Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As temperaturas seguen hoxe a ser moi altas, sobre todo na xonas de Ourense. Os termómetros volven chegar aos 36 graos. Un tempo de verán que ainda vai seguir nas próximas horas. 03/09/13

Dous xulgados traballan dende hoxe en Vigo e na Coruña, exclusivamente para tramitar as demandas dos afectados por preferentes e subordinadas dos bancos e caixas. Son atendidos por dous xuíces, nomeados para este cometido e por un secretario e seis funcionarios cada un.

Os socialistas piden que, no novo periodo de sesións, o Presidente da Xunta compareza no Parlamento para explicar os indicios de presunto finanzamento irregular do seu partido, coñecidos a raíz do caso Bárcenas. O portavoz do PP rexeita esa comparecencia que considera inoportuna por estar o asunto está baixo segredo sumarial.

O Celta está satisfeito polo xogo amosado pero tén pendentes mellores resultados, logo do segundo empate, logrado na casa fronte ao Granada. E, en Segunda, victorias claras e contundentes do Deportivo e do Lugo . O Depor venceu ao Sabadell por tres a cero, mentres que os da cidade da muralla conseguiron a sua primeira vitoria, pero por goleada, cun 4 a 2 , fronte ao Jaén. (02/09/13)

Dous xulgados traballan dende hoxe en Vigo e na Coruña, exclusivamente para tramitar as demandas dos afectados por preferentes e subordinadas dos bancos e caixas

Os socialistas piden que, no novo periodo de sesións, o Presidente da Xunta compareza no Parlamento para explicar os indicios de presunto finanzamento irregular do seu partido. O portavoz do PP rexeita esa comparecencia que considera inoportuna por estar o asunto está baixo segredo sumarial. (02/09/13)

Setembro arranca con temperaturas propias do verán . En toda a comunidade a calor obriga a ir na procura de sombra ou achegarse a beira da auga. A situación anticiclónica vai seguir ainda uns días. (02/09/13)

Continúa o incendio de Boiro que xa queimou máis de 450 hectáreas e puxo en perigo, a noite pasada, varias aldeas. Tamén hai outro lume activo no municipio lucense de Navia de Suarna onde as lapas xa consumiron 250 hectáreas.

Atopado san e salvo, perto dunha das aldeas do Barbanza evacuadas polo lume, un home de 85 anos que desaparecera, horas antes de declararse o incendio e de que os veciños tiveran que marchar das súas casas.

Comeza a operación retorno de agosto que durará ata a media noite do vindeiro domingo día ún de setembro . Aquí tráfico prevé 390.000 desprazamentos, o 10 por cento dos aproximadamente catro millóns que se agardan nas estradas de toda España. (30/08/13)

Agosto vaise despedir con sol. Esta última fin de semana do mes será de praia porque as temperaturas seguen a subir. As máximas rondarán os 30 graos que insuclso superarán polo sur. (30/08/13)

Continúa o incendio de Boiro que xa queimou máis de 450 hectáreas .

Atopado san e salvo, perto dunha das aldeas do Barbanza evacuadas polo lume, un home de 85 anos que desaparecera.

Constituída unha plataforma contra o lume, integrada por catorce colectivos. (30/08/13)

Continúa o incendio de Boiro que xa queimou máis de 450 hectáreas e puxo en perigo, a noite pasada, varias aldeas. Tamén hai outro lume activo no municipio lucense de Navia de Suarna onde as lapas xa consumiron 250 hectáreas.

Atopado san e salvo, perto dunha das aldeas do Barbanza evacuadas polo lume, un home de 85 anos que desaparecera, horas antes de declararse o incendio e de que os veciños tiveran que marchar das súas casas.

Constituída unha plataforma contra o lume, integrada por catorce colectivos. Piden un cambio na política forestal que, na sua opinion, ten que centrarse mais na prevención e ser mais acorde coas características de Galicia. (30/08/13)

Os incendios dan hoxe unha tregua e, segundo o último reconto da Consellería do Medio Rural só está activo o da zona do Rosal, na provincia de Pontevedra.

A Xunta acordou hoxe crear 435 postos de auxiliares de conversa para potenciar o ensino de idiomas nos centros educativos galegos o curso que vén. Foi no primeiro conselllo que se celebra despois do paréntese do verán .

O Real Madrid xa está na Coruña onde esta tarde se vai enfrontar ao Deportivo na disputa do trofeo Teresa Herrera. (29/08/13)

Tempo prácticamente calcado ao de onte, con sol,, co nordés sorprando con forza a carón da costa e con temperaturas máximas que hoxe poden subir algo. (29/08/13)

Os incendios dan hoxe unha tregua e, segundo o último reconto da Consellería do Medio Rural só está activo o da zona do Rosal, na provincia de Pontevedra.

A Xunta acordou hoxe crear 435 postos de auxiliares de conversa para potenciar o ensino de idiomas nos centros educativos galegos o curso que vén.

O Real Madrid xa está na Coruña onde esta tarde se vai enfrontar ao Deportivo na disputa do trofeo Teresa Herrera. (29/08/13)

Os incendios dan hoxe unha tregua e, segundo o último reconto da Consellería do Medio Rural só está activo o da zona do Rosal, na provincia de Pontevedra.No que vai de ano levan ardido sete mil novecentas hectáreas.

A Xunta acordou hoxe crear 435 postos de auxiliares de conversa para potenciar o ensino de idiomas nos centros educativos galegos o curso que vén. Foi no primeiro conselllo que se celebra despois do paréntese do verán .

A Policía investiga os insultos e amenazas que sofriu a Xuíza Pilar de Lara, que dirixe, nos xulgados de Lugo a Operación Pokémon contra unha presunta trama de corrupciòn en varios concellos.

O Real Madrid xa está na Coruña onde esta tarde se vai enfrontar ao Deportivo na disputa do trofeo Teresa Herrera.Os brancos chegaron este mediodía a Alvedro e instaláronse nun hotel da cidade. (29/08/13)

Estabilizado o incendio de Ribeira que mantivo en alerta máxima os servizos de extinción dende a tarde de onte.

A Conselleira do Medio Rural calificou de homicidas aos que provocan incendios preto de zonas poboadas e pondo en perigo casas e persoas.

A Volta a España deixa Galicia. A primeira hora desta tarde saía de Sober, na Ribeira Sacra lucense e arestora circula cara a Sanabria, en Zamora, logo de pasar polos concellos ourensáns, A Rúa, Petín, Viana do Bolo e A Gudiña. (28/08/13)

Estabilizado o incendio de Ribeira que mantivo en alerta máxima os servizos de extinción dende a tarde de onte, pola proximidade das lapas a zonas habitadas e que obrigou o desaloxo dunhas catrocentras persoas do poligono industrial do Xarás e dunhas dez vivendas na parroquia de Palmeira.

A Conselleira do Medio Rural calificou de homicidas aos que provocan incendios preto de zonas poboadas e pondo en perigo casas e persoas. O partido socialista pide a súa comparecencia urxente no Parlamento e ofrece un acordo para incrementar as políticas de prevención. Pola súa banda o BNG culpa dos efectos do lume ao que califica de improvisación da xunta.

A Volta a España deixa Galicia. A primeira hora desta tarde saía de Sober, na Ribeira Sacra lucense e arestora circula cara a Sanabria, en Zamora, logo de pasar polos concellos ourensáns, A Rúa, Petín, Viana do Bolo e A Gudiña. (28/08/13)

Estabilizado o incendio de Ribeira que mantivo en alerta máxima os servizos de extinción dende a tarde de onte.

A Conselleira do Medio Rural calificou de homicidas aos que provocan incendios preto de zonas poboadas e pondo en perigo casas e persoas.

A Volta a España deixa Galicia. A primeira hora desta tarde saía de Sober, na Ribeira Sacra. (28/08/13)

Os incendios forestais estanlle afectando hoxe, sobre todo, á provincia de Pontevedra. Alí arestora está activo un que se declaraba, nas últimas horas en Cotobade, parroquia de Tenorio que supera as 20 hectáreas.

continúa a folga no Hospital vigués de Povisa onde as negociacións entre os representantes do persoal e a dirección están rotas.

Penúltima etapa hoxe da Vuelta Ciclista en Galicia e a derradeira que transcorre integramente dentro da nosa comunidade. Arestora roda camiño de Fisterra, onde está situada a meta. (27/08/13)

Os incendios forestais estanlle afectando hoxe, sobre todo, á provincia de Pontevedra. Alí está activo un que se declaraba, nas últimas horas en Cotobade, parroquia de Tenorio que supera as 20 hectáreas. Namentres, segue a loita dos servizos de extinción contra outro iniciado a última hora da tarde de onte no municipio de Oia e que calcinou 1200 hectáreas.

Os afectados polo accidente do tren alvia en Angrois terán á súa disposición unha páxina web na que poderán informarse e mesmo realizar xestións.

O próximo luns comezarán a funcionar en Vigo e A Coruña os novos xulgados creados para atender as reclamacións dos afectados por participacións preferentes. Os novos xuices foron xa nomeados polo Ministerio de Xustiza xunto cos seus secretarios. Cada un destes novos xulgados contará, ademáis, con seis funcionarios. (27/08/13)

Os incendios forestais estanlle afectando hoxe, sobre todo, á provincia de Pontevedra.

Os afectados polo accidente do tren alvia en Angrois terán á súa disposición unha páxina web .

O próximo luns comezarán a funcionar en Vigo e A Coruña os novos xulgados creados para atender as reclamacións dos afectados por participacións preferentes. (27/08/13)