Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Tras roldar en Ourense os 43 graos comeza o descenso térmico pero pouco a pouco. Mantense a alerta por calor no interior e sur da comunidade onde os termómetros hoxe aínda poden chegar os 40 en Ourense e ao redor dos 35 en Santiago e Lugo. Onde estarán máis frescos é no litoral norte, en Ferrol terán uns 26 graos ou 23 na Coruña | Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior que poderán deixar chuvascos treboentos en zonas montañosas

Unha expedición francesa investiga o estado dos bidóns radioactivos botados na Fosa Atlántica entre os anos 50 aos 90. A Xunta reclama información ao Goberno de España por este vertedoiro nuclear a 600 metros de Fisterra | 7.000 efectivos participarán no dispositivo contra incendios nun verán no que se prevén temperaturas altas. Segundo expertos consultados por TVE, en caso de lume, o máis preocupante é a propagación e a falla de medidas de evacuación en determinados espazos como praias ou zonas urbanísticas | O BNG reclama a Xunta unha maior aposta pola vivenda pública e asegura que parte dos fondos dedicados a esa materia quedan sen executar. PSdG e PP constatan as súas discrepancias cando se cómpren dez anos da construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo | Desmantelada en unha banda de produción e distribución de pornografía infantil. Hai 61 detidos, 4 deles en Galicia | Desmantelada en unha banda de produción e distribución de pornografía infantil. Hai 61 detidos, 4 deles en Galicia | Estrea en directo en Vigo do novo EP de Fillas de Cassandra: HIBERNARSE é un álbum de tan só catro cancións; nel reivindican a pausa, o traballo manual e pegado á terra. O proxecto combina distintas disciplinas artísticas, un videofilme, un fanzine e unha colección de xoias | Castelao ‘volve nacer’ 75 anos despois gracias á intelixencia artificial | Quen o coñece di que é arrogante, sedutor, brillante... medrou rodeado de asfalto idealizando a natureza... son trazos da personalidade de David Bailey, o fotógrafo cuxa mostra inaugúrase hoxe na Fundación Marta Ortega da Coruña, con pezas nunca vistas

Unha expedición francesa investiga o estado dos bidóns radioactivos botados na Fosa Atlántica entre os anos 50 aos 90. A Xunta reclama información ao Goberno de España por este vertedoiro nuclear a 600 metros de Fisterra | 7.000 efectivos participarán no dispositivo contra incendios nun verán no que se prevén temperaturas altas. Segundo expertos consultados por TVE, en caso de lume, o máis preocupante é a propagación e a falla de medidas de evacuación en determinados espazos como praias ou zonas urbanísticas | Santiago acolle o 21 Congreso Ibérico da Bicicleta e as Cidades | Quen o coñece di que é arrogante, sedutor, brillante... medrou rodeado de asfalto idealizando a natureza... son trazos da personalidade de David Bailey, o fotógrafo cuxa mostra inaugúrase hoxe na Fundación Marta Ortega da Coruña, con pezas nunca vistas

Temperaturas que en xeral en Galicia estarán 10 graos por riba dos valores habituais; máximas que roldarán os 35 a 40 graos en boa parte da comunidade, sendo o sábado o día máis caloroso con alertas non só no val do Miño en Ourense e Pontevedra, senón tamén no sur de Lugo e no interior da provincia da Coruña

O BNG reclama a Xunta unha maior aposta pola vivenda pública e asegura que parte dos fondos dedicados a esa materia quedan sen executar. PSdG e PP constatan as súas discrepancias cando se cómpren dez anos da construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo | O xurado considera a Roger Serafín culpable do homicidio e violación de Elisa Abruñedo en 2013 | Desmantelada en unha banda de produción e distribución de pornografía infantil. Hai 61 detidos, 4 deles en Galicia | A dificultade de atopar traballo para as persoas transxénero | Unha expedición francesa investiga o estado dos bidóns radioactivos botados na Fosa Atlántica entre os anos 50 aos 90. A Xunta reclama información ao Goberno de España por este vertedoiro nuclear a 600 metros de Fisterra | 7.000 efectivos participarán no dispositivo contra incendios nun verán no que se prevén temperaturas altas. Segundo expertos consultados por TVE, en caso de lume, o máis preocupante é a propagación e a falla de medidas de evacuación en determinados espazos como praias ou zonas urbanísticas | Esgotados os fondos da Xunta para corrixir o “feísmo” paisaxístico | Santiago acolle o 21 Congreso Ibérico da Bicicleta e as Cidades | Castelao ‘volve nacer’ 75 anos despois gracias á intelixencia artificial | Estrea en directo en Vigo do novo EP de Fillas de Cassandra: HIBERNARSE é un álbum de tan só catro cancións; nel reivindican a pausa, o traballo manual e pegado á terra. O proxecto combina distintas disciplinas artísticas, un videofilme, un fanzine e unha colección de xoias | Quen o coñece di que é arrogante, sedutor, brillante... medrou rodeado de asfalto idealizando a natureza... son trazos da personalidade de David Bailey, o fotógrafo cuxa mostra inaugúrase hoxe na Fundación Marta Ortega da Coruña, con pezas nunca vistas

Os líderes de medioambiente dos países do Atlántico están reunidos en Vigo na convención OSPAR que aborda a protección dese océano. O que alí se decida marcará o futuro dos vindeiros 5 anos | Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña desenvolve un material plástico que permite fabricar envases biodegradables e máis doado de reciclar | O gasto por fogar en Galicia aumentou neste último ano un 4,4% e subiu máis de dous puntos respecto aos datos do ano anterior | Enfermeiras e fisioterapeutas concentráronse diante do hospital de Santiago para pedirlle ao Goberno que acabe cos recortes nas pagas extra | Enfermos con esclerodermia, unha enfermidade rara e pouco coñecida, chegan a Santiago tras sete etapas do Camiño para reivindicar a súa realidade e tamén a súa loita | Dous policías locais de Vigo deseñan un dispositivo de protección que detecta situacións de agresións sobre a muller e activa unha alerta de maneira automática. Está en fase de probas e busca reducir o tempo de reacción policial | Convocados os cursos de formación en lingua galega para a obtención do certificado do idioma, o Celga. As formacións do primeiro cuadrimestre do curso 2025/2026 realizaranse en Escolas Oficiais de Idiomas entre setembro e decembro | Actuación estelar de Raquel Carrera para liderar a remontada da Selección Española ante a República Checa nos cuartos de final do Eurobasket | Adrián Ben e Belén Toimil participan dende hoxe no Campionato Europeo de Atletismo por equipos | Óscar Gil abandona o Deportivo da Coruña | De camareira a raíña do jazz-soul... aínda que ela rexeita esa etiqueta para non defraudar, di, expectativas. Falamos de Nikki Hill, unha talentosa xove de 24 anos á que moitos apuntan como o gran expoñente deses estilos musicais

Os líderes de medioambiente dos países do Atlántico están reunidos en Vigo na convención OSPAR que aborda a protección dese océano. O que alí se decida marcará o futuro dos vindeiros 5 anos | Dous policías locais de Vigo deseñan un dispositivo de protección que detecta situacións de agresións sobre a muller e activa unha alerta de maneira automática. Está en fase de probas e busca reducir o tempo de reacción policial | Dous policías locais de Vigo deseñan un dispositivo de protección que detecta situacións de agresións sobre a muller e activa unha alerta de maneira automática. Está en fase de probas e busca reducir o tempo de reacción policial | Actuación estelar de Raquel Carrera para liderar a remontada da Selección Española ante a República Checa nos cuartos de final do Eurobasket | Adrián Ben e Belén Toimil participan dende hoxe no Campionato Europeo de Atletismo por equipos | Óscar Gil abandona o Deportivo da Coruña | De camareira a raíña do jazz-soul... aínda que ela rexeita esa etiqueta para non defraudar, di, expectativas. Falamos de Nikki Hill, unha talentosa xove de 24 anos á que moitos apuntan como o gran expoñente deses estilos musicais

Os líderes de medioambiente dos países do Atlántico están reunidos en Vigo na convención OSPAR que aborda a protección dese océano. O que alí se decida marcará o futuro dos vindeiros 5 anos | Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña desenvolve un material plástico que permite fabricar envases biodegradables e máis doado de reciclar | Enfermos con esclerodermia, unha enfermidade rara e pouco coñecida, chegan a Santiago tras sete etapas do Camiño para reivindicar a súa realidade e tamén a súa loita | De camareira a raíña do jazz-soul... aínda que ela rexeita esa etiqueta para non defraudar, di, expectativas. Falamos de Nikki Hill, unha talentosa xove de 24 anos á que moitos apuntan como o gran expoñente deses estilos musicais

Imos recuperando progresivamente a influencia do anticiclón que nos acompañará durante toda a fin de semana | Á noite poden entrar brétemas polo litoral despois dunha xornada na que volven subir as temperaturas; as máximas roldarán os 25 graos, 27 terán en Lugo e ata 31 en Ourense

Tenso debate no Parlamento pola situación da violencia machista en Galicia. Para o BNG é insoportable. Para o PP, estanse a tomar todas as medidas que un goberno pode adoptar | A vicepresidenta terceira, Sara Aagesen pecha a porta á colaboración do goberno central no proxecto de Altri en Palas de Rei despois que a pasteira desistira de acudir ás axudas do PERTE da descarbonización | Santiago estrea un novo acceso á estación intermodal. Completa unha infraestrutura que conecta tren e autobús no mesmo espazo; un paso importante para mellorar a mobilidade dentro e fóra de Galicia | Detida en Santiago de Compostela unha parella con máis de 50 roubos violentos en nove localidades ás súas costas | Coincidindo co fin de curso escolar, os docentes de primaria, secundaria e formación profesional, reclaman mellores condicións á Xunta de cara o mes de setembro. Entre as principais demandas, están a redución da xornada laboral, dos trámites burocráticos e das rateos de alumnos por aula | Condena ao Sergas pola morte dunha paciente durante unha cirurxía cardíaca no Álvaro Cunqueiro | O ‘Resu’, un dos festivais máis importantes de España da música metal, punk e hardcore cumpre 20 anos... e para celebralo uns cabezas de cartel de luxo: Judas Priest, Cornk ou Sleep Knot | Os festivais como modo de vida | Fin a máis de 100 anos de tradición: canceladas as festas de Coia | A xira de Andrés Calamaro chega a Santiago; será o único concerto en Galicia do cantante arxentino

Tenso debate no Parlamento pola situación da violencia machista en Galicia. Para o BNG é insoportable. Para o PP, estanse a tomar todas as medidas que un goberno pode adoptar | A vicepresidenta terceira, Sara Aagesen pecha a porta á colaboración do goberno central no proxecto de Altri en Palas de Rei despois que a pasteira desistira de acudir ás axudas do PERTE da descarbonización | Santiago estrea un novo acceso á estación intermodal. Completa unha infraestrutura que conecta tren e autobús no mesmo espazo; un paso importante para mellorar a mobilidade dentro e fóra de Galicia | Condena ao Sergas pola morte dunha paciente durante unha cirurxía cardíaca no Álvaro Cunqueiro | Sentenzas vioxén do TSXG | O ‘Resu’, un dos festivais máis importantes de España da música metal, punk e hardcore cumpre 20 anos... e para celebralo uns cabezas de cartel de luxo: Judas Priest, Cornk ou Sleep Knot | A xira de Andrés Calamaro chega a Santiago

Santiago estrea un novo acceso á estación intermodal. Completa unha infraestrutura que conecta tren e autobús no mesmo espazo; un paso importante para mellorar a mobilidade dentro e fóra de Galicia | A vicepresidenta terceira, Sara Aagesen pecha a porta á colaboración do goberno central no proxecto de Altri en Palas de Rei despois que a pasteira desistira de acudir ás axudas do PERTE da descarbonización | Coincidindo co fin de curso escolar, os docentes de primaria, secundaria e formación profesional, reclaman mellores condicións á Xunta de cara o mes de setembro. Entre as principais demandas, están a redución da xornada laboral, dos trámites burocráticos e das rateos de alumnos por aula | O ‘Resu’, un dos festivais máis importantes de España da música metal, punk e hardcore cumpre 20 anos... e para celebralo uns cabezas de cartel de luxo: Judas Priest, Cornk ou Sleep Knot

Amenceu con treboadas que descargaron ata 37 litros por metro cadrado en Abadín en Lugo | As temperaturas baixan; con máximas que roldan os 23 graos agás en Ourense, onde poden chegar aos 28 | A partir de mañá vaise ir recuperando a influencia do anticiclón con tempo de praia de novo durante toda a fin de semana

Os sindicatos sanitarios prevén un colapso dos centros de atención primaria nas localidades turísticas durante os meses de verán co plan da Xunta para reforzar estes servizos | San Xoán festivo en preto de medio cento de localidades galegas despois da gran festa das fogueiras que volveu deixar toneladas de refugallos en praias e rúas | Custan entre 70 e 300 euros de media, incluso moito máis dependendo da duración ou os servizos que inclúan pero para moitos pais e nais, os campamentos son a única vía de conciliar estes días nos que os nenos non teñen clase e eles non se poden coller vacacións | Un ataque informático obriga a suspender a poxa de gando na lonxa agropecuaria de Galicia, en Silleda. Os gandeiros recibiron aviso para que hoxe non acudiran á feira ao non poder garantir a seguridade nas transaccións. Os ciberdelicuentes encriptaron os arquivos, polo que supostamente pretendían pedir un rescate económico | Despuntou primeiro producindo para Pink Floyd pero na década dos 80 Alan Parsons marcou un fito con proxectos e banda propios. O seu pop-rock mesturado con música clásica e sons progresivos chega esta noite ao Pazo da música da Coruña

San Xoán festivo en preto de medio cento de localidades galegas despois da gran festa das fogueiras que volveu deixar toneladas de refugallos en praias e rúas | Os sindicatos sanitarios prevén un colapso dos centros de atención primaria nas localidades turísticas durante os meses de verán co plan da Xunta para reforzar estes servizos | Custan entre 70 e 300 euros de media, incluso moito máis dependendo da duración ou os servizos que inclúan pero para moitos pais e nais, os campamentos son a única vía de conciliar estes días nos que os nenos non teñen clase e eles non se poden coller vacacións | Despuntou primeiro producindo para Pink Floyd pero na década dos 80 Alan Parsons marcou un fito con proxectos e banda propios. O seu pop-rock mesturado con música clásica e sons progresivos chega esta noite ao Pazo da música da Coruña

Irán medrando nubes de evolución con chuvascos localmente treboentos máis probables en zonas do interior que puntualmente poden vir acompañados de sarabia | A noite máis curta do ano deixou unha madrugada tórrida con termómetros por riba dos 25º graos | Durante o día seguirá a calor pero menos, con temperaturas máximas entre os 26 graos da Coruña ou Vigo, aos 30 que agardan en Ourense

Pleno parlamentario marcado pola alianza de socialistas e populares, que xuntaron os seus votos para rexeitar a proposta do BNG dun sistema de concerto económico para Galicia | Os sindicatos sanitarios prevén un colapso dos centros de atención primaria nas localidades turísticas durante os meses de verán. É a reacción dos profesionais ante o plan da Xunta para reforzar estes servizos cunha bolsa de voluntarios ou a cobertura das gardas de urxencias cos profesionais do 061 | San Xoán festivo en preto de medio cento de localidades galegas despois da gran festa das fogueiras que volveu deixar toneladas de refugallos en praias e rúas | Custan entre 70 e 300 euros de media, incluso moito máis dependendo da duración ou os servizos que inclúan pero para moitos pais e nais, os campamentos son a única vía de conciliar estes días nos que os nenos non teñen clase e eles non se poden coller vacacións | Dende hoxe está aberto o prazo para solicitar as residencias xuvenís en Vigo, Ourense e Lugo | Volve o programa ‘Cine sénior’ con entradas a dous euros para maiores de 65 anos | 15 anos de prisión para un veciño de Arzúa por violar á filla da que fóra a súa muller | O metabolismo non depende directamente do reloxo circadiano segundo un estudo da USC que abre novas perspectivas para o tratamento da obesidade ou os trastornos asociados ao traballo por quendas | Un ataque informático obriga a suspender a poxa de gando na lonxa agropecuaria de Galicia, en Silleda. Os gandeiros recibiron aviso para que hoxe non acudiran á feira ao non poder garantir a seguridade nas transaccións. Os ciberdelicuentes encriptaron os arquivos, polo que supostamente pretendían pedir un rescate económico | A ofrenda do antigo reino de Galicia celébrase o próximo domingo xa como Ben de Interese Cultural Inmaterial | Despuntou primeiro producindo para Pink Floyd pero na década dos 80 Alan Parsons marcou un fito con proxectos e banda propios. O seu pop-rock mesturado con música clásica e sons progresivos chega esta noite ao Pazo da música da Coruña

Os veciños do rural poderán sacar diñeiro en 200 gasolineiras. A Xunta vén de aprobar as subvencións de ata 30.000 euros para elo. En Galicia, hai 51 concellos sen oficina bancaria e en máis de 100 nos que só queda unha. O goberno galego aprobou tamén un plan de reforzo na Atención Primaria durante o verán, similar ao do ano pasado, para o que conta con cerca de 150 voluntarios | | Máis de 600 persoas físicas endebedadas pediron entre xaneiro e marzo a declaración de concurso de acredores, unha figura que xeralmente asociamos ás empresas pero que calquera pode solicitar | Horas para que Galicia comece festexar por todas partes a noite de San Xoán, unha celebración de gran popularidade en toda a Comunidade e que na Coruña require un dispositivo especial por toda a cidade porque atrae a milleiros e milleiros de persoas | A artista viguesa Pilar Alonso a exposición NON FUN, unha proposta na que se adapta ao espazo da Casa das Artes para amosar e ocultar ao espectador o seu universo plástico como nun xogo teatral

Presencia de aire frío en capas altas que será fonte de inestabilidade atmosférica | Pola tarde medrarán nubes de evolución, sen descartar chuvascos localmente treboentos máis probables na metade sur e oeste da Comunidade | As temperaturas en ascenso, con máximas que oscilarán entre os 27 graos da Coruña aos 37 de Ourense

Os veciños do rural poderán sacar diñeiro en 200 gasolineiras. A Xunta vén de aprobar as subvencións de ata 30.000 euros para elo. En Galicia, hai 51 concellos sen oficina bancaria e en máis de 100 nos que só queda unha. O goberno galego aprobou tamén un plan de reforzo na Atención Primaria durante o verán, similar ao do ano pasado, para o que conta con cerca de 150 voluntarios | Os doadores de médula en Galicia incrementáronse o ano pasado en máis de 1200 | O do número de familias afogadas polas débedas en Galicia marca niveis nunca antes vistos: máis de 600 persoas físicas pediron entre xaneiro e marzo a declaración de concurso de acredores, unha figura que xeralmente asociamos ás empresas pero que calquera pode solicitar | Horas para que Galicia comece festexar por todas partes a noite de San Xoán, unha celebración de gran popularidade en toda a Comunidade e que na Coruña require un dispositivo especial por toda a cidade porque atrae a milleiros e milleiros de persoas | Investigadores do Campus de Lugo analizaron como afecta o estrés térmico ás granxas galegas, onde a partir dos 20 graos de temperatura xa se notan os efectos | A partir do 1 de xullo, rematan os Abonos Gratuítos de Renfe para proximidade e media distancia, vixentes desde 2022. Os usuarios critican que non se coñezan os prezos oficiais dos descontos | A artista viguesa Pilar Alonso a exposición NON FUN, unha proposta na que se adapta ao espazo da Casa das Artes para amosar e ocultar ao espectador o seu universo plástico como nun xogo teatral