Alerta por temperaturas por riba dos 36 graos no interior da Coruña, en case toda a provincia de Lugo. No val do Miño en Ourense os termómetros poden acadar os 39 graos. As mínimas soben e as máximas poden baixar algo no litoral e sen cambios no resto. Á tarde, nubes de evolución no interior con posibilidade dalgún chuvasco ocasional de carácter tormentoso. 22-06-2026
Rematado o curso escolar, comenzan os campamentos de verán, como os que organiza a Deputación de Pontevedra na praia da Lanzada. As súas familias resultaron afortunadas no sorteo entre máis de 4.000 solicitudes. Teñen por diante unha semana para aprender sobre convivencia, e facer novos amigos | A Xunta anuncia medidas para reparar as infraestruturas danadas polas treboadas na zona oriental da provincia de Ourense | Medallas Castelao deste ano á Fundación Andrea, á investigadora Mar Capeáns, o deportista Adrián Ben, e o músico Esteban Batallán e a María Barallobre, propietaria do restaurante A Penela | A sardiña, con prezos en torno aos dous euros o quilo nas lonxas e a oito nas prazas de abastos, e ca espectativa de que suban, conforme aumenta a demanda pola noite de San Xoán | O Celta Fortuna, xa equipo de Segunda División, recibido no Pazo de Raxoi polo presidente da Xunta. E o primeiro ascenso dun equipo galego filial á categoría de Fútbol profesional, con 18.000 espectadores en Balaídos. 22-06-2026
O xurado do caso polo crime de Yoel Quispe fixo público hoxe o veredicto. Declara culpables tanto ao mozo que lle asestou a coitelada mortal, na Noiteboa de 2023, como ao que lle facilitou a navalla, e considera que nos feitos houbo aleivosía. A Fiscalía mantén a petición de 20 años de cárcere mentres a acusación particular eleva a pena a 25 anos.
Cangas de Morrazo quenta motores para a 43ª edición da súa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo. Durante dúas semanas, compañías galegas, nacionais e internacionais converterán a localidade pontevedresa nun gran escenario. Entre elas está Teatro de Ningures, que este ano ademais festexa catro décadas sobre as táboas.
Lixeira baixada de temperaturas no inicio da fin de semana na que estreamos o verán. Unha masa de aire atlántica fai descender algo as máximas, de entre 23 graos en Vigo a 34 en Ourense. Mañá volven subir as temperaturas pero sobre todo a domingo será un día de calor abafante con máximas por riba dos 30 graos. 19-06-2026
O xurado do caso polo crime de Yoel Quispe declara culpables tanto ao mozo que lle asestou a coitelada mortal como ao que lle facilitou a navalla | Remata a quinta folga desta semana dos médicos, sen espectativa de solución e coa ameaza de repetir as mobilizacións despois do verán | As máquinas traballan para repoñer as infraestruturas danadas polas treboadas en Viana do Bolo. Na aldea máis afectada, os veciños están á espera de que os seguros periten os coches danados pola riada | Empeza o Arde Lucus, que cumpre 25 anos, como festa de recreación do pasado da cidade bimilenaria. 19-06-2026
O xurado do caso polo crime de Yoel Quispe declara culpables tanto ao mozo que lle asestou a coitelada mortal, na noiteboa de 2023, como ao que lle facilitou a navalla, e considera que nos feitos houbo aleivosía. A Fiscalía mantén a petición de 20 años de cárcere mentres a acusación particular eleva a pena a 25 anos | Remata a quinta folga desta semana dos médicos contra o Estatuto Marco que elabora o Ministerio de Sanidade. Os facultativos manteñen as protestas coa ameaza de repetir as mobilizacións despois do verán | As máquinas traballan para reparar os danos polas treboadas en Viana do Bolo Na aldea da Bouza, a máis afectada, a veciñanza está á espera de que os seguros periten os coches danados pola riada | As tropas imperiais chegan pola ponte romana ante a resistencia dos castrexos, no Arde Lucus que cumpre 25 anos, como festa de recreación do pasado da cidade bimilenaria. Unha cita de interese turístico internacional con múltiples actividades programadas ata o domingo. 19-06-2026
Hoxe remata a última das cinco folgas semanais dos médicos contra o Estatuto Marco que elabora o Ministerio de Sanidade. Os facultativos concentráronse esta mañá ante o Hospital Clínico de Santiago. Manteñen as protestas sen espectativa de solución e coa ameaza de repetir as mobilizacións despois do verán. A consellería de Sanidade cifra o seguimento nun 18%. E sostén que obrigou a suspender 5.000 consultas hospitalarias e 1.200 probas médicas cada día desta semana en Galicia.
Na aldea da Bouza, en Viana do Bolo, a máis afectada polas treboadas do pasado mércores, a veciñanza está á espera de que os seguros periten os coches danados pola riada. Ata que non o fagan, as máquinas non poderán entrar a limpar. Noutras zonas xa traballan para repoñer as infraestruturas estragadas, como a ponte da aldea de Pradocabalos que quedou obstruída.
A inauguración dun exclusivo museo vese sacudida por un roubo e por unha morte. É o argumento da nova novela da viguesa María Oruña, titulada ‘La Cámara de las maravillas’. A escritora, raíña do misterio e con máis de dez libros publicados, volve ás librarías cunha historia de suspense ambientada en Madrid e na arte do luxo.
O turismo de autocaravana, moi de moda trala pandemia, segue a medrar en Galicia. Concellos coma O Grove e a Illa de Arousa restrinxen a presenza destes vehículos fóra dos espazos habilitados para eles. Queren evitar o descontrol e a masificación, especialmente en áreas protexidas. Na Praia do Vao, á entrada da Illa de Arousa, acaban de instalar lectores de matrícula para que non excedan o tempo máximo permitido para estacionar: 24 horas.
En Galicia existe rexistro do uso do liño desde hai máis de 3.000 anos e no Imperio Romano era considerado o mellor liño de Europa. Pero esta industria, moi presente na cultura galega ata hai menos dun século, foi esmorecendo case até a súa extinción. Como di Adriana Domínguez, presidenta da empresa Adolfo Domínguez, "as sementes de orixe galega están gardadas como pezas de ouro" esperando o momento de seren recuperadas. Parte dese xermoplasma permanece conservado no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, que traballa co Centro de Formación e Experimentación Agraria para poder cultivalo de novo.
Hoxe o 85 % do liño de mellor calidade tráese do norte de Europa, principalmente de Bélxica, Países Baixos e Francia, e o seu prezo incrementouse un 51 % nos últimos catro anos. Un proxecto da Fundación Adolfo Domínguez, co apoio da Xunta de Galicia, contará cun orzamento superior aos 800.000 euros durante os próximos tres anos para continuar coas investigacións e lograr que o liño sementado en Galicia volva ser unha referencia internacional e consiga abrirse un oco nos mercados.
Casas illadas, estradas cortadas e ríos desbordados... As intensas treboadas das últimas horas deixaron importantes danos nas comarcas orientais da provincia de Ourense. Esta mañá os veciños non pararon de traballar para limpar a zona. Un dos puntos máis afectados é a aldea da Bouza, no concello de Viana do Bolo, que acumula toneladas de pedras e lama.
Katy Perry é o prato forte da primeira xornada do Son do Camiño e algúns fan levan dende as sete da mañá facendo cola para entrar os primeiros e coller sitio en primeira fila. Tamén hai expectación por escoitar a Leire Martínez en solitario e moitas ganas de desfrutar do concerto de Dani Martín.
A última edición do festival estivo pasada por auga e vimos aos asistentes con chuvasqueiros. Este ano veñen preparados con sombreiros, abanicos, e crema solar porque as temperaturas chegarán aos 30 graos en Santiago no Monte do Gozo hai poucas zonas de sombra.
Persiste a inestabilidade, con néboas matinais e ceos con algunhas e posibilidade de treboadas durante a tarde. A alerta redúcese as zonas máis altas da provincia de Lugo aos Ancares e a Fonsagrada. As temperaturas máximas oscilan entre os 23 graos da Coruña e os 33 de Ourense. 18-06-2026
As fortes treboadas da pasada noite deixan desperfectos en vivendas e núcleos illados na zona oriental da provincia de Ourense | A Xunta presenta unha ferramenta de simulación dos incendios forestais, para axudar aos responsables da extinción a anticipar a evolución do lume | Concellos como O Gove e a Illa de Arousa anuncian máis control do turismo en autocaravana, que aumenta con forza nos últimos anos | A folga de médicos contra a reforma do Estatuto Marco segue na súa quinta semana. Os convocantes falan dun seguemento cercano ao 80 por cento | Corenta e tres artistas, en tres escenarios, dende esta tarde, ata o sábado. É O Son do Camiño, que arranca no Monte do Gozo, de Santiago. 18-06-2026
Estradas cortadas, innundacións en vivendas e outros danos polas treboadas nas comarcas orientais da provincia de Ourense. En Viana do Bolo, os veciños recupéranse dos desperfectos ocasionados polas fortes choivas | Coas temperaturas por riba do habitual nesta época, a Xunta presenta unha ferramenta de simulación dos incendios forestais, elaborada en colaboración coa Universidade de Santiago, para axudar aos responsables da extinción a anticipar a evolución do lume | Evitar o descontrol e a masificación, especialmente en areas protexidas. Son medidas anunciadas por concellos coma os do Grove e a Illa de Arousa, ante o auxe do turismo en autocaravana, que aumenta con forza nos últimos anos | Corenta e tres artistas, en tres escenarios, dende esta tarde, ata o sábado. É O Son do Camiño, o festival que arranca no Monte do Gozo, de Santiago, con Katy Perry como cabeza de cartel. 18-06-2026
As galerías de arte son espazos clave para visibilizar o traballo dos artistas. En Ourense, só quedan tres privadas. Unha delas é a de Mari Carmen Vidal Souto, unha muller octoxenaria que se resiste a pechala, malia a perda de público. A galería está a celebrar o seu trinta aniversario cunha exposición colectiva que reúne medio cento de obras de artistas fieis a este espazo de resiliencia e liberdade. Esta mostra serve tamén de homenaxe a seu irmán, falecido hai cinco anos.
- Katy Perry, Linkin Park, Lola Índigo, Dani Martín e DJ Snake encabezan o cartel desta edición
- O sector hoteleiro conta con que a ocupación chegue ao 90% durante os tres días do festival
Abonados e socios do Deportivo deciden dende hoxe e ata o domingo pola tarde se queren ou non cambiar o nome do club. Substituír a nomenclatura de sempre, en castelán, polo topónimo oficial da Coruña, en galego. O resultado da consulta é vinculante e ratificarase na xunta de accionistas que terá lugar o próximo día 23 de xuño. A idea deste referendo para galeguizar o nome do equipo coruñés partiu dun proxecto educativo do instituto público Rafael Dieste.