Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Horas para que Galicia comece festexar por todas partes a noite de San Xoán. As autoridades piden precaución co lume. Na Coruña, onde é multitudinaria, xa está en marcha o dispositivo especial na cidade | Os veciños do rural poderán sacar diñeiro en 200 gasolineiras. A Xunta vén de aprobar as subvencións de ata 30.000 euros para elo. En Galicia, hai 51 concellos sen oficina bancaria e en máis de 100 nos que só queda unha | Máis de 600 persoas físicas endebedadas pediron entre xaneiro e marzo a declaración de concurso de acredores, unha figura que xeralmente asociamos ás empresas pero que calquera pode solicitar | A artista viguesa Pilar Alonso a exposición NON FUN, unha proposta na que se adapta ao espazo da Casa das Artes para amosar e ocultar ao espectador o seu universo plástico como nun xogo teatral

Último día de clase para os máis de 300.000 estudantes de Infantil, Primaria, Secundaria e tamén Bacharelato. Unha despedida ata o próximo curso, que dará comezo en Galicia o 8 de setembro | Un pouquiño máis cara pero de calidade excelente... é o que comentan os pescadores que esta mañá vendían na lonxa a sardiña a 5 euros de media, se ben os usuarios pagámola nos supermercados e prazas case ao dobre: uns 9 euros | Fin das testemuñas no xuízo polo crime de Elisa Abruñedo. O asasino confeso fixo uso da palabra. O obxecto de veredicto entregarase o mércores | Desartellada unha banda que estafaba a persoas maiores simulando ventas nas que as vítimas facían contratos de financiamento | A Xunta declara de interese público a renovación do parque eólico da Serra da Panda, situado entre os municipios coruñeses de Mañón e Ortigueira | O camiño de Santiago de Eric e María | Máis de 3.500 participantes chegados de todas partes de España e ata de 60 países recollían esta mañá as súas credenciais para participar no Multisport, un campionato de ata seis modalidades deportivas para profesionais e afeccionados | O pleno da Real Academia Galega escolle a Begoña Caamaño pola riqueza e madurez da obra literaria da escritora viguesa. Tamén pola a súa traxectoria nos medios públicos | Luz Casal é Marquesa de Luz e Paz. Convértese nunha dos 6 primeiros nobres do reinado de Filipe VI que ata o de agora non concedera ningún título. A artista confesaba nas súas redes sociais sentir unha embrolla de sentimentos: perplexidade, ledicia, pudor e agradecemento

Un pouquiño máis cara pero de calidade excelente... é o que comentan os pescadores que esta mañá vendían na lonxa a sardiña a 5 euros de media, se ben os usuarios pagámola nos supermercados e prazas case ao dobre: uns 9 euros | Fin das testemuñas no xuízo polo crime de Elisa Abruñedo. O asasino confeso fixo uso da palabra. O obxecto de veredicto entregarase o mércores | Desartellada unha banda que estafaba a persoas maiores simulando ventas nas que as vítimas facían contratos de financiamento | Dous detidos e máis de 70 quilos de droga incautada en Vigo | O pleno da Real Academia Galega escolle a Begoña Caamaño pola riqueza e madurez da obra literaria da escritora viguesa. Tamén pola a súa traxectoria nos medios públicos | Máis de 3.500 participantes chegados de todas partes de España e ata de 60 países recollían esta mañá as súas credenciais para participar no Multisport, un campionato de ata seis modalidades deportivas para profesionais e afeccionados | Luz Casal é Marquesa de Luz e Paz. Convértese nunha dos 6 primeiros nobres do reinado de Filipe VI que ata o de agora non concedera ningún título

Un pouquiño máis cara pero de calidade excelente... é o que comentan os pescadores que esta mañá vendían na lonxa a sardiña a 5 euros de media, se ben os usuarios pagámola nos supermercados e prazas case ao dobre: uns 9 euros | Fin das testemuñas no xuízo polo crime de Elisa Abruñedo. O asasino confeso fixo uso da palabra. O obxecto de veredicto entregarase o mércores | Máis de 3.500 participantes chegados de todas partes de España e ata de 60 países recollían esta mañá as súas credenciais para participar no Multisport, un campionato de ata seis modalidades deportivas para profesionais e afeccionados | Luz Casal é Marquesa de Luz e Paz. Convértese nunha dos 6 primeiros nobres do reinado de Filipe VI que ata o de agora non concedera ningún título

A entrada de aire cálido desde o sur segue a deixar temperaturas altas, sobre todo no interior, 34 graos en Lugo e 37 en Ourense, en Santiago os termómetros quedarán en torno aos 30 | Máis fresco en todo o litoral onde a final do día volverán as brétemas | Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior que poden deixar algún chuvasco tormentoso illado

Salientable movemento do mercado inmobiliario en Galicia por riba da media de España cun incremento no mes de abril de case un 17% respecto ao mesmo mes do ano pasado | Dúbidas sobre a viabilidade do acordo entre Alcoa e IGNIS. Sindicatos revelan que a enerxética non ten empregados e dedícase ao cultivo de pistachos | Estrella Galicia abre a que será a maior fábrica de cervexa de España e unha das cinco máis grandes do continente europeo. ‘Hijos de Rivera’ inaugurou hoxe a primeira fase en Arteixo. As novas instalacións xeran 125 empregos, e cando estea finalizada superarán os 600 traballos directos e os dez mil indirectos | Malestar entre os feirantes de Vigo pola negativa do goberno local a validar os permisos para o uso de atraccións nas festas locais. As de Cabral, Fragoselo ou O Calvario non contaron este ano con ningunha destas construcións nas celebracións. Tampouco o farán as de Coia. O Concello di que se limita a cumprir a lei | Un paciente do hospital vigués Álvaro Cunqueiro é o primeiro de España en recibir terapia xénica para tratar a hemofilia B, a menos frecuente. O medicamento, un dos máis caros que se administra no mundo, rolda os dous millóns de euros e permite reducir a unha dose as inxeccións regulares coas que se controla a enfermidade | A Xunta comprométese a renovar o sistema de climatización da residencia de maiores DomusVi de Santiago despois de que o sindicato USO denunciara a situación de usuarios e profesionais no centro estes días soportando temperaturas superiores aos 30 graos | Arranca o europeo de baloncesto para a Selección Española. Entre as doce seleccionadas polo adestrador vigués Miguel Méndez, tres galegas: as xogadoras do Valencia Basket María Araújo e Raquel Carrera; e Paula Ginzo, que milita actualmente no Jairis | O Tribunal Supremo condena aos Franco a devolverlle ao Concello de Santiago dúas esculturas do Mestre Mateo -as imaxes de Abraham e Isaac-, que formaban parte do Pórtico da Gloria da Catedral | Como era a relación de Camilo José Cela coas mulleres? Unha mostra de Santiago aborda esta cuestión a través de documentos que reflicten o seu trato con escritoras e artistas da súa época

Salientable movemento do mercado inmobiliario en Galicia por riba da media de España, cun incremento no mes de abril de case un 17% respecto ao mesmo mes do ano pasado | A ministra de Vivenda estivo hoxe en Santiago onde reiterou a oferta á Xunta de cofinanciar o Plan estatal de Vivenda protexida. Isabel Rodríguez non se reuniu con Alfonso Rueda, que onte se abría á proposta, pero si coa conselleira de vivenda que se amosou de acordo coa iniciativa | Un paciente do hospital Álvaro Cunqueiro é o primeiro de España en recibir terapia xénica para tratar a hemofilia B, a menos frecuente. O medicamento, un dos máis caros no mundo, rolda os dous millóns de euros e permite reducir a unha dose as inxeccións regulares coas que se controla a enfermidade | A Xunta comprométese a renovar o sistema de climatización da residencia de maiores DomusVi de Santiago despois de que o sindicato USO denunciara a situación de usuarios e profesionais no centro estes días soportando temperaturas superiores aos 30 graos | Dúbidas sobre a viabilidade do acordo entre Alcoa e IGNIS. Sindicatos revelan que a enerxética non ten empregados e dedícase ao cultivo de pistachos | Estrella Galicia abre a que será a maior fábrica de cervexa de España e unha das cinco máis grandes do continente europeo. Inaugurada hoxe a primeira fase en Arteixo , as novas instalacións xeran 125 empregos, e cando estea finalizada superarán os 600 traballos directos e os dez mil indirectos | O Tribunal Supremo condena aos Franco a devolverlle ao Concello de Santiago dúas esculturas do Mestre Mateo -as imaxes de Abraham e Isaac-, que formaban parte do Pórtico da Gloria da Catedral | Como era a relación de Camilo José Cela coas mulleres? Unha mostra de Santiago aborda esta cuestión a través de documentos que reflicten o seu trato con escritoras e artistas da súa época

Salientable movemento do mercado inmobiliario en Galicia por riba da media de España cun incremento no mes de abril de case un 17% respecto ao mesmo mes do ano pasado | Malestar entre os feirantes de Vigo pola negativa do goberno local a validar os permisos para o uso de atraccións nas festas locais. As de Cabral, Fragoselo ou O Calvario non contaron este ano con ningunha destas. Tampouco o farán as de Coia. O Concello di que se limita a cumprir a lei | Un paciente do hospital Álvaro Cunqueiro é o primeiro de España en recibir terapia xénica para tratar a hemofilia B, a menos frecuente. O medicamento, un dos máis caros no mundo, rolda os dous millóns de euros e permite reducir a unha dose as inxeccións regulares coas que se controla a enfermidade | Como era a relación de Camilo José Cela coas mulleres? Unha mostra de Santiago aborda esta cuestión a través de documentos que reflicten o seu trato con escritoras e artistas da súa época

No litoral polas brétemas costeiras nun día no que aínda continuará a alerta por calor no interior de Ourense por máximas superiores aos 36 graos | En xeral, día de inestabilidade atmosférica con alerta amarela nas montañas de Lugo e Ourense por treboadas, con chuvascos que poden ser localmente fortes

Activado o nivel de alerta un por altas temperaturas. A Xunta pide á cidadanía que adopte medidas para evitar golpes de calor e deshidratación | O Bloque Nacionalista Galego rexeita acudir ás reunións que Pedro Sánchez quere manter cos partidos e coalicións que apoiaron o seu Goberno por mor da corrupción que salpica a Santos Cerdán. O Partido Popular reforza a súa petición de eleccións anticipadas e o PSdG contraataca á dereita lembrándolle a súa corrupción | Preocupación en Vigo e A Coruña pola entrada en funcionamento da plataforma de transporte privado de persoas Uber, que comeza prestar servizo nas dúas ciudades. Os taxistas denuncian que está a operar sen licenza municipal e competencia desleal | Prisión privisional sen fianza para o home que presuntamente matou á súa parella o domingo na Coruña, mesma medida para outro que feríu á súa muller en Vigo cun arma blanca | Protocolo do SERGAS para reducir a mortalidade e as secuelas dos afectados por traumatismos graves, uns tres mil cada ano en Galicia | As autoridades piden precaución cos golpes de calor pero tamén, nas praias e zonas públicas de baño, moitas delas todavía sen servizo de socorrismo | Os campings galegos rozan o cheo este verán | Arrinca a Feria do Libro de Ourense ata o sábado con menos librarías pero aumento de lectores | Carballo acollerá este sábado unha nova edición do seu festival Rockin. Comezará cunha tradicional sesión vermouth musical para dar paso a un serán con concertos coma os The Temples

Activado o nivel de alerta un por altas temperaturas. A Xunta pide á cidadanía que adopte medidas para evitar golpes de calor e deshidratación | O Bloque Nacionalista Galego rexeita acudir ás reunións que Pedro Sánchez quere manter cos partidos e coalicións que apoiaron o seu Goberno por mor da corrupción que salpica a Santos Cerdán. O Partido Popular reforza a súa petición de eleccións anticipadas e o PSdG contraataca á dereita lembrándolle a súa corrupción | As autoridades piden precaución nas praias e zonas públicas de baño, moitas delas todavía sen servizo de socorrismo. Esta semana houbo dous afogamentos | Preocupación en Vigo e A Coruña pola entrada en funcionamento da plataforma de transporte privado de persoas Uber, que comeza prestar servizo nas dúas ciudades. Os taxistas denuncian que está a operar sen licenza municipal e competencia desleal | Arrinca a Feria do Libro de Ourense ata o sábado con menos librarías pero aumento de lectores | Carballo acollerá este sábado unha nova edición do seu festival Rockin. Comezará cunha tradicional sesión vermouth musical para dar paso a un serán con concertos coma os The Temples

Activado o nivel de alerta un por altas temperaturas. A Xunta pide á cidadanía que adopte medidas para evitar golpes de calor e deshidratación | O Bloque Nacionalista Galego rexeita acudir ás reunións que Pedro Sánchez quere manter cos partidos e coalicións que apoiaron o seu Goberno por mor da corrupción que salpica a Santos Cerdán. O Partido Popular reforza a súa petición de eleccións anticipadas e o PSdG contraataca á dereita lembrándolle a súa corrupción | Preocupación en Vigo e A Coruña pola entrada en funcionamento da plataforma de transporte privado de persoas Uber, que comeza prestar servizo nas dúas ciudades. Os taxistas denuncian que está a operar sen licenza municipal e competencia desleal | Arrinca a Feria do Libro de Ourense ata o sábado con menos librarías pero aumento de lectores

Mantéñense activas alertas por calor tras baterse onte récord de temperaturas con 41 graos en Leiro e unha noite tropical a 30 de madrugada en varios puntos como Carnota | A entrada de brétemas costeiras fará que refresque no litoral sobre todo nas Rías Baixas pero así e todo, a vaga de calor continúa en toda Galicia con máximas por riba dos 30 graos | Pola tarde medran nubes de tronada en zonas altas do interior con posibilidade dalgún chuvasco illado.

Visita de Don Filipe e dona Letizia a Burela en apoio ao sector pesqueiro do que vive a meirande parte da poboación desta vila lucense. A visita de dúas horas incluíu un saúdo as xogadoras de fútbol sala, campioas do trofeo da Raíña | Hoxe hai en Galicia ata catro xuízos por violencia machista de extrema gravidade -por asasinato ou maltrato severo dous deles por asasinato -, mentres os presuntos autores dos acoitelamentos a dúas mulleres a fin de semana continúan á espera de pasar a disposición xudicial | Tras dous adiamentos e críticas por parte dos controladores por motivos técnicos e laborais, hoxe entrou en funcionamento a torre de control virtual do aeroporto de Peinador. Unha instalación pioneira en España que permite aos controladores traballar cunha imaxe virtual do espazo aéreo. A súa implantación será progresiva | Douscentos expositores ofrecen solucións tecnolóxicas á industria da automoción, aeroespacial ou a defensa no Mindtech de Vigo | ANPE, UGT E CCOO presentan un contencioso administrativo para esixir á Xunta o cumprimento íntegro do Acordo de melloras educativas asinado en 2023 e non descartan adoptar outras medidas | Ourense será a primeira cidade galega que recorra á plantación de árbores e a outras solucións naturais para combater os efectos do quecemento global. Os resultados desta iniciativa trasladaranse despois ao resto de concellos de máis de vinte mil habitantes | Os posibles efectos no río Ulla da macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei fai que Ecoloxistas en Acción cualifique a Ría de Arousa cunha das seis bandeiras negras de Galicia | Os Straitjacketes chegan coas súas máscaras e música instrumental a Santiago

Hoxe hai en Galicia ata catro xuízos por violencia machista de extrema gravidade -por asasinato ou maltrato severo dous deles por asasinato -, mentres os presuntos autores dos acoitelamentos a dúas mulleres a fin de semana continúan á espera de pasar a disposición xudicial | Visita de Don Filipe e dona Letizia a Burela en apoio ao sector pesqueiro do que vive a meirande parte da poboación desta vila lucense. Tamén saudaron ás xogadoras de fútbol sala, campioas do trofeo da Raíña | Os posibles efectos no río Ulla da macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei fai que Ecoloxistas en Acción cualifique a Ría de Arousa cunha das seis bandeiras negras de Galicia | Entre as críticas dos controladores, hoxe entrou en funcionamento a torre de control virtual do aeroporto de Peinador. Unha instalación pioneira en España que permite aos controladores traballar cunha imaxe virtual do espazo aéreo. A súa implantación será progresiva | Cumio con 20 líderes internacionais sobre células ou enzimas como base de medicinas e alimentos funcionais | Os Straitjacketes chegan coas súas máscaras e música instrumental a Santiago

Visita de Don Filipe e dona Letizia a Burela en apoio ao sector pesqueiro do que vive a meirande parte da poboación desta vila lucense. Tamén saudaron ás xogadoras de fútbol sala, campioas do trofeo da Raíña | Hoxe hai en Galicia ata catro xuízos por violencia machista de extrema gravidade -por asasinato ou maltrato severo dous deles por asasinato -, mentres os presuntos autores dos acoitelamentos a dúas mulleres a fin de semana continúan á espera de pasar a disposición xudicial | Entre as críticas dos controladores, hoxe entrou en funcionamento a torre de control virtual do aeroporto de Peinador. Unha instalación pioneira en España que permite aos controladores traballar cunha imaxe virtual do espazo aéreo. A súa implantación será progresiva | Ourense podería superar o seu récord histórico de temperaturas | Os posibles efectos no río Ulla da macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei fai que Ecoloxistas en Acción cualifique a Ría de Arousa cunha das seis bandeiras negras de Galicia

Ceos despexados agás na Mariña e nubes de evolución que poden deixar algún amago de treboada durante a tarde | Segue a chegar aire cálido africano que deixará as temperaturas máximas ao redor dos 35 graos en moitos puntos. Mañá baixarán algo as temperaturas pero a calor seguirá a ser abafante con máximas de novo por riba dos 30 graos.

Comezou o xuízo do crime de Elisa Abruñedo, a muller violada e asasinada na Coruña hai 12 anos. O asasino confeso negouse a declarar. Enfróntase a 37 anos de cadea que pide a acusación particular. O veredicto está previsto para mediados da semana que vén | No caso do asasinato da muller onte na Coruña que se investiga como posible violencia de xénero había unha orde de afastamento que non se chegou comunicar | Ingresa en prisión o sexto detido pola liorta en Pontevedra con feridos de arma branca. Está considerado o principal autor | A Xunta recorrerá ao Tribunal Constitucional polo reparto de inmigrantes Menores non Acompañados actualmente acollidos en Canarias | Un ourensán atrapado en Irán polo bombardeo de Israel | Campaña especial da Garda Civil para vixiar o tráfico de embarcacións e motos acuáticas preto da costa | Publicada a convocatoria do programa "Benestar en Balnearios", que oferta estancias de 15 días en pensión completa para maiores de 60 anos, ou pensionistas de máis de 55 | Dúas medallas de ouro e unha de bronce para os clubs galegos no campionato de España de Traiñeiras, celebrado en augas de Castro Urdiales, en Cantabria | Festival de fin de curso inclusivo con música cantada coas mans pensada para persoas xordas e aberto a todos os públicos | Performances de vídeo, pezas interactivas e documentos en ‘Resignificación’, unha mostra de Concha Jerez e José Iges

Comezou o xuízo do crime de Elisa Abruñedo, a muller violada e asasinada na Coruña hai 12 anos. O asasino confeso negouse a declarar. Enfróntase a 37 anos de cadea que pide a acusación particular. O veredicto está previsto para mediados da semana que vén | A Xunta recorrerá ao Tribunal Constitucional polo reparto de inmigrantes Menores non Acompañados actualmente acollidos en Canarias | Un ourensán atrapado en Irán polo bombardeo de Israel. Leva catro días pechado nun hotel e non sabe cando nin como poderá saír | Dúas medallas de ouro e unha de bronce para os clubs galegos no campionato de España de Traiñeiras, celebrado en augas de Castro Urdiales, en Cantabria

Entrada dunha masa de aire cálido que activará unha alerta por calor no val do Miño onde os termómetros poden chegar aos 36 graos. No resto, as máximas acadarán os 30 graos en moitos puntos da comunidade |Ceos despexados agás na Mariña onde terán nubes de estancamento