Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Segue a influencia anticiclónica, pero aínda con certa inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas. Ceos pouco nubrados ou despexados, nunha mañá con brétemas costeiras en todo o litoral norte e néboas no interior. Pola tarde nubes de evolución no interior, que deixarán chuvascos treboentos, localmente fortes e mesmo acompañados de saraiba. Temperaturas máximas en lixeiro a moderado ascenso. 17-06-2026

A Garda Civil busca, con medios aéreos e terrestres, a un sospeitoso de agredir á sua ex parella en Ponte Caldelas | A Xunta amplia dende os 36 ata os 45 anos a idade para os solicitantes de avais para adquisición da primeira vivenda | Arranca en Vigo a feria internacional da pedra natural e o granito, con máis de 150 empresas participantes de Europa, América e Asia. Un evento dirixido a profesionais | | No Monte do Gozo ultiman os preparativos para que mañá arranque o Son do Camiño con Katy Perry, Linkin Park e Lola Índigo como cabezas de cartel. 17-06-2026

A Garda Civil busca, con medios aéreos e terrestres, a un sospeitoso de agredir á sua ex parella en Ponte Caldelas. O home, de 43 anos, e cunha orde de ingreso en prisión por unha condea previa, secuestrara ao bebé de ambos e posteriormente abandonouno nun cruce de camiños. Foi localizado san e salvo | A Xunta amplia dende os 36 ata os 45 anos a idade para os solicitantes de avais para adquisición da primeira vivenda. Así o anunciou o presidente Rueda na Sesión de Control no Parlamento. A axuda, cubre ata un 20 por cento do prezo da vivenda | Arranca en Vigo a feria internacional da pedra natural e o granito, con máis de 150 empresas participantes de Europa, América e Asia. Un evento dirixido a profesionais e centrado nas últimas tendencias da pedra na arquitectura contemporánea | No Monte do Gozo ultiman os preparativos para que mañá arranque o Son do Camiño con Katy Perry, Linkin Park e Lola Índigo como cabezas de cartel. As entradas están prácticamente esgotadas. Está previsto que 42.000 persoas asistan cada xornada. E no dispositivo de seguridade participan máis de 1300 efectivos. 17-06-2026

Celebración por todo o alto do histórico empate a cero entre España e Cabo Verde no Mundial de Fútbol. O debut absoluto da selección africana supuxo unha festa de integración en Burela, que alberga a maior comunidade caboverdiana de España, asentada na Mariña desde hai medio século. O 10% da súa poboación é orixinaria do arquipélago africano e o empate viviuse como se fose unha vitoria. Na pantalla xigante colocada polo Concello, a festa do fútbol foi tamén a festa da irmandade entre Burela e Cabo Verde.  

A primavera de 2026 foi unha das máis cálidas e secas da historia en Galicia. Choveu un 48% menos do habitual entre marzo e maio e as temperaturas foron excepcionalmente elevadas. A Axencia Estatal de Meteoroloxía prevé que o verán, que empeza este domingo, será tamén especialmente cálido e amosa dúbidas canto ao nivel de precipitacións. A comunidade encara as festas de San Xoán con tempo estable. E de cara ao eclipse do 12 de agosto, a AEMET prevé un 70% de probabilidade de que esté nubrado na Mariña, fronte a un 30-35% na zona da Coruña.

Carmen naceu ás 26 semanas. Pesaba 900 gramos e tiña moi poucas posibilidades de sobrevivir. Estivo na UCI dous meses, que seus pais lembran como moi duros, e tivo que superar moitas dificultades. A asociación de APREM, que xurdiu no ano 1999 como un grupo de autoaxuda, é un gran apoio para as familias dos nenos prematuros. Segundo os datos do INE, o 7% dos nacidos fano antes da semana 37 de xestación.

Facultativos galegos concentráronse este martes ante o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no segundo día da quinta semana de folga intermitente convocada en todo o Estado para reclamar un Estatuto Marco propio que recoñeza as particularidades da profesión. Anuncian paros indefinidos a partir de setembro se o Ministerio de Sanidade non atende as súas peticións. Segundo a Consellería de Sanidade, esta folga nacional tivo un seguimento de máis do 15% en Galicia durante a mañá.  

Un home de 31 anos, morto por un disparo, no transcurso dunha operación policial contra o narcotráfico na aldea de Corvillón, en Cambados. A vítima, que se atopaba na súa vivenda, foi trasladada ao Hospital do Salnés cunha ferida de bala. Un operativo, con 15 persoas detidas ata agora, que continúa aberto | Os médicos, de novo en folga esta semana, ameazan cun paro indefinido a partir de setembro. O maior seguemento é nos hospitais onde supera o 20 por cento segundo os datos do SERGAS | Estabilizados xa os incendios rexistrados nas últimas horas, que levan queimadas unhas 600 hectáreas. Empeza a funcionar a aplicación Alume, que permite á cidadanía notificar incidencias relacionadas cos incendios. O dispositivo de loita incorpora tamén, dende este ano, a intelixencia artificial | Celebración, por todo o alto, en Burela, do histórico empate a cero entre España e Cabo Verde. O debut absoluto da selección africana supuxo unha festa de integración e fútbol nunha localidade que alberga a maior comunidade caboverdiana de España. 16-06-2026

Un home de 31 anos, morto por un disparo, no transcurso dunha operación policial contra o narcotráfico na aldea de Corvillón, en Cambados | Os médicos, de novo en folga esta semana, ameazan cun paro indefinido a partir de setembro | Estabilizados xa os incendios rexistrados nas últimas horas, que levan queimadas unhas 600 hectáreas | Empeza a funcionar a aplicación Alume, que permite á cidadanía notificar incidencias relacionadas cos incendios | Celebración, por todo o alto, en Burela, do histórico empate a cero entre España e Cabo Verde. 16-06-2026

A IA está a ser utilizada para detectar columnas de fume a través de cámaras de vixilancia espalladas por todo o territorio. Desde hai dous anos, os técnicos de sistemas informáticos da Consellería do Medio Rural veñen adestrando un algoritmo baseado nunha rede neuronal con miles de imaxes e datos co obxectivo de reducir os tempos de reacción dos servizos de emerxencias ante un novo incendio. A Xunta incrementou de 181 a 241 os dispositivos de vixilancia da rede despregada en 2018, con especial atención ás zonas de alto risco. O coordinador de sistemas informáticos da Dirección Xeral, Gustavo Álvarez, detallou que o "sistema aliméntase dunha cantidade inxente de imaxes" e aprende a discernir entre falsas alarmas e incendios reais. Ademais, pode detectar fume "alá onde non chega un ollo experto", incluso a 25 quilómetros de distancia.

Ademais, desde este martes xa se pode descargar unha aplicación para que a cidadanía poida enviar alertas de incendios directamente aos Centros de Coordinación Provinciais de Defensa contra os Incendios Forestais. Chámase Alume e está dispoñible para iOS e Android. Esta app só require que o usuario estea xeolocalizado na contorna visual do incendio e permite subir fotografías, audios e comentarios. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou que se trata de dúas ferramentas "fundamentais" para acelerar a detección dos incendios e reducir os tempos de resposta, que actualmente se sitúan nos 20 minutos de media.

Persiste a inestabilidade atmosférica. Despois dunha mañá de brétemas costeiras e con ceos máis despexados no interior, pola tarde hai risco de treboadas e chuvascos máis probables en zonas altas. As temperaturas máximas entre os 20 graos da Coruña e 33 en Ourense, nas rías Baixas roldan os 25 graos. 16-06-2026

Un home de 31 anos resultou morto no transcurso dunha operación policial contra o narcotráfico na aldea de Corvillón, en Cambados (Pontevedra). O falecido, un dos investigados por tráfico de drogas, chegou ferido de bala ao Hospital do Salnés. Ao parecer recibiu un tiro por parte dun axente. A operación, con alomenos 12 detidos, foi declarada segreda e non se descartan máis arrestos nas próximas horas.

Despois dunha fin de semana de calor abafante, hoxe as temperaturas dannos un respiro. Descenso notable nas máximas que oscilarán entre os 21 graos da Coruña aos 33 previstos en Ourense. Nas Rías Baixas roldarán os 25. 15-06-2026

O incendio en Boborás, camiño de estabilizarse, xa non representa un perigo para as vivendas. O lume calcinou unha superficie de algo máis de 200 hectáreas | Representantes da CIG ocupan sedes da Xunta e do Sergas, en protesta contra o plan de control de baixas médicas | A Xunta aproba o calendario laboral para o ano que vén, con festivos o 19 de marzo, día de San Xosé, e o 17 de maio día das Letras Galegas | A selección española empeza hoxe a súa participación no Mundial de fútbol contra Cabo Verde. Un partido que se espera con especial intensidade en Burela, o concello no que a comunidade de orixe cabovediana supón un dez por cento da súa poboación. 15-06-2026

O incendio en Boborás, camiño de estabilizarse, xa non representa un perigo para as vivendas. O lume calcinou unha superficie de algo máis de 200 hectáreas no entorno do Alto do Paraño. Segundo a Xunta, a evolución é favorable, aínda que se mantén o nivel dous de emerxencia | Mobilización da CIG contra a modificación do plan de control das baixas médicas para frear o absentismo laboral. Representantes da central nacionalista ocuparon sedes da Xunta e do Sergas nas sete principais cidades | A Xunta aproba o calendario laboral para o ano que vén, con festivos o 19 de marzo, día de San Xosé, e o 17 de maio día das Letras Galegas. Tamén anuncia a adquisición dunha nova sede de representación da administración autonómica na Arxentina | Celebración especial en Burela, ante o partido do Mundial de fútbol entre as seleccións de España e Cabo Verde. Un encontro histórico e convertido en derbi veciñal, no concello coa maior comunidade caboverdiana de España que representa o 10 por cento da súa poboación. 15-06-2026

O 95% dos adolescentes galegos xa teñen o seu propio teléfono ao chegar a segundo de ESO. Así o reflicte o estudo Infancia, adolescencia e benestar dixital en Galicia 2026 elaborado por Unicef en colaboración coa Universidade de Santiago, tras unha enquisa a case 3.400 escolares da comunidade. Alerta dunha realidade preocupante: aínda que baixan riscos coma o do sexting, medra a ansiedade e a violencia dixital.

A Audiencia da Coruña condena a tres anos e medio de cadea ao loteiro que quedou co boleto da Primitiva premiado con 5 millóns de euros. Atribúenlle un delicto de estafa agravada, en vez de apropiación indebida. Considera o tribunal que actuou con ánimo de lucro | Novo episodio de calor en Galicia. Hoxe as temperaturas máximas aínda van ser soportables, pero a partir de mañá vaise notar, sobre todo, na provincia de Ourense | Representantes dos gobernos e de empresarios de Asturias, Galicia e Castela e León, reunidos en Santiago, acordan pedir á Comisión Europea que impulse o procedemento aberto contra España pola posible ilegalidade das prórrogas ás concesionarias das autoestradas | Paro total nas empresas do metal da provincia da Coruña, nunha nova xornada de folga. Miles de traballadores cortan o tráfico na Avenida Alfonso Molina | O acusado de entregar a navalla ao autor da puñalada mortal a Yoel Quispe, en decembro de 2023, recoñece que lla deu, pero asegura que o fixo por medo | Inaugúrase en Baiona o que xa é o mural máis grande de España. A artista Lula Goce, natural desta localidade, quixo reflectir a alma mariñeira da vila sobre o muro do espigón, nunha superficie de 1.400 metros cadrados. 11-06-2026