Bandeiras a media asta en Padrón, en sinal de loito pola morte de Pepe Domingo Castaño, fillo ilustre da localidade e convertido nun dos comunicadores máis aprezados do país. | O goberno galego puxo hoxe en escena a sua unidade, no arranque dun novo curso político que rematará coas proximas eleccións autonómicas. |Batidas sen límite, esta fin de semana en 248 concellos e uso de medios auxiliares, como visores ópticos ou detectores electrónicos de presenza de animais. O obxectivo, reducir a poboación de xabaríns para evitar os danos en cultivos e gandeirías. |O piloto lugués Jorge Prado fai historia no gran premio de Italia ao gañar o campionato do mundo da máxima categoría do motocross. É o primeiro español en conseguir este título, un soño feito realidade para él desde que subiu a unha moto con só tres anos 19-09-23
Aumento progresivo da influencia anticiclónica sobre Galicia. Ceos parcialmente cubertos en xeral, con chuvascos que irán remitindo co avance da tarde. As temperaturas en lixeiro ascenso, con máximas de 23 graos na Coruña e 24 en Ourense, Vigo e Pontevedra. 19-09-23
Bandeiras a media asta en Padrón, en sinal de loito pola morte de Pepe Domingo Castaño | Alfonso Rueda pide a conselleiros e altos cargos da Xunta non baixar a garda fronte á inestabilidade política no ámbito estatal. O principal anuncio: un bono de 120 euros para fomentar o deporte entre escolares. |A disputa pola investidura trasladouse a Galicia, onde Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo, case a mesma hora e a poucos kms un do outro, defenderon os seus posicionamentos. | O piloto lucense Jorge Prado é o novo campión do mundo da máxima categoría do motocross. 19-09-23
Alfonso Rueda pide a conselleiros e altos cargos da Xunta non baixar a garda fronte á inestabilidade política no ámbito estatal. O principal anuncio: un bono de 120 euros para fomentar o deporte entre escolares. / A disputa pola investidura trasladouse a Galicia, onde Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo, case a mesma hora e a poucos kms un do outro, defenderon os seus posicionamentos. / O piloto lucense Jorge Prado é o novo campión do mundo da máxima categoría do motocross. Fíxose co título onte en Italia despois dunha tempada impecable. E o primeiro español en gañar o campionato mundial de motocross. 19-09-23
Chuvias polo sueste nun día no que está activa a alerta amarela en Ourense e na provincia de Lugo, agás a zona da Mariña. Así comeza unha fin de semana marcada polos chuvascos e pola entrada doutra fronte o domingo que deixará precipitacións a primeira hora pola costa e avanzará cara o interior. 14-09-2023
Os ministros de Economía e Finanzas do Eurogrupo, na Cidade da Cultura, de Santiago, coa vicepresidenta Nadia Calviño de anfitrioa. |O evento converte a Santiago nunha cidade blindada, co maior dispositivo policial que se recorda nos últimos anos. | | Unha empresa galega, premiada polo deseño dun avión non tripulado que permite identificar bancos de atún e axuda nas operacións de captura de forma máis eficaz | A Federación de Caza satisfeita coa emerxencia cinexética que entra mañá en vigor na maior parte de Galicia para controlar a poboación de xabaril. 14-09-2023
Os ministros de Economía e Finanzas do Eurogrupo, na Cidade da Cultura, de Santiago, coa vicepresidenta Nadia Calviño de anfitrioa. | O evento converte a Santiago nunha cidade blindada, co maior dispositivo policial que se recorda nos últimos anos. Máis de 1.200 axentes, para reforzar a seguridade. | Bruxelas quere aumentar o control da procedencia dos productos da pesca que entran en Europa. | Unha empresa galega, premiada polo deseño dun avión non tripulado que permite identificar bancos de atún e axuda nas operacións de captura de forma máis eficaz. | A Federación de Caza satisfeita coa emerxencia cinexética que entra mañá en vigor na maior parte de Galicia para controlar a poboación de xabaril. 14-09-2023
A cidade de Santiago, blindada co maior dispositivo policial que se recorda nos últimos anos, con máis de 1.200 axentes, para reforzar a seguridade durante a reunión dos Ministros de Economía da Unión Europea e Latinoamérica. | O aumento de control da procedencia dos productos da pesca que entran en Europa, a debate na Conferencia Mundial do atún que hoxe remata en Vigo. | A Federación de Caza satisfeita coa emerxencia cinexética que entra mañá en vigor na maior parte de Galicia para controlar a poboación de xabaril. 14-09-2023
Remata o encontro dos principais banqueiros de España e Latinoamérica, en Santiago. | Vigo acolle dende hoxe a Conferencia mundial do atún con directivos e expertos de todo o mundo. O sector celebra que as poboacións mundiais estean, en xeral, recuperándose da sobrepesca.|O vindeiro 25 de setembro comezará a vacinación preventiva para a Covid e a gripe. Así o acordou hoxe a Xunta, que tamen aprobou o plan estratéxico para a sanidade galega para os vindeiros sete anos. | Comeza a temporada de ópera da Coruña cunha dobre representación de Aída, a obra magna de Verdi, Unh obra monumental na que traballan máis de 200 profesionais.. 14-09-23
Sol e máis calor neste xoves no que os termómetros rondarán aos 30 graos en moitos puntos de Galicia. A partir de mañá agardamos tempo máis fresco e húmido. Hoxe de momento ceos despexados e pola tarde poderían medrar nubes de evolución con posibilidade dalgún chuvasco illado no leste. 14-09-23
Encontro dos principais banqueiros de España e Latinoamérica, en Santiago, Xusto un día antes da xuntanza do Ecofín.| O vindeiro 25 de setembro comezará nos centros de saúde a vacinación preventiva para a COVID e a gripe. Así o acordou hoxe a Xunta no Consello.|Vigo acolle dende hoxe a Conferencia mundial do atún. O sector celebra que as poboacións da especie estean, en xeral, recuperándose da sobrepesca. | A presidenta de Hablamos Español ratifica nun xulgado de Ourense a denuncia polos danos causados a un valo publicitario que reivindicaba o uso dos topónimos en castelán. | 14-09-23
Inditex marca un novo récord, ao gañar máis de 2.500 millóns de euros na primeira metade do ano, que supoñen un 40 por cento máis que o ano pasado .| O pesqueiro apreixado fronteas illas Cíes transportaba preto de 2.300 kilos de cocaína. Os catro tripulantes detidos participaron no rexistro do barco no porto de Vigo.| A Xunta vai declarar a emerxencia cinexética no oitenta por cento dos concellos para controlar o xabaril. | Baldomero Moreiras expón por primeira vez os carteis que fixo nos últimos cincuenta anos. A maioría, feitos con recortes de cartulina, para anunciar as festas máis populares de Galicia. 13-09-23
Ceos pouco nubrados ou despexados, con predominio de nubes baixas e orballos no norte de Lugo. Pola tarde, nubes de evolución no sueste con posibilidade dalgún chubasco ocasional. As temperaturas mínimas, sen cambios e as máximas ascenden lixeiramente no centro e no sur. 13-09-23
Inditex marca un novo récord de beneficios, ao gañar máis de 2.500 millóns de euros na primeira metade do ano. As vendas do grupo textil con sede en Arteixo superan, tamén por primeira vez, os 16.000 millóns.| O pesqueiro apreixado fronte as illas Cíes pola Policía Nacional transportaba preto de 2.300 kilos de cocaína. Os catro tripulantes detidos participaron no rexistro do barco no porto de Vigo.| A Xunta vai declarar a emerxencia cinexética no oitenta por cento dos concellos para controlar o xabaril. | Baldomero Moreiras expón por primeira vez os carteis que fixo nos últimos cincuenta anos. A maioría, feitos con recortes de cartulina, para anunciar as festas máis populares de Galicia.13-09-23
Galicia queda nunha situación intermedia entre altas e baixas presións con certa inestabilidade atmosférica. As néboas matinais dan paso a ceos parcialmente cubertos con posibilidade de chuvascos pola tarde, máis probables na metade leste. As temperaturas, sen cambios significativos. 12-09-23
A inflación sube, de novo, ata o 2´7 por cento en Galicia no mes de agosto, unha décima por riba da media nacional. | Parlamento de Galicia aproba, por cuarta vez, reclamar que o goberno central transfira as competencias da AP-9 á Xunta. Os tres grupos apoiaron unánimemente a demanda. | Comenza a instalación do alumeado de nadal de Vigo, cun investimento previsto de 2 millóns 2 mil euros. | Os arqueólogos sacan á luz en Touro un muro defensivo que, cren, podería ser o primeiro castellum militar romano documentado na Galicia occidental. 12-09-23
O IPC repunta por segundo mes consecutivo, medio punto e situase no 2,7%, unha décima por riba da media nacional. O principal culpable, o encarecemento dos carburantes. | O Parlamento de Galicia aproba, por cuarta vez, reclamar que o goberno central transfira as competencias da AP-9 á Xunta. Os tres grupos apoian unánimemente a demanda, pese a intercambiar reproches sobre responsabilidade de que as peaxes suban sen parar.| Comenza a instalación do alumeado de nadal de Vigo, cun investimento previsto de 2 millóns 2 mil euros. | Campaña arqueolóxica para coñecer a orixe do recinto fortificado do Castrillón, en Touro. Os arqueólogos sacan á luz, no alto dun outeiro, un muro defensivo construído en varios niveis 12-09-23
A Policía Nacional custodia un barco cargado con 2.000 quilos de cocaína. O pesqueiro que está atracado no porto de Vigo, foi apresado durante as últimas horas nas Rías Baixas.| Por cuarta vez nos últimos sete anos, o Parlamento de Galicia demanda o traspaso das competencias sobre a Autoestrada do Atlántico á Xunta. |Salvamento Marítimo presentou hoxe unha nova patrulleira en Burela, a Guardamar Urania, construída nos estaleiros Armón desta localidade da Mariña de Lugo . |12-09-23
Moitas nubes que pola tarde farán que se repitan os chuvascos treboentos. Poden descargar con forza sobre todo nas provincias do interior. Alerta amarela en zonas altas e sur de Lugo porque poden caer alí máis de 15 litros por metro cadrado. 11-09-23
Tras un retraso por culpa da néboa, a raíña Letizia acude á inauguración oficial do curso escolar no colexio do Camiño Inglés, en Oroso..| Día de volta a clase para 225.000 alumnos de tódolos ciclos educativos no sistema público: Infantil, Primaria, secundaria e Bacharelato.| A Coruña, con máis de 30.000 cans censados, súmase ás cidades onde será obrigatorio que os seus donos saian a pasealos levando consigo auga para limpar os mexos dos animais na vía pública. A ordenanza incluirá sancións de entre 100 e 500 euros para os infractores. | Ourense recupérase ainda dos desperfectos ocasionados polas treboadas da fin de semana. O sábado acumuláronse 95 litros por metro cadrado, no segundo día máis chuvioso alí dende que hai rexistros. 11-09-23