Galicia quere recuperar o cultivo do liño - Telexornal - Galicia | Vexa
Telexornal - Galicia  Galicia quere recuperar o cultivo do liño destinado á industria téxtil

En Galicia existe rexistro do uso do liño desde hai máis de 3.000 anos e no Imperio Romano era considerado o mellor liño de Europa. Pero esta...

18/06/2026 00:01:35
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Galicia quere recuperar o cultivo do liño destinado á industria téxtil Telexornal - Galicia - Galicia quere recuperar o cultivo do liño destinado á industria téxtil
Galicia quere recuperar o cultivo do liño destinado á industria téxtil 00:01:35 18/06/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

En Galicia existe rexistro do uso do liño desde hai máis de 3.000 anos e no Imperio Romano era considerado o mellor liño de Europa. Pero esta industria, moi presente na cultura galega ata hai menos dun século, foi esmorecendo case até a súa extinción. Como di Adriana Domínguez, presidenta da empresa Adolfo Domínguez, "as sementes de orixe galega están gardadas como pezas de ouro" esperando o momento de seren recuperadas. Parte dese xermoplasma permanece conservado no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, que traballa co Centro de Formación e Experimentación Agraria para poder cultivalo de novo.

Hoxe o 85 % do liño de mellor calidade tráese do norte de Europa, principalmente de Bélxica, Países Baixos e Francia, e o seu prezo incrementouse un 51 % nos últimos catro anos. Un proxecto da Fundación Adolfo Domínguez, co apoio da Xunta de Galicia, contará cun orzamento superior aos 800.000 euros durante os próximos tres anos para continuar coas investigacións e lograr que o liño sementado en Galicia volva ser unha referencia internacional e consiga abrirse un oco nos mercados.

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado