Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Despois de case 10 meses, hoxe queda visto para sentenza o macroxuízo polo accidente do Alvia, no que morreron 80 persoas e houbo 144 feridos // Catro mozos feridos, un deles moi grave, ao caer do balcón dun primeiro piso no centro de Sanxenxo // O rei emérito volve a bordo do Bribón. Este mediodía saía ao mar para facer os primeiros adestramentos con vistas a regata desta fin de semana. 27-07-2023

Despois de case 10 meses, hoxe queda visto para sentenza o macroxuízo polo accidente do Alvia, no que morreron 80 persoas e houbo 144 feridos // Catro mozos feridos, un deles moi grave, ao caer do balcón dun primeiro piso no centro de Sanxenxo // O rei emérito volve a bordo do Bribón. Este mediodía saía ao mar para facer os primeiros adestramentos con vistas a regata desta fin de semana // O número de ocupados en Galicia sumou no segundo trimestre do ano 26.500 persoas ata acadar 1 millón 130 mil persoas traballando. 27-07-2023

Hoxe agárdase a entrada dunha fronte atlántica. Pola tarde irán aumentando as nubes nas montañas do leste de Ourense. Xa pola noite, haberá chuvias febles no noroeste da Comunidade. As temperaturas máximas descenderán na fachada atlántica e quedarán sen cambios significativos no resto. 27-07-2023

Visto para sentenza o macroxuízo polo accidente do Alvia // Catro mozos feridos, un deles moi grave, ao caer dun balcón en Sanxenxo // O rei emérito volve ao mar en Sanxenxo para facer os adestramentos con vistas a regata desta fin de semana // O número de ocupados en Galicia sumou no segundo trimestre do ano 26.500 persoas. 27-07-2023

O rei emérito xa está en Sanxenxo. Aterraba minutos despois das dúas da tarde no aeroporto de Vigo, onde agardaba por el o seu amigo Pedro Campos // Catro persoas feridas, unha de gravidade, por unha explosión rexistrada esta mañá nunha vivenda de Ordes // No eido político, o presidente da Xunta arrefría un posible adianto electoral das eleccións autonómicas // Penúltima xornada do xuízo polo accidente do Alvia en Santiago. Hoxe foi a quenda das aseguradoras de Adif e de Renfe // Día dos avós. Moitos asumen o coidado dos netos cando os pais traballan, sobre todo agora no verán. 26-07-2023

Temos nubes e claros alternando no ceo no terzo norte de Galicia e poucas nubes ou ceos despexados no resto. As temperaturas mínimas soben lixeiramente na metade sur e mantéñense sen cambios no resto. As máximas, en cambio, seguen en ascenso, e Ourense poden chegar hoxe aos 34 graos. 26-07-2023

O rei emérito xa está en Sanxenxo // Catro persoas feridas, unha de gravidade, por unha explosión nunha vivenda de Ordes // O presidente da Xunta arrefría un posible adianto electoral das eleccións autonómicas // Penúltima xornada do xuízo polo accidente do Alvia en Santiago. Hoxe foi a quenda das aseguradoras de Adif e de Renfe. 26-07-2023

Catro persoas feridas por unha explosión rexistrada esta mañá nun edificio de Ordes, que quedou parcialmente derrubado // O Rei emérito regresa a Galicia. Don Xoán Carlos acaba de aterrar no aeroporto de Vigo procedente dos Emiratos Árabes // Penúltima xornada do xuízo polo accidente do Alvia en Santiago. Hoxe foi a quenda das aseguradoras de Adif e de Renfe. 26-07-2023

Día de Galicia e do Apóstolo, con moito ambiente nas rúas de Santiago. Durante a Ofrenda o arcebispo e o presidente da Xunta fixeron referencia as eleccións do domingo. Apelaron a priorizar o ben común // Asistiu Alberto Núñez Feijóo apenas 48 horas despois das eleccións e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, non foi ao oficio relixioso // O BNG reuniu milleiros de persoas na manifestación do Día da Patria Galega baixo o lema "Imos a máis" // Tras deixar a Deputación de Ourense, Manuel Baltar será senador por designación autonómica. 25-07-23

O día comezou nubrado, pero pouco a pouco saíu o sol e quedou un día de ceos limpos en xeral. O vento sopra frouxo de compoñente norte e soben as temperaturas ata acadar máximas que van dos 20 graos na Coruña ata os 28 previstos en Ourense. 25-07-23

Día do Apóstolo, con moito ambiente nas rúas de Santiago. Na Ofrenda, referencias as eleccións do domingo // Asistiu Alberto Núñez Feijóo e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, non foi ao oficio relixioso // O BNG reuniu milleiros de persoas na manifestación da Patria // Manuel Baltar será senador por designación autonómica. 25-07-23

25 de xullo, día do Apóstolo, con moito ambiente nas rúas de Santiago. Durante a Ofrenda o arcebispo e o presidente da Xunta fixeron referencia as eleccións do domingo. Apelaron a priorizar o ben común // O BNG reuniu milleiros de persoas na manifestación do Día da Patria Galega baixo o lema "Imos a máis". 25-07-23

Comeza a semana con ceos nubrados e choivas intermitentes, máis probables no noroeste. Os ventos sopran frouxos de compoñente oeste e baixan as temperaturas, sobre todo as máximas, que oscilan entre os 21 graos da Coruña e os 27 de Ourense, e non pasan de 23 en Lugo nin nas Rías Baixas. 24-07-23

O Partido Popular gañou as eleccións en Galicia, pero con marxe insuficiente para que Alberto Núñez Feijóo lograra a maioría que buscaba para formar goberno // Hoxe cúmprense dez anos do accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas e deixou 144 feridos // En Betanzos, confirmase de novo a presenza de norovirus na auga // Santiago rexistra cifras récord de peregrinos e roza o cen por cen de ocupación. Este mediodía tivo lugar a entrega das Medallas de Galicia 2023. 24-07-23

O Partido Popular gañou as eleccións en Galicia, pero con marxe insuficiente para que Alberto Núñez Feijóo lograra a maioría que buscaba para formar goberno // Hoxe cúmprense dez anos do accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas e deixou 144 feridos. Como veñen facendo cada 24 de xullo, as vítimas maniféstanse hoxe en Santiago para esixir responsabilidades // En Betanzos, confirmase de novo a presenza de norovirus na auga. Sanidade cualifícaa coma non apta para o consumo, e o Concello decreta novas restricións // Santiago rexistra cifras récord de peregrinos e roza o cen por cen de ocupación. Este mediodía tivo lugar a entrega das Medallas de Galicia 2023. 24-07-23

Máis de dous millóns de galegos que están chamados hoxe a votar. Galicia elixe nestas eleccións 23 deputados e 16 senadores. Unha mañá sen incidencias. // As 14:00 votaran xa o 39 por cento dos electores. Son sete puntos máis que hai catro anos. // Os líderes dos principais partidos en Galicia xa exerceron tamén esta mañá o seu dereito a votar. Todos salientan a importancia destas eleccións e fan un chamamento á participación.23-07-23

Temperaturas suaves, con máis nubes polo norte e de novo con algunhas chuvias de tipo treboento pola tarde no interior. Mañá recuperamos a influencia do anticiclón e o domingo volverémola perder con chuvias que poderían caer a última hora do día 21-07-23

Santiago, róza o completo, No arranque da ponte festiva do 25 de xullo. As previsións son de alta ocupación turística tamén no resto de Galicia, de ata o 90 por cento nalgunhas zonas, ainda que, advirten dende o sector, con menos gasto que antes da pandemia. // No remate da campaña, os populares insisten en que son a opción responsable e sensata frente a goberno Frankenstein. Os socialistas, confían na remontada tralo mitin de Pedro Sánchez en Lugo. Sumar chama a evitar que gobernen PP e VOX e o BNG di que ten opcións a obter escanos nas catro provincias. // O músico vigués Carlos Núñez continúa estes día coa xira de concertos "Lugares Máxicos", antes de recibir, o vindeiro luns, a medalla de Ouro de Galicia, xunto a Luz Casal e Juan Pardo. 21-07-23

Santiago roza o cheo total no comezo da ponte festiva do 25 de xullo , mentres se rexistran cifras récord de peregrinos. Un dispositivo policial de máis de 400 axentes desprégase para garantir a seguridade nas celebracións do día do apostolo. // Carlos Núñez continúa estes día coa xira de concertos "Lugares Máxicos", antes de recibir, o vindeiro luns, a medalla de Ouro de Galicia, xunto a Luz Casal e Juan Pardo. A súa é unha carreira de éxito internacional que comezou cando foi descuberto, aos 13 anos, nun concerto polos Chieftains. // 21-07-23

Ampliado ata mañá, ás dúas da tarde, o prazo para entregar o voto por correo nas oficinas postais. A Xunta electoral central atendeu a petición de Correos para asegurar que ninguén quede sen poder exercer o dereito. // No xuízo polo accidente do Alvia, a representación do Adif admite que debeu ter un mellor trato coas vítimas, ainda que pide a absolución do ex alto cargo da compañía acusado. // A carencia de médicos de urxencias no Hospital de Ourense leva ao Sergas a buscar profesionais no resto de areas sanitarias mediante unha convocatoria extraordinaria. // Estrea mundial, esta noite, en Santiago, de Oficio de Camiñantes, unha composición de Ricardo Llorca inspirada na viaxe interior dos peregrinos. 20-07-23