Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A entrada de aire frío en altura provoca un aumento da inestabilidade atmosférica. Nubes máis compactas no norte e con algúns orballos e pola tarde mesmo con algún chuvasco illado no interior. As temperaturas baixan, sobre todo na metade sur. 20-07-23

Unhas 12.000 persoas en Galicia non entregaron aínda o seu voto por correo. Hoxe as oficinas da compañía postal abren ata as dez da noite e a Xunta Electoral ampliou o prazo de entrega ata ás dúas da tarde de mañá. // No xuízo polo accidente do Alvia, a representación do Adif admite que debeu ter un mellor trato coas vítimas, ainda que pide a absolución do ex alto cargo da compañía acusado. Renfe reclama a máxima indulxencia para o maquinista. // A carencia de médicos de urxencias no Hospital de Ourense leva ao Sergas a buscar profesionais no resto de areas sanitarias mediante unha convocatoria extraordinaria. 20-07-23

Remata o prazo para entregar o voto por correo. En Galicia quedan ainda por facelo unhas 12.000 persoas, cerca dun oito por cento dos solicitantes. Correos amplía o horario de apertura ata as 10 da noite. // O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía ratificou a condena a catro anos de prisión por abuso sexual ao xogador do Celta Santi Mina. O tribunal considera probados os feitos e só rebaixa a indemnización ata os 25.000 euros. // Estrea mundial, esta noite, en Santiago, de Oficio de Camiñantes, unha composición de Ricardo Llorca inspirada na viaxe interior dos peregrinos. 20-07-23

Ceos despexados en toda comunidade despois dunha mañá con máis nubes e orballos no extremo norte. As temperaturas repiten valores semellantes aos destes días, con máximas entre os 24 graos na Coruña e os 33 en Ourense. 19-07-23

Máis de 200 menores saharauís están xa con familias galegas de acollida temporal dentro do programa "Vacacións en Paz". Veñen desfrutar aquí do verán, afastados das sufocantes temperaturas dos campamentos de refuxiados en Alxeria. // Chegan a Galicia as Stolpa Estaine, as pedras de tropezar, en homenaxe ás vítimas do holocausto nazi. Seis desas lousas da memoria foron colocadas hoxe na Coruña ante as casas onde naceron ou viviron veciños que acabaron deportados ao campo de Mathausen. // O costamarfileño Jonathan Bamba, nova fichaxe do Celta. O extremo de 27 anos chega libre procedente do Lille, co que gañou a liga francesa en 2021, e asinou por tres anos.

19-07-23

Máis de 200 nenos saharauís chegan a Galicia como parte do programa "Vacacións en Paz". Desfrutarán aquí do verán en familias de acollida temporal, afastados das sufocantes temperaturas nos campamentos que son a súa residencia habitual. // Con motivo da presidencia española da Unión Europea, Lugo acollerá unha conferencia para debater medidas contra o avellentamento e a despoboación. Será no mes de setembro, tal como anuciou hoxe o ministro de Asuntos Exteriores, nunha visita á cidade. 19-07-23

Orballos e ceos moi nubrados na metade norte e máis despexados canto máis ao sur nesta xornada na que as temperaturas mínimas subiron e as máximas continuarán en valores semellantes. Oscilarán entre os 24 graos previstos na Coruña e 34 que agardan en Ourense. 18-07-2023

Os ministros de Pesca da Unión Europea, de reunión informal en Vigo, abordan o reto da descarbonización, e admiten que será precisa unha renovación da frota, con barcos máis grandes. // Patronal e sindicatos do metal da provincia de Pontevedra asinan un preacordo que pon fin a máis dun mes de conflito no sector. // Valentín González Formoso repite no cargo de presidente da Deputación da Coruña por terceiro mandato consecutivo. Gobernará co apoio do BNG e Alternativa dos Veciños. // O Celta golea por 5 a 0 no primeiro amigable da pretempada ante o Al Naser de Cristiano Ronaldo. Larsen en tres ocasións e os canteiráns Gael Alonso e Miguel Rodríguez anotaron os tantos. 18-07-2023

Visita de madrugada á lonxa de Vigo. Os ministros de Pesca da Unión Europea, de reunión informal na cidade, coñecen así de primeira man o punto de partida de boa parte dos produtos do mar que se consumen en Europa, ata 34.000 toneladas de peixe fresco e máis de medio millón de conxelado cada ano. // Patronal e sindicatos do metal da provincia de Pontevedra asinan un preacordo que pon fin a máis dun mes de conflito. // A exposición "Nicolás Muller. Vento norte" recopila o traballo do fotógrafo húngaro afincado no noso país, no Museo Centro Gaiás. 18-07-2023

O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, xa é o novo presidente da Deputación de Ourense, e rematan máis de trinta anos á fronte da corporación provincial da familia Baltar. O Partido Popular retén a presidencia, pero Luis Menor precisará de consenso para gobernar ao non lograr a maioría absoluta. // Reunión en Vigo de ministros de pesca da Unión Europea, que abordarán, ata mañá, temas como o equilibrio entre sostibilidade e rendibilidade, e cómo lograr o relevo xeneracional na pesca. // A maoría dos afectados polo lume en Valdeorras e o Courel agarda ainda para empezar a reconstruir as suas vivendas, cando se cumpre un ano dos maiores incendios rexistrados nunca en Galicia. En dúas semanas, arderon preto de 22.000 hectáreas. 17-07-2023

Día solleiro en toda Galicia nun inicio de semana con suba notable das temperaturas sobre todo na metade sur da comunidade. As máximas oscilarán entre os 26 graos previstos na Coruña aos 34 de Ourense. 17-07-2023

O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, xa é o novo presidente da Deputación de Ourense, e rematan máis de trinta anos á fronte da corporación provincial da familia Baltar. // Reunión en Vigo de ministros de pesca da Unión Europea, que abordarán, ata mañá, temas como o equilibrio entre sostibilidade e rendibilidade, e cómo lograr o relevo xeneracional na pesca. // A maoría dos afectados polo lume en Valdeorras e o Courel agarda ainda para empezar a reconstruir as suas vivendas, cando se cumpre un ano dos maiores incendios rexistrados nunca en Galicia. En dúas semanas, arderon preto de 22.000 hectáreas. // Reabre en Sada o museo de arte contemporánea Carlos Maside, logo de sete anos pechado. Acolle 4.000 pezas dos seus fondos, incluíndo obras dos artistas galegos de vangarda. 17-07-2023

Luis Menor é xa o novo presidente da deputación de Ourense. O pacto do Partido Popular con Democracia OUrensana fixo posible a designación, que pon fin a 33 anos de desempeño do cargo pola familia Baltar. // Dispositivo policial sen precedentes para a celebración do cumio de ministros de pesca da Unión Europea que ten lugar en Vigo ata mañá. // A pouco máis dunha semana para o día do Apóstolo, Santiago de Compostela xa está ateigada de turistas e peregrinos. Ata o día grande, o 25 de xullo, espérase aínda a chegada de 20.000 camiñantes máis. A ocupación hoteleira ronda xa o 80%. 17-07-2023

Chega unha borrasca ao oeste de Irlanda que deixa chuvascos na segunda metade do día e que continuarán mañá pola mañá. O domingo recupera influencia o anticiclón. Todo iso ademais acompañado dunha baixada das temperaturas. 14-07-2023

As oficinas de Correos ofrece esta fin de semana un horario especial para atender a demanda do voto por correo, logo de pechar o prazo con 146.000 solicitudes en Galicia. // A familia de Déborah Fernández di que non pode máis, ante a falta de avances na investigación. Pide en Vigo, onde vivía a moza que foi atopada morta hai 21 anos no Rosal, que non se prorrogue a instrución e o caso sexa sobreseído. // Cociñar sen electricidade nin gas, usando exclusivamente a calor do sol. É o que demostran especialistas de todo o mundo reunidos na Coruña, con fornos e cociñas fabricadas con materiais reciclados. 14-07-2023

Un total de 146.000 persoas solicitaron en Galicia o voto por correo para as eleccións do 23 de xuño. Cifras de récord que triplican as dos anteriores comicios. // A familia de Déborah Fernández pide en Vigo, onde vivía a moza que foi atopada morta hai 21 anos no Rosal, que non se prorrogue a instrución e o caso sexa sobreseído. // Cociñar sen electricidade nin gas, usando exclusivamente a calor do sol. É o que demostran especialistas de todo o mundo reunidos na Coruña, con fornos e cociñas fabricadas con materiais reciclados. // Arranca o Concurso de Salto Internacional da Coruña, no centro hípico de Casas Novas, que nesta ocasión formará parte do circuito hípico máis importante do mundo. 14-07-2023

Colas, sobre todo en lugares de veraneo, para entregar o voto por correo, logo de pechar o prazo con 146.000 solicitudes en Galicia. As oficinas prepáranse para unha fin de semana con horario especial. Hoxe abrirán ata ás dez da noite. // A familia de Déborah Fernández , a moza de Vigo que apareceu morta no Rosal hai vinteún anos, pediu ao xulgado o sobresemento provisional da causa, se se entende que non hai elementos para abrir o procedemento do xurado. // Arranca Portamérica, festival que une ritmo e cociña, na antiga azucreira de Portas. Hoxe o prato forte: un cartel no que figuran Jorge Drexler, Sebastián Yatra ou Nicki Nicole. 14-07-2023

Remata o prazo para solicitar o voto por correo para as eleccións xerais do 23 de xullo. Moitos aproveitan o último momento para pedilo e saír de dúbidas no caso de imprevistos no día da xornada electoral. // A Xunta concede as Medallas de Ouro de Galicia deste ano a tres figuras destacadas da música: Juan Pardo, un dos artistas emblemáticos dos anos 60 e 70, a cantante Luz Casal, e o gaiteiro Carlos Núñez. // Falece un dos feridos no accidente de Recimil, en Lugo. Con él son xa dous os mortos na colisión dun tren cun turismo nun paso a nivel sen barreiras. 13-07-2023

Néboas matinais en comarcas do interior. As temperaturas soben. As máximas oscilarán entre os 24 graos previstos na Coruña aos 33 de Ourense. Lugo e Pontevedra rondarán os 28 graos. 13-07-2023

Remata o prazo para pedir o voto por Correo. As oficinas amplían o horario de atención, e anuncian que estarán abertas nas principais cidades o sábado e o domingo para facilitar esta modalidade de voto, que xa batíu records con con máis de 100.000 solicitudes en Galicia. // A Xunta concede as Medallas de Ouro de Galicia deste ano a tres figuras destacadas da música: Juan Pardo, un dos artistas emblemáticos dos anos 60 e 70, a cantante Luz Casal, e o gaiteiro Carlos Núñez. // Os bombeiros comarcais, en folga indefinida, recorren as rúas de Santiago para reclaman unha equiparación das suas condicións laborais en toda Galicia. // Unha exposición reproduce en Santiago as vestimentas e oficios tradicionais retratados pola norteamericana Ruth Matilda Anderson nas suas viaxes a Galicia hai un século. 13-07-2023