Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A liña de tren entre Santiago e Ourense permanecerá pechada dende hoxe ata o martes 29 de agosto polas probas do sistema de seguridade ERTMS | Os traballadores do estaleiro vigués Metalships anuncian folga indefinida, tralo despedimento de sete compañeiros, entre eles dous membros do comité | Pontevedra prepara unha recepción a Teresa Abelleira, centrocampista da selección feminina de fútbol, que se proclamou campioa do Mundo. 21-08-23

A Xunta confirma a chegada do mosquito tigre a Vigo. Dous exemplares foron identificados na parroquia de Lavadores | A falta de persoal nos parques comarcais de bombeiros provoca o peche dalgunhas das bases. 500 traballadores levan dous meses en folga indefinida | Preservar a tradición dos xogos populares. É o obxectivo do campionato que está a celebrarse en Melide | No día do aniversario do asasinato de Federico García Lorca, lembramos a súa fonda relación con Galicia, e particularmente con Santiago. 18-08-23

A Xunta confirma a chegada do mosquito tigre a Vigo, con dous exemplares identificados | A falta de persoal nos parques comarcais de bombeiros provoca o peche dalgunhas das bases. 500 traballadores levan dous meses en folga | Preservar a tradición dos xogos populares. É o obxectivo do campionato en Melide | No día do aniversario do asasinato de Federico García Lorca, lembramos a súa fonda relación con Galicia. 18-08-23

A Xunta confirma a chegada do mosquito tigre a Vigo. Dous exemplares foron identificados na parroquia de Lavadores | A falta de persoal nos parques comarcais de bombeiros provoca o peche dalgunhas das bases. Os traballadores levan dous meses en folga | No día do aniversario do asasinato de Federico García Lorca, lembramos a súa fonda relación con Galicia, e particularmente con Santiago. 18-08-23

A partir de agora será habitual escoitar o galego no Congreso. Era un dos primeiros anuncios da nova presidenta do Congreso dos Deputados, a socialista Francina Armegol, elixida finalmente en primeira votación e por maioría absoluta | A metade dos núcleos de poboación cun só habitante de toda España están en Galicia e son máis dun milleiro | Biólogos da Universidade de Vigo colocan trampas para mosquitos tigre en Moaña, onde se localizaron os primeiros exemplares en Galicia deste insecto | O Concello de Poio réndelle homenaxe a Alexandre Bóveda, cando se cumpren 87 anos do asasinato do histórico galeguista. 17-08-23

A xornada comezou con bancos de brétema nalgúns puntos do interior e na costa, que pouco a pouco foron esvaecendo. Os ventos sopran frouxos de dirección variable, que irán rolando ao oeste e que serán de compoñente sur pola noite. Temperaturas mínimas sen cambios, arredor dos 17 graos en toda Galicia. Soben as máximas, sobre todo na metade leste. 17-08-23

A partir de agora será habitual escoitar o galego no Congreso | A metade dos núcleos de poboación cun só habitante de toda España están en Galicia | Biólogos da Universidade de Vigo colocan trampas para mosquitos tigre en Moaña | O Concello de Poio réndelle homenaxe a Alexandre Bóveda, cando se cumpren 87 anos do asasinato do histórico galeguista. 17-08-23

O día de San Roque prolonga a ponte festiva de agosto en boa parte de Galicia. Visitamos a romaría urbana más multitudinaria, o San Roque de Vigo, e a celebración máis húmida, a festa da auga de Vilagarcía | Co verán e as vacacións veñen tamén os problemas de conciliación. Un quebracabezas para moitas familias, cando nais e pais non poden facer coincidir as súas vacacións coas dos pequenos | Dous mozos de 17 e 18 anos, detidos en Monforte como presuntos autores dunha agresión sexual a dúas rapazas da mesma idade que eles durante as festas patronais | Drons luminosos como alternativa sostible e económica aos fogos artificiais. É o negocio no que traballan tres enxeñeiros aeronáuticos de Ourense, co que queren ofrecer novas posibilidades para os espectáculos con luz. 17-08-23

O día comezou con néboas e nubes baixas que xa foron deixando paso a grandes claros, agás no terzo norte de Galicia, onde seguen as nubes e mesmo pode chover no litoral da provincia de Lugo. As temperaturas seguen sen cambios importantes, oscilando entre os 19 graos das mínimas e os 33 de máxima en Ourense ou 30 en Pontevedra. 17-08-23

O día de San Roque prolonga a ponte festiva de agosto en boa parte de Galicia | Co verán e as vacacións veñen tamén os problemas de conciliación. Un quebracabezas para moitas familias | Dous mozos de 17 e 18 anos, detidos en Monforte como presuntos autores dunha agresión sexual a dúas rapazas | Drons luminosos como alternativa sostible e económica aos fogos artificiais. 17-08-23

O día de San Roque prolonga a ponte festiva de agosto en boa parte de Galicia | Co verán e as vacacións veñen tamén os problemas de conciliación. Un quebracabezas para moitas familias, cando nais e pais non poden facer coincidir as súas vacacións coas dos pequenos | Dous mozos de 17 e 18 anos, detidos en Monforte como presuntos autores dunha agresión sexual a dúas rapazas da mesma idade que eles durante as festas patronais.17-08-23

A semana comeza con nubes e a posibilidade de algunha chuvia feble na metade norte de Galicia e con ceos máis despexados no sur da comunidade. É debido á chegada dunha fronte pouco activa que afectará fundamentalmente ás provincias da Coruña e Lugo, sobre todo pola tarde. As temperaturas mantéñense sen cambios importantes. 14-08-23

Galicia recibiu, no primeiro semestre deste 2023, 2,7 millóns de visitantes e agarda completar outro ano de récord, con máis de seis millóns e medio de turistas | A DGT inicia unha campaña de control de consumo de alcohol e drogas entre os condutores en Galicia | Aplicar a Intelixencia Artificial para mellorar, en cantidade e calidade, a produción de peixe en acuicultura. É o que está a facer o Clúster de Acuicultura de Galicia | Cara e cruz para os equipos galegos de primeira e segunda división. A cruz foi a derrota do Celta en Balaídos fronte a Osasuna por 0-2, no debut de Rafa Benítez como adestrador celeste na Liga. A cara, a vitoria do Racing de Ferrol na súa estrea na categoría de prata. 14-08-23

Galicia recibiu, no primeiro semestre deste 2023, 2,7 millóns de visitantes e agarda completar outro ano de récord | A DGT inicia unha campaña de control de consumo de alcohol e drogas | Aplicar a Intelixencia Artificial para mellorar, en cantidade e calidade, a produción de peixe en acuicultura | Cara e cruz para os equipos galegos de primeira e segunda división. 14-08-23

Galicia recibiu, no primeiro semestre deste 2023, 2,7 millóns de visitantes e agarda completar outro ano de récord, con máis de seis millóns e medio de turistas | Conducir baixo os efectos do alcol ou das drogas estará máis controlado durante esta semana. Comeza unha campaña especial da DGT, con maior fincapé nas zonas turísticas ou de festas | O Celta comezou a tempada cun tropezo en Balaídos ante o Osasuna. O Racing de Ferrol volvía ao fútbol profesional dezaseis anos despois e celebrouno cunha vitoria. 14-08-23

Arranca a 'operación especial de tráfico' con motivo da ponte do 15 de agosto, a máis festiva do ano, cunha previsión de millón e medio de desprazamenos nas estradas do Noroeste. | Os paquetes vacacionais e os carburantes están entre os produtos que máis subiron, e que contribuíron ó aumento da inflación, que no mes pasado se situou en Galicia no 2´3 por cento. | A pontevedresa Teresa Abelleira, decisiva no pase á Semifinal da Copa do Mundo. | Grupos de Baile tradicional de varios continentes exercen estes días de embaixadores dos seus países nun percorrido por distintas localidades da provincia de Ourense, nas Xornadas de Folklore. 11-08-23

Arranca a 'operación especial de tráfico' con motivo da ponte do 15 de agosto, cunha previsión de millón e medio de desprazamenos nas estradas do Noroeste. | As expectativas de ocupación nas zonas turísticas son 'altas', aínda que con menor previsión de gasto. | A inflación repuntou en Galicia ata o 2´1 por cento en xullo. O dato supera en 6 décimas o do mes anterior. Respecto a hai un ano o prezo dos alimentos aumenta un 10´4 por cento. | A Festa do Pulpo, a única cita gastronómica declarada de Interese Turístico Internacional de Galicia, regresa este domingo ao Carballiño. | Ecoloxistas e xentes do mar presentan unha Iniciativa Lexislativa Popular para protexer a pesca e o marisqueo frente a outras actividades. Piden máis garantías legais para estas actividades.| 11-08-23

Cerca de millón e medio de desprazamentos e o que prevé a Dirección Xeral de Tráfico nas estradas do Noroeste, para a operación especial, que empeza ás 3 desta tarde, con motivo da Ponte do 15 de agosto. | A inflación repuntou en Galicia ata o 2´1 por cento en xullo. O dato, coñecido hoxe, supera en 6 décimas ó do mes anterior. |.A selección feminina de fútbol clasificouse para as semifinais do Mundial, nun partido no que destacou a galega Teresa Abelleira, que disputou os 120 minutos. | A Festa do Pulpo, a única cita gastronómica declarada de Interese Turístico Internacional de Galicia, regresa este domingo ao Carballiño. 11-08-23