O xurado declara culpables aos acusados polo crime de Yoel Quispe | Recuperación das zonas danadas pola treboada en Viana | Empeza o Arde Lucus
19/06/2026 00:24:37O xurado do caso polo crime de Yoel Quispe declara culpables tanto ao mozo que lle asestou a coitelada mortal, na noiteboa de 2023, como ao que lle facilitou a navalla, e considera que nos feitos houbo aleivosía. A Fiscalía mantén a petición de 20 años de cárcere mentres a acusación particular eleva a pena a 25 anos | Remata a quinta folga desta semana dos médicos contra o Estatuto Marco que elabora o Ministerio de Sanidade. Os facultativos manteñen as protestas coa ameaza de repetir as mobilizacións despois do verán | As máquinas traballan para reparar os danos polas treboadas en Viana do Bolo Na aldea da Bouza, a máis afectada, a veciñanza está á espera de que os seguros periten os coches danados pola riada | As tropas imperiais chegan pola ponte romana ante a resistencia dos castrexos, no Arde Lucus que cumpre 25 anos, como festa de recreación do pasado da cidade bimilenaria. Unha cita de interese turístico internacional con múltiples actividades programadas ata o domingo. 19-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado