O Leyma Basquet Coruña regresa á máxima categoría | Toma posesión o novo xerente do Sergas | Día mundial dos Océanos | A cátedra do pan, en Lugo
08/06/2026 00:25:03A Coruña celebra un novo ascenso deportivo, co regreso do Leyma Basquet á Liga Endesa da ACB, a máxima categoría do Baloncesto, onde competirá esta temporada co Breogán de Lugo e o Obradoiro de Santiago. A confirmación chega tras impoñerse ao Estudiantes nunha final épica | En medio dunha xestión sanitaria marcada pola sucesión de folgas e protestas de colectivos, sobre todo médicos, relevo á fronte do Servizo Galego de Saúde. O oncólogo Luis Ángel León Mateos asume o cargo en sustitución de José Ramón Parada, logo de dous anos de mandato | Celebración do día mundial dos océanos con actividades como a retirada de residuos na praia de Riazor, na Coruña, organizada pola consellería de Medio Ambiente. Greenpeace denuncia a un buque galego por pesca ilegal, nunha zona regulada entre Canarias e Guinea | O pan galego, elaborado de forma tradicional, é o obxecto de estudo da única cátedra dedicada en España a este alimento, establecida en Lugo pola Universidade de Santiago, con máis de 20 investigadores de diferentes disciplinas. 08-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado