Unha nova fronte arrastra moita humidade. Alertas por chuvias que no interior de Pontevedra poden deixar ata 80 litros por metro cadrado en doce horas e por refachos fortes de vento na Mariña. Xa de noite as precipitacións poden ser localmente fortes. 25-10-23
Preocupación nas rías de Arousa e Noia polo risco de que o exceso de auga doce provoque a mortalidade masiva de bivalvo. | Tensión no Parlamento tras o anunciar o Presidente da Xunta a gratuidade dos autobuses interurbanos para os maiores de 65 anos. | Amnistía Internacional entrega máis de 440.000 sinaturas, para reclamar un incremento dos fondos adicados a atención primaria. | "Si no estás" é o tema máis escoitado hoxe en Spotify en todo o mundo. O autor é o coruñés Iñigo Quintero, de tan só 21 anos. | 25-10-23
Folga de profesores con seguimento masivo no Bacharelato e a Eso, e menor en Primaria, segundo a CIG, a central convocante, mentres a Xunta rebaixa a incidencia a pouco máis do 15 por cento. |En Lugo as traballadoras da limpeza, en folga indefinida, percorren a ronda da Muralla cunha caravana de protesta. | A Fundación Amancio Ortega formaliza a entrega da residencia de maiores do barrio do Castiñeiriño, en Santiago. | A Xunta tramita a prohibición da venda de bebidas enerxéticas a menores que as equipara ao alcol para restrinxir o acceso a quen non teña autorización. 24-10-23
O profesorado do ensino público, chamado hoxe a unha folga contra o acordo de redución de rateos e horarios. A CIG asegura que o seguimento está a ser masivo en secundaria, con menor incidencia en primaria. | A Xunta cifra en pouco mais do 15 por cento o seguimento. | O Tribunal Constitucional suspende dous artigos da Lei galega sobre xestión do litoral, que foron recorridos polo goberno central. | As bebidas enerxéticas, no punto de mira da Xunta, que tramita unha normativa para prohibir a súa venda a menores de idade. Outras sete comunidades estudan seguir os seus pasos. | Hoxe, celébrase o Día Mundial das Bibliotecas e entramos nunha das máis descoñecidas de Galicia: a Biblioteca histórico militar da Coruña. 24-10-23
Folga de profesores con seguemento masivo na Secundaria, e menor en Primaria, segundo a CIG, a central convocante, mentres a Xunta rebaixa a incidencia a pouco máis do 15 por cento. |O Tribunal Constitucional suspende dous artigos da Lei galega sobre xestión do litoral, que foron recorridos polo goberno central. | A Fundación Amancio Ortega formaliza a entrega da residencia de maiores do barrio do Castiñeiriño, en Santiago. | As bebidas enerxéticas, no punto de mira da Xunta, que tramita unha normativa para prohibir a súa venda a menores de idade. | 24-10-23
As chuvias serán máis intermitentes pola tarde. Durante a mañá as precipitacións máis intensas na provincia de Pontevedra. Vento intenso na costa e zonas altas con refachos que superan os 135 kilómetros por hora. 24-10-23
Revisar os neumáticos e levalos bo estado, sobre todo con mal tempo. A Dirección Xeral de Tráfico empeza hoxe, unha campaña de control. Dí que un cinco por cento dos coches circulan con defectos graves . | Os bombeiros comarcais de toda Galicia protestan diante da sede da Deputación provincial, con incidentes entre manifestantes e efectivos antidisturbios. | A Xunta anuncia una cota cero para traballadores por conta propia que inicien a sua actividade no ano 2024. Estarán exentos de pagar á Seguridade Social e a administración asumirá os recibos durante todo o ano | O Celta firma o que é xa o seu peor comezo da Liga dos últimos corenta anos. Sen coñecer ainda a vitoria en Balaídos e en postos de descenso, tras caer ante o Atlético de Madrid xogando con dez pola expulsión, discutida na grada, de Iván Villar 23-10-23
Ao final do día tenden a remitir os chuvascos ao tempo que se abren claros antes de que unha nova fronte entre mañá martes. As temperaturas baixan. As máximas non pasarán dos 14 graos en Lugo, os 16 en Santiago e ata 18 poden ter polo sur e na Coruña. 23-10-23
Tensión na protesta dos bombeiros comarcais diante da sede deputación provincial de Ourense. Un dos manifestantes resultou ferido. | Campaña de Tráfico para revisar os neumáticos e levalos bo estado, sobre todo con mal tempo. | A Xunta anuncia una cota cero para traballadores por conta propia que inicien a sua actividade no ano 2024.. | A consellería de Educación di que inviste un 30% máis no ámbito rural que nas cidades. | O Celta firma o que é xa o seu peor comezo da Liga dos últimos corenta anos, tras caer ante o Atlético de Madrid. 23-10-23
Momentos de tensión na protesta dos bombeiros comarcais diante da sede deputación provincial de Ourense, protexida por numerosos efectivos antidisturbios. Un dos manifestantes resultou ferido. | Santiago será a primeira cidade galega con intermodalidade plena entre tren e autobús. A nova fase das obras conta cun orzamento de 30 millons de euros. | A consellería de Educación di que inviste un 30% máis no ámbito rural que nas cidades. | O Celta deixa pasar a oportunidade de levantar cabeza ante o Atlético de Madrid en Balaídos. 23-10-23
Os traballadores retomaron as mobilizacións. O seu futuro está en mans da xustiza polo desacordo entre a empresa e a comunidade de montes
Un desprendemento de terra mantén cortada a autovía A6 en Becerreá. Hai media hora quedou habilitado para circular en sentido Coruña un dos carrís en sentido Madrid. | A chuvias, de ata 50 litros por metro cadrado, e os fortes ventos provocan dende o pasado mércores máis de 700 incidencias en toda Galicia. | Carga policial nunha protesta de bombeiros comarcais en Pontevedra. Os traballadores dos 17 parques de Galicia reclaman un convenio colectivo único con subidas salariais e un aumento na dotación de 80 empregados máis para atender o servizo. |Os donativos de roupa que se recollen nos colectores xestionados por Cáritas superan xa as 40.000 toneladas anuais. As prendas son vendidas en tendas que empregan a persoas en risco de exclusión. 20-10-23
Alerta vermella a na costa que pasa a laranxa a partir do mediodía. Seguimos con chuvias especialmente intensas na montaña de Lugo. Son chuvascos que se manterán durante a fin de semana cunha pequena tregua mañá pola tarde. 20-10-23
Os fortes ventos provocan nas últimas horas 170 incidencias en toda Galicia, sobre todo pola caída de árbores e obxetos nas estradas. | Carga policial nunha protesta de bombeiros comarcais en Pontevedra.| A Policía Nacional interveu na autovía do Salnés un camión con 30 quilos de heroína, procedente de Irán. |O proxecto de orzamentos da Xunta para 2024 no recorre, por vez primeira en 16 anos, ó endebedamento. | Os donativos de roupa que se recollen nos colectores xestionados por Cáritas superan xa as 40.000 toneladas anuais. 20-10-23
Desprendemento de terra e rochas que arrastrou un vehículo na Autovía A-6, ao seu paso por Becerreá. Obriga a manter cortada a circulación en sentido á Coruña. | Os fortes ventos teñen provocado, nas últimas horas, 170 incidencias en toda Galicia, sobre todo pola caída de árbores e obxetos nas estradas. | A Policía Nacional interveu na autovía do Salnés un camión con 30 quilos de heroína, procedente de Irán. | A cooperativa de Cáritas que xestiona roupa donada, supera xa as corenta mil toneladas anuais de prendas.20-10-23
O tren de borrascas que entran polo Atlántico segue deixando, tempo moi inestable. Case 300 incidencias rexistrou o 112 nas últimas horas, a maioría relacionadas con enchentes en baixos e locais, polas intensas precipitacións. |O Presidente da Xunta arremete no Senado contra as negociacións para lograr a investidura de Pedro Sánchez. Advertíu que non permitirá acordos que vaian contra a igualdade e perxudiquen a Galicia. | O detido pola violación e asasinato da veciña de Cabanas Elisa Abruñedo confesou ser o autor do crime ante a Garda Civil. | O Conservatorio de Vigo convírtese en escaparate de cómo se debe preservar e transmitir a música tradicional no ensino artístico superior. Cincuenta expertos de cinco paises participan no proxecto Erasmus TUNE 19-10-23
Toda Galicia en alerta pola borrasca Aline, con rexistros que acadaron os 98 litros por metro cadrado. Os ventos varren a comunidade con refachos que superaron os 122 kilómetros por hora. Toda a costa en aviso laranxa. A medianoite activase a primeira alerta vermella do outono con ondas de ata 10 metros na costa norte. 19-10-23
O tren de borrascas que entran polo Atlántico segue deixando, tempo moi inestable. | O Presidente da Xunta arremete no Senado contra as negociacións para lograr a investidura de Pedro Sánchez. | O detido pola violación e asasinato da veciña de Cabanas Elisa Abruñedo confesou ser o autor do crime ante a Garda Civil. | O Conservatorio de Vigo convírtese en escaparate de cómo se debe preservar e transmitir a música tradicional no ensino superior, co proxecto Erasmus TUNE. 19-10-23
Balsas de auga que chegan a impedir a circulación, en Santiago. A cidade levou, nas últimas horas, a peor parte dos efectos das intensas precipitacións. | O Presidente da Xunta referíuse hoxe, na sua intervención no Senado, as negociacións sobre un novo financiamento autonómico, e consecuencias dunha posible amnistía. |Grandes empresas enerxéticas confirman o seu interese por instalar en Galicia plantas de produción de enerxías limpas, as únicas permitidas a partir de 2050, segundo a normativa da Union Europea. | 19-10-23
Aprobado o teito de gasto da Xunta para o ano que ven, de 13.257 millóns de euros, a cifra máis alta da sua historia, e que supera en máis de 600 millóns a deste ano. | o detido polo crime de Elisa Abruñedo, continúa a espera de pasar a disposición xudicial, logo de que a garda civil requisara na sua vivenda varias escopetas e armas brancas. | Uniósn Agrarias comeza unha campaña para vetar o acceso as axudas públicas das industrias lacteas que imcumpran coas obrigas cos gandeiros .| MOndoñedo celebra o día grande das San Lucas, A feira máis antiga da que se ten constancia en Galicia, con máis de 800 anos de tradición 18-10-23