A dúas semanas do comezo do curso escolar, as familias xa botan contas do que vai supoñer para os seus petos. En Galicia serán 224 euros de media por fillo | O curso político arranca marcado polas negociacións previas á investidura para presidir o Goberno | Restablecido o tráfico na A52, despois de que onte tivera que interromperse polo incendio dun camión | Volve o Pantín Classic a Valdoviño. 28-08-23
Pontevedra recibe con aplausos á campioa do mundo Teresa Abelleira. A xogadora pediu que nada manche os éxitos deportivos das mulleres | No que vai de ano recolleron a compostela case 300.000 peregrinos. Pero os negocios do Camiño aseguran o aumento da afluencia non lles é rendible, porque, din, os camiñantes consumen cada vez menos | Poden arrasar unha leira de millo en menos de dous días... Os agricultores están preocupados pola proliferación dunha voraz eiruga que podería acabar cunha da mellores colleitas | Un dos maiores espectáculos náuticos do mundo recala na Coruña. Xa se poden visitar os doce grandes veleiros que participan na regata Tall Ships Race. 25-08-23
Amencemos cos ceos nubrados e algunhas chuvias febles e ocasionais no norte das provincias da Coruña e Lugo. Agora pola tarde estanse abrindo claros na metade sur, pero segue máis nubrado no norte. As temperaturas van baixando, máis na metade leste, onde onte aínda facía bastante calor. Os ventos sopran frouxos do norte. 25-08-23
A campioa do mundo Teresa Abelleira pediu que nada manche os éxitos deportivos das mulleres | Os negocios do Camiño aseguran o aumento da afluencia non lles é rendible, porque os peregrinos consumen cada vez menos | Os gandeiros están preocupados pola proliferación dunha voraz eiruga que podería acabar coas colleitas | Xa se poden visitar na Coruña os doce grandes veleiros que participan na regata Tall Ships Race. 25-08-23
Pontevedra recibe con aplausos á campioa do mundo Teresa Abelleira. A xogadora pediu que nada manche os éxitos deportivos das mulleres | No que vai de ano recolleron a compostela case 300.000 peregrinos. Pero os negocios do Camiño aseguran o aumento da afluencia non lles é rendible, porque, din, os camiñantes consumen cada vez menos. 25-08-23
Da calor intensa a unha situación máis propia da primavera. As temperaturas récord que vivimos nos últimos días están caendo de súpeto e hoxe so hai aviso amarelo por calor no Miño de Ourense e en Valdeorras | Os carburantes non paran de subir. Levan encarecéndose sete semanas seguidas. Encher o depósito hoxe xa custa o mesmo ou máis que ano pasado, cando se aplicaba o desconto dos 20 céntimos | Catro persoas resultaron feridas esta madrugada no cámping das illas Cíes ao caer unha árbore sobre as tendas de campaña | Gabri Veiga, a última perla da canteira celeste, marcha no último momento e por sorpresa ao fútbol árabe. 24-08-23
Empeza a remitir a vaga de calor. Unha baixada de temperaturas que hoxe empezan a notar sobre todo nas provincias atlánticas pola entrada de aire marítimo que fai que se vaia retirando a masa de aire cálido. Día de ceos despexados con brétemas na costa que volverán de novo cara a noite e posibilidade dalgún chuvasco en zonas altas do interior. Tamén podería caer algunha chuvia feble polo noroeste porque cara última hora se aproxima unha fronte. 24-08-23
As temperaturas récord que vivimos nos últimos días están caendo de súpeto e hoxe so hai aviso amarelo por calor no Miño de Ourense e en Valdeorras | Os carburantes levan encarecéndose sete semanas seguidas. Encher o depósito hoxe xa custa o mesmo ou máis que ano pasado | Catro persoas resultaron feridas esta madrugada no cámping das illas Cíes ao caer unha árbore sobre as tendas | Gabri Veiga marcha no último momento e por sorpresa ao fútbol árabe. 24-08-23
As temperaturas récord que vivimos nos últimos días están caendo de súpeto e hoxe so hai aviso amarelo por calor no Miño de Ourense e en Valdeorras | Os carburantes levan encarecéndose sete semanas seguidas | Gabri Veiga marcha no último momento e por sorpresa ao fútbol árabe 24-08-23
Calor sufocante no día no que se agardan as temperaturas máis elevadas da vaga de calor que estamos sufrindo desde o luns | O número de viaxeiros caeu un catro por cento en Galicia no mes de xullo e a ocupación dos hoteis case un 2 por cento, segundo os datos publicados hoxe polo INE | Mexillóns que morren, se desprenden das cordas ou con pouca forza para medrar e engordar | Moitas familias preparan xa libros, uniformes ou material escolar. Estamos ante a volta ao cole máis cara: entre 300 e 500 euros de media por neno 23-08-23
Outra xornada de termómetros disparados, antes de que mañá a calor nos dea un respiro. O peor, de novo en Ourense, con temperaturas que superan os 40 graos durante o día e que non baixan dos 20 durante a noite, facendo moi difícil o descanso. 23-08-23
Calor sufocante no día no que se agardan as temperaturas máis elevadas da vaga de calor que estamos sufrindo desde o luns. A Xunta ten activada a alerta en toda Galicia, especialmente nas provincias de Ourense e no sur Lugo | O número de viaxeiros caeu un catro por cento en Galicia no mes de xullo e a ocupación dos hoteis case un dous por cento, segundo os datos publicados hoxe polo INE | Mexillóns que morren, se desprenden das cordas, ou con pouca forza para medrar e engordar. É o que denuncian os bateeiros de Arousa, preocupados polo baixo rendemento do molusco | Moitas familias preparan xa libros, uniformes ou material escolar: sinónimo de gasto. Estamos ante a volta ao cole máis cara: entre 300 e 500 euros de media por neno. 23-08-23
Calor sufocante no día no que se agardan as temperaturas máis elevadas da vaga de calor | O número de viaxeiros caeu un catro por cento en Galicia no mes de xullo | Os bateeiros de Arousa, preocupados polo baixo rendemento do mexillón | Estamos ante a volta ao cole máis cara: entre 300 e 500 euros de media por neno | O Celta cumpre cen anos e comezou a festexalo cunha romaría na súa cidade deportiva 'Afouteza', en Mos 23-08-23
As temperaturas seguen subindo e agárdase que nas próximas horas superen os 40 graos en puntos da provincia de Ourense e os 35 no sur de Pontevedra | Quedan poucos días para o final de agosto e iso significa que rematan as rebaixas. Comerciantes e clientes apuran os últimos descontos. Dous meses que foron positivos para o sector | A Garda Civil detén e traslada ao hospital a un home de se atrincheirou cun coitelo nun piso da Valenzá, en Barbadás | Arte na rúa para transformar espazos dunha cidade que naceron do desorde arquitectónico e da falta de sensibilidade urbanística: 'Vigo, cidade de cores' 22-08-23
As temperaturas seguen subindo e agárdase que nas próximas horas superen os 40 graos en puntos da provincia de Ourense e os 35 no sur de Pontevedra. É o segundo episodio de calor intensa en Galicia neste agosto, aínda que aquí, sen tanta incidencia como resto da Península. As temperaturas seguirán moi elevadas polo menos ata o xoves. 22-08-23
As temperaturas seguen subindo e agárdase que nas próximas horas superen os 40 graos en puntos da provincia de Ourense | Achégase a fin das rebaixas. Comerciantes e clientes apuran os últimos descontos | A Garda Civil detén e traslada ao hospital a un home de se atrincheirou cun coitelo nun piso da Valenzá | Arte na rúa para transformar espazos: 'Vigo, cidade de cores' 22-08-23
As temperaturas seguen subindo e agárdase que nas próximas horas superen os 40 graos en Ourense | Achégase a fin das rebaixas. Comerciantes e clientes apuran os últimos descontos | A Xunta analiza hoxe, con expertos das Universidades de Vigo e Santiago, a incidencia do mosquito tigre na Comunidade logo de detectarse a presenza deste insecto en Moaña e Vigo. 22-08-23
A liña de tren entre Santiago e Ourense permanecerá pechada dende hoxe ata o martes 29 de agosto polas probas do sistema de seguridade ERTMS | Xa están extinguidos os dous incendios forestais que afectaron á provincia de Lugo esta fin de semana | Os traballadores do estaleiro vigués Metalships anuncian folga indefinida, tralo despedimento de sete compañeiros, entre eles dous membros do comité | Pontevedra prepara unha recepción á súa paisana, Teresa Abelleira, centrocampista da selección feminina de fútbol, que se proclamou campioa do Mundo onte en Sydney. 21-08-23
Máis sol neste inicio de semana no que tamén comeza unha vaga de calor. Entra unha masa de aire cálido que fará subir as temperaturas aínda máis nos próximos días. Onde máis o sentirán hoxe é no sur de Ourense, en Valdeoras e no Val do Miño con máximas que poden superar os 36 graos. No resto, sobre os 30 graos. 21-08-23
A liña de tren entre Santiago e Ourense permanecerá pechada ata o martes 29 polas probas do sistema de seguridade ERTMS | Extinguidos os dous incendios forestais que afectaron á provincia de Lugo | Os traballadores do estaleiro vigués Metalships anuncian folga indefinida, tralo despedimento de sete compañeiros | Pontevedra prepara unha recepción Teresa Abelleira, centrocampista da selección feminina de fútbol. 21-08-23