Condena para o loteiro do boleto da primitiva premiada | Novo episodio de calor extrema | Inaugurado o mural máis grande de España, en Baiona
11/06/2026 00:10:03A Audiencia da Coruña condena a tres anos e medio de cadea ao loteiro que quedou co boleto da Primitiva premiado con 5 millóns de euros. Atribúenlle un delicto de estafa agravada, en vez de apropiación indebida. Considera o tribunal que actuou con ánimo de lucro | Novo episodio de calor en Galicia. Hoxe as temperaturas máximas aínda van ser soportables, pero a partir de mañá vaise notar, sobre todo, na provincia de Ourense | Representantes dos gobernos e de empresarios de Asturias, Galicia e Castela e León, reunidos en Santiago, acordan pedir á Comisión Europea que impulse o procedemento aberto contra España pola posible ilegalidade das prórrogas ás concesionarias das autoestradas | Paro total nas empresas do metal da provincia da Coruña, nunha nova xornada de folga. Miles de traballadores cortan o tráfico na Avenida Alfonso Molina | O acusado de entregar a navalla ao autor da puñalada mortal a Yoel Quispe, en decembro de 2023, recoñece que lla deu, pero asegura que o fixo por medo | Inaugúrase en Baiona o que xa é o mural máis grande de España. A artista Lula Goce, natural desta localidade, quixo reflectir a alma mariñeira da vila sobre o muro do espigón, nunha superficie de 1.400 metros cadrados. 11-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado