Seguen a chegar grans de plástico ás praias...En Pontevedra, Protección Civil precintou a praia da Posta, en Lourizán. | As condicións meteorolóxicas poderían propiciar nos próximos días un aumento na chegada de gránulos de plástico á costa. O operativo de limpeza establecido pola Xunta e os concellos afectados continúa a traballar nos areais. | A Vicepresidenta Segunda do Goberno, Yolanda Díaz, acude a entrega dos premios da Fundación Luis Tilve, en Santiago e celebra o acordo cos sindicatos para a suba do salario mínimo interprofesional do 5%.12-01-2024
Parálise na estación de trens da Coruña. Un problema de subministro impedíu entrar nin saír convois dende as 7 e media. A partir das 10 restablecíase o tráfico pero só parcialmente. | Alfonso Rueda criticou a negativa do executivo de Pedro Sánchez a aportar os medios aéreos e marítimos solicitados dende Galicia, mentres se conceden, di, transferencias a Cataluña con toda facilidade. | Os concellos din que non saben qué facer cos pelets recollidos das praias. Investigadores das universidades analizan os posibles efectos tóxicos na fauna mariña. | Pasa a disposición xudicial o detido en relación coa morte violenta dun veciño de Rábade. O cadáver apareceu con signos de violencia nunha arqueta dunha nave abandonada no polígono de Rábade. 11-01-2024
Recuperamos pouco a pouco a influencia anticiclónica. De feito, pola mañá aínda se rexistraron chuvascos no terzo norte coa cota de neve nos 600 a 700 metros. Pola tarde os ceos han quedar máis despexados con ventos do nordés e con temperaturas que han quedar en xeral por baixo dos 10 graos de máxima. 11-01-2024
Bloqueado o tráfico ferroviario na Coruña, esta mañá, durante horas, polo que Renfe atribúe a un fallo eléctrico. | Rueda critica a negativa do gobernó central a aportar os medios aéreos e marítimos solicitados dende Galicia. | Os concellos din que non saben qué facer cos pelets recollidos das praias.| No areal de Lariño, en Carnota, lévase a cabo unha xornada con voluntarios coa recollida de 135 quilos de refugallos. | Pasa a disposición xudicial o detido en relación coa morte violenta dun veciño de Rábade. 11-01-2024
Restablecido, en parte, o tráfico ferroviario na estación de tren da Coruña, logo de quedar totalmente bloqueado, esta mañá, durante horas, polo que Renfe atribúe a un fallo eléctrico.| Os traballos de recollida de pelets de plástico chegados ás praias continúan. No areal de Lariño, en Carnota, está a levarse a cabo unha xornada con voluntarios. | O Goberno Central resposta á petición de medios para afrontar a retirada de pelets por parte da Xunta, que incluen efectivos aéreos e marítimos. O goberno descarta a operación de acceder ao contedor no fondo mariño. 11-01-2024
A Xunta considera suficiente o dispositivo de 300 persoas para traballar nas praias, e pide ao Goberno que as pequenas bolas de plástico se recollan no mar, algo que o Ministerio de Transición Ecolóxica considera que non é efectivo nin viable.| O uso da máscara é obrigatorio dende hoxe nos hospitais e centros de saúde. Unha decisión que a Xunta non respalda por considerala desproporcionada. Sanidade di que a obriga pode cambiar a recomendación nas comunidades onde a incidencia baixe | A folga do sector da limpeza de edificios extendese xa ás catro provincias. |Unha empresa de Bergondo desenrola, por encargo da Xunta un sistema de busca de persoas desaparecidas, con drons e intelixencia artificial. 10-01-2024
Situación intermedia entre un potente anticiclón estacionario ao norte de Escocia e as baixas presións centradas no leste peninsular. Xornada de chuvias durante a mañá con apertura dalgúns claros pola tarde cando tamén se agarda que poida nevar en cotas de 800 metros. 10-01-2024
A Xunta pide ao Goberno que as pequenas bolas de plástico se recollan no mar, algo que o Ministerio de Transición Ecolóxica considera que non é viable. | O uso da máscara é obrigatorio dende hoxe nos hospitais e centros de saúde. Sanidade di que a obriga pode cambiar a recomendación nas comunidades onde a incidencia baixe. | A folga do sector da limpeza de edificios extendese xa ás catro provincias.| Unha empresa de Bergondo desenrola, por encargo da Xunta un sistema de busca de persoas desaparecidas, con drons e intelixencia artificial. 10-01-2024
Enfrontamento entre a Xunta e o goberno central, a conta da loita contra a marea de pélets. As autoridades autonómicas piden que se recollan no mar, algo que o Ministerio de Transición Ecolóxica considera que non é viable | Seguen as operacións de limpeza dos pelets procedentes da vertedura do buque Toconao, coa participación de voluntarios que se suman aos medios aportados pola Xunta. | A Xunta abre hoxe o prazo para solicitar axudas para protexer o gando dos ataques de lobos. A contía máxima será de 18 mil euros. 10-01-2024
A Xunta activa o nivel dous de alerta pola marea de pélets de plástico detectados xa nuns trinta areais de Galicia. O Goberno central pedía que se adoptase esta medida para poder colaborar nas tarefas de limpeza | Os grupos da oposición critican a actuación da Xunta e reclaman máis información sobre os materiais, mentres os populares acusan á oposición de facer un uso partidista deste asunto | A cidade de Lugo, pendente da decisión sobre quen substituirá a Lara Méndez a fronte da Alcaldía, trala súa retirada para ir de número dous na candidatura socialista ás eleccións autonómicas | Baixa laboral sen necesidade do informe do médico de familia. É unha medida reclamada polos facultativos para evitar a saturación que se produce nos centros asistenciais durante os picos de demanda 09-01-24
Os termómetros quedan en xeral por baixo dos 10 graos, agás na zona litoral onde se están a rexistrar algunhas chuvias. A cota de neve estará nos 1.200 metros. Será mañá cando se noten máis os efectos da dana polar. A Aemet prognostica que a cota de neve pode baixar rapidamente aos 500 metros 09-01-24
A Xunta activa o nivel dous de alerta pola marea de pélets de plástico | Os grupos da oposición critican a actuación da Xunta e reclaman máis información sobre os materiais | Lugo, pendente da decisión sobre quen substituirá a Lara Méndez na Alcaldía | Baixa laboral sen necesidade do informe do médico de familia, para evitar a saturación nos centros asistenciais 09-01-24
A Xunta activa o nivel dous de alerta pola marea de pélets de plástico detectados xa nuns trinta areais de Galicia. O Goberno central pedía que se adoptase esta medida para poder colaborar nas tarefas de limpeza | Lugo, pendente da decisión sobre quen substituirá a Lara Méndez na Alcaldía| Baixa laboral sen necesidade do informe do médico de familia. É unha medida reclamada polos facultativos para evitar a saturación nos centros sanitarios 09-01-24
A unidade de Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado abre dilixencias pola vertedura de pellets de plástico que están chegando á costa galega | Primeiro día de clase tralas vacacións do Nadal, marcado pola entrada en vigor da norma que prohibe o uso dos teléfonos móbiles nos recintos escolares | Pasados máis de 15 días do sorteo da Lotaría de Nadal, son moitos os que aínda non saben cando van cobrar as participacións premiadas. É o que está a acontecer na Coruña | As rebaixas de xaneiro chegan cunha previsión de aumento de vendas dun cinco por cento respecto ao ano pasado. Cada galego gastará unha media de 155 euros. 08-01-23
A unidade de Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado abre dilixencias pola vertedura de pellets de plástico | Entra en vigor da norma que prohibe o uso dos teléfonos móbiles nos recintos escolares | Pasados máis de 15 días do sorteo da Lotaría de Nadal, son moitos os que aínda non saben cando van cobrar as participacións premiadas | As rebaixas de xaneiro chegan cunha previsión de aumento de vendas dun cinco por cento respecto ao ano pasado 08-01-24
A unidade de Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado abre dilixencias pola vertedura de pellets de plástico | Entra en vigor da norma que prohibe o uso dos teléfonos móbiles nos recintos escolares | Pasados máis de 15 días do sorteo da Lotaría de Nadal, son moitos os que aínda non saben cando van cobrar as participacións premiadas | As rebaixas de xaneiro chegan cunha previsión de aumento de vendas dun cinco por cento respecto ao ano pasado 08-01-23
A vertedura de pellets de plástico continúa estendéndose a varias zonas da costa galega, onde centos de voluntarios afánanse na súa recollida | As rebaixas de xaneiro chegan cunha previsión de aumento de vendas dun cinco por cento respecto ao ano pasado. Cada galego gastará unha media de 155 euros. 08-01-23
Os Reis Magos levan toda a mañá percorrendo vilas e cidades para poderen ver as nenas e os nenos de preto | A véspera de Reis vén marcada por un tempo inestable, que pode deslucir as cabalgatas da tarde con frío e con chuvias | Os trens Avril que comunicarán as cidades de Galicia con Madrid por Alta Velocidade comezarán a funcionar en marzo, segundo o ministro de Transportes | Seguen chegando ás costas galegas millóns de boliñas de plástico. Proceden dun barco que perdeu parte da súa carga. Os concellos afectados piden axuda para a limpeza 05-01-23
Frío e con chuvias, que poden vir acompañadas de treboadas e sarabia. Tamén moito vento, sobre todo no litoral, onde hai alerta por mar de fondo e ondas de 4 a 5 metros. Ese vento contribúe a aumentar a sensación de frío. Mínimas de 4 graos en Lugo ou Santiago e máximas que non superarán os 13 graos. A cota de neve baixa ata os 800 metros, e xa vimos nevaradas intensas en lugares coma O Cebreiro. 05-01-23
Os Reis Magos levan toda a mañá percorrendo vilas e cidades | A véspera de Reis vén marcada por un tempo inestable, que pode deslucir as cabalgatas | Os trens Avril comezarán a funcionar en marzo, segundo o ministro de Transportes | Seguen chegando ás costas galegas millóns de boliñas de plástico 05-01-23