Polémica política á espera dos resultados da PAU | A criminalidade de Galicia, entre as máis baixas de Europa | Gárgolas do Hostal: fala o arquitecto
10/06/2026 00:23:56Incerteza entre o alumnado que espera coñecer, mañá, os resultados das probas de Acceso á Universidade, ante os erros detectados nalgúns exames. Os reitores defenden o traballo da comisión organizadora, mentres a Xunta aposta por introducir cambios no modelo, e os grupos da oposición acúsana de pretender entrometerse na autonomía universitaria | Aumenta, segundo os convocantes, o seguimento da folga no sector do metal da provincia da Coruña, na sua segunda xornada desta semana | Galicia mantén unha das taxas de criminalidade máis baixas de Europa, pese a repunta rexistrada logo da pandemia. Así o destacan os participantes na Coruña no congreso de Criminoloxía | O arquitecto responsable da polémica reforma do Hostal dos Reis Católicos rompe o seu silencio e defende os tubos metálicos que atravesan as gárgolas. Di que é a mellor solución para protexer o edificio da auga da chuvia. 10-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado