Un home morto dun disparo nunha operación contra o narcotráfico | Os médicos volven á folga | Aplicación para notificar incidencias sobre os incendios
16/06/2026 00:25:00Un home de 31 anos, morto por un disparo, no transcurso dunha operación policial contra o narcotráfico na aldea de Corvillón, en Cambados. A vítima, que se atopaba na súa vivenda, foi trasladada ao Hospital do Salnés cunha ferida de bala. Un operativo, con 15 persoas detidas ata agora, que continúa aberto | Os médicos, de novo en folga esta semana, ameazan cun paro indefinido a partir de setembro. O maior seguemento é nos hospitais onde supera o 20 por cento segundo os datos do SERGAS | Estabilizados xa os incendios rexistrados nas últimas horas, que levan queimadas unhas 600 hectáreas. Empeza a funcionar a aplicación Alume, que permite á cidadanía notificar incidencias relacionadas cos incendios. O dispositivo de loita incorpora tamén, dende este ano, a intelixencia artificial | Celebración, por todo o alto, en Burela, do histórico empate a cero entre España e Cabo Verde. O debut absoluto da selección africana supuxo unha festa de integración e fútbol nunha localidade que alberga a maior comunidade caboverdiana de España. 16-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad