Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O interventor do tren que descarrilou en Santiago, Antonio Martín Marugán, declarou esta mañá no Xulgado que investiga o accidente. O xuiz considera que a chamada telefónica que lle fixo ao maquinista, instantes antes do sinistro, non foi causa do mesmos // O maquinista Francisco José Garzón escoitou o aviso de proximidade da curva de Angrois mentres falaba por teléfono; así o confirman as gravacións das caixas negras sobre as que a policía científica elaborou un detallado informe que hoxe se fixo público // O paro baixou en Galicia no pasado mes de xullo en máis de 12.000 persoas, o que supón un descenso do 4,5 por cento, un dato que é tres punto mellor que o da media de España. Son as cifras de desemprego máis positivas dun mes de xullo dende 2008.Con esas cifras, segue habendo 900 parados máis que o ano pasado por estas mesmas datas. 02/08/13

O interventor do tren que descarrilou en Santiago, Antonio Martín Marugán, declarou esta mañá no Xulgado que investiga o accidente // O maquinista Francisco José Garzón escoitou o aviso de proximidade da curva de Angrois mentres falaba por teléfono // O paro baixou en Galicia no pasado mes de xullo en máis de 12.000 persoas, o que supón un descenso do 4,5 por cento. 02/08/13

Mañá teremos un tempo moi similar ó de hoxe, pero con menos risco de choiva. Pola mañá haberá máis intervalos de nubes, incluso con algunhas brétemas nas rías. 02/08/13

Segue a investigación sobre o accidente de tren en Santiago. NO Xulgado houbo hoxe xuntanzas con peritos e investigadores e estase a ultimar o informe da policía científica, que podería quedar concluído hoxe mesmo // A recuperacion economica comeza a manifestarse nun aumento de contratacions. Dixoo o presidente da confederacion de empresarios de galicia en tve. Para Jose Manuel Fernandez Alvariño, o interes de varios bancos sobre NGB é bo sinal // O deportivo tén garantido seguir en Segunda División esta temporada tras chegar a un acordo cos acreedores á ultima hora de onte á noite, que o libra do descenso administrativo. A noticia produciu alivio entre, entre futbolistas e afeizón que temia a caída a segunda B. 01/08/13

Segue a investigación sobre o accidente de tren en Santiago. No Xulgado houbo hoxe xuntanzas con peritos e investigadores e estase a ultimar o informe da policía científica, que podería quedar concluído hoxe mesmo // O Congreso dos deputados gardou esta mañá un minuto de silencio en memoria das vítimas // A Xunta aproba o teito de gasto para o ano 2014, que se situa en 8.456 millons de euros, unha cifra similar a deste ano. Foi nun consello que tamén lle deu o visto e prace a un plan contra a seca, en previsión de que escaseen as precipitacións , no remate do verán. 01/08/13

Segue a investigación sobre o accidente de tren en Santiago // O Congreso dos deputados gardou esta mañá un minuto de silencio en memoria das vítimas // A Xunta aproba o teito de gasto para o ano 2014, que se situa en 8.456 millons de euros, unha cifra similar a deste ano. 01/08/13

O tempo vai empeorar, nas próximas horas, nas que as temperaturas comezarán a baixar en toda a comunidade. Un empeoramento ocasionado por unha fronte que empezará a afectarnos directamente a partir desta tarde. 01/08/13

O maquinista do tren falaba por teléfono co interventor no momento do accidente. Na súa declaración ante o xuiz, Franciso José Garzón di que non se explica porqué non freou antes. As caixas negras confirman que ía a 192 quilómetros por hora no tramo previo, e que, logo de activar o freo, no momento da saida da vía, circulaba a 153 quilómetros por hora // Ultimos preparativos en Santiago, no antigo cemiterio e parque de San Domingos de Bonaval para á homenaxe ás vítimas do accidente // Vaise celebrar ás 7 desta tarde coa participacion das primeiras autoridades e forzas políticas e sociais. Tamén os veciños de Angrois..., un profesional que traballou na asistencia, e un familiar das vítimas. 31/07/13

Son os preparativos,en Santiago, no antigo cemiterio do convento de San Domingos de Bonaval e no Parque do mesmo nome para á homenaxe ás vítimas do accidente de tren. Un acto que se vai celebrar esta tarde, ás sete, e no que van participar as primeiras autoridades e as principais forzas políticas e sociais. Tamén os veciños de Angrois..., un profesional que traballou na asistencia, e un familiar das vítimas // O maquinista do tren falaba por teléfono cun controlador de Renfe no momento do accidente. Así o indican as caixas negras, que están xa en poder do xuiz que instrue o caso. Na súa declaración ante o xuiz, o maquinista Franciso José Garzón di que non se explica porqué non freou antes. A caixa negra confirma que ía 192 quilómetros por hora no tramo previo, e que, logo de activar o freo, no momento da saida da vía, circulaba a 153 quilómetros por hora. 31/07/13

Preparativos,en Santiago, no antigo cemiterio do convento de San Domingos de Bonaval e no Parque do mesmo nome para á homenaxe ás vítimas do accidente de tren // O maquinista do tren falaba por teléfono cun controlador de Renfe no momento do accidente. Así o indican as caixas negras, que están xa en poder do xuiz que instrue o caso. 31/07/13

Durante o día de hoxe estase analizando a información que conteñen as caixas negras do tren accidentado en Angrois e que vai aclarar as circunstancias nas que ocorreu o sinistro // O número de feridos no accidente do tren que permanecen hospitalizados vai baixando. Agora quedan ingresados 66 logo de que 3 pacentes foran dados de alta nas ultimas horas. Redúcese tamén o número de feridos en estado crítico, que son actualmente 15, entre eles un neno. 30/07/13

Nesta maleta precintada e custodiada pola policía van as caixas negras do tren accidentado o mércores. Durante o día de hoxe estase analizando a información que conteñen, e que vai aclarar as circunstancias nas que ocorreu o sinistro // A investigación xudicial deberá determinar tamén a quen corresponde a responsabilidade civil para facer fronte ás indemnizacións correspondentes ós familiares das víctimas mortais e ós feridos. Unhas indemnizacións de máis de 60 mil euros por persoa, tento só en conta a póliza de seguros que se adquire co billete // O Parlamento Galego, a Xunta e outras institucións organizarán un acto cívico de homenaxe ás vítimas. A deputación Permanente da Cámara mantivo hoxe unha reunión con ese fin. O acto terá lugar mañá, ás sete da tarde en San Domingos de Bonaval, en Santiago. 30/07/13

Durante o día de hoxe estase analizando a información que conteñen as caixas negras do tren accidentado en Angrois e que vai aclarar as circunstancias nas que ocorreu o sinistro // A investigación xudicial deberá determinar tamén a quen corresponde a responsabilidade civil para facer fronte ás indemnizacións correspondentes ós familiares das víctimas mortais e ós feridos // O Parlamento Galego, a Xunta e outras institucións organizarán un acto cívico de homenaxe ás vítimas. 30/07/13

A zona onde se produciu o acidente de tren en santiago vai recuperando a normalidade . Esta mañá comezaron a circular os primeiros convois pola via 2 do AVE.

O numero de mortos no acidente é de 78 . 6 corpos seguen sen identificar. Son os ultimos datos ofrecidos pola policia cientifica, que destaca a complexidade dos traballos de identificación.

As mostras de dor e de solidariedade coas vítimas non deixan de repetirse.As institucións galegas gardaron hoxe un minuto de silencio diante das instalacións do Parlamento e da Xunta. (29/07/13)

Pouco a pouco vai recuperando a normalidade a zona onde se produciu a traxico acidente de tren o pasado mercores. Esta mañá comezaron a circular os primeiros convois pola via do AVE, a via 2. A outra, a mais proxima ao talude pola que circulaba o tren Alvia sinistrado, segue pechada e prevese que se abra ao trafico mañá sabado.

O numero de mortos no acidente é de 78 persoas. Deles, 6 corpos seguen sen identificar . Son os ultimos datos ofrecidos hai pouco mais de unha hora pola policia cientifica, que destaca a complexidade dos traballos de identificacion. Os familiares da vitimas viven con maxima angustia as horas de espera no edifico CERSIA do concello de santiago, situado no barrio de san lazaro.

Hai 81 persoas hospitalizadas , das que 31 o estan en estado critico. Destas, 3 estan ingresadas nas unidades de coidados intensivos de pediatria. Son os datos ofrecidos hai unha hora pola conslleria de sanidade. (29/07/13)

Pouco a pouco vai recuperando a normalidade a zona onde se produciu a traxico acidente de tren o pasado mercores.

O numero de mortos no acidente é de 78 persoas. Deles, 6 corpos seguen sen identificar . Hai 81 persoas hospitalizadas , das que 31 o estan en estado critico. (29/07/13)

Tempo revolto segundo as prediccións de cara á fin de semana. As nubes e as choivas, moderadas de cara a xornada do domingo, serán as protagonistas nas próximas horas. (29/07/13)

A zona onde se produciu o acidente de tren en santiago vai recuperando a normalidade. Esta mañá comezaron a circular os primeiros convois pola via 2 do AVE // O numero de mortos no acidente é de 78. 6 corpos seguen sen identificar. Son os ultimos datos ofrecidos pola policia cientifica, que destaca a complexidade dos traballos de identificación // As mostras de dor e de solidariedade coas vítimas non deixan de repetirse.As institucións galegas gardaron hoxe un minuto de silencio diante das instalacións do Parlamento e da Xunta. 26/07/13