Telexornal Galicia 15-06-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 15-06-2026

Evolución favorable do incendio de Boborás | Protesta da CIG contra o control de baixas médicas | Burela celebra o partido España - Cabo Verde

15/06/2026 00:25:04
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 15-06-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 15-06-2026
Telexornal Galicia 15-06-2026 00:25:04 15/06/2026
Recomendable para todos los públicos
Sinopsis

O incendio en Boborás, camiño de estabilizarse, xa non representa un perigo para as vivendas. O lume calcinou unha superficie de algo máis de 200 hectáreas no entorno do Alto do Paraño. Segundo a Xunta, a evolución é favorable, aínda que se mantén o nivel dous de emerxencia | Mobilización da CIG contra a modificación do plan de control das baixas médicas para frear o absentismo laboral. Representantes da central nacionalista ocuparon sedes da Xunta e do Sergas nas sete principais cidades | A Xunta aproba o calendario laboral para o ano que vén, con festivos o 19 de marzo, día de San Xosé, e o 17 de maio día das Letras Galegas. Tamén anuncia a adquisición dunha nova sede de representación da administración autonómica na Arxentina | Celebración especial en Burela, ante o partido do Mundial de fútbol entre as seleccións de España e Cabo Verde. Un encontro histórico e convertido en derbi veciñal, no concello coa maior comunidade caboverdiana de España que representa o 10 por cento da súa poboación. 15-06-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad