galicia suicídase cada día unha persoa // A Guarda homenaxea hoxe aos fusilados e vítimas do campo de concentración instalado durante a Guerra Civil no colexio dos Xesuítas de Camposancos // O Grove rende tributo aos tesouros máis prezados do mar na súa festa do marisco ata o próximo domingo. 10/10/19
O presidente da Xunta asegura na sesión de control o Parlmento que a falta dun estatuto electrointensivo aboca a Alcoa ao peche // Sanidade promove o 061 como número para atender a persoas con conductas suicidas ou aos seus achegados, co fin de previr e reducir a taxa de suicidios en Galicia // A Coruña acolle a primeira exposición en España cos traballos de Norman Parkinson, o fotógrafo de moda máis famoso do século vinte. 09/10/19
O presidente da Xunta asegura na sesión de control o Parlmento que a falta dun estatuto electrointensivo aboca a Alcoa ao peche // Quince asociacións de pais e nais de colexios da Coruña concéntranse para pedirlle á xunta que contrate máis profesores para atender a menores con necesidades educativas especiais // Sanidade promove o 061 como número para atender a persoas con conductas suicidas ou aos seus achegados, co fin de previr e reducir a taxa de suicidios en Galicia // A Garda Civil exhibe en Ourense os medios que usa para resolver crimes e garantir a seguridade cidadá // Primeiro adestramento de Luis Cesar á fronte do Deportivo, tras relevar a Anquela // A Coruña acolle a primeira exposición en España cos traballos de Norman Parkinson, o fotógrafo de moda máis famoso do século vinte. 09/10/19

Xornada intermedia entre altas e baixas presións, con máis predominio do anticiclón que nos acompará ata a fin de semana. Con ceos despexados pola tarde e algunhas nubes altas no sur. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas oscilarán entre os 18 graos previstos en Santiago e os 23 de Ourense. 09/10/19
A ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, e o presidente da Xunta visitan hoxe a factoría de Alcoa en San Cibrao, en Lugo // Arranca a tramitación parlamentaria da lei que busca garantir o abastecemento de auga en episodios de seca // 37 cámaras de tráfico e oitenta axentes vixilan o "mal aparcamento" no centro da Coruña. 08/10/19
A ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, e o presidente da Xunta visitan hoxe a factoría de Alcoa en San Cibrao, en Lugo // Arranca a tramitación parlamentaria da lei que busca garantir o abastecemento de auga en episodios de seca // 37 cámaras de tráfico e oitenta axentes vixilan o "mal aparcamento" no centro da Coruña // O pleno de Vigo aproba a modificación do plan xeral que posibilita a urbanización do Barrio do Cura // Luis César será o novo adestrador do Deportivo trala destitución de Anquela // O Museo da Catedral de Santiago expón desde hoxe o cadro que representa a traslación dos restos do Apóstolo a Padrón. 08/10/19

Unha fronte fría cruza Galicia e ao seu paso deixará algo de chuvia e sobre todo aire frío que irá entrando de norte a sur co avance do día. Chuvascos que se irán extendendo dende o noroeste ao resto do país. As temperaturas baixan sobre todo na metade norte, con mínimas ao final do día. As máximas oscilarán entre os 20 graos previstos en Santiago aos 28 de Verín, en Ourense. 08/10/19