Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O mes de novembro pechou con 2.180 parados menos en Galicia, debido principalmente ás contratacións no sector servizos e na industria | Encarna, a muller de 80 anos asasinada polo seu marido o venres en Sigüeiro, é a terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia este ano | Galicia será pioneira no emprego da intelixencia artificial para loitar contra o fracaso escolar | Loitar contra a discriminación e os prexuízos que sofren as persoas pola súa idade. É o obxectivo da Cátedra de Idadismo da Facultade de Comunicación de Pontevedra, única en España. 04-12-23

Un home de 88 anos e a sua muller de 80 aparecen mortos con sinais de violencia na sua vivenda en Sigüeiro. A Garda civil non contempla indicios de que participasen terceiras persoas. | Nas cidades da Coruña, Lugo e Santiago ultimanse os Preparativos da decoración de Nadal de cara ao acendido de luces, esta noite. | Expectación en Pontevedra para o partido da selección española feminina esta noite ás nove e media en Pasarón. As campioas do mundo enfróntanse a Italia. | Leilía, o grupo de mulleres que hai 34 anos deu inicio ó actual fenómeno das pandereteiras, deixan os escenarios. Da sua traxectora quédannos a grabación de músicas e letras ata entón apenas difundidas, e unha fonda pegada no panorama musical galego. 01-12-23

Tralo paso da fronte, hoxe aínda podemos ter algunhas chuvias intermitentes e seguirán a descender as temperaturas polo vento norte. A cota de neve continuará nos 1.000 metros. A fin de semana agardamos tempo tranquilo con apertura de claros e sensación de máis frío. 01-12-23

A Garda civil investiga a aparición dos corpos sen vida de dous octoxenarios nunha vivenda de Sigueiro, no concello de Oroso. | Tódolos partidos pensan na posible convocatoria anticipada das eleccións autonómicas anque o presidente da Xunta insiste en que serán no primeiro semestre do ano que vén. | Expectación en Pontevedra para o partido da selección española feminina esta noite ás nove e media en Pasarón. As campioas do mundo enfróntanse a Italia. |. | Nas cidades da Coruña, Lugo e Santiago ultimanse os Preparativos da decoración de Nadal de cara ao acendido de luces, esta noite. |. 01-12-23

Preparativos da decoración de Nadal de cara ao acendido de luces, esta noite en Santiago, na Coruña e Lugo. Arranca a fin de semana previa a ponte de decembro, con previsión de alta ocupación turística. | Tódolos partidos pensan na posible convocatoria das eleccións autonómicas anque o presidente da Xunta insiste en que serán no primeiro semestre do ano que vén. | A xogadora da selección española de fútbol Laia Codina acude aos Xulgados da Parda en Pontevedra para declarar como testemuña no caso Rubiales. | 01-12-23

Pola tarde claros e algún chuvasco ocasional. Máis frío sobre todo ao final do día con mínimas en torno aos 5 graos no interior en Lugo e Ourense. Descenso térmico e tamén da cota de neve que se situará entre 900 a 1.000 metros. 30-11-23

A selección feminina de futbol está xa en Galicia, para preparar o partido de mañá contra a Italia, en Pontevedra. | A Xunta anuncia a tramitación dunha lei para regular o emprego da Intelixencia Artificial. | Un terzo dos cancros pódense evitar con hábitos de vida saudable. Os expertos apelan á prevención entre os adolescentes. | Dous tripulantes do bacalloeiro vigués Lodairo, o máis grande da frota española, foron evacuados esta mañá a un hospital de Escocia tras sufrir un accidente. | Criar en interior aos becerros de categoría suprema, durante os dous últimos meses de vida. E o cambio normativo que defende o consello regulador da Ternera Gallega. 30-11-23

A actividade na louseira Irosa de Carballeda de Valdeorras reanudase logo de permanecer paralizada toda a mañá polo precintado das instalacións. | O dato do IPC indica que a revalorización das pensións para o próximo ano rondará o 3´8 por cento.| Todos os centros educativos e espazos xuvenís contarán ao longo deste curso cun "punto laranxa", un lugar onde denunciar de xeito anónimo os casos de acoso escolar. | Unha empresa galega é a primeira que consegue reciclar todos os componentes dos aeroxenadores , cun método cen por cen sostible, sen recorrer a procesos químicos. 29-11-23

Volven as alertas meteorolóxicas por chuvias, que poden descargar ata 40 litros por metro cadrado en doce horas. Serán máis frecuentes na franxa atlántica onde tamén sopra o suroeste con refachos que serán fortes no litoral norte. 29-11-23

A louseira Irosa de Valdeorras reanuda a actividade logo de permanecer precintada por orde xudicial. | A inflación baixa tres décimas en novembro, ata o 3,2 por cento. | | A rede troncal para o transporte de hidróxeno verde dende a península ao resto de Europa non incluirá o tramo Guitiriz-Zamora | Todos os centros educativos e espazos xuvenís contarán ao longo deste curso cun "punto laranxa", un lugar onde denunciar de xeito anónimo os casos de acoso escolar.| Unha empresa galega é a primeira que consegue reciclar todos os componentes dos aeroxenadores. | 29-11-23

Paralizada a actividade da louseira Irosa de Valdeorras. Unha comisión xudicial executa o desafiuzamento, trala sentencia do Tribunal superior de Xustiza que deu a razón á comunidade de montes sobre a propiedade dos terreos. | A inflación baixa tres décimas en novembro, ata o 3,2 por cento. | A rede troncal para o transporte de hidróxeno verde dende a península ao resto de Europa non incluirá o tramo Guitiriz-Zamora, segundo anunciou a Comisión Europea. | Sumar rexeita a posibilidade de ir en coalicion cos socialistas nas eleccions autonómicas galegas. 29-11-23

Unha borrasca situada ao oeste está a deixarnos chuvascos intermitentes. As temperaturas seguen en valores suaves. Volveron subir as temperaturas nocturnas e as máximas quedan sen apenas cambios. Oscilan entre os 12 graos previstos en Lugo aos 16 de Pontevedra. O vento sopra do sur e faise notar en todo o litoral atlántico. 28-11-23

Segunda xornada de folga no ensino convocada pola CIG no que vai de curso, contra o acordo asinado entre a Xunta e outros tres sindicatos. | O porto de Vigo ve recurtada a sua actividade debido a competencia de Irlanda. Actualmente, a frota galega do Gran Sol realiza tres de cada catro descargas en portos dese país. | Galicia e a segunda comunidade cos mellores datos de listas de agarda cirúrxicas, despois de Madrid, segundo os datos do Ministerio de Sanidade. | Que se adiquen máis recursos á investigar as doenzas cerebrais. E unha reclamación que aborda hoxe o Senado nunha xuntanza no marco da presidencia española da Unión Europea. 28-11-23

Segunda xornada de folga no ensino no que vai de curso. | As confrarías solicitan a declaración de zona catastrófica ou de emerxencia pola mortalidade de molusco. | O porto de Vigo ve recurtada a sua actividade debido a competencia de Irlanda. Actualmente, a frota galega do Gran Sol realiza tres de cada catro descargas en portos dese país. | Morre o escritor e profesor coruñés Miguel López, coñecido nas redes sociais como 'El Hematocrítico', cun marcado perfil humorístico. | | A Garda Civil investigan se o crime de Judith Muñoz, que apareceu morta no Porriño, por asfixia, ten relación coa orde de afastamento que tiña a súa ex-parella. 28-11-23

Segunda xornada de folga no ensino convocada pola CIG no que vai de curso, contra o acordo asinado entre a Xunta e outros tres sindicatos. | As confrarías solicitan a declaración de zona catastrófica ou de emerxencia pola mortalidade de molusco. | Morre o escritor e profesor coruñés Miguel López, coñecido nas redes sociais como 'El Hematocrítico', cun marcado perfil humorístico. Faleceu dun infarto, ós 47 anos, cando estaba coa sua parella, a tamén escritora Ledicia Costas, no seu domicilio, en Vigo. | A GArda Civil busca pistas para aclarar o crime de Judith Muñoz, que apareceu morta no Porriño, por asfixia. Os axentes investigan se hai conexión entre a orde de afastamento que tiña a súa ex-parella e o crime. 28-11-23

As mariscadoras da Ría de Pontevedra comproban nás praias o estado do molusco. Hoxe puderon recoller os cupos autorizados, ainda que din que seguen a atopar moita ameixa morta. | Os armadores do Villa de Pitanxo aseguran na Audiencia Nacional que o barco cumplía as condicións de seguridade. Mariñeiros embarcados noutras mareas confirmaron as denuncias do supervivente Samuel Kwesi. | A xunta adquire un simulador endovascular que permite o adestramento en cirurxía e optimizar a atención ao ictus en Galicia. | A compra de árbores de nadal adiántase respecto a outros anos e detéctase un incremento na demanda de exemplares naturais, con prezos entre 20 e 30 euros. | 27-11-23

As mariscadoras de Pontevedra volven ás praias e consiguen recoller os cupos autorizados, ainda que din que seguen a atopar moita ameixa morta. | Os armadores do Villa de Pitanxo aseguran na Audiencia Nacional que o barco cumplía as condicións de seguridade. | Seis persoas detidas, unha delas menor, por varios roubos no punto limpo de Boqueixón | A Xunta adquire un simulador endovascular que permite o adestramento en cirurxía e optimizar a atención ao ictus. | A compra de árbores de nadal adiántase respecto a outros anos e detéctase un incremento na demanda de exemplares naturais. | 27-11-23

Semana marcada pola volta do tempo húmido. Hoxe os orballos son os protagonistas con ceos moi cubertos e temperaturas que xa de noite foron máis altas e que durante o día quedarán sen grandes cambios, entre os 12 graos de Ourense e os 15 de Ferrol. 27-11-23

Mariscadoras da Ría de Pontevedra voltan ás praias para comprobar o estado do molusco, tralos días de parón a raíz dos danos causados polas fortes choivas e o exceso de auga doce. | Seis persoas detidas, unha delas menor, por varios roubos no punto limpo de Boqueixón, acusados de sustraer electrodómesticos para revendelos como chatarra. | Partido polémico o do Racing co Leganés, que igualou o 0-2 inicial cun penalti dubidoso e tarxeta vermella que obrigou aos de Ferrol a xogar con dez. Tamén empatou o Celta, que segue en descenso. 27-11-23

A morte dunha muller atopada tras uns contedores no polígono das Gándaras, no Porriño, é investigada pola Garda Civil como un posible caso de violencia de xénero. | O esperado acto de acendido das luces de Nadal de Vigo será hoxe, as oito da tarde. Un evento que chega este ano con atraso respecto ao habitual. | O marisco comenza a escasear nos mercados, cando falta un mes xusto para a noiteboa. | | A maoría dos comercios ofrecen hoxe algún tipo de desconto polo Black Friday. Pero tamén hai establecementos que se opoñen a este reclamo comercial importado de Estados Unidos, porque din so beneficia as grandes superficies, 24-11-23