Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Para moitos, comezan as vacacións. A partir desta tarde ponse en marcha a primeira operación saída do verán, un dispositivo que dará prioridade aos turismos para facilitar a circulación | O maior estudo do ADN galego revela raíces norteafricanas e de Oriente medio na nosa xenética desde tempos dos romanos, moito antes da chegada dos árabes á península. O estudo, da Universidade de Santiago, tamén permite avanzar na medicina personalizada | Logo de tres meses de parón, o polbo galego está a vivir o seu mellor arranque de campaña dende hai anos. Na lonxa de Ribeira, por exemplo, superáronse os 6500 quilos. Os prezos oscilan entre os 11 euros e os 14

Para moitos, comezan as vacacións. A partir desta tarde ponse en marcha a primeira operación saída do verán, un dispositivo que dará prioridade aos turismos para facilitar a circulación | Logo de tres meses de parón, o polbo galego está a vivir o seu mellor arranque de campaña dende hai anos. Na lonxa de Ribeira, por exemplo, superáronse os 6500 quilos. Os prezos oscilan entre os 11 euros e os 14

Para moitos, comezan as vacacións. A partir desta tarde ponse en marcha a primeira operación saída do verán | O maior estudo do ADN galego revela raíces norteafricanas e de Oriente medio na nosa xenética desde tempos dos romanos, moito antes da chegada dos árabes á península | Logo de tres meses de parón, o polbo galego está a vivir o seu mellor arranque de campaña dende hai anos. Na lonxa de Ribeira, por exemplo, superáronse os 6500 quilos

Seguen a subir as temperaturas co anticiclón entrando en forma de cuña pero con baixas térmicas sobre a península que nos deixan de novo un día ventoso sobre todo na costa. Día de nubes e claros e chuvascos que serán máis probables no interior. Mañá seguirá a situación anticiclónica con baixada de temperaturas, máis acusada o domingo pola chegada dunha fronte que deixará moito fresco sobre todo no norte cos termómetros que apenas chegaran aos 20 graos.

Decenas de estudantes fan cola desde a madrugada ás portas das inmobiliarias para conseguir piso en Santiago. Unha cidade con máis de 20.000 estudantes e menos de 500 vivendas ofertadas | Denuncian as condicións nas que tivo que traballar o persoal sanitario de Ourense durante a vaga de calor. Hai plantas do hospital ourensán que carecen de climatización e superaron os 40 graos | Cabalería, oficinas móbiles e colaboración da GNR de Portugal. É o dispositivo da Garda Civil para garantir a seguridade no camiño portugués a Santiago, a ruta xacobea que máis medra | A pintora María Meijide, destacada figura do novo arte feito en Galicia, primeira protagonista da serie Eu Son, dedicada a creadores emerxentes, que hoxe estreamos no Telexornal

Decenas de estudantes fan cola desde a madrugada ás portas das inmobiliarias para conseguir piso en Santiago. Unha cidade con máis de 20.000 estudantes e menos de 500 vivendas ofertadas | Denuncian as condicións nas que tivo que traballar o persoal sanitario de Ourense durante a vaga de calor. Hai plantas do hospital ourensán que carecen de climatización e superaron os 40 graos | Cabalería, oficinas móbiles e colaboración da GNR de Portugal. É o dispositivo da Garda Civil para garantir a seguridade no camiño portugués a Santiago, a ruta xacobea que máis medra

Decenas de estudantes fan cola desde a madrugada ás portas das inmobiliarias para conseguir piso en Santiago | Denuncian as condicións nas que tivo que traballar o persoal sanitario de Ourense durante a vaga de calor, a máis de 40 graos | Cabalería, oficinas móbiles e colaboración da GNR de Portugal. É o dispositivo da Garda Civil para garantir a seguridade no camiño portugués a Santiago | A pintora María Meijide, primeira protagonista da serie Eu Son, dedicada a creadores emerxentes, que hoxe estreamos

As temperaturas volven subir con máximas que superarán os 30 graos polo sur, 35 terán en Ourense e 27 en Santiago. No norte onde os ceos están máis cubertos os termómetros roldarán os 22 graos. Pola tarde crecerán nubes de evolución no sueste, que poden deixar algún chuvasco tormentoso. Á noite os chuvascos iranse xeneralizando nun día de vento forte sobre todo na costa atlántica.

Un morto por atropelo, tres feridos -un deles grave- e seis persoas detidas é o saldo provisional da liorta que se produciu en Ribeira a última hora da tarde de onte. O que prometía ser a celebración dunha pedida de man, acabou nunha pelexa entre dúas familias | O paro baixou en xuño en Galicia en case 4.400 persoas, preto dun 4 por cento respecto de maio. Redúcese en todas as provincias e sectores, con principal protagonismo para o sector servizos | Galicia recibiu máis de dous millóns de turistas no que vai de ano, o que supón un incremento do 4 por cento con respecto a 2024. O impacto económico nestes primeiros cinco meses foi de 118 millóns de euros | Operar un animal, clonar árbores ou medir o nivel de clorofila dunha folla... Son algúns dos obradoiros e experimentos nos que participan un cento de estudantes de ensino medio no campamento Xuvenciencia, no Campus de Lugo

Un morto por atropelo, tres feridos -un deles grave- e seis persoas detidas é o saldo provisional da liorta que se produciu en Ribeira a última hora da tarde de onte. O que prometía ser a celebración dunha pedida de man, acabou nunha pelexa entre dúas familias | O paro baixou en xuño en Galicia en case 4.400 persoas, preto dun 4 por cento respecto de maio. Redúcese en todas as provincias e sectores, especialmente no dos servizos | Galicia recibiu máis de dous millóns de turistas no que vai de ano, o que supón un incremento do 4 por cento con respecto a 2024. O impacto económico nestes primeiros cinco meses foi de 118 millóns

Un morto por atropelo, tres feridos -un deles grave- e seis persoas detidas nunha liorta en Ribeira | O paro baixou en xuño en Galicia en case 4.400 persoas, preto dun 4 por cento respecto a maio | Galicia recibiu máis de dous millóns de turistas no que vai de ano, o que supón un incremento do 4 por cento con respecto a 2024 | Operar un animal, clonar árbores ou medir o nivel de clorofila dunha folla... Son algúns dos obradoiros e experimentos do campamento Xuvenciencia, no Campus de Lugo

Remite a vaga de calor despois de varios días de temperaturas extremas. Unha fronte pouco activa deixa ceos moi cubertos polo norte con algúns orballos e máis despexados no sur. As temperaturas, sobre todo as máximas sufrirán un notable descenso en áreas do interior de máis dez graos. En Lugo, os termómetros quedarán nos 20 graos, temperatura semellante a da Coruña, Santiago ou Ferrol. Nas Rías Baixas chegarán os 27 graos e a 29 en Ourense. Os ventos soprarán do nordés moderados en xeral, fortes no litoral atlántico.

A ordenación do litoral galego é desde hoxe competencia da Xunta, algo que cualifica de feito histórico, e xa anuncia as primeiras medidas. Haberá un trámite único para todas as solicitudes e unha canle de información web e telefónica | Grupo tecnolóxico Indra instalará en Vigo o seu Centro de Excelencia Aeroespacial e de Defensa nun edificio da Zona Franca no centro da cidade | Segue investigándose a orixe da intoxicación alimentaria que afectou a máis de 160 persoas durante un festival en Oza-Cesuras. Unha vintena permanecen ingresados. Todo apunta a un brote de salmonela | Oito horas con Castelao. Un cento de persoas pasan a xornada lendo fragmentos da súa obra. É unha iniciativa do Festival Atlántica de narración oral

A ordenación do litoral galego é desde hoxe competencia da Xunta, que xa anuncia as primeiras medidas. Haberá un trámite único para todas as solicitudes e unha canle de información web e telefónica | Grupo tecnolóxico Indra instalará en Vigo o seu Centro de Excelencia Aeroespacial e de Defensa, nun edificio do centro da cidade | Segue investigándose a orixe da intoxicación alimentaria que afectou a máis de 160 persoas durante un festival en Oza-Cesuras. Unha vintena permanecen ingresados. Todo apunta a un brote de salmonela | En Vigo, comeza a Feira do Libro, na que medra o número de expositores. Unha cita con librarías e editoriais marcada polo inicio das vacacións de verán

A ordenación do litoral galego é desde hoxe competencia da Xunta. Haberá un trámite único para todas as solicitudes | Grupo tecnolóxico Indra instalará en Vigo o seu Centro de Excelencia Aeroespacial e de Defensa no centro da cidade | Unha intoxicación alimentaria afectou a máis de 160 persoas durante un festival en Oza-Cesuras. Unha vintena permanecen ingresados | Oito horas con Castelao. Un cento de persoas pasan a xornada lendo fragmentos da súa obra

O aire cálido empeza a retirarse lentamente cara ao sur, o que fará que as temperaturas descendan. Seguirá altas no interior en Ourense e na montaña e sur de Lugo en alertas porque as temperatura roldarán os 34 a 40 graos. No resto, 26 graos de máxima agárdanse en Santiago e ao redor dos 29 en Pontevedra e Vigo. Na Coruña seguen con máximas de 22 graos nunha tarde na que medrarán nubes de evolución e con ventos do norte na costa que sopraran con intervalos fortes nas rías Baixas.

Exhumación de la fosa de la Guerra Civil de San Vicente de Soutelo (Salceda de Caselas, Pontevedra), emitida el 30 de junio de 2025 en el informativo territorial Telexonal - Galicia. Los investigadores se han centrado en recuperar los restos de siete personas, ejecutadas entre agosto y septiembre de 1936.

Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias

Galicia reclamará ao Goberno central o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo das persoas estranxeiras que queiran traballar na Comunidade. O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para crear unha Oficina contra a Corrupción, un organismo que xa funciona noutras comunidades como Cataluña. Os socialistas acusan ao PP de actuar con hipocrisía, especialmente no caso da denuncia por agresión sexual contra o exconselleiro do Mar | Máis de 115.000... é o número de procedementos tramitados pola xustiza en Galicia no primeiro trimestre de 2024, case un 20% máis que no mesmo período do ano anterior. Ante a crecente sobrecarga, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza urxe a resolver pola vía da negociación | Comezan os traballos de exhumación na igrexa de San Vicente de Soutelo, en Salceda de Casela. Sospeitan que se atopa a primeira fosa común que se vai levantar no termo municipal | O Miño ourensán e o noroeste desa provincia están en alerta 3 por altas temperaturas. Isto supón, por exemplo que non se pode praticar deporte federado no exterior e lembra os consellos para evitar problemas de saúde. Hai outras zonas en alerta dúas | O venres comeza a primeira operación de verán da DGT. Espéranse máis de 400.000 desprazamentos. Talleres mecánicos desbordados pola alta demanda para postas a punto | Fin da gratuidade nos trens de Media Distancia. A partir de mañá os usuarios frecuentes disporán de distintos abonos de desconto | Un policía de Lugo Campión do Mundo de Triatlón. Adrián Ben, cuarto nos 1.500 metros no Campionato de Europa | Cristian Silva saca novo disco. En 'Un hombre tranquilo' rebélase contra o mundo tumultuoso, e faino á xaponesa, porque di que estar tranquilo é o acto máis transgresor nos tempos que corren

Galicia reclamará ao Goberno central o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo das persoas estranxeiras que queiran traballar na Comunidade. O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para crear unha Oficina contra a Corrupción, un organismo que xa funciona noutras comunidades como Cataluña. Os socialistas acusan ao PP de actuar con hipocrisía, especialmente no caso da denuncia por agresión sexual contra o exconselleiro do Mar | O home detido en Vigo por agredir sexualmente a un adolescente nos baños dun centro comercial cumprira condena por violar e asasinar un neno de dous anos e medio, fillo da súa parella, en 1999 | O Val do Miño en Ourense e o noroeste desta provincia están en alerta 3 por altas temperaturas. Isto supón, por exemplo que non se pode practicar deporte federado no exterior. Hai outras zonas en alerta dúas | Hoxe remata a gratuidade nas viaxes de tren de Media Distancia. Os viaxeiros frecuentes pagarán, por primeira vez dende 2022, bonos mensuais, que oscilan entre os 90 e os 200 euros. A xente nova conta con outras bonificacións | Cristian Silva saca novo disco. En 'Un hombre tranquilo' rebélase contra o mundo tumultuoso, e faino á xaponesa, porque di que estar tranquilo é o acto máis transgresor nos tempos que corren

Galicia reclamará ao Goberno central o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo das persoas estranxeiras que queiran traballar na Comunidade | Máis de 115.000... é o número de procedementos tramitados pola xustiza en Galicia no primeiro trimestre de 2024, case un 20% máis que no mesmo período do ano anterior. Ante a crecente sobrecarga, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza urxe a resolver pola vía da negociación | Cristian Silva saca novo disco. En 'Un hombre tranquilo' rebélase contra o mundo tumultuoso, e faino á xaponesa, porque di que estar tranquilo é o acto máis transgresor nos tempos que corren