Día de nubes e claros con algunhas chuvias illadas que serán menos probables no interior. As temperaturas baixan. No mar, ondas superiores aos 5 metros e a partir das nove da noite alerta laranxa en todo o litoral por ondas que poden chegar aos 7 metros. 09-11-23
Reaccións en Galicia ao acordo entre o PSOE e Junts para dar vía libre á investidura de Pedro Sánchez.| Atopan o cadaver dunha muller, nun piso en Santiago, que os veciños denunciaran reiteradamente por estar relacionado co consumo de drogas. | Comeza a montaxe da árbore de nadal xigante na Porta do Sol de Vigo, cunha estrela de 19 metros de altura, | Protesta diante do Tribunal Superior de Xustiza dos traballadores da mina de Penouta. | O director asturiano Aarón Zapico, un dos renovadores da música clásica en España, ponse a fronte da Real Filharmonía, 09-11-23
Reaccións en Galicia ao acordo entre o PSOE e Junts para dar vía libre á investidura de Pedro Sánchez. Para o presidente da Xunta e un ataque á igualdade. | Os traballadores da mina da Penouta levan a súa protesta ante o Tribunal superior de xustiza. Reclaman que retire a orde de peche cautelar das únicas instalación europeas nas que se extrae coltán. | Axentes da Policía Nacional atoparon o cadaver dunha muller, nun piso da rúa Berlín, no barrio de Fontiñas en Santiago, que os veciños denunciaran reiteradamente por estar relacionado co consumo de drogas. 09-11-23
Mariscadoras da ría de Noia traballan contra reloxo para intentar salvar toneladas de cría de berberecho que agonizan nos areais. | Socialistas e populares trasladan ao parlamento galego as disputas pola negociación da investidura| Apareceu o cadáver dun home no desaloxo de dous edificios no centro. Os propietarios tiñan os pisos alugados por cuartos a máis de corenta persoas. | A meteoroloxía deste outono está a condicionar tamén a colleita de cogomelos. A combinación de calor extrema ao comezo e moita choiva nas últimas semanas fai que as variedades máis habituais por estas datas teñen escasa presenza. mentres agroman outras especies. 08-11-23
Volven as alertas por chuvias á fachada atlántica. Aviso amarelo porque poden caer ata 50 litros por metro cadrado en doce horas. A responsable, unha fronte que atravesa a comunidade provocando temporal no mar e vento. As temperaturas suben e as máximas quedan en xeral por riba dos 15 graos. 08-11-23
Atopado o cadáver dun home nun edificio do centro de Vigo desalolado por risco de incendio. | Socialistas e populares trasladan ao parlamento galego as disputas pola negociación da investidura. | Mariscadoras da ría de Noia traballan contra reloxo para intentar salvar toneladas de cría de berberecho que agonizan nos areais. | A meteoroloxía deste outono está a condicionar tamén a colleita de cogomelos. 08-11-23
Atopado o cadáver dun home nun dos edificios do centro de Vigo nos que se detectaran graves deficiencias na instalación eléctrica que obrigaban ao seu desaloxo.| Os traballadores da sanidade privada da provincia da Coruña volveron saír a rúa nunha nova mobilización pola mellora das suas condicións laborais.| Os vendavais das últimas semanas causan a mortandade de toneladas de marisco nas rias de Noia e Arousa, e deixan as praias estradas de berberecho e ameixa do que a metade está vivo.08-11-23
Os encoros galegos abren comportas. As intensas choivas destes últimos días fixeron que presas como a de Eiras ou a do Pontillón do Castro chegaran ao cen por cen da súa capacidade | Xoves 23 de novembro. É o día máis probable para o acendido das luces de Nadal de Vigo. Alí comezou esta mañá a instalación das luces en máis de catrocentas rúas | O Arousa estará na seguinte rolda da Copa do Rei. Competición descualificou ao Granada por aliñación indebida | Esculturas, pinturas, deseños en aceiro, pezas en madeira ou fotografías. É parte do que podemos ver desde hoxe na maior exposición retrospectiva dedicada á obra de Luis Caruncho, na sede de Afundación na Coruña. 07-11-23
Sen alertas por primeira vez en moitos días. As chuvias e chuvascos da mañá remiten á tarde. Soben as temperaturas, tanto as mínimas coma as máximas que chegarán aos 15 graos en moitos puntos, agás en Lugo onde quedarán nos 11. Un pequeno respiro, porque esta noite achégase unha nova fronte que deixará chuvias intensas na xornada do mércores. 07-11-23
Os encoros galegos abren comportas | Xoves 23 de novembro. É o día máis probable para o acendido das luces de Nadal de Vigo | O Arousa estará na seguinte rolda da Copa do Rei. Competición descualificou ao Granada por aliñación indebida | A maior exposición retrospectiva dedicada á obra de Luis Caruncho abre hoxe na sede de Afundación na Coruña. 07-11-23
Os encoros galegos abren comportas. As intensas choivas destes últimos días fixeron que presas como a de Eiras ou a do Pontillón do Castro chegaran ao cen por cen da súa capacidade | O Arousa pasa á seguinte rolda da Copa do Rei. A Federación dálle a razón e confirma a aliñación indebida do Granada | Xoves 23 de novembro. É o día máis probable para o acendido das luces de Nadal de Vigo. Alí comezou esta mañá a instalación das luces en máis de catrocentas rúas. 07-11-23
O PSOE e o BNG asinan no Congreso o acordo para a investidura de Pedro Sánchez. A cambio do seu apoio, o BNG acadou o compromiso de aplicar un desconto de ata un 75 % nas peaxes AP-9 e a AP-53 | Despois de deixar centos de incidencias, marcha o temporal Domingos, pero a comunidade xa se prepara para outra fronte, menos intensa, que chegará cara esta noite | Volven as centolas. Hoxe levantouse a veda en boa parte da costa galega. Malia o mal tempo, o sector afronta a campaña con boas expectativas | Indignación entre os pasaxeiros dun voo entre Vigo e Madrid despois de ver como o sábado á noite quedaban en terra para meter no seu avión os xogadores do Sevilla. 06-11-23
A semana comezou con máis claros no ceo e con algunhas raiolas durante a mañá nun día no que as temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos. As máximas quedarán por baixo dos 15 graos, só na Coruña poderían acadar esa marca que en Lugo mesmo quedará en apenas 9 graos. Máis frío e chuvascos que serán de neve a partir dos 1.000 metros e ocasionalmente acompañados de sarabia. 06-11-23
O PSOE e o BNG asinan no Congreso o acordo para a investidura de Pedro Sánchez | Despois de deixar centos de incidencias, marcha o temporal Domingos, pero a comunidade xa se prepara para outra fronte, menos intensa | Volven as centolas. Hoxe levantouse a veda en boa parte da costa galega | Indignación entre os pasaxeiros dun voo entre Vigo e Madrid despois de ver como quedaban en terra para meter no seu avión os xogadores do Sevilla. 06-11-23
Despois de deixar centos de incidencias, marcha o temporal Domingos, pero a comunidade xa se prepara para outra fronte, menos intensa, que chegará cara esta noite | Na provincia de Ourense, a situación dos ríos tende a mellorar porque deixou de chover nas últimas horas | Indignación entre os pasaxeiros dun voo entre Vigo e Madrid despois de ver como o sábado á noite quedaban en terra para meter no seu avión os xogadores do Sevilla. 06-11-23
Declaración institucional da Xunta contra a condonación de 15.000 millóns de débeda a Cataluña. | A condonación de débeda está tamén inclúida no principio de acordo acadado polos socialistas co BNG para a investidura de Pedro Sánchez. | O paro subiu en Galicia algo máis dun 2 por cento, no mes de outubro, sete décimas por riba da media estatal. | A campaña da castaña vai camiño de converterse nunha das peores da historia, a causa do calor extremo de outubro. | O Arosa. O equipo arousán anunciou un recurso ante a Federación de Fútbol por alineación indebida do porteiro do Granada no partido da Copa do Rei. 03-11-2023
Recrúa o temporal marítimo, a alerta vermella extendese a toda a costa norte onde as ondas poden chegar aos nove metros. En terra, a situación complicase con chuvias intensas que continuarán durante a madrugada. A borrasca Domingos traerá máis chuvia e vento sobre todo o sábado e o domingo. 03-11-2023
Alfonso Rueda reune de urxencia ao seu goberno para arremeter contra a condonación de 15.000 millóns de débeda a Cataluña. | oOparo subiu en Galicia algo máis dun 2 por cento, no mes de outubro, con 2.705 desempregados máis. O aumento afectou a tódolos sectores, agás á construcción. | A campaña da castaña vai camiño de converterse nunha das peores da historia. A causa da calor extrema de outubro. | O Arosa perde ante o Granada por 0-3 na Copa do Rei, pero pode gañar, sen embargo, nos despachos, se prospera a denuncia por aliñación indebida do conxunto andaluz, ao poñer de gardameta a Adri López, que, ten 24 anos e ficha do filial. 03-11-2023
Alfonso Rueda reune de urxencia ao seu goberno para arremeter contra a condonación de 15.000 millóns de débeda a Cataluña. | A condonación de débeda está tamén inclúida no principio de acordo acadado polos socialistas co BNG para a investidura de Pedro Sánchez. | Os efectos do temporal Ciarán en Galicia remitiron nas ultimas horas, malia que aínda se deixa notar o vento, que segue superando os 100 km/h en moitos puntos da comunidade.| O trío lucense Wealman volve esta noite ao clubclavicémbalo para abrir a edición número trinta e tres do Festival de Jazz de Lugo. 03-11-2023
Arbores caídas e dificultades para a circulación nas estradas, os aeroportos e o tráfico ferroviario. É o rastro que deixa o temporal de fortes ventos e precipitacións | Hoxe é o día de Defuntos, coa tradición de honrar aos que xa no están e levar flores aos cemiterios, que se enchen de cor | O Camiño de Santiago como motor para a economía galega é abordado estes días en Santiago no foro FairWay, que acolle reunións entre empresas e turoperadorces de diferentes países | Xornada intensa para o fútbol galego na primeira fase da clasificación da Copa do Rei. Celta, Lugo, Deportivo da Coruña, Racing de Ferrol e Arenteiro pasan á segunda fase. 02-11-2023