A chuvia danos unha pequena tregua hoxe e mañá, con máis nubes na costa atlántica, posibilidade dalgun orballo a última hora do día e ceos máis despexados á tarde sobre todo no interior. As temperaturas mínimas baixan e as máximas quedan sen cambios. No mar, toda a costa está en alerta por ondas que poden chegar aos cinco metros.
Enviado a prisión sen fianza o home detido en Tui por roubar unha furgoneta cun bebé de dous anos dentro. A nai do pequeno deixárao alí só un momento, mentres recollía outro fillo na escola | A fábrica de Navantia, en Ferrol negocia con Repsol e Enagás a fabricacación de dispositivos electrolizadores para a producir hidróxeno verde a gran escala | Santiago chora as vítimas do accidente de tráfico do domingo e garda un minuto de silencio na praza do Obradoiro. Un pai e a súa filla, veciños da parroquia de Laraño morrían ao bater o seu coche contra outro no concello de Ames | A taxa de actividade feminina é en Galicia oito puntos inferior á masculina | Deixarse escanear o iris a cambio dunha cantidade de criptomoedas equivalente a 80 euros. É o que milleiros de usuarios fixeron xa nun centro comercial da Coruña, por iniciativa dunha compañia de Intelixencia Artificial
Enviado a prisión sen fianza o home detido por roubar unha furgoneta cun bebé de dous anos dentro. O rapaz está ben pero a súa desaparición durante hora e media mantivo en máxima alerta a localidade de Tui | A planta de turbinas de Navantia, en Ferrol, prepárase para un novo reto: construir electrolizadores, necesarios para fabricar hidróxeno verde. Barállase final de ano coma data para iniciar este proxecto que contriburiá ao proceso de descarbonización | A taxa de actividade feminina é en Galicia oito puntos inferior á masculina. Na semana do 8M, os sindicatos Comisións Obreiras e UGT destacan que o principal freo para o acceso e a promoción das mulleres no mundo laboral e a falla de corresponsabilidade nas tarefas do fogar | Deixarse escanear o iris a cambio dunha cantidade de criptomoedas equivalente a 80 euros. É o que milleiros de usuarios fixeron xa nun centro comercial da Coruña, por iniciativa dunha compañia de Intelixencia Artificial. A Axencia Española de Protección de Datos alerta do risco de ceder datos biométricos
Inicios de trabajos de exhumación de la fosa en el cementerio de Santa María a Maior do Val (A Coruña), emitidos el 4 de marzo de 2024 en el informativo territorial Telexornal Galicia. La Universidad de Santiago, con un gran equipo de arqueólogos, historiadores y otros expertos, tratan de buscar a varios marineros de la Armada, pero por el momento se han encontrado con los restos de otras personas; esperan encontrar a 50 personas.
Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias
O Paro segue a baixar, con 500 persoas sen emprego menos rexistradas en Febreiro en Galicia. Os sectores máis beneficiados son os servizos, a construción e a industria... A seguridade social gaña 4.500 afiliados. Con todo, e Pese á reforma laboral, máis do 60 por cento dos contratos asinados foron temporais| O BNG concreta as suas sospeitas de irregularidades na compra de materiais para loitar contra a pandemia por parte da Xunta. c Pide que os contratos de emerxencia asinados polo Sergas sexan remitidos ao Parlamento para unha auditoria externa | O sobrepeso afecta xa a metade da poboación e en Galicia calcúlase que máis de 350.000 persoas en Galicia sofren obesidade. Unha doenza, asociada, din os especialistas, a problemas físicos e tamén mentais como a baixa autoestima | Exhumación de restos de vítimas do franquismo na foxa do cemiterio do Val, en Narón, o lugar onde foron fusilados máis de 30 membros da tripulación do acorazado de guerra España e outros veciños da comarca ao comenzo da guerra civil
O Paro segue a baixar, con 500 persoas sen emprego menos rexistradas en Febreiro en Galicia. Os sectores máis beneficiados son os servizos, a construción e a industria... A seguridade social gaña 4.500 afiliados | O BNG concreta as suas sospeitas de irregularidades na compra de materiais para loitar contra a pandemia por parte da Xunta | O sobrepeso afecta xa a metade da poboación e en Galicia calcúlase que máis de 350.000 persoas en Galicia sofren obesidade | Ana Peleteiro gaña a medalla de bronce no Campionato Mundial de Glasgow cun triplo salto de 14,75 metros, que lle abre as portas dos Xogos Olímpicos de París | Exhumación de restos de vítimas do franquismo na foxa do cemiterio do Val, en Narón, o lugar onde foron fusilados máis de 30 membros da tripulación do acorazado de guerra España e outros veciños da comarca ao comenzo da guerra civil
Unha nova fronte fría deixa chuvia e ventos fortes nas primeiras horas da mañá e comeza a entrar o aire frío que trae detrás. Así que quedamos cun día de chuvascos, que irán perdendo intensidade co avance da tarde. A cota de neve irá baixando ata os 800 metros. As máximas nas principais cidades oscilan entre os catorce graos de Vigo e a Coruña e os dez de Lugo.
Exhumación de restos de vítimas do franquismo na fosa do cemiterio do Val, en Narón. O lugar onde foron fusilados máis de 30 membros da tripulación do acorazado de guerra España e outros veciños da comarca ao comenzo da guerra civil | Pesar en Santiago polos falecidos no accidente de tráfico acontecido onte no concello de Ames. Pai e filla, de 17 anos, veciños da parroquia de Laraño, morrían nunha tráxica colisión | Ana Peleteiro gaña a medalla de bronce no Campionato Mundial de Glasgow cun triplo salto de 14,75 metros. A atleta galega volve á competición cunha marca que lle abre as portas de cara ós vindeiros Xogos Olímpicos de París.
O goberno anuncia unha demanda contra a compañía Talgo por incumprir o prazo de entrega dos trens Avril. A chegada da alta velocidade ás cidades, más alá de Ourense, queda adiado polo menos ata maio | A Policía detén a un home en relación co cadáver aparecido nunha maleta en Vigo. Ao parecer convivía coa vítima nunha pensión próxima ao lugar onde foi atopado o corpo | Cúmprense un ano da entrada en vigor da "lei trans". Un regulamento que permite, entre outros aspectos, tramitar o cambio de sexo sen avaliacións médicas e psicolóxicas | O músico Abraham Cupeiro continúa coa presentación do seu novo traballo, Mythos. Hoxe actúa en Ourense e mañá en Santiago
O goberno anuncia unha demanda contra a compañía Talgo por incumprir o prazo de entrega dos trens Avril. O atraso na certificacións dos vehículos impide que comencen a circular polas vías galegas antes de que remate este mes, tal como estaba previsto. A chegada da alta velocidade ás cidades, más alá de Ourense, queda adiado polo menos ata maio | Novidades no caso do cadaver dunha muller atopado no interior dunha maleta en Vigo a semana pasada. A Policía detivo a un home, que ao parecer convivía coa vítima nunha pensión próxima, como presunto autor do crime | Cúmprense un ano da entrada en vigor da "lei trans". Un regulamento que permite, entre outros aspectos, tramitar o cambio de sexo sen avaliacións médicas e psicolóxicas. Falamos con Marta, unha viguesa que nos conta a súa experiencia | Abraham Cupeiro, o multiinstrumentista, amósanos o seu taller no que reconstrue intrumentos de antigas civilizacións, como Grecia e Roma. Continúa coa presentación do seu novo traballo, Mythos
Toda a costa está en aviso laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. En terra chove a reo. Sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra e tamén na montaña de Lugo. As borrascas atlánticas seguirán a enviarnos frontes, mañá con aire polar e con descenso da cota de neve ata os 600 metros
O goberno central anuncia unha demanda contra a compañía Talgo por incumprir o prazo de entrega dos trens Avril, ao non poder garantir a seguridade das máquinas. Hoxe estaba previsto que saíran a venda os billetes para os trens que comezarían a circular antes de que rematase este mes | O BNG asegura que a Xunta mercou máscaras a empresas investigadas no caso Koldo e insistirá pra que se faga unha investigación | O multiinstrumentista galego Abraham Cupeiro ábrenos as portas da súa casa onde constrúe instrumentos xa esquecidos da antiga Grecia e Roma. Fálanos do seu último disco Mythos que gravou no afamado estudo de Abbey Road de Londres
Unha borrasca situada ao norte das illas británicas envía a primeira das frontes que traen chuvias polo menos ata o domingo. Volven os chuvascos que por momentos veñen acompañados de saraiba e que perderán intensidade co paso das horas. Vai máis frío e a cota de neve volve baixar ata os 800 metros.
O IPC baixa seis décimas en febreiro e sitúase no 2,8 por cento. Trala repunta de xaneiro, a inflación volve descender e colócase no nivel máis baixo do último medio ano | Hoxe entra en vigor en España o convenio internacional que regula os dereitos dos mariñeiros embarcados. Implicarà un control mais rigoroso das condicións do traballo a bordo | No día internacional adicado ás enfermidades raras os expertos e asociacións de afectados chaman a atención sobre unhas doenzas que padecen unhas 200.000 persoas en Galicia | rematado o reconto do todos os votos nas pasadas eleccións autonómicas, son un total de 711.713 os recibidos polo Partido Popular co 47,4 por cento dos votos emitidos. É o número máis alto obtido nas catro últimas votacións, dende a primeira maioría absoluta de Feijóo no ano 2009|
O IPC baixa seis décimas en febreiro e sitúase no 2,8 por cento. Trala repunta de xaneiro, a inflación volve descender e colócase no nivel máis baixo do último medio ano grazas ao abaratamento da luz e á estabilidade dos prezos dos alimentos e das bebidas sen alcol. Pola contra, subiron os carburantes | Avanzar nos dereitos e a proteccion dos mariñeiros. Con ese fin España adheriuse ao Convenio 188 da Organizacion internacional do Traballo, que hoxe entra en vigor no noso país. Implicarà un control mais rigoroso das condicións do traballo a bordo | No día internacional adicado ás enfermidades raras os expertos e asociacións de afectados chaman a atención sobre unhas doenzas que padecen unhas 200.000 persoas en Galicia. A maioría son enfermidades crónicas e dexenerativas e máis da metade non teñen tratamento | Unha vez rematado o reconto do todos os votos nas pasadas eleccións autonómicas, son un total de 711.713 os recibidos polo Partido Popular co 47,4 por cento dos votos emitidos. É o número máis alto obtido nas catro últimas votacións, dende a primeira maioría absoluta de Feijóo no ano 2009
O IPC baixa seis décimas en febreiro e sitúase no 2,8 por cento. Trala repunta de xaneiro, a inflación volve descender e colócase no nivel máis baixo do último medio ano grazas ao abaratamento da luz e á estabilidade dos prezos dos alimentos e das bebidas sen alcol. Pola contra, subiron os carburantes | Unha vez rematado o reconto do todos os votos nas pasadas eleccións autonómicas, son un total de 711.713 os recibidos polo Partido Popular co 47,4 por cento dos votos emitidos. É o número máis alto obtido nas catro últimas votacións, dende a primeira maioría absoluta de Feijóo no ano 2009 | Avanzar nos dereitos e a proteccion dos mariñeiros. Con ese fin España adheriuse ao Convenio 188 da Organizacion internacional do Traballo, que hoxe entra en vigor no noso país. Implicarà un control mais rigoroso das condicións do traballo a bordo.
O lume destrúe a estrutura interior de madeira do único templo budista de Galicia, ubicado dende hai unha década na localidade ourensá de San Amaro | Trasladados ao porto de Vigo os oito fardos con 200 quilos de cocaína, atopados a bordo dun veleiro a 500 millas das Illas Canarias. A embarcación foi interceptada grazas a colaboración de organismos de intelixencia de Francia e Estados Unidos | En Santiago, os propietarios das vivendas de uso turístico protestan contra a ordenanza municipal que dende hai máis dun ano impídelles regular case un 90 % destas vivendas | Inaugurada a ronda principal da segunda fase da Autovía do Baixo Miño, que une os concellos de Tui e A Guarda | Máis de 60 pequenas delicias gastronómicas, entre creativas e tradicionais conforman a oferta dos restaurantes que participan no concurso Santiago E Tapas
O lume destrúe a estrutura interior de madeira do único templo budista de Galicia, ubicado dende hai unha década na localidade ourensá de San Amaro. Os monxes lamentan a perda de numerosos libros de meditación e filosofía... e ter que cancelar os retiros aos que acoden practicantes de todo o mundo | Trasladados ao porto de Vigo os oito fardos con 200 quilos de cocaína, atopados a bordo dun veleiro a 500 millas das Illas Canarias. A embarcación foi interceptada por Axentes de Vixilancia Aduaneira, grazas a colaboración de organismos de intelixencia de Francia e Estados Unidos | O indice de prezos do ministerio da Vivenda para regular os alugueiros so podería ter efectos en Galicia se a Xunta autoriza declarar algunha cidade como zona tensionada | Máis de 60 pequenas delicias gastronómicas, entre creativas e tradicionais conforman a oferta dos restaurantes que participan no concurso Santiago E Tapas, con máis de 200 agasallos a repartir entre os que completen algunha das rutas de tapeo até o próximo domingo.
Ceos nubrados con algúns orballos sobre todo no litoral norte por ventos marítimos que traen moita humidade dende o Atlántico. Chuvias en xeral febles que se poden estender ao resto da comunidade, pero de forma moi dispersa. As temperatura soben. As máximas oscilan entre os 13 graos previstos en Lugo e os 17 de Ourense