O paro repunta no mes de agosto, que remata con 280 persoas máis sen emprego rexistradas en Galicia. As afiliacións á seguridade social baixan tamén e o réxime de autónomos é o que perde máis traballadores. | En Vilalba, continúa a folga indefinida da recollida de lixo | O instituto de medicina legal de Galicia reduce á metade o tempo de espera para un informe pericial. Cerca da mitade dos que realzou o ano pasado tiñan relación coa psiquiatría forense.04-09-23
Estreamos mes de setembro con tempo de outono. Volven as chuvias porque está a entrar unha fronte fría bastante activa que descargará sobre todo durante esta tarde e fará descender as temperaturas. Quedarán frescas o resto da fin de semana na que haberá posibilidade de chuvascos en que por momentos poden ser de tipo treboento. Tempo complicado para a operación retorno das vacacións 01-09-23
Volta á casa para uns, saída na última quenda de vacacións para outros. Chega setembro con moito movemento nos aeroportos e nas estacións de tren. Os que viaxan por estrada están atopando os prezos dos carburantes máis caros de todo o ano | O sector conserveiro está preocupado polo encarecemento do aceite de oliva, que triplicou o seu prezo no último ano. A metade das latas de peixe ou marisco levan aceite de oliva | Suspendido por cuarta vez o xuízo por contrabando de tabaco contra o exalcalde de Ribadumia, Nené Barral, que se ía celebrar hoxe na Audiencia de Pontevedra | Os vídeos que publica o novo dono dunha mercería da Coruña levan máis de tres millóns de visualizacións. Co ese apoio, fai rexurdir con forza na era dixital un negocio de mediados do século pasado. 01-09-23
Chega setembro con moito movemento nos aeroportos e nas estacións de tren e os prezos dos carburantes máis caros do ano | O sector conserveiro está preocupado polo encarecemento do aceite de oliva, que triplicou o seu prezo no último ano | Suspendido por cuarta vez o xuízo por contrabando de tabaco contra o exalcalde de Ribadumia, Nené Barral | Redes sociais para darlle pulo ao comercio tradicional. 01-09-23
Chega setembro con moito movemento nos aeroportos e nas estacións de tren e os prezos dos carburantes máis caros do ano | Suspendido por cuarta vez o xuízo por contrabando de tabaco contra o exalcalde de Ribadumia, Nené Barral | Redes sociais para darlle pulo ao comercio tradicional. 01-09-23
Último día de agosto que se despide con temperaturas algo máis altas. As máximas terémolas no interior de Ourense, onde poden chegar aos 32 graos, nas Rías Baixas e en Lugo estarán sobre os 27 e na Coruña os 23. Un típico día de verán atlántico antes de que a partir de mañá a situación se vaia inestabilizando coa chegada de chuvias que se repetirán durante a fin de semana. 31-08-23
Remata agosto e, para moitos, tamén as vacacións. Coa volta á rutina pode chegar o estrés posvacional | No primeiro consello da Xunta tralas vacacións o goberno galego aprobou un investimento de 20 millóns para dixitalizar a rede de estradas autonómicas | Vilalba, en Lugo, celebra as súas festas co lixo sen recoller | Volven as batidas contra os xabarís. Na última temporada, cazáronse 18.000 xabarís en Galicia. 31-08-23
Remata agosto e, para moitos, tamén as vacacións. Coa volta á rutina pode chegar o estrés posvacional, con baixo estado de ánimo, falta de concentración ou cansazo | No primeiro consello da Xunta tralas vacacións o goberno galego aprobou un investimento de 20 millóns para dixitalizar a rede de estradas autonómicas | Vilalba, en Lugo, celebra as súas festas co lixo sen recoller. A pesares dos servizos mínimos, as rúas da vila acumulan máis de 150 toneladas de lixo cando se cumpren dez días de folga dos traballadores da recollida | Volven as batidas contra os xabarís. Na última temporada, cazáronse 18.000 xabarís en Galicia. 31-08-23
Vilalba, en Lugo, celebra as súas festas co lixo sen recoller. A pesares dos servizos mínimos, as rúas da vila acumulan máis de 150 toneladas de lixo | Remata agosto e, para moitos, tamén as vacacións. Coa volta á rutina pode chegar o estrés posvacional | No primeiro consello da Xunta tralas vacacións o goberno galego aprobou un investimento de 20 millóns para dixitalizar a rede de estradas autonómicas | Volven as batidas contra os xabarís. Na última temporada, cazáronse 18.000 xabarís en Galicia. 31-08-23
Os prezos levan dous meses seguidos subindo. En agosto aumentaron nun 0,5 por cento respecto a xullo e elevan a porcentaxe interanual ao 2,6 debido, sobre todo, ao encarecemento dos carburantes | O turismo rural mantense alleo ás cifras récord de outro tipo de aloxamentos. En xullo en Galicia tiveron unha ocupación media un 6,4 por cento máis baixa que ano pasado | A Xunta asume a xestión da única escola de canteiros que hai en España, a de Poio, que ata agora dependía da Deputación de Pontevedra. Leva formados 1.600 canteiros | Balaídos acolle esta noite un encontro moi especial para celebrar o Centenario, o partido de lendas. O club reuniu a exxogadores celestes como Gustavo López ou Makelele para enfrontalos cun combinado de estrelas internacionais tamén retiradas. 30-08-23
Hoxe repetíronse os orballos no terzo norte que foron desaparecendo ao tempo que se abrían máis claros. Os ceos están máis despexados sobre todo no sur. As temperaturas nocturnas foron máis baixas, con mínimas que quedaron por baixo dos 10 graos en puntos coma Melide, Cospeito ou Verín. As temperaturas máximas oscilarán entre os 23 graos previstos na Coruña aos 30 de Ourense. Sobre 26 terán en Lugo e en Pontevedra chegarán aos 28. 30-08-23
Os prezos aumentaron en agosto nun 0,5 por cento respecto a xullo e elevan a porcentaxe interanual ao 2,6 | O turismo rural mantense alleo ás cifras récord de outro tipo de aloxamentos | A Xunta asume a xestión da única escola de canteiros que hai en España, a de Poio, que ata agora dependía da Deputación | Balaídos acolle esta noite un encontro moi especial para celebrar o Centenario, o ‘partido de lendas’. 30-08-23
Os prezos levan dous meses seguidos subindo. En agosto aumentaron nun 0,5 por cento respecto a xullo e elevan a porcentaxe interanual ao 2,6 | O turismo rural tivo en xullo en Galicia unha ocupación media un 6,4 por cento máis baixa que ano pasado | A Xunta asume a xestión da única escola de canteiros que hai en España, a de Poio, que ata agora dependía da Deputación de Pontevedra | Balaídos acolle esta noite o ‘partido das lendas’ para celebrar o Centenario. 30-08-23
Apenas tres meses despois das eleccións municipais, a localidade ourensá do Irixo, xa ten nova alcaldesa. A independente Susana Iglesias asume a alcaldía trala primeira moción de censura do mandato en Galicia | O pequeno comercio resiste e segue medrando. Segundo o Instituto Nacional de Estatística as súas vendas aumentaron en Galicia algo máis dun catro por cento no último ano e tamén aumentou o número de empregos no sector | A Fundación Amigos de Galicia está poñendo en contacto persoas desempregadas coas adegas, para que poidan traballar na vendima | O próximo curso vai haber uns 2.000 estudantes menos nas aulas galegas. Sindicatos e asociacións de nais e pais solicitan que se aproveite este descenso para baixar as ratios. 29-08-23
Seguimos aínda con temperaturas baixas para esta época do ano e de novo esta mañá a metade norte de Galicia volveu amencer con algúns orballos que pola tarde se poderán estender a calquera punto da comunidade. Continuamos nunha situación intermedia entre o anticiclón do Atlántico e as borrascas localizadas sobre Europa Central, o que fai que nos chegue vento frío do norte. 29-08-23
O Irixo ten nova alcaldesa. É a primeira moción de censura tralo 28M | O pequeno comercio resiste e segue medrando. Aumentan as vendas e o emprego | A Fundación Amigos de Galicia está poñendo en contacto persoas desempregadas coas adegas, para que poidan traballar na vendima | O próximo curso vai haber uns 2.000 estudantes menos nas aulas galegas. Sindicatos e asociacións de nais e pais solicitan que se aproveite para baixar as ratios. 29-08-23
Apenas tres meses despois das eleccións municipais, O Irixo ten nova alcaldesa. É a primeira moción de censura tralo 28M | O pequeno comercio resiste e segue medrando. Aumentan as vendas e o emprego | O próximo curso vai haber uns 2.000 estudantes menos nas aulas galegas. Sindicatos e asociacións de nais e pais solicitan que se aproveite este descenso para baixar as ratios. 29-08-23
A dúas semanas do comezo do curso escolar, as familias xa botan contas do que vai supoñer para os seus petos. En Galicia serán 224 euros de media por fillo | O curso político arranca marcado polas negociacións previas á investidura para presidir o Goberno. Desde Soutomaior, Feijóo asegurou que non aceptará chantaxes e recoñeceu que non será doado ser investido na primeira votación.
29-08-23
A dúas semanas do comezo do curso escolar, as familias xa botan contas do que vai supoñer para os seus petos. En Galicia serán 224 euros de media por fillo | O curso político arranca marcado polas negociacións previas á investidura para presidir o Goberno. Desde Soutomaior, Feijóo asegurou que non aceptará chantaxes e recoñeceu que non será doado ser investido na primeira votación | Restablecido por completo o tráfico na A52, despois de que onte tivera que interromperse polo incendio dun camión que transportaba chocolate | Cita co mellor surf en Valdoviño. Volve o Pantín Classic. Hoxe comezaron as probas clasificatorias para o circuíto mundial. 28-08-23
Galicia comeza a semana con predominio dos ventos do noroeste, inestabilidade atmosférica e temperaturas máis baixas do que é habitual a finais de agosto. Os ceos mantéñense en xeral moi nubrados, con algunhas chuvias febles e intermitentes, sobre todo na metade norte. As marcas dos termómetros soben un chisco, e o vento sopra frouxo do noroeste, con intervalos algo máis fortes no litoral. 28-08-23