Rueda aposta por seguir gobernando, sen poñer data para as eleccións . Mentres a oposición da por rematada a lexislatura. | Pendentes de ser trasladados a Madrid, para declarar na Audiencia Nacional, os nove detidos no último golpe ao narcotráfico na comarca do Salnés. Unha nova xeración do chamado clan dos Piturros, que acumulan xa varias causas por narcotráficos. | Máis da metade dos accidentes de tráfico en Galicia están causados por animais, sobre todo xabaríns. O ano pasado producíronse 5.500 accidentes,15 por dia. 20-12-2023
A circulación na A-6 quedará restablecida a partir do día 30 de decembro, en sentido Madrid. | José Manuel Baltar nega ante o Tribunal Supremo que cometese delito contra a seguridade vial. | Un de cada catro universitarios abandona os estudos no primeiro ano. Para orientar ao alumnado sobre que estudos escoller, celébrase en Vigo a feira UNITOUR. | Aprobados no Parlamento os presupostos da Xunta para 2024, que serán os últimos da lexislatura. Os populares destacan que destina un 75 por cento a gasto social, mentres a oposición considera que están feitos en clave electoral. | O outono que remata foi o máis cálido e o máis húmido dende que hai rexistros, con precipitacións que chegaron a duplicar o habitual. 19-12-2023
As obras do viaduto do Castro, na A-6, a piques de rematar, para que o tráfico quede restablecido, en sentido Madrid, a partir do próximo día 30. Así o anuncian os responsables do goberno. | Aprobados no Parlamento os presupostos da Xunta para 2024, que serán os últimos da lexislatura. Os populares destacan que destina un 75 por cento a gasto social, mentres a oposición considera que están feitos en clave electoral. | José Manuel Baltar nega ante o Tribunal Supremo que cometese delito contra a seguridade vial. | O outono que remata foi o máis cálido e o máis húmido dende que hai rexistros, con precipitacións que chegaron a duplicar o habitual. Así consta no balance presentado pola AEMET. 19-12-2023
A retirada transitoria das altas presións permite hoxe a chegada dunha fronte á última hora do día. Durante a xornada temos ceos con nubes baixas e néboas matinais no interior. Co avance da tarde, as nubes van en aumento. Pola noite, a fronte traerá choivas polo noroeste que se irán xeneralizando durante a madrugada. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e as máximas en descenso. 19-12-2023
A circulación na A-6 quedará restablecida a partir do día 30 de decembro, en sentido Madrid, unha vez rematada a reconstrución dos viadutos do Castro, entre Pedrafita e a localidade leonesa de Vega de Valcarce. | O senador do PP José Manuel Baltar nega que cometese delito contra a seguridade vial cando foi sorprendido circulando a 215 por hora nun coche oficial. | Un de cada catro universitarios abandona os estudos no primeiro ano e un de cada dez cambia de carreira. Son cifras que obedecen en parte ás dificultades á hora de elixir estudos. Para orientar ao alumnado, celébrase en Vigo a feira UNITOUR. 19-12-2023
Seguimos con tempo seco e solleiro, con algunhas brétemas e nubes baixas ao final do día. Néboas que no interior foron máis persistentes durante unha mañá na que se repetiron as xeadas especialment intensas no sur de Ourense. As temperaturas máximas tamén descenden hoxe, con valores que apenas superarán os dez graos. 18-12-2023
Xornada de triunfos para o futbol galego. O Racing de Ferrol sitúase xa a un punto do ascenso directo, logo de gañar por 3 a 1 ao Tenerife e o Celta, por fin, logra en Balaídos unha esperada vitoria, ante o Granada. | A vacinación dos menores de cinco anos contra a gripe avanza, logo de que os hospitais abriran esta fin de semana para facilitar a conciliación dos país. | Que ningún neno quede sen xoguetes este nadal. É o boxectivo da campaña En Volve, dirixida a familias en risco de exclusión, en Pontevedra. | Íñigo Quintero, o mozo de Pontedeume que acadou sona mundial cunha primeira canción grazas ás reproduccións masivas nas redes, inicia unha carreira como músico profesional, e lanza un novo tema, "Lo que queda de mi".18-12-2023
O Racing de Ferrol sitúase xa a un punto do ascenso directo, logo de gañar por 3 a 1 ao Tenerife e o Celta, por fin, logra en Balaídos unha vitoria. | Máis da metade dos menores galegos de cinco anos seguen sen vacinarse contra a gripe, a dúas semanas para que remate a campaña. | A Policía Nacional desartella en Santiago unha organización criminal que explotaba a estranxeiros. | Que ningún neno quede sen xoguetes este nadal. É o obxectivo da campaña En Volve, dirixida a familias en risco de exclusión, en Pontevedra. | Íñigo Quintero, o mozo de Pontedeume que acadou sona mundial cunha primeira canción grazas ás reproduccións masivas nas redes, inicia unha carreira como profesional. 18-12-2023
Xornada de triunfos para o futbol galego. O Racing de Ferrol sitúase xa a un punto do ascenso directo, logo de gañar por 3 a 1 ao Tenerife e o Celta, por fin, logra en Balaídos unha vitoria, ante o Granada. | A Policía Nacional desartella en Santiago unha organización criminal que explotaba a estranxeiros. Hai catro detidos. | O megaiate Tumberry, un dos máis luxosos de España, con 49 metros de eslora e un valor de mercado superior aos seis millóns de euros, queda encaiado en Sanxenxo. Sofríu unha vía de auga na sala de máquinas que provocou que comenzara a afundir. 18-12-2023
Galicia, gran triunfadora nos Premios Nacionais de Artesanía que entrega o Ministerio de Industria, ao lograr tres das cinco categorías. O premio de máis prestixio foi para o cesteiro pontevedrés Álvaro Leiro. | Os bombeiros comarcais deixan constar na praza do Obradoiro a sua protesta. Din que permanecerán alí, día e noite, facendo quendas. | A campaña de Nadal suporá a creación duns 18.000 postos de traballo temporais en Galicia, unha cantidade inferior á do ano pasado. | Cando falta unha semana para a o Sorteo da Lotaría de Nadal, achegámonos á Fonsagrada. A localidade na que tocaron 180 millóns de euros no premio gordo do ano pasado. Varios dos agraciados aseguran que a choiva de cartos non cambiou apenas a sua vida. 15-12-23
Un potente anticiclón manterá os ceos despexados durante toda a fin de semana. As temperaturas mínimas irán descendendo co que se agardan xeadas en zonas do interior onde podemos ter bancos de néboa polas mañás. De momento, hoxe as temperatura subiran algo. As máximas oscilan entre 13 graos en Lugo aos 17 da Coruña e Pontevedra. 15-12-23
Galicia, gran triunfadora nos Premios Nacionais de Artesanía que entrega o Ministerio de Industria, ao lograr tres das cinco categorías. | Os bombeiros comarcais, que levan seis meses en folga, concéntranse desde hoxe e de xeito indefinido na praza do Obradoiro. | A campaña de Nadal suporá a creación duns 18.000 postos de traballo temporais en Galicia, unha cantidade inferior á do ano pasado. | A Mostra As Idade do Home chega a Galicia e Castela e León. Os presidentes das dúas comunidades asinaron o protocolo coa entidade que leva 35 anos organizando a exposición. | Na Fonsagrada tocaron 180 millóns de euros do gordo da lotaría do ano pasado.. Varios dos agraciados aseguran que a sua vida non cambiou demasiado coa choiva de millóns. 15-12-23
Galicia logra tres premios nacionais de artesanía. O máximo galardón foi para Álvaro Leiro pola súa traxectoria como cesteiro en Pazos de Borbén. | Os bombeiros comarcais, que levan seis meses en folga, concéntranse desde hoxe e de xeito indefinido na praza do Obradoiro, en Santiago, para reclamar melloras nas súas condicións laborais. | A Mostra As Idade do Home chega a Galicia e Castela e León. Os presidentes das dúas comunidades asinaron o protocolo coa entidade que leva 35 anos organizando a exposición, que este ano se exporá en Villafranca do Bierzo e tamén en Santiago. |. 15-12-23
Xornada de transición na que irán gañando terreo as altas presións que traerán tempo seco para os próximos días. Os ceos tenden a despexar na metade sur, mentres que as nubes serán máis compactas polo norte onde poderían caer algúns orballos ao final día. As temperaturas nocturnas foron máis baixas. Durante o día agardamos que as máximas suban. 14-12-23
O uso de móbiles por menores, prohibido tamén nos recreos a partir de xaneiro, no centro do debate. Grupos de familias queren pactar o atraso na entrega de dispositivos aos fillos e reducir a presión social que leva aos nenos a pedilos. | A moderación dos prezos confírmase cun IPC do 3´3 % en Galicia en novembro. Aparte da caida dos carburantes e a electricidade, destaca a contención dos alimentos, ainda que son seis décimas máis altos que no conxunto de España. | Molusco de moi boa calidade, aínda que con dificultades para conseguir os 4.000 quilos autorizados para toda a frota. Así arranca a campaña de recollida da vieira. | Esta tarde vai ser inaugurado en Arteixo o Museo da Automoción, que contén a maior colección de coches históricos reunida ata agora en España e unha das máis importantes de Europa. 14-12-23
O uso de móbiles por menores, prohibido tamén nos recreos a partir de xaneiro, no centro do debate. Grupos de familias queren pactar o atraso na entrega de dispositivos aos fillos. | A moderación dos prezos confírmase cun IPC do 3´3 % en Galicia en novembro. Aparte da caida dos carburantes e a electricidade, destaca a contención dos alimentos. | Molusco de moi boa calidade, aínda que con dificultades para conseguir os 4.000 quilos autorizados para toda a frota. Así arranca a campaña de recollida da vieira. | Esta tarde vai ser inaugurado en Arteixo o Museo da Automoción, que contén a maior colección de coches históricos reunida ata agora en España e unha das máis importantes de Europa. 14-12-23
Inaugúrase en Arteixo o Museo da Automoción, coa maior colección de coches históricos reunida ata agora en España e unha das máis importantes de Europa. | O índice de precios de consumo en Galicia subiu un 3,3 por cento no mes de novembro. Son tres décimas menos que hai un ano. | O Consello da Xunta aprobou hoxe adicar 104 millóns de euros a fomentar a investigación nas tres universidades galegas durante o próximo ano. | A nove días para a Noiteboa comezan a chegar aos mercados as primeiras vieiras frescas. A campaña arrancou esta semana en Arousa e os barcos están a recoller molusco de moi boa calidade. 14-12-23
Menos da mitade dos menores de cinco anos foron vacinados ata agora contra a gripe, mentres se atenden preto dun milleiro de urxencias infantís ao día, a maioría por virus e infeccións respiratorias. | O ministro de Transportes promete a chegada dos trens Avril para o primeiro trimestre do próximo ano. | O Tribunal Supremo recoñece ao persoal das oficinas do BBVA de Galicia o dereito a xornada laboral reducida en Noiteboa e Noitevella. O costume estivo imprantado durante anos, pero fora suprimido pola dirección do banco coa chegada do rexistro horario en 2020. | Cambio na directiva do Celta, que vai contar dende esta mesma tarde coa sua primeira presidenta. Marián Mouriño asume o posto ocupado ata agora polo seu pai Carlos Mouriño, logo de dezasete anos. 13-12-23
Seguen a baixar as temperaturas pola entrada de aire frío. Os chuvascos, caerán pola tarde só no norte, zonas de montaña e no litoral oeste. Mañá agardamos unha xornada de transición,antes de quedar na influencia das altas presións que nos deixarán tempo seco a partir do venres. 13-12-23
Só catro de cada dez nenos menores de 5 anos están vacinados contra a gripe.| O Grupo Inditex acada un beneficio de 4.102 millóns de euros durante os nove primeiros meses do ano.| O Tribunal Supremo recoñece ao persoal das oficinas do BBVA de Galicia o dereito a xornada laboral reducida en Noiteboa e Noitevella. | O ministro de Transportes promete a chegada dos trens Avril para o primeiro trimestre do próximo ano. |O Celta contará dende hoxe coa primeira presidenta da súa historia. Marián Mouriño releva ao seu pai, Carlos Mouriño logo de dezasete anos á fronte do centenario club. 13-12-23