Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Persiste a inestabilidade atmosférica, con circulación do oeste que achega humidade do mar. O día amenceu con ceos moi nubrados e mesmo con orballos na metade oeste. Pola tarde iranse abrindo claros, mentres que no leste da comunidade pode haber treboadas. As máximas sufrirán un descenso, máis acusado no interior. Roldarán os 23 graos nas principais cidades e os 28 en Ourense. Durante a fin de semana o tempo seguirá inestable e xa a vindeira semana Galicia recuperará a influencia anticiclónica, con tempo seco e ascenso das temperaturas.

Avogados e procuradores da quenda de oficio protestan en Santiago polas súas condicións laborais, tras ano e medio de mobilizacións e folgas. Aseguran que carecen de dereitos básicos como vacacións ou baixas, e que as retribucións non cobren nin o custo do seu traballo | Os datos de vixilancia epidemiolóxica mostran un importante aumento da incidencia da covid desde hai dous meses, e especialmente nas tres últimas semanas. Trátase dun novo tipo da variante ómicron que non é grave, pero adoita vir con síntomas gastrointestinais e afonía | Agárdase que este ano, máis de medio millón de peregrinos recollan en Santiago a Compostela, o certificado de que fixeron o Camiño. Outro ano de récord, coas súas consecuencias económicas, pero tamén coas molestias que, a veces, provoca tanta afluencia de xente | A oferta musical dispárase esta fin de semana con festivais coma o Big Sound en Pontevedra, o do Mundo Celta en Ortigueira ou o Atlantic Pride na Coruña... E Vigo inaugura a temporada de concertos en Castrelos con Ana Belén

Avogados e procuradores da quenda de oficio protestan en Santiago polas súas condicións laborais, tras ano e medio de mobilizacións e folgas. Aseguran que carecen de dereitos básicos como vacacións ou baixas, e que as retribucións non cobren nin o custo do seu traballo | Os datos de vixilancia epidemiolóxica mostran un importante aumento da incidencia da covid desde hai dous meses, e especialmente nas tres últimas semanas. Trátase dun novo tipo da variante ómicron que non é grave, pero adoita vir con síntomas gastrointestinais e afonía | A oferta musical dispárase esta fin de semana con festivais coma o Big Sound en Pontevedra, o do Mundo Celta en Ortigueira ou o Atlantic Pride na Coruña

Avogados e procuradores da quenda de oficio protestan en Santiago polas súas condicións laborais | Os datos de vixilancia epidemiolóxica mostran un importante aumento da incidencia da covid desde hai dous meses, e especialmente nas tres últimas semanas | Agárdase que este ano, máis de medio millón de peregrinos recollan en Santiago a Compostela, coas súas consecuencias económicas, pero tamén coas molestias que, a veces, provocan | A oferta musical dispárase esta fin de semana con festivais coma o Big Sound en Pontevedra, o do Mundo Celta en Ortigueira ou o Atlantic Pride na Coruña

Seis empresas galegas obteñen 18 millóns do Perte Mar-Industria, a metade destas axudas financiadas con fondos europeos, segundo acaba de publicar o Ministerio de Pesca. Son industrias de transformación de produtos do mar | A ministra de Inclusión pídelle á Xunta solidariedade cos menores migrantes procedentes do norte de África, como a tivo cos que viñeron de Ucraína. A Xunta mantén o seu rexeitamento a acoller en Galicia os 317 menores que lle corresponderían segundo o plan do Goberno | A Mariña lucense recupera para os visitantes un dos seus atractivos, a punta Socastro, máis coñecida coma O Fuciño do Porco, no concello do Vicedo | O muralista Joseba Muruzábal, Yoseba MP, como alcume artístico, fíxose moi popular polos seus retratos de superavoas de gran formato. Hoxe protagoniza a serie Eu Son, dedicada a creadores emerxentes ou xa consolidados, como no seu caso

Seis empresas galegas obteñen 18 millóns do Perte Mar-Industria, a metade destas axudas financiadas con fondos europeos, segundo acaba de publicar o Ministerio de Pesca. Son industrias de transformación de produtos do mar | A ministra de Inclusión pídelle á Xunta solidariedade cos menores migrantes procedentes do norte de África, como a tivo cos que viñeron de Ucraína. A Xunta mantén o seu rexeitamento a acoller en Galicia os 317 menores que lle corresponderían segundo o plan do Goberno | A Mariña lucense recupera para os visitantes un dos seus atractivos, a punta Socastro, máis coñecida coma O Fuciño do Porco, no concello do Vicedo

Seis empresas galegas obteñen 18 millóns do Perte Mar-Industria, a metade destas axudas financiadas con fondos europeos | A ministra de Inclusión pídelle á Xunta solidariedade cos menores migrantes procedentes do norte de África, como a tivo cos que viñeron de Ucraína. A Xunta mantén o seu rexeitamento | A Mariña lucense recupera a punta Socastro, máis coñecida coma O Fuciño do Porco, no Vicedo | O muralista Joseba Muruzábal, Yoseba MP, protagoniza a serie Eu Son

Cambia o tempo. Debilítase o anticiclón e aumenta a inestabilidade atmosférica. Hoxe temos brétemas costeiras e nubes de evolución que poden derivar en chuvascos tormentosos pola tarde, máis probables no interior. As temperaturas máximas baixan, sobre todo na metade oeste. Na Coruña agárdanse 23 graos, pero en Ourense aínda hoxe chegarán aos 36. A fin de semana comezará con nubes baixas, temperaturas suaves e treboadas. O domingo será xa de transición cara ao anticiclón.

Adeus a Suso Díaz, figura clave para a clase traballadora en Galicia. Foi un dos fundadores de CCOO na nosa comunidade –sindicato que encabezou durante case unha década– e un dos impulsores do Día da Clase obreira Galega | Cada vez hai menos bancos no rural, por iso a xunta comeza a aplicar unha medida para facilitar o acceso ao diñeiro en efectivo. En varias gasolineiras do rural galego, os clientes poderán retirar cartos directamente ao pagar cunha tarxeta, grazas a un sistema TPV | A familia Franco acepta devolver de inmediato as estatuas románicas de Abraham e Isaac, esculpidas polo Mestre Mateo, cumprindo a sentenza do tribunal Supremo. Convida ao Concello de Santiago a recollelas no Pazo de Meirás, onde están agora | O buque escola Juan Sebastián de Elcano atracou esta mañá en Ferrol. É a última escala para os 76 garda mariños, incluída a princesa Leonor, antes de por fin á súa formación na Armada

Adeus a Suso Díaz, figura clave para a clase traballadora en Galicia. Foi un dos fundadores de CCOO na nosa comunidade, sindicato que encabezou durante case unha década | A Xunta comeza a aplicar unha medida para facilitar o acceso ao diñeiro en efectivo no rural. En varias gasolineiras, os clientes poderán retirar cartos directamente ao pagar cunha tarxeta, grazas a un sistema TPV | A familia Franco acepta devolver de inmediato as estatuas románicas de Abraham e Isaac, cumprindo a sentenza do tribunal Supremo. Convida ao Concello de Santiago a recollelas no Pazo de Meirás | O buque escola Juan Sebastián de Elcano atraca en Ferrol coa princesa Leonor a bordo

Adeus a Suso Díaz, figura clave para a clase traballadora en Galicia. Foi un dos fundadores de CCOO na nosa comunidade | En varias gasolineiras do rural galego, os clientes poderán retirar cartos directamente ao pagar cunha tarxeta | A familia Franco acepta devolver de inmediato as estatuas románicas de Abraham e Isaac, cumprindo a sentenza do Supremo. Convida ao Concello de Santiago a recollelas no Pazo de Meirás | O buque escola Juan Sebastián de Elcano atraca en Ferrol coa princesa Leonor a bordo

As altas presións seguen dominando a situación meteorolóxica, achegando aire cálido do sur. Así que continuamos con sol e calor en toda Galicia. Volven subir as temperaturas, agás nas Rías Baixas, onde se agardan lixeiros descensos debido á formación de brétemas costeiras pola tarde. Hai alerta por temperaturas elevadas no sur de Lugo e en puntos de Ourense, onde poden acadar os 39 graos. Ventos do leste frouxos.

Máis de 5.000 pacientes están diagnosticados en Galicia dalgunha enfermidade das consideradas raras, que afectan a poucas persoas e son difíciles de identificar. A Xunta pon en marcha un plan de 400 millóns de euros para mellorar o diagnóstico e a atención aos afectados | As asociacións en defensa da sanidade pública van aumentar nos próximos meses as protestas polo peche de camas nos hospitais durante o verán e polo aumento das listas de agarda en atención primaria. Denuncian que o trinta por cento dos usuarios que van aos centro de saúde, marchan sen obter asistencia | En Lugo, buscan un novo pavimento para o paseo da muralla. Van probar, durante dous anos, tres tipos diferentes de firme que imitan os que facían os romanos, para ver cal se axusta mellor a esta muralla, que é patrimonio de humanidade | Nenos saharauís que veñen dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria, pasarán o verán con familias de acollida galegas, aproveitando tamén para recibir a atención médica que non teñen o resto do ano. Máis de 300 nenos participan nestas 'vacacións en paz'

Máis de 5.000 pacientes están diagnosticados en Galicia dalgunha enfermidade das consideradas raras. A Xunta pon en marcha un plan de 400 millóns de euros para mellorar o diagnóstico e a atención aos afectados | As asociacións en defensa da sanidade pública van aumentar nos próximos meses as protestas polo peche de camas nos hospitais durante o verán e polo aumento das listas de agarda en atención primaria | En Lugo, buscan un novo pavimento para o paseo da muralla, patrimonio da humanidade | Volven desaloxar os veciños dos edificios lindeiros do que ardeu por completo desde esta madrugada no centro de Pontevedra

A Xunta pon en marcha un plan de 400 millóns de euros para mellorar o diagnóstico e a atención aos afectados por enfermidades raras | Protestas polo peche de camas nos hospitais durante o verán e polo aumento das listas de agarda en atención primaria | En Lugo, buscan un novo pavimento para o paseo da muralla romana, patrimonio da humanidade | Nenos saharauís que veñen dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria, pasarán o verán con familias de acollida galegas, aproveitando tamén para recibir a atención médica

As altas presións entran en Galicia en forma de cuña desde os Azores, polo que predominará a estabilidade, con ceos despexados hoxe e mañá, agás algunha nebulosidade de estancamento na Mariña. As temperaturas mínimas baixaron, pero as máximas soben: ata os 36 graos en Ourense, os 35 en Pontevedra e Vigo ou os 24 na Coruña e Ferrol. Vento forte do nordés no litoral norte.

Unha tradición de máis de tres séculos que estrea o título de Ben de Interese Cultural. Sabucedo, a aldea da Estrada, de 40 veciños, recibe estes días máis de 20.000 visitantes que celebran un espectáculo que serve para coidar dos cabalos do monte. Este mediodía foi a última rapa deste ano | A Xunta decidiu hoxe destinar unha partida de 50 millóns de euros á formación de persoas desempregadas, e outra de 5 millóns para promover o emprendemento feminino. Foi nunha reunión do Goberno galego que tamén aprobou oficialmente a concesión da medalla de ouro de Galicia á princesa Leonor | Os traxes que debuxou Castelao fanse reais nunha exposición que hoxe abre en Santiago. Unha actividade encadrada na celebración do ano Castelao. Tamén imos coñecer un pouco máis de Virxinia Pereira, a muller do intelectual e político de Rianxo | Un grupo de veciños da vila ourensá de Celanova participa esta noite na estrea da nova temporada do programa de TVE o Grand Prix do verán

A rapa das bestas de Sabucedo recibe estes días máis de 20.000 visitantes que celebran un espectáculo declarado ben de interesa cultural | A Xunta concede a medalla de ouro de Galicia á princesa Leonor | Os traxes que debuxou Castelao fanse reais nunha exposición que hoxe abre en Santiago. Coñecemos un pouco más a Virxinia Pereira, a muller de Castelao | Un grupo de veciños da vila ourensá de Celanova participa esta noite no programa de TVE o Grand Prix do verán

Unha tradición de máis de tres séculos que estrea o título de Ben de Interese Cultural. Sabucedo, a aldea da Estrada de 40 veciños, recibe estes días máis de 20.000 visitantes que celebran a rapa das bestas | A Xunta aproba oficialmente a concesión da medalla de ouro de Galicia á princesa Leonor | Os traxes que debuxou Castelao fanse reais nunha exposición que hoxe abre en Santiago. Unha actividade encadrada na celebración do ano Castelao. Tamén imos coñecer un pouco máis de Virxinia Pereira, a muller do intelectual e político de Rianxo | Un grupo de veciños da vila ourensá de Celanova participa esta noite na estrea da nova temporada do programa de TVE o Grand Prix do verán

Comezamos semana con ceos nubrados e mesmo algunha chuvia, pero co avance do día as nubes persistirán soamente no norte da Coruña e Lugo. O resto de Galicia quedará con sol e vento do nordés, que se irá intensificando. As temperaturas serán normais para esta época, con máximas en descenso. Rozarán os trinta graos na metade sur, pero apenas pasarán dos vinte no norte. A partir de mañá volven subir e as altas presións deixarán unha primeira metade de semana de tempo seco e caloroso.