Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ambiente lúdico, música, gastronomía e sobre todo casetas para degustar os viños producidos nas distintas zonas da denominación de orixe Rías Baixas. É a festa do Albariño, que arranca en Cambados. | O acordo do Sergas para aboar o complemento específico aos médicos que compaxinen o traballo na Sanidade Pública coa Privada provoca o rexeitamento da CIG. | A cifra de turistas estranxeiros en Galicia non para de medrar. No primeiro semestre deste ano chegou un 30 por cento mais. O Camiño é o principal atractivo para os estranxeiros.03-08-23

Degustar as máis de 160 marcas dos viños producidos nas distintas zonas da denominación de orixe Rías Baixas. É o principal reclamo da festa do Albariño, que arranca en Cambados. | O presidente da Xunta propón unha fronte común entre comunidades para evitar que se condone a débeda de Cataluña a cambio do apoio dos grupos independentistas a Pedro Sánchez. | Representantes do sector pesqueiro de Galicia, Asturias e Canarias presentan unha demanda ante o Tribunal Supremo contra a tramitación do plan para implantar parques eólicos no litoral. | Orquestras de verbena, de longa tradición volven cada verán e están a desatar un auténtico fenómeno de fans. Comprobamos cal e a fórmula dun éxito que vai a máis nos últimos anos. 03-08-23

Xornada de transición cara ás altas presións. Así, os ceos alternan nubes e claros, con chuvascos máis probables na metade norte e con apertura de grandes claros á tarde no sur. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, con máximas que non superarán os 21 graos en Santiago e que chegarán ata 27 en Ourense. 03-08-23

A Festa do Albariño, unha das principais citas no calendario turístico galego, Prevé unha afluencia de 150.000 visitantes ata domingo. | O presidente da Xunta propón unha fronte común entre comunidades para evitar que se condone a débeda de Cataluña a cambio do apoio dos grupos independentistas a Pedro Sánchez. | Representantes do sector pesqueiro presentan unha demanda contra o plan para implantar parques eólicos no litoral. | As orquestras de verán, un fenómeno de masas que pon en relevancia a súa importancia todos os veráns. | A falta de sono é un problema máis frecuente no verán. Entre as posibles solucións, recorrer a colchóns personalizados 03-08-23

Xullo marca un record con 11.000 novas contratacións, e o número total de parados na nosa comunidade chega ao mínimo histórico de 130.000 persoas. O turismo e a hostalaría seguen a ser os principais motores do emprego. | O BNG non permitirá un goberno da dereita, pero tampouco, dixo estar disposto a dar un cheque en branco a Pedro Sánchez. | Con base en Vigo, un equipo formado por cinco persoas e un helicóptero forman parte do dispositivo de medios aéreos da Policia Nacional para a campaña de verán. | Lionel Scaloni. A lenda dos tempos do superdepor, agora adestrador da selección gañadora do Mundial, vestiu de novo, en Riazor a camiseta branquizaul. Despois, baño de masas na praza de Maria Pita. 02-08-2023

As baixas presións traen unha fronte fría. Tras unha mañá de ceos cubertos e con chuvias, que circularon de oeste a leste, a partir do mediodía abren claros e as precipitacións dan unha pausa. As temperaturas mínimas acadaranse ao final do día e as máximas sufrirán un lixeiro ou moderado descenso. 02-08-2023

O paro volve baixar por sexto mes consecutivo en Galicia reducindo o número de parados por debaixo dos cento trinta mil. | O BNG non permitirá un goberno da dereita, pero tampouco, dixo estar disposto a dar un cheque en branco a Pedro Sánchez | Yolanda Díaz lanza a proposta de permitir o uso das linguas cooficiais na cámara Baixa. | A Audiencia Nacional decreta prisión provisional para os 12 primeiros detidos en augas de Cabo Verde cando transportaban cocaína en dirección á costa galega. | Un equipo formado por cinco persoas e un helicóptero forman parte do dispositivo de medios aéreos da Policia Nacional para a campaña de verán. 02-08-2023

Lionel Scaloni. A lenda dos tempos do superdepor, agora adestrador da selección gañadora do Mundial, visitou Riazor, donde vestiu de novo a camiseta branquizaul. | A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos e o Sergas asinan un preacordo para que os facultativos que compatibilizan o seu traballo na sanidade pública coa privada perciban tamén o complemento específico. | A música da banda británica The New Master-sounds soará esta tarde noite en Lugo no pub Ho Gruf. O local situado no Campo Castelo cumpre dez anos e celébrao con este grupo que se atopa no Top 3 Internacional de funk-groove. 02-08-2023

O Rei Xoán Carlos Viaxa cara a Abu Dabi, logo de sair esta mañá do aeroporto vigués de Peinador. Antes deixou constar a súa intención de volver pronto. | O número de turistas chegados a Galicia vai camiño de superar o record acadado o ano pasado, que foron 6 millóns e medio de persoas. Así o indican as cifras da Xunta e tamén as do INE, que confirman un aumento das pernoctacións en apartamentos turísticos. | O portal de Internet Destinia indica que as reservas para estas datas están na nosa comunidade un nove por cento por riba do habitual. | A fachada principal da Catedral de Ourense luce un novo aspectro tras as obras de restauración que permitiron sacar á luz os anxos de pedra semiocultos por unha vidreira dende hai máis de cincocentos anos 02-08-23

Comezamos o mes de agosto baixo a influencia dos ventos de compoñente oeste, que traen aire húmido. Predominan as nubes baixas, con orballos máis probables na franxa atlántica durante a mañá. A partir do mediodía abriranse grandes claros e pola noite volverán as nubes e os orballos. As temperaturas mínimas ascenden, mentres as máximas descenden no litoral oeste. 02-08-23

O Rei Xoán Carlos Viaxa cara a Abu Dabi, logo de sair esta mañá do aeroporto vigués de Peinador. | O número de turistas chegados a Galicia vai camiño de superar o record acadado o ano pasado, que foron 6 millóns e medio de persoas. | Os concellos socialistas rebélanse contra o incremento do canon da auga establecido pola Xunta. | A restauración da Catedral de Ourense permiten sacar á luz as esculturas duns anxos de pedra que estaban semiocultas por unha vidreira dende hai máis de cincocentos anos. 02-08-23

O Rei Xoán Carlos Viaxa xa cara a Abu Dabi, logo de sair esta mañá do aeroporto vigués de Peinador. Antes amosou o seu agradecemento pola estadía dende o pasado mércores en Sanxenxo | As pernoctacións en campings e vivendas turísticas aumentan, tamén en Galicia. Así o indican os datos do Instituto Nacional de Estatística referidos ao mes de xuño e publicados hoxe. | As últimas obras de restauración da Catedral de Ourense sacan á luz as esculturas duns anxos de pedra que estaban semiocultas por unha vidreira dende hai máis de cincocentos anos. 02-08-23

Cerca de 900.000 desprazamentos. E o cálculo da dirección xeral de tráfico para as estradas galegas na operación primeiro de agosto, que rexistrará a maior intensidade a partir das seis da tarde. | O concello de Santiago presenta un código de boas prácticas para o turismo, con consellos para evitar comportamentos incívicos como os rexistrados nos últimos tempos por parte dalgúns visitantes. | Medallas de ouro para Ana Peleteiro, Belén Toimil e Adrián Ben, Tres deportistas que certifican o triunfo do Atletismo galego no campionato nacional de Valencia. | Todo listo para que a localidade de Brión se enfronte, esta noite, á toledana de Yepes, no Grand Prix do verán. O obxectivo: facerse cun posto nas semifinais do mítico programa que regresa a TVE 18 anos despois 31-07-23

O mes de xullo remata baixo a influencia do anticiclón, con ventos de compoñente oeste. Unha situación que deixa néboas matinais e ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, e as máximas mantéñense, sen cambios significativos, con valores que van dende os 24 graos de Vigo aos 31 de Ourense. 31-07-23

Cerca de 900.000 desprazamentos. E o cálculo da dirección xeral de tráfico para as estradas galegas na operación primeiro de agosto, que rexistrará a maior intensidade a partir das seis da tarde. | O concello de Santiago presenta un código de boas prácticas para evitar comportamentos incívicos de turistas como os rexistrados nos últimos tempos. | Medallas de ouro para Ana Peleteiro, Belén Toimil e Adrián Ben, Tres deportistas que certifican o triunfo do Atletismo galego no campionato nacional de Valencia. | 31-07-23

Medallas de ouro para Ana Peleteiro, Belén Toimil e Adrián Ben, Tres deportistas que certifican o triunfo do Atletismo galego no campionato nacional de Valencia. | Logo de gañar a regata disputada esta fin de semana en Sanxenxo, o Rei Xoan Carlos volveu hoxe ao mar, para preparar o Mundial da clase 6 metros, xunto coa sua filla a infanta Elena. | O Concello de Barreiros, en Lugo, prohibe o uso da auga da traída para regar xardíns, encher as piscinas ou limpar os coches, ao detectarse deficiencias no abastecemento a algúns núcleos. 31-07-23

Milleiros de persoas marchan de vacacións, coincidindo cos que regresan | A inflación sobe neste mes de xullo ata o 2,3 %. Son catro décimas máis que en xuño | Manuel Baltar, José Manuel Rey Varela e Carme da Silva, designados senadores polo Parlamento galego | A chuvia impediu hoxe que o rei emérito saíra a navegar en Sanxenxo | Os militares volverán patrullar os montes galegos para previr os incendios forestais. 28-07-2023

Última fin de semana de xullo, hoxe milleiros de persoas marchan de vacacións, coincidindo cos que regresan. Son os días de maior intensidade de tráfico nas estradas | A inflación sobe neste mes de xullo ata o 2,3 %. Son catro décimas máis que en xuño e débese en parte ao aumento de prezos na gasolina e nos paquetes turísticos | Manuel Baltar e José Manuel Rey Varela propostos polo PP, e Carme da Silva polo BNG, designados senadores polo Parlamento galego | A chuvia impediu hoxe que o rei emérito saíra a navegar en Sanxenxo. Permaneceu toda a mañá na casa do seu anfitrión Pedro Campos | 130 militares con 40 vehículos e un dron volverán patrullar os montes galegos para previr e persuadir contra os incendios forestais. 28-07-2023

Chega unha fronte atlántica, que nos deixa ceos nubrados e algún chuvasco. Amencemos con nubes e unha lixeira choiva, que de cara ó sábado, irá diminuíndo, especialmente a partir da tarde. Todo iso ademais, acompañado dun lixeiro descenso das temperaturas, excepto no norte de Lugo, onde poderán subir, acadando máximas de 27 grados. 28-07-2023

Última fin de semana de xullo, hoxe milleiros de persoas marchan de vacacións, coincidindo cos que regresan. Son os días de maior intensidade de tráfico nas estradas | A inflación sobe neste mes de xullo ata o 2,3 %. Son catro décimas máis que en xuño e débese en parte ao aumento de prezos na gasolina e nos paquetes turísticos | 130 militares con 40 vehículos e un dron volverán patrullar os montes galegos para previr e persuadir contra os incendios. 28-07-2023