Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Fin de semana seca e solleira por diante. Hoxe o día amenceu máis frío. As néboas matinais foron dando paso a ceos despexados agás pola Mariña onde hai algunhas nubes. Tempo estable que se manterá durante toda a fin de semana. 24-11-23

A morte da muller atopada tras uns contedores no Porriño, investigada como posible caso de violencia de xénero. | A esperado acendido das luces de Nadal de Vigo será hoxe, as oito da tarde. | Logo de tres días de estancia na casa do seu anfitrión Pedro Campos, hoxe Don Xoan Carlos saíu navegar a bordo do Bribón | O marisco comenza a escasear nos mercados cando falta un mes xusto para a noiteboa. | A maoría dos comercios ofrecen hoxe algún tipo de desconto polo Black Friday. | A compañía Serea Teatro leva ano e medio percorrendo vilas e colexios cunha obra sobre violencia de xénero. 24-11-23

O cadaver dunha muller atopado tras uns contedores no polígono das Gándaras, no Porriño, investigado pola Garda Civil como un posible caso de violencia de xénero. | Desconvocada a folga en Renfe, os trens circulan hoxe con normalidade e mesmo con máis puntualidade que nos últimos días. | Logo de tres días de estancia na casa do seu anfitrión Pedro Campos, hoxe Don Xoan Carlos saíu navegar a bordo do Bribón | A compañía Serea Teatro representa unha nova obra sobre violencia de xénero que leva ano e medio percorrendo vilas e colexios.24-11-23

Xornada de folga xeral nas Pontes para reclamar alternativas para a industria e a economía da comarca, ante o peche da Central Térmica. | Máis de 4.500 mulleres viven en Galicia baixo protección, tras ser agredidas polas suas parellas ou ex parellas. | Queda apenas un mes e xa se ve bastante ambiente e incluso colas, nas portas das administración. | Un estudio de arquitectos ourensán figura entre os canditados deste ano ao Premio Mapei, o prestixioso galardón nacional de arquitectura sostible 23-11-23

Na costa coruñesa hai alerta amarela por ventos de forza 7. É polo nordés que sopra forte en todo o litoral. Día de ceos despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas nocturnas foron máis baixas e as máximas han subir. Oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo aos 18 de Pontevedra. 23-11-23

Xornada de folga xeral nas Pontes para reclamar alternativas para a industria e a economía da comarca, ante o peche da Central Térmica. | Máis de 4.500 mulleres viven en Galicia baixo protección, tras ser agredidas polas suas parellas ou ex parellas. | Lugo é a provincia española cunha maior taxa de obesidade, un 27,3 por cento da poboación, segundo un estudo publicado hoxe | Un estudio de arquitectos ourensán figura entre os canditados deste ano ao Premio Mapei, o prestixioso galardón nacional de arquitectura sostible 23-11-23

Comercios pechados e masiva mobilización cidadá nas Pontes. É a xornada de folga xeral para reclamar alternativas para a industria e a economía da comarca, ante o peche da Central Térmica.|. | Lugo é a provincia española cunha maior taxa de obesidade, un 27,3 por cento da poboación, segundo un estudo publicado hoxe. | O proxecto de Música Cercana elixe A Cañiza como unha das súas paradas dentro da xira para achegar a música clásica en vivo a entornos rurais con problemas de despoboación. 23-11-23

Sen visos de solución no conflito da limpeza de Lugo, que cumpre 38 días de folga. As traballadoras denuncian que a sua situación é un exemplo de discriminación cara as mulleres. | Aumentan as situacións de violencia sofridas polos profesores a causa de problemas cos pais de alumnos. | Os familiares dos falecidos no Villa de Pitanxo reclaman apoio ás institucións para renderlles homenaxe no porto de San Xoan de Terranova, cerca do lugar do naufraxio. | Na loita contra a violencia de xénero, destacan os programas de intervención psicolóxica a maltratadores en prisión. No cárcere de Teixeiro, máis do 90 por cento dos que os completan non volven reincidir. 22-11-23

Sen visos de solución no conflito da limpeza de Lugo, que cumpre 38 días de folga. | Rubén Pérez, impulsor da Marea de Vigo, nomeado esta mañá secretario de Estado do novo Ministerio de Xuventude e Infancia |. Aumentan as situacións de violencia sofridas polos profesores a causa de problemas cos pais de alumnos. | Os familiares dos falecidos no Villa de Pitanxo reclaman apoio para renderlles homenaxe en Terranova. | No cárcere de Teixeiro, máis do 90 por cento dos presos que completan programas de intervención psicolóxica a maltratadores non volve reincidir. 22-11-23

Refórzase o anticiclón que bloquea a chegada de borrascas. Ceos máis anubrados polo norte con posibilidade de chuvias na Mariña que tenden a remitir a tarde. Máis claros canto máis ao sur con nordés que soprará con máis forza pola tarde sobre todo entre Fisterra e as Sisargas. 22-11-23

As traballadoras da limpeza de Lugo cumpren 38 días de folga. Un conflito nun sector feminizado ao 95%, que consideran exemplo de discriminación cara as mulleres.| os familiares dos falecidos no Villa de Pitanxo reclaman apoio ás institucións para renderlles homenaxe en Terranova, cerca do lugar do naufraxio. | Rubén Pérez, impulsor da Marea de Vigo e responsable de Política Municipal na dirección federal de Izquierda Unida, nomeado esta mañá secretario de Estado do novo Ministerio de Xuventude e Infancia. | 22-11-23

Folga indefinida por primeira vez na historia da xustiza, dos avogados e procuradores do turno de oficio. Din que a Xunta, da que depende a sua retribución, non lles paga gardas nin lles asegura unhas condicions mínimas. | O Parlamento galego aproba, cos votos do Partido Popular, unha nova lei de Igualdade, que considera pioneira en toda España por atender a novas formas de violencia como a dixital. | O Rei Xoan Carlos pasa as súas primeiras horas en Sanxenxo, na súa sexta visita privada a España no último ano e medio. | O vello Portomarín quedou asolagado polas augas do encoro de Belesar, hai sesenta anos. Agora, grazas á tecnoloxía, emerxe para poder ser contemplado a través das gafas de realidade virtual. 21-11-23

Seguimos con tempo enxoito agás no terzo norte onde se poden rexistrar alguns chuvascos. Tempo tranquilo con ceos máis despexados canto máis ao sur. As temperaturas máximas hoxe oscilan entre os 12 graos de Lugo aos 16 de Pontevedra. Xeadas no sur e na montaña de Ourense, que irán a máis mañá. 21-11-23

Folga indefinida por primeira vez, dos avogados e procuradores do turno de oficio. | O Parlamento galego aproba, cos votos do Partido Popular, unha nova lei de Igualdade, que considera pioneira por atender a novas formas de violencia como a dixital. | Visto para sentenza o xuízo contra os produtores da serie 'Fariña', aos que o Lauréano Oubiña lles reclama un millón e medio de euros por danos morais. | O Rei Xoan Carlos pasa as primeiras horas da sua nova visita a Sanxenxo. | O vello Portomarín emerxe da auga grazas á realidade virtual. O proxecto Galiverso reconstrúe con tecnoloxía a antiga vila luguesa. 21-11-23

Os avogados e procuradores do turno de oficio están en folga por primeira vez na historia da xustiza. | O Partido Popular aproba en solitario a nova Lei de igualdade, que, para a Xunta, fará que Galicia estea na vangarda en políticas de xénero.| Constrúese en Palas de Rei a granxa de insectos máis grande de Galicia. Cun investimento de 22 millóns de euros producirá larvas de mosca soldado que se empregarán para a elaboración de pensos para animais. | 21-11-23

Centos de pasaxeiros, afectados polas incidencias que se aculan no eixo atlántico ferroviario, entre Vigo e a Coruña, con atrasos de máis dunha hora. Os usuarios quéixanse de falta de resposta por parte de Renfe | Seis persoas continúan hospitalizadas en Vigo en relación co gromo de lexionela, detectada nos concellos pontevedreses de A Guarda e O Rosal. | As estradas galegas levan cobrado a vida de 71 persoas no que vai de ano, con máis de 100.000 denuncias por exceso de velocidade nese período e 11.000 por consumo de alcohol.| No Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Cidade da Cultura dalle voz aos máis pequenos. 21-11-23

Centos de pasaxeiros, afectados polas incidencias que se aculan no eixo atlántico ferroviario, entre Vigo e a Coruña, con atrasos de máis dunha hora. | Seis persoas continúan hospitalizadas en Vigo en relación co gromo de lexionela, detectada nos concellos pontevedreses de A Guarda e O Rosal. | As estradas galegas levan cobrado a vida de 71 persoas no que vai de ano.| Don Xoan Carlos regresa a Sanxenxo para participar na regata desta vindeira fin de semana, a última da temporada. Será a sexta ocasión na que viaxa a España desde que se instalou en Emiratos Árabes. | |. 21-11-23

Empeza unha semana marcada polo descenso das temperaturas con tempo seco en xeral agás por algúns chuvascos no terzo norte. O vento do norte vai ir arrefriando o ambiente. As máximas, así e todo, oscilan entre os 14 graos de Lugo e os 20 en Pontevedra. 21-11-23

As incidencias acumúlanse no eixo atlántico ferroviario, entre Vigo e a Coruña, sobre todo nas frecuencias máis demandadas, con atrasos, como o desta mañá de máis dunha hora. | A cota galega no novo goberno de Pedro Sánchez perde un Ministro. Sae do Executivo José Miñones, ata o de agora titular de Sanidade.| Un gromo de lexionela mantén hospitalizados a seis doentes nun hospital de Vigo. | Formar aos futuros deseñadores de moda e a profesionais especializados en deseño gráfico e dixital. E o obxectivo dun novo grao, ata agora inexistente en Galicia, que se imparte no campus de Pontevedra. 21-11-23

Un bombeiro simula ser queimado vivo polos responsables políticos na protesta dos traballadores dos parques comarcais de toda Galicia, en Santiago. En folga dende hai cinco meses, reclaman un convenio único con melloras salariais. | Mentres Pedro Sánchez toma posesión dun novo mandato como Presidente do Goberno, Alfonso Rueda chama en Madrid a reaccionar contra os pactos cos nacionalistas que lle permitiron acadar a maioría absoluta.| O programa Xacobeo Xove para fomentar as peregrinacións exténdense ata o ano que ven, Tamén amplía os seus beneficios aos mozos maiores de doce anos de toda España. | A obra singular e provocativa de Helmut Newton, xa está na Coruña, na mostra da Fundación Marta Ortega. 17-11-23