Danos polas treboadas na zona oriental de Ourense | Medidas para controlar o aumento do turismo en autocaravana | Arranca o festival O Son do Camiño
18/06/2026 00:24:53Estradas cortadas, innundacións en vivendas e outros danos polas treboadas nas comarcas orientais da provincia de Ourense. En Viana do Bolo, os veciños recupéranse dos desperfectos ocasionados polas fortes choivas | Coas temperaturas por riba do habitual nesta época, a Xunta presenta unha ferramenta de simulación dos incendios forestais, elaborada en colaboración coa Universidade de Santiago, para axudar aos responsables da extinción a anticipar a evolución do lume | Evitar o descontrol e a masificación, especialmente en areas protexidas. Son medidas anunciadas por concellos coma os do Grove e a Illa de Arousa, ante o auxe do turismo en autocaravana, que aumenta con forza nos últimos anos | Corenta e tres artistas, en tres escenarios, dende esta tarde, ata o sábado. É O Son do Camiño, o festival que arranca no Monte do Gozo, de Santiago, con Katy Perry como cabeza de cartel. 18-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado