Na Universidade da Coruña celébrase un congreso sobre criminoloxía no que 400 expertos debaten sobre os novos retos desta ciencia. Preocúpalles a subida das taxas de criminalidade que se está a producir no mundo logo da pandemia. En Galicia tamén, malia que rexistra unha das cifras máis baixas de Europa. Esta disciplina abrangue aspectos como a violencia de xénero, o narcotráfico ou conflitos veciñais.
Os erros detectados nas Probas de Acceso á universidade engaden incerteza no alumnado que espera coñecer os resultados, que se farán públicos mañá | Seguen as mobilizacións do sector do metal da provincia da Coruña nunha nova xornada de folga, a segunda esta semana | A Xunta fai entrega da bandeira azul a 118 praias, 10 máis que en 2025, co que Galicia se consolída como a terceira comunidade con máis areais galardoados | A chegada dunha masa de aire cálido provocará un ascenso das temperaturas nos próximos días, con máximas que poden superar os 30 graos no sur | Dous meses despois da polémica polos tubos metálicos que atravesan as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos, escoitamos as explicacións do arquitecto que dirixiu a intervención. Fernando Cobos defende que é a mellor solución para protexer o edificio da chuvia. 10-06-2026
Segue a influencia das altas presións con tempo seco, e algunhas nubes altas e vento do norte, máis intenso pola tarde. As mínimas seguen en valores frescos, por debaixo dos cinco graos no interior, e as máximas entre os 20 e os 25 graos. 10-06-2026
Os erros detectados nas Probas de Acceso á Universidade engaden incerteza no alumnado que espera coñecer os resultados, que se farán públicos mañá | Aumenta o seguimento da folga no sector do metal da provincia da Coruña, na sua segunda xornada | Galicia mantén unha das taxas de criminalidade máis baixas de Europa, pese a repunta rexistrada logo da pandemia | A chegada dunha masa de aire cálido provocará un ascenso das temperaturas nos próximos días, con máximas por riba dos 30 graos no sur | O arquitecto responsable da polémica reforma do Hostal dos Reis Católicos defende que os tubos metálicos que atravesan as gárgolas son a mellor solución para protexer o edificio. 10-06-2026
Incerteza entre o alumnado que espera coñecer, mañá, os resultados das probas de Acceso á Universidade, ante os erros detectados nalgúns exames. Os reitores defenden o traballo da comisión organizadora, mentres a Xunta aposta por introducir cambios no modelo, e os grupos da oposición acúsana de pretender entrometerse na autonomía universitaria | Aumenta, segundo os convocantes, o seguimento da folga no sector do metal da provincia da Coruña, na sua segunda xornada desta semana | Galicia mantén unha das taxas de criminalidade máis baixas de Europa, pese a repunta rexistrada logo da pandemia. Así o destacan os participantes na Coruña no congreso de Criminoloxía | O arquitecto responsable da polémica reforma do Hostal dos Reis Católicos rompe o seu silencio e defende os tubos metálicos que atravesan as gárgolas. Di que é a mellor solución para protexer o edificio da auga da chuvia. 10-06-2026
ConPlaza é unha aplicación para o móbil que axuda ás persoas a encontrar aparcamento.
O sistema, creado por un mozo pontevedrés, pon en contacto aos usuarios que pactan un prezo para alugar prazas de aparcamento por horas ou días.
Hai xa máis dun cento de persoas rexistradas en Pontevedra. O servizo, que xa está a funcionar noutras cidades, prepárase para chegar aos chamados "leira parking" das praias na tempada de verán.
O arquitecto responsable da polémica reforma do Hostal dos Reis Católicos rompe o seu silencio e defende os tubos metálicos que atravesan as gárgolas. Di que é a mellor solución para protexer o edificio da auga da chuvia. "A mellor solución é necesariamente a menos mala".
Nunha conferencia organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia, respondeu ás críticas que leva meses recibindo e desmontou unha a unha tódalas alternativas posibles. Cre que as gárgolas teñen que manter a súa función orixinal.
O Sergas arranca a campaña de doazón de sangue de cara ás necesidades de verán. O obxectivo, conseguir 400 doazóns por día. O conselleiro de Sanidade asegura que non se pecharán camas hospitalarias no período estival e que se cubrirán as necesidades de atención médica.
No día internacional dos arquivos, visitamos o da catedral de Santiago de Compostela, con xornada de portas abertas e visitas guiadas. As actividades inclúen acceso a depósitos normalmente restrinxidos, e una exposición especial do Códice Calixtino.
O sector do metal volve á folga. Convocan tres xornadas de mobilizacións. Non hai avances na negociación do convenio colectivo, o que crea un conflito que afecta a uns 18.000 traballadores na provincia da Coruña | O Padroado do Parque das Illas Atlánticas estrea presidencia. A ambientalista e divulgadora, Xiana Fernández Albor, sustitúe no cargo a Fernando Garrido, quen estivo case 17 anos | O conselleiro de Sanidade asegura que non se pecharán camas hospitalarias no período estival e que se cubrirán todas as necesidades de atención médica. Así o indicou no anuncio da campaña, por parte do Sergas, para promover a doazón de sangue de cara ás necesidades de verán. O obxectivo, conseguir 400 doazóns por día | Exposición 'A alma de Compostela', que convida a descubrir unha visión pausada e sensible da cidade. A mostra reúne unha escolma de obras do colectivo artístico Lucet, nas que a acuarela ocupa un lugar central. 09-06-2026
Os traballadores do metal volven á folga, na provincia da Coruña, ante o bloqueo na negociación do novo convenio | O Sergas arranca a campaña de doazón de sangue de cara ás necesidades de verán. O obxectivo, conseguir 400 doazóns por día | A Liga de Fútbol premia ao Celta co selo de Transparencia pola calidade da sua xestión económica | No día internacional dos arquivos, visitamos o da catedral de Santiago de Compostela, con xornada de portas abertas e visitas guiadas. 09-06-2026
Galicia recupera progresivamente a influencia das altas presións cunha mañá fresca e con algunhas néboas e nubes baixas, que pola tarde quedarán restrinxidas ao terzo norte, onde máis se notará tamén o descenso dos termómetros. No resto, tarde solleira con temperatura suave. As máximas entre os 19 graos de Ferrol e os 26 de Ourense. 09-06-2026
Os traballadores do metal volven á folga, na provincia da Coruña, ante o bloqueo na negociación do novo convenio. En Ferrol, Santiago e A Coruña, mobilizacións nas rúas e piquetes nos polígonos industriais. Os sindicatos CIG, CCOO e UGT piden melloras económicas, reducción de xornada e medidas para frear a elevada temporalidade no sector | O Sergas arranca a campaña de doazón de sangue de cara ás necesidades de verán. O obxectivo, conseguir 400 doazóns por día. O conselleiro de Sanidade asegura que non se pecharán camas hospitalarias no período estival e que se cubrirán as necesidades de atención médica | A Liga de Fútbol premia ao Celta co selo de Transparencia pola calidade da sua xestión económica. O equipo vigués asegura que non venderá a ningún xogador de cara a próxima temporada | No día internacional dos arquivos, visitamos o da catedral de Santiago de Compostela, con xornada de portas abertas e visitas guiadas. As actividades inclúen acceso a depósitos normalmente restrinxidos, e unha exposición especial do Códice Calixtino. 09-06-2026
A primeira e única cátedra do pan e do cereal de España está en Galicia. Financiada pola Universidade de Santiago de Compostela, máis de 20 investigadores participan no estudo deste alimento esencial. O foco póñeno no pan galego elaborado de forma tradicional.
Son enfermidades pouco coñecidas, difíciles de diagnosticar e que poden condicionar gravemente a vida de quen as padece. As síndromes compresivas vasculares afectan, sobre todo, a mulleres novas e soen convivir con outras patoloxías. Doentes e especialistas reivindican un maior compromiso investigador para mellorar a calidade de vida dos afectados.
Colectivos ambientalistas celebran o Día dos océanos cunha limpeza na praia de Riazor, na Coruña, e coa mensaxe de non contaminar a fonte de vida que son os oceános. A Consellería de Medio Ambiente súmase á proposta e pide conciencia para non contaminar o mar, que baña dous mil cincocentos quilómetros de costa en Galicia
Recepción oficial no Pazo de Raxoi ao Leyma Basquet Coruña, que regresa á máxima categoría do Baloncesto, na que a próxima temporada coincidirá co Breogán de Lugo e o Obradoiro de Santiago | Toma posesión o novo xerente do Sergas, Luis León Mateos, especialista en oncoloxía. Substitúe a José Ramón Parada, cesado tras dous anos no cargo e varias folgas e protestas de facultativos | Hoxe é o día mundial dos Oceános. Distintos colectivos ambientalistas celébrano cunha limpeza na praia de Riazor, na Coruña, e coa mensaxe de non contaminar a fonte de vida que son os oceános | A única cátedra do pan e do cereal de España está en Galicia. Creada pola Universidade de Santiago, mais de 20 investigadores de diferentes disciplinas participan no estudo deste alimento, tan esencial na mesa. O foco póñeno principalmente no pan galego elaborado de forma tradicional. 08-06-2026
Comeza a semana con tempo seco e temperaturas frescas. Pero achégase unha fronte moi pouco activa, cun aumento da nubosidade e probabilidade de orballos na metade norte pola tarde. No resto predominio de nubes e claros. As máximas en lixeiro descenso, entre os 22 graos da Coruña e os 27 de Ourense. 08-06-2026
A Coruña celebra un novo ascenso deportivo, co regreso do Leyma Basquet á Liga Endesa á máxima categoría, onde competirá co Breogán e o Obradoiro | Toma posesión o novo xerente do Sergas, Luis León Mateos. Substitúe a José Ramón Parada, cesado tras dous anos no cargo e varias folgas e protestas de facultativos | Celebración do día mundial dos Océanos con actividades como a retirada de residuos na praia de Riazor, na Coruña | O pan, é o obxecto de estudo dunha cátedra dedicada a este alimento, establecida en Lugo pola Universidade de Santiago. 08-06-2026
A Coruña celebra un novo ascenso deportivo, co regreso do Leyma Basquet á Liga Endesa da ACB, a máxima categoría do Baloncesto, onde competirá esta temporada co Breogán de Lugo e o Obradoiro de Santiago. A confirmación chega tras impoñerse ao Estudiantes nunha final épica | En medio dunha xestión sanitaria marcada pola sucesión de folgas e protestas de colectivos, sobre todo médicos, relevo á fronte do Servizo Galego de Saúde. O oncólogo Luis Ángel León Mateos asume o cargo en sustitución de José Ramón Parada, logo de dous anos de mandato | Celebración do día mundial dos océanos con actividades como a retirada de residuos na praia de Riazor, na Coruña, organizada pola consellería de Medio Ambiente. Greenpeace denuncia a un buque galego por pesca ilegal, nunha zona regulada entre Canarias e Guinea | O pan galego, elaborado de forma tradicional, é o obxecto de estudo da única cátedra dedicada en España a este alimento, establecida en Lugo pola Universidade de Santiago, con máis de 20 investigadores de diferentes disciplinas. 08-06-2026