Comezou a mudar o tempo .As temperaturas máximas hoxe seguen a descender e quedarán no entorno dos 25 graos en boa parte de Galicia. (24/09/13)
A nai da pequena asasinada en Santiago foi detida, depois da incirenación, esta mañá, dos restos da pequena. Rosario Porto, foi trasladada á comandancia da Garda Civil da Coruña logo de que os investigadores apreciaran incongruencias e ambiguedades nas súas declaracións .O funeral pola pequena Asunta estaba previsto para esta tarde
Estabilizados os dous incendios que ameazaron vivendas en Ourense, na Merca e en Paderne de Allariz onde se queimaron preto de 400 hectáreas. Tamén se recuperan do susto en Camelle, na costa coruñesa onde o lume se achegou tamén as casas e mesmo causou feridas a unha veciña.
Afectados da Plataforma Stop desafiuzamentos concentranse diante da central de Novagalicia para reclamarlle ó banco que conceda as dacións en pago pendentes. Aseguran que a entidade paralizou as negociacions cunhas 60 familias á espera da sua venda. (24/09/13)
A nai da pequena asasinada en Santiago foi detida, depois da incirenación, esta mañá, dos restos da pequena.
Estabilizados os dous incendios que ameazaron vivendas en Ourense, na Merca e en Paderne de Allariz.
Afectados da Plataforma Stop desafiuzamentos concentranse diante de Novagalicia para reclamarlle que conceda as dacións en pago pendentes. (24/09/13)
O cadaver da nena de 12 anos de Santiago asasinada a pasada fin de semana xa lles foi entregado aos seus pais. Namentrae segue a investigación na busca do autor do crime. Os compañeiros e profesores da vítima no Instituto Rosalía Castro, gardaron este medio día cinco minutos de silenzo na súa lembranza.
Un incendio no concello ourensán da Merca obriga a desaloxar un colexio. Dende as dúas e media da tarde está declarada a alerta máxima. O lume que se iniciaba as dúas menos vinte da tarde xa calcinou 35 hectáreas e ameaza varias vivendas.
O presidente da Xunta cre que o ano que vén deixará de aumentar o paro e que no 2015 a economía galega empezará a crear emprego neto. Nuñez Feijóo fixo estas afirmacións nun coloquio no que felicitou á Chanceler alemá, Angela Merkel pola súa victoria nas urnas. (23/09/13)
O cadaver da nena de 12 anos de Santiago asasinada a pasada fin de semana xa lles foi entregado aos seus pais. Namentrae segue a investigación na busca do autor do crime. Os compañeiros e profesores da vítima no Instituto Rosalía Castro, gardaron este medio día cinco minutos de silenzo na súa lembranza.
A localidade ourensá de Beariz e a cercana pontevedresa de Soutelo de montes , pendentes da repatriación dende México do cadaver de Eduardo Cendón, un emigrante da zona de 68 anos. Foi asasinado a tiros cando ía pagarlles o soldo aos seus empregados da empresa hoteleira que posue no país norteamericano.
O Celta salva un punto grazas ó porteiro Yoel, en Balaídos ante o Vilarreal, o equipo revelación da temporada, que se mostrou en Vigo moi superior aos celestes. En segunda, o Lugo logrou, con boa imaxe, unha vitoria en Tenerife. Más dificultosa foi a tamen victoria do Deporitvo , na casa, fronte o Alcórcón. (23/09/13)
O outono comeza en Galicia con moita calor. Aemet ten activa a alerta amarela nas provincias do interior onde opoden chegar os 36 graos. (23/09/13)
O cadaver da nena de 12 anos de Santiago asasinada a pasada fin de semana xa lles foi entregado aos seus país.
O Celta salva un punto grazas ó porteiro Yoel, en Balaídos ante o Vilarreal. (23/09/13)
Ingresado no cárcere, por orde do xuiz, o mozo de Tomiño detido logo de ser descuberto por un garda forestal prendendo lume. Tamén hoxe o consello de ministros puxo en marcha a reforma do código penal para elevar a pena nese tipo de delictos // O Partido Popular vai promover nas institucións iniciativas de condena a Resistencia Galega. A decisión anúnciase despois da sentenza da Audiencia Nacional que lles impuxo a catro membros da organización penas de ata 18 anos de prisión por cometer accións terroristas // Decepción na flota cefalopodeira, logo de que a Union Europea e Mauritania confirmasen a expulsión dos barcos galegos que faenaban en augas do pais norteafricano. 20/09/13
Ingresado no cárcere, por orde do xuiz, o mozo de Tomiño detido logo de ser descuberto por un garda forestal prendendo lume. Tamén hoxe o consello de ministros puxo en marcha a reforma do código penal para elevar a pena nese tipo de delictos ata os 6 anos que serían 9 no caso de que os lumes afecten a espazos protexidos // O Partido Popular vai promover nas institucións iniciativas de condena a Resistencia Galega. A decisión anúnciase despois da sentenza da Audiencia Nacional que lles impuxo a catro membros da organización penas de ata 18 anos de prisión por cometer accións terroristas // Decepción na flota cefalopodeira, logo de que a Union Europea e Mauritania confirmasen a expulsión dos barcos galegos que faenaban en augas do pais norteafricano. O sindicato CIG di que a flota galega serviu de moeda de cambio para beneficiar ao sector peláxico e aos mariscadores andaluces. 20/09/13
Ingresado no cárcere, por orde do xuiz, o mozo de Tomiño detido logo de ser descuberto por un garda forestal prendendo lume // O Partido Popular vai promover nas institucións iniciativas de condena a Resistencia Galega. Decepción na flota cefalopodeira, logo de que a Union Europea e Mauritania confirmasen a expulsión dos barcos galegos. 20/09/13
E o verán vaise despedir con sol e calor. Na fin de semana volvermos acadar os 30 graos en moitos puntos de Galicia. A entrada dun anticiclón pola costa atlántica fai posible este regreso ao ambiente propio da estación que ainda non rematou. 20/09/13
A Xunta vai modificar varias leis para reforzar o papel da policía autónoma na persecución dos incendiarios. A elaboración dun atestado suporá o inicio dun expediente sancionador coma nos que fai a Garda Civil de Tráfico // Os inspectores do ADIF que declararon hoxe no xulgado coma imputados polo descarrilamento do tren en Santiago ratificaron que o tramo da vía no que ocurríu o accidente cumpría todos os reglamentos e normativas de seguridade en vigor // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle un mes á Xunta para que execute sen máis demora a sentenza que anula o decreto do plurilingüismo. 19/09/13
Alivio nos estaleiros galegos, logo de coñecerse a cantidade na que o Goberno Central cifra o importe que os financiadores de barcos terán que devolver, logo de que a Unión Europea declarase ilegal o tax lease español // A Xunta vai modificar varias leis para reforzar o papel da policía autónoma na persecución dos incendiarios. A elaboración dun atestado suporá o inicio dun expediente sancionador coma nos que fai a Garda Civil de Tráfico // Os inspectores do ADIF que declararon hoxe no xulgado coma imputados polo descarrilamento do tren en Santiago ratificaron que o tramo da vía no que ocurríu o accidente cumpría todos os reglamentos e normativas de seguridade en vigor // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle un mes á Xunta para que execute sen máis demora a sentenza que anula o decreto do plurilingüismo. 19/09/13
Alivio nos estaleiros galegos, logo de coñecerse o importe que os financiadores de barcos terán que devolver, logo de que a Unión Europea declarase ilegal o tax lease español // A Xunta vai modificar varias leis para reforzar o papel da policía autónoma na persecución dos incendiarios // Os inspectores do ADIF ratificaron que o tramo da vía no que ocurríu o accidente cumpría todos os reglamentos e normativas de seguridade en vigor. 19/09/13
As temperaturas manteñense sen cambios nun día no que teremos máis nubes polo norte e claros polo sur. 19/09/13
Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois. Son o xefe de seguridade na circulación e o xerente da seguridade na circulación na zona noroeste. O xuiz imputalles un delito de imprudencia por non garntir a seguridade na zona do descarrilamento. Mañá van prestar declaración os tres inspectores de adif tamén imputados // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de NOvagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro. O Director Xeral do FROB considera o interese de investidores foraneos coma un espaldarazo ao sector financieiro español // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. Quere demostrar que non foi entregada nunha casa berce e que os seus pais adoptivos pagaron a factura do hospital público no que naceu. 18/09/13
Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois. Son o xefe de seguridade na circulación e o xerente da seguridade na circulación na zona noroeste. O xuiz imputalles un delito de imprudencia por non garntir a seguridade na zona do descarrilamento. Mañá van prestar declaración os tres inspectores de adif tamén imputados // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de NOvagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro. O Director Xeral do FROB considera o interese de investidores foraneos coma un espaldarazo ao sector financieiro español // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. Quere demostrar que non foi entregada nunha casa berce e que os seus pais adoptivos pagaron a factura do hospital público no que naceu. 18/09/13
Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de Novagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. 18/09/13
O tempo vai empeorar algo nas próximas horas pero as temperaturas suben. 18/09/13
O Presidente de Pescanova, Juan Manuel Urgoiti, avisou hoxe de que, se os acreedores da multinacional pesqueira non aceptan a quita que lles está a propor, non hai nada que facer para garantir a viabilidade da empresa // Adif considera sen fundamento a imputación dos responsables de seguridade da vía no descarrilamento de angrois e e tamén a dos seus cargos directivos, anunciada polo instructor // O Camiño de Santiago vaise beneficiar da posta en marcha dun destino turístico intelixente, asinado hoxe polo Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia. 17/09/13