Busca dun sospeitoso de agredir á ex parella en Ponte Caldelas | Cita en Vigo do sector da pedra natural | O Monte do Gozo, listo para O Son do Camiño
17/06/2026 00:25:01A Garda Civil busca, con medios aéreos e terrestres, a un sospeitoso de agredir á sua ex parella en Ponte Caldelas. O home, de 43 anos, e cunha orde de ingreso en prisión por unha condea previa, secuestrara ao bebé de ambos e posteriormente abandonouno nun cruce de camiños. Foi localizado san e salvo | A Xunta amplia dende os 36 ata os 45 anos a idade para os solicitantes de avais para adquisición da primeira vivenda. Así o anunciou o presidente Rueda na Sesión de Control no Parlamento. A axuda, cubre ata un 20 por cento do prezo da vivenda | Arranca en Vigo a feria internacional da pedra natural e o granito, con máis de 150 empresas participantes de Europa, América e Asia. Un evento dirixido a profesionais e centrado nas últimas tendencias da pedra na arquitectura contemporánea | No Monte do Gozo ultiman os preparativos para que mañá arranque o Son do Camiño con Katy Perry, Linkin Park e Lola Índigo como cabezas de cartel. As entradas están prácticamente esgotadas. Está previsto que 42.000 persoas asistan cada xornada. E no dispositivo de seguridade participan máis de 1300 efectivos. 17-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado