Folga no sector do metal da provincia da Coruña | Campaña de doazón de sangue para o verán | Exposición do colectivo Lucet ‘A alma de Compostela’
09/06/2026 00:10:03O sector do metal volve á folga. Convocan tres xornadas de mobilizacións. Non hai avances na negociación do convenio colectivo, o que crea un conflito que afecta a uns 18.000 traballadores na provincia da Coruña | O Padroado do Parque das Illas Atlánticas estrea presidencia. A ambientalista e divulgadora, Xiana Fernández Albor, sustitúe no cargo a Fernando Garrido, quen estivo case 17 anos | O conselleiro de Sanidade asegura que non se pecharán camas hospitalarias no período estival e que se cubrirán todas as necesidades de atención médica. Así o indicou no anuncio da campaña, por parte do Sergas, para promover a doazón de sangue de cara ás necesidades de verán. O obxectivo, conseguir 400 doazóns por día | Exposición 'A alma de Compostela', que convida a descubrir unha visión pausada e sensible da cidade. A mostra reúne unha escolma de obras do colectivo artístico Lucet, nas que a acuarela ocupa un lugar central. 09-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado