Só catro de cada dez nenos menores de 5 anos están vacinados contra a gripe, cando quedan pouco máis de dúas semanas para que remate a campaña. | O Grupo Inditex acada un beneficio de 4.102 millóns de euros durante os nove primeiros meses do presente exercicio, entre febreiro e outubro, o que supón un aumento de mais do 32 % respecto o ano pasado. | Catro candidaturas galegas optan aos Premios Nacionais de Artesanía que se van fallar o venres. Unha dekas é Inés Rodríguez, tecedora ourensá que elabora mantas para bebés cunha fibra que se obtén dunha proteína do leite. 13-12-23
As temperaturas empezan a baixar. Xornada de chuvias persistentes durante a mañá na metade oeste con ata 50 litros por metro cadrado. Chuvias que irán remitindo progresivamente. O vento deixará refachos fortes no litoral norte. 12-12-2023
A policía nacional presenta a maior aprehensión de cocaína dunha soa vez en Galicia, na chamada Operación Tonara. 7.500 quilos que entraron polo porto de Vigo. | Pacto de pesca en Bruxelas no que aumentan un 10 % as capturas de pescada ibérica pero redúcese a cota nun 12 % no Gran Sol. Poderá pescarse máis peixe sapo, rapante e cigala. | O chef Brais Pichel explica cómo aumentou a lista de agarda para conseguir unha reserva dende que o seu restaurante Terra recibíu a primeira Estrela Michelín. | O sorteo da Copa do Rei depara boa sorte, especialmente para o Lugo, que recibirá ao Atletico de Madrid. Rival de primeira tamén para o Racing de Ferrol, que se medirá co Sevilla, mentres que o Celta quedou emparellado co Amorebieta. 12-12-2023
A policía nacional presenta a maior aprehensión de cocaína dunha soa vez en Galicia, na chamada Operación Tonara.| Os Ministros de Pesca da UE cerran o acordo dos tacs e cotas para o ano próximo ano.| Manuel Baltar solicita un aprazamento da sua declaración voluntaria ante o Supremo, alegando que o seu avogado non podía acompáñalo hoxe por razóns de saúde. | O chef Brais Pichel explica cómo aumentou a lista de agarda dende que o seu restaurante Terra recibíu a primeira Estrela Michelín.|O Lugo recibirá ao Atletico de Madrid na Copa do Rei. O Racing de Ferrol medirase co Sevilla, mentres que o Celta quedou emparellado co Amorebieta. 12-12-202
A maior partida de droga incautada ata agora en Galicia, sete toneladas e media de cocaína. A Policía Nacional deu conta hoxe de cómo foi a operación Tonara. | Os Ministros de Pesca da UE cerran o acordo dos tacs e cotas para o ano próximo ano. | Manuel Baltar solicita un aprazamento da sua declaración voluntaria ante o Supremo, alegando que o seu avogado non podía acompáñalo hoxe por razóns de saúde. | A Cidade da Cultura, en Santiago, vai acoller a partir de marzo unha das grandes exposicions de Galicia, Os Tesouros Reais, formado por pezas do museo de Terra Santa. 12-12-2023
Inicio da campaña da Vieira na Ría de Pontevedra, con arredor de trinta barcos que saíron á súa captura cun tope diario de 4.000 quilos para toda a frota. | O sector turístico fai balance da ponte de decembro, cunha ocupación do sesenta por cento de media, dez puntos máis do previsto. Vigo, co tirón das luces de Nadal rozou o cheo. | Veciños da montaña de Lugo denuncian o recorte de servizos sanitarios. O Sergas recoñece as dificultades para atopar médicos substitutos para esa zona. | O Camiño de Santiago celebra o trinta aniversario da sua declaración como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Un evento que coincidíu co arranque do fenómeno Xacobeo, que marcou un fito no incremento das peregrinacións. | 11-12-23
Toda a costa galega en alerta amarela por ondas que poden chegar aos 5 metros. O vento do sur trae aire húmido e cálido que fai que as temperaturas sigan en valores moi suaves, con máximas que oscilarán entre os 16 graos de Lugo aos 19 de Ourense. Ceos nubrados e orballos á espera de que á noite chegue unha fronte fría que deixará chuvias que poden ser fortes. 11-12-23
Inicio da campaña da Vieira na Ría de Pontevedra, con arredor de trinta barcos que saíron á súa captura cun tope diario de 4.000 quilos.| Reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira. O Partido Popular, que goberna en 12 autonomías, denuncia a negociación bilateral con Cataluña do financiamento autonómico. | O sector turístico fai balance da ponte de decembro, cunha ocupación do sesenta por cento de media, dez puntos máis do previsto. | Veciños da montaña de Lugo denuncian o recorte de servizos sanitarios. | O Camiño de Santiago celebra o trinta aniversario da sua declaración como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. 11-12-23
As mariscadoras da Ría de Pontevedra, que voltan faenar tras o descanso da semana pasada. Con moitas dificultades lograron extraer o cupo de ameixa, pola alta mortandade que arruinou boa parte do molusco. | A ministra de Facenda reúne ao Consello de Política Fiscal e Financeira. O Partido Popular, que goberna en 12 autonomías, pide abordar a reforma do financiamento autonómico e denuncia que se estea a negociar de xeito bilateral con Junts e Esquerra. | A partires de hoxe a vacinación da covid recibirase en hospitais e centros de saúde acudindo con cita. Pódese recibir tamén nese mesmo intre a vacina da gripe. | 11-12-23
A Garda Civil investiga se a morte dunha muller, que apareceu agonizando onte nun camiño no municipio de Nogueira de Ramuín, se trata dun crime machista. Tiña 62 anos, era de Ucraína e levaba dous anos residindo no concello ourensán co seu marido, de nacionalidade británica | Quedaron en liberdade os catro detidos polo alixo nunha nave industrial de Cambre de máis de sete toneladas de cocaína | Nin a choiva para a chegada de turistas a Vigo, atraídos pola iluminación de Nadal. Os hoteis prevén colgar o cartel de "completo" o sábado e o domingo, e os comerciantes da zona centro reforzan persoal | Visitamos un dos beléns con movemento con máis sona de Galicia. É o de Bengonte, na Terrá Cha de Lugo. Leva 52 anos funcionando, está declarado de interese turístico galego e ten máis dun cento de figuriñas 07-12-23
Unha fronte moi activa, que arrastra moita humidade, afecta hoxe á península. En Galicia deixou chuvias intensas pola mañá, con acumulados superiores aos 70 litros por metro cadrado. Pola tarde van ir remitindo progresivamente.
As temperaturas experimentan un moderado ascenso. Vento forte do suroeste, que rozou os 140 quilómetros por hora de madrugada en Cedeira, e que vai amainando. A cota de neve baixa aos 1.200 metros pola noite. 07-12-23
A Garda Civil investiga se a morte dunha muller, que apareceu agonizando onte nun camiño no municipio de Nogueira de Ramuín, se trata dun crime machista | Quedaron en liberdade os catro detidos polo alixo nunha nave industrial de Cambre de máis de sete toneladas de cocaína | Nin a choiva para a chegada de turistas a Vigo, atraídos pola iluminación de Nadal | Visitamos o belén de Bengonte, na Terrá Cha de Lugo 07-12-23
A Garda Civil investiga se a morte dunha muller, que apareceu agonizando onte nun camiño no municipio de Nogueira de Ramuín, se trata dun crime machista | Quedaron en liberdade os catro detidos polo alixo nunha nave industrial de Cambre de máis de sete toneladas de cocaína | Nin a choiva para a chegada de turistas a Vigo, atraídos pola iluminación de Nadal 07-12-23
Desde hai unha hora está en marcha a operación especial de Tráfico con motivo da ponte, na que se agardan máis dun millón de desprazamentos por estrada no noroeste da Península | Alí, veciños do centro da cidade quéixanse das molestias pola cantidade de xente que acode a ver a luces de Nadal e avisan dos problemas de seguridade que pode causar a masificación | Confrarías e agrupacións de mariscadores reclaman medidas para rexenerar as praias e axudas ante a caída da produción de marisco nas rías galegas. Varios bancos marisqueiros xa están pechados e algunhas confrarías avalían parar a actividade | O Celta non arranca. Leva once partidos sen gañar. Mantense en postos de descenso tras empatar onte a uns contra un Cádiz que xogou unha hora só con dez futbolistas 05-12-23
Comezan cinco días de ponte, para os que non traballen o xoves, nos que o tempo seco e frío vai dar paso a chuvias intensas. O tempo, o propio do outono. Principalmente chuvias, pero tamén teremos algún respiro. 05-12-23
Desde hai unha hora está en marcha a operación especial de Tráfico con motivo da ponte, na que se agardan máis dun millón de desprazamentos por estrada no noroeste da Península | En Vigo, veciños do centro da cidade quéixanse das molestias pola cantidade de xente que acode a ver a luces de Nadal | Confrarías e agrupacións de mariscadores reclaman medidas para rexenerar as praias e axudas ante a caída da produción de marisco | O Celta leva once partidos sen gañar. Mantense en postos de descenso tras empatar onte a uns contra o Cádiz 05-12-23
Dentro dunha hora comeza a operación especial de Tráfico con motivo da ponte, na que se agardan máis dun millón de desprazamentos por estrada no noroeste da Península | En Vigo, veciños do centro da cidade quéixanse das molestias pola cantidade de xente que acode a ver a luces de Nadal e avisan dos problemas de seguridade que pode causar a masificación 05-12-23
O mes de novembro pechou con 2.180 parados menos en Galicia, debido principalmente ás contratacións no sector servizos e na industria. Este descenso deixa o número total de desempregados en pouco máis de 131.000 | Encarna, a muller de 80 anos asasinada polo seu marido o venres en Sigüeiro, é a terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia este ano, e a número 55 en España | Galicia será pioneira no emprego da intelixencia artificial para loitar contra o fracaso escolar. 40 empresas xa presentaron as súas solucións con esta tecnoloxía ao programa Edugalia | Loitar contra a discriminación e os prexuízos que sofren as persoas pola súa idade. É o obxectivo da Cátedra de Idadismo da Facultade de Comunicación de Pontevedra, única en España. 04-12-23
Esta semana da ponte festiva vai ter un pouco de todo no meteorolóxico. Tralo paso dunha fronte moi activa na tarde onte, Galicia queda hoxe na área de chuvascos que trae detrás e con entrada de aire frío. As precipitacións irán remitindo co avance da tarde e poderán ser de neve por riba dos 1.200 metros. Temperaturas en progresivo descenso, con máximas entre os 15 graos de Vigo e os 10 de Lugo. Vento do noroeste, forte no litoral norte. Mañá tempo seco e o mércores chega outra fronte pola tarde. 04-12-23
O mes de novembro pechou con 2.180 parados menos en Galicia, debido principalmente ás contratacións no sector servizos e na industria. Este descenso deixa o número total de desempregados en pouco máis de 131.000 | Encarna, a muller de 80 anos asasinada polo seu marido o venres en Sigüeiro, é a terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia este ano, e a número 55 en España. 04-12-23