Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Continúa a influencia anticiclónica. Temos o ceo despexado e con entrada de nubes de tipo alto de oeste a leste que non impiden o paso do sol. Posibles néboas costeiras nas Rías Baixas durante a tarde. As temperaturas mínimas sofren un novo descenso, máis pronunciado no centro e sur de Lugo e provincia de Ourense e as máximas quedan sen cambios significativos 

Mobilización convocada polas organizacións maioritarias do sector agrogandeiro da Cornixa Cantábrica en dez puntos diferentes de Galicia | O conselleiro do Medio Rural di que que comprende as mobilizacións dos agricultores e pide ao Goberno Central que presione a Europa para lograr unha moratoria da Política Agraria Común | A dirección do Partido Popular celebra, en Madrid, a vitoria electoral de Alfonso Rueda, que recibíu o aplauso dos seus compañeiros tras revalidar a maioría absoluta. Un resultado que os populares consideran un impulso decisivo para desaloxar a Pedro Sánchez da Moncloa | Un dos responsables do pulo do Camiño de Santiago foi Elías Valiña, un cura novo do interior de Lugo, que decidiu converter a frecha amarela na marca internacional que identifica ás rutas xacobeas

Recuperamos a influencia das altas presións, con nubes baixas que deron paso a ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas, sen cambios significativos, con máximas que superan os 20 graos, sobre todo na metade sur. 

Triunfo total para o Partido Popular que confirma a sua hexemonía con 40 escanos, dous máis dos necesarios para a maioría absoluta, sen que lle afecte a suba do BNG e a irrupción de Democracia Ourensana | Aínda que perden dous escanos polo aumento da participación, os populares obteñen uns resultados moi bos que, para Alfonso Rueda, supoñen unha mensaxe dende Galicia para o resto de España, de reforzó do liderado de Núñez Feijóo| Os nacionalistas encabezados por Ana Pontón non conseguen o obxetivo de encabezar un cambio de goberno, pero consolídanse como segunda forza, cun resultado histórico de 25 escanos | O PSdeG perdeu cinco deputados, continua a ser a terceira forza no parlamento con 9 escanos. O seu candidato, José Ramón Gómez Besteiro, recoñece que non son os resultados que agardaban e asegura que traballará desde a oposición para consolidar unha alternativa ao PP

Triunfo total para o Partido Popular que encadea a sua quinta maioría absoluta. Un resultado no que destaca tamén o desplome dos socialistas que continuan a ser a terceira forza con so 9 escaños | Os nacionalistas non conseguiron o seu obxetivo de encabezar un cambio de goberno, pero consolídanse como segunda forza política. Ana Pontón acadou un resultado histórico | Democracia Ourensana da a sorpresa ao entrar por primeira vez no Parlamento de Galicia cun deputado, un reto que non lograron nin VOX, nin Sumar, nin Podemos. É un resultado histórico para unha formación que se presentaba por quinta vez a unhas eleccións autonómicas.

2,7 millóns de galegos están chamados a votar nestas eleccións autonómicas. A xornada transcorre sen incidencias importantes | Lugo que é a provincia con menor múmero de electores, 337.000 | Os principais candidatos coinciden en sinalar a importancia destes comicios e nos chamamentos á participación | Elixiremos os 75 deputados que nos representarán no parlamento galego na vindeira lexislatura que decidirán a Presidencia da Xunta | Nestas eleccións ten moito peso o voto rural, que supón un 30 por cento do censo, e tamén o voto dos residentes no estranxeiro, case dous de cada dez | Para facilitar o desprazamento dos cidadáns aos colexios electorais dispuxéronse en toda Galicia autobuses ou taxis de balde. Tamén un barco para os veciños da illa de Ons

Último día permitido para o voto dos residentes no exterior, que podería ser clave nas eleccions autonomicas do domingo. En total son 476.000, case un de cada cinco electores. Arxentina é o que está a cabeza, con máis de 166.000. En Europa, a maior comunidade de galegos está en Suiza: 34.114 | Hai xusto dous anos do naufraxio do Villa de Pitanxo. 21 mariñeiros morreron na traxedia. Só sobreviviron o patrón, o seu sobriño e outro tripulante, con versións contraditorias sobre o ocorrido | Ao redor de cen gandeiros e agricultores atascaron unha das vías principais da Coruña esta mañá en protesta contra a nova normativa europea convocados pola asociación lucense Agromuralla | O debate electoral de RTVE liderou a franxa de emisión en Galicia, cun 17,4 por cento de cota de pantalla. Un total de 340.000 persoas viron algún momento do debate entre Ana Pontón, candidata do BNG, e José Ramón Gómez Besteiro, do PSdeG. 

O debate electoral de RTVE lidera a franxa de emisión en Galicia, cun 17,4 por cento de cota de pantalla. Un total de 340.000 persoas viron algún momento do debate entre Ana Pontón, candidata do BNG, e José Ramón Gómez Besteiro, do PSdeG | Ao redor de cen gandeiros e agricultores atascaron unha das vías principais da Coruña esta mañá en protesta contra a nova normativa europea Convocados pola asociación lucense Agromuralla, que se desmarcou do resto de organizacións agrarias | Galicia sitúase como a segunda comunidade autónoma con maior inflación no mes de febrero, cun 3,8 %, debido principalmente á suba dos prezos nos grupos de alimentos e a vivenda

A campaña en busca do voto dos cidadáns para o 18F encara o seu tramo final, coas espectativas máis incertas das últimas décadas, e a ollada posta aquí, no debate electoral entre os candidatos á presidencia da Xunta, neste centro territorial de TVE en Galicia | Falece en Vigo, aos 75 anos de idade Ventura Pérez Mariño, xurista e político vigués que ostentou a alcaldía da cidade olívica no ano 2003 | O Cristo da Boa Viaxe regresou hoxe á sua capela, no exterior da Basílica de Santa María de Pontevedra. Seis meses prolongouse a restauración desta talla en madeira | Para poder aprender lingua de signos son cruciais os anos da infancia. É por iso que, no colexio Gándara Sofán, en Carballo, priorizan esta lingua e teñen o obxectivo de que ningún neno marche sen saber comunicarse a través de signos

Debate electoral neste centro Territorial de Televisión Española en Galicia, entre os candidatos á presidencia da Xunta, nunha campaña en busca do voto dos cidadáns, que chega ao seu tramo final co resultado máis incerto das últimas décadas | Falece en Vigo aos 75 anos de idade Ventura Pérez Mariño, xurista e político vigués que chegou a ostentar a alcaldía no ano 2003. Foi deputado no Congreso polo PSOE entre os anos 1993 e 1995 | Rematan os días de entroido, os días de disfraces na rúa e tamén nos colexios. Nun en Carballo, aproveitan estes días para ir en pixama mentres realizan unha das súas actividades favoritas: a aprendizaxe da lingua de signos. 

As Madamas e Galáns de Cobres, en Vilaboa, danzan a cuberto por mor da chuvia, cos seus traxes, auténticas xoias de artesanía. Unha celebración tradicional que aspira a ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Mentres na Coruña, é o día grande dos Choqueiros, coa sua particular versión do entroido urbán | Acordo das organizacións maioritarias do sector agrario de toda a cornixa cantábrica para convocar mobilizacións a partir do próximo día 20| Todo preparado para o último debate previo as eleccións galegas. A cita darase neste Centro Territorial de TVE en Santiago, mañá a partir das 10 da noite, coa presenza dos candidatos a presidir a Xunta, Ana Pontón do BNG, e José Ramón Gómez Besteiro do PSdeG. O PP declinou a invitación a participar | Nestes días organízanse moitas actividades para fomentar a creatividade da rapazada. Un exemplo e o obradoiro de máscaras de Entroido, no Museo de Pontevedra, orientado a nenos de 6 a 10 anos

As Madamas e Galáns de Cobres, no concello de Vilaboa bailan a cuberto, na Casa de Cultura, por mor da chuvia. logo de catro días percorrendo a parroquia, de casa en casa cos seus traxes, auténticas xoias de artesanía, cheos de cor e abelorios | Moitas vilas e cidades celebran hoxe de xeito especial o Martes de Entroido. Na Coruña, é o día grande, onde os protagonistas son os choqueiros | Primeira semifinal do Concurso de Murgas en Pontevedra. Compiten desta volta catro agrupacións: Murga do Naveiro, Os do Val do Lérez, Os Barallocas e Os Arrombados

Día grande do entroido máis ancestral de Galicia, en Laza. A Farrapada, a batalla campal a base de trapos enbulleirados de lama, da paso, esta tarde na praza da Picota da localidade ourensá á baixada da Morena | O Celta volveu da súa visita a Getafe coas mans baleiras. A falta de contundencia en defensa e as perdas de balón en campo propio castigaron ao equipo vigués, que chegou ao descanso dous tantos por detrás no marcador| Cinco contratos de ambulancias do 061 quedan sen cubrir debido á baixa dotación económica por parte da Xunta, segundo os representantes dos traballadores | Iniciamos hoxe unha xeira de entrevistas electorais cos principais candidatos á presidencia da Xunta nas eleccións do domingo. A orde e duración das entrevistas están marcadas pola Xunta Electoral. A primeira convidada e Isabel Faraldo, de Podemos 

Luns borralleiro en Laza, o día grande do Entroido máis ancestral de Galicia, co ritual da Farrapada, a batalla campal a base de guindarse trapos enlamados. Pola tarde, baixada da Morena, co lanzamento de formigas | A ultima enquisa do CIS pon en risco a maioría absoluta do PP, ó que sitúa entre 34 e 38 deputados. O BNG sube con forza, con entre 24 e 31 escanos |Hoxe é a noite grande do entroido coruñés. Na praza de María Pita, actuarán "Carlangas y Los Cubatas". Presentarán o novo proxecto de Carlos Pereiro, coñecido por formar parte de Novedades Carminha.

Agricultores e gandeiros marchan a bordo duns 50 vehículos cara a Santiago dende Ordes, convocados a través das redes sociais | A xornada de folga convocada CCOO en Renfe deixa hoxe en Galicia un saldo de 14 trens que non circulan | No día da Muller e a Nena na ciencia, Pedro Sánchez anuncia na Coruña a creación dunha oficina nacional de asesoramento para fomentar a relación do Goberno cos expertos | O Entroido dos Animais é a obra coa que a Orquestra Sinfónica de Pontevedra anima os escolares a participar da festa e da música clásica

Agricultores e gandeiros marchan a bordo duns 50 vehículos cara a Santiago dende Ordes, convocados a través das redes sociais, á marxe das organizacións do sector | A xornada de folga convocada CCOO en Renfe deixa hoxe en Galicia un saldo de 14 trens que non circulan. A convocatoria coincide co arranque da fin de semana do Entroido | No día da Muller e a Nena na ciencia, Pedro Sánchez anuncia na Coruña a creación dunha oficina nacional de asesoramento para fomentar a relación do Goberno cos expertos | O Entroido dos Animais é a obra coa que a Orquestra Sinfónica de Pontevedra anima os escolares a participar da festa e da música clásica. Un espectáculo en directo con creacións audiovisuais e orientado cara a educación emocional

Día de chuvascos que nalgún puntos poden ser localmente treboentos. Unicamente se mantén activa unha alerta amarela no interior de Pontevedra por chuvias que poden descargar 40 litros por metro cadrado en doce horas. Rexistros que xa se acadaron durante a mañá en Santiago. Preludio dunha fin de semana que seguirá a ser chuviosa e algo máis fría, mesmo baixará a cota de neve, aínda ao final do día nos 1.000 metros e mañá ao redor dos 800.

Agricultores e gandeiros marchan a bordo duns 50 vehículos cara a Santiago dende Ordes, convocados a través das redes sociais, á marxe das organizacións do sector | A xornada de folga convocada CCOO en Renfe deixa hoxe en Galicia un saldo de 14 trens que non circulan. A convocatoria coincide co arranque da fin de semana do Entroido