Nova app e intelixencia artificial na loita contra incendios - Telexornal - Galicia | Vexa
Telexornal - Galicia  Unha nova app, chamada Alume, e a intelixencia artificial serán ferramentas clave no novo plan de loita contra os incendios da Xunta

A IA está a ser utilizada para detectar columnas de fume a través de cámaras de vixilancia espalladas por todo o territorio. Desde hai dous anos,...

16/06/2026 00:01:23
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Unha nova app, chamada Alume, e a intelixencia artificial serán ferramentas clave no novo plan de loita contra os incendios da Xunta Telexornal - Galicia - Unha nova app, chamada Alume, e a intelixencia artificial serán ferramentas clave no novo plan de loita contra os incendios da Xunta
Unha nova app, chamada Alume, e a intelixencia artificial serán ferramentas clave no novo plan de loita contra os incendios da Xunta 00:01:23 16/06/2026
Recomendable para todos los públicos
Sinopsis

A IA está a ser utilizada para detectar columnas de fume a través de cámaras de vixilancia espalladas por todo o territorio. Desde hai dous anos, os técnicos de sistemas informáticos da Consellería do Medio Rural veñen adestrando un algoritmo baseado nunha rede neuronal con miles de imaxes e datos co obxectivo de reducir os tempos de reacción dos servizos de emerxencias ante un novo incendio. A Xunta incrementou de 181 a 241 os dispositivos de vixilancia da rede despregada en 2018, con especial atención ás zonas de alto risco. O coordinador de sistemas informáticos da Dirección Xeral, Gustavo Álvarez, detallou que o "sistema aliméntase dunha cantidade inxente de imaxes" e aprende a discernir entre falsas alarmas e incendios reais. Ademais, pode detectar fume "alá onde non chega un ollo experto", incluso a 25 quilómetros de distancia.

Ademais, desde este martes xa se pode descargar unha aplicación para que a cidadanía poida enviar alertas de incendios directamente aos Centros de Coordinación Provinciais de Defensa contra os Incendios Forestais. Chámase Alume e está dispoñible para iOS e Android. Esta app só require que o usuario estea xeolocalizado na contorna visual do incendio e permite subir fotografías, audios e comentarios. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou que se trata de dúas ferramentas "fundamentais" para acelerar a detección dos incendios e reducir os tempos de resposta, que actualmente se sitúan nos 20 minutos de media.

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad