Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As letras galegas quentan motores. O día celébrase mañá, dedicado á poesía popular oral e personificado nas cantareiras. Unha tradición que se quere transmitir ás novas xeracións | Santiago será a primeira cidade galega en implantar unha taxa turística. Entrará en vigor este verán, e a contía, de entre un euro e dous e medio por persoa, dependerá da categoría do aloxamento | A loita dos adictos ao alcol para deixar a bebida. Historias de autodestrución e como superalo, que nos contaron os integrantes do grupo de recuperación de Alcólicos Anónimos en Ourense | Alleo ao acto de conciliación con Miguel Ángel Revilla, que rematou sen acordo, o rei emérito desfruta das regatas en Sanxenxo. Non acudiu a ese acto en Santander, despois de denunciar ao expresidente cántabro por inxurias

As letras galegas quentan motores. O día celébrase mañá, dedicado á poesía popular oral e personificado nas cantareiras. Unha tradición que se quere transmitir ás novas xeracións | Santiago será a primeira cidade galega en implantar unha taxa turística. Entrará en vigor este verán, e a contía, de entre un euro e dous e medio por persoa, dependerá da categoría do aloxamento | A asociación ecoloxista ADEGA e a plataforma en defensa da Ría de Arousa inician acción legais contra o proxecto de macrocelulosa que Altri pretende instalar en Palas de Rei | Alleo ao acto de conciliación con Miguel Ángel Revilla, que rematou sen acordo, o rei emérito desfruta das regatas en Sanxenxo. Non acudiu a ese acto en Santander, despois de denunciar ao expresidente cántabro por inxurias

As letras galegas quentan motores. O día celébrase mañá, dedicado á poesía popular oral e personificado nas cantareiras | Santiago será a primeira cidade galega en implantar unha taxa turística. Entrará en vigor este verán, e a contía, de entre un euro e dous e medio por persoa | A loita dos adictos ao alcol para deixar a bebida. Historias de autodestrución e cómo superalo, que nos contaron os integrantes do grupo de recuperación de Alcólicos Anónimos en Ourense | Alleo ao acto de conciliación con Miguel Ángel Revilla, o rei emérito desfruta das regatas en Sanxenxo

Galicia recupera a influencia anticiclónica. Os ceos están despexados en xeral, axudados polos ventos do nordés. As temperaturas experimentan un moderado ascenso, sobre todo as máximas, que oscilarán dos 23 graos da Coruña ata os 27 previstos en Pontevedra e Ourense. Tónica que se manterá ata o domingo. Durante a fin de semana vén máis calor, os termómetros superarán os 30 graos en moitos puntos da comunidade.

Galicia activa o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais ante o inicio da tempada de alto risco o 1 de xuño. Sete mil profesionais, 30 medios aéreos e 380 motobombas forman parte do operativo | Incerteza polo futuro de Alcoa, despois de anunciar a empresa que non cumprirá cos prazos acordados para o rearranque da fábrica de aluminio, amparándose agora na apagada eléctrica de hai dúas semanas | Baixada de vodas, bautizos e comuñóns, aumento de visitas a catedral de Santiago. Principais conclusións da memoria de actividade da igrexa católica en Galicia, presentada hoxe nun acto coa presenza de todos os bispos da comunidade | Monicreques, bonecos, sombras chinesas... O Festival Internacional de Títeres toma Redondela estes días, con máis dun cento de espectáculos, en salas e nas rúas. ademais de exposicións, xogos ou obradoiros. O festival cumpre 26 anos

Incerteza polo futuro de Alcoa, despois de anunciar a empresa que non cumprirá cos prazos acordados para o rearranque da fábrica de aluminio, amparándose agora na apagada eléctrica de hai dúas semanas | Baixada de vodas, bautizos e comuñóns, aumento de visitas a catedral de Santiago. Principais conclusións da memoria de actividade da igrexa católica en Galicia, presentada hoxe nun acto coa presenza de todos os bispos da comunidade | Monicreques, bonecos, sombras chinesas... O Festival Internacional de Títeres toma Redondela estes días, con máis dun cento de espectáculos

Galicia activa o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais ante o inicio da tempada de alto risco o 1 de xuño | Incerteza polo futuro de Alcoa, despois de anunciar a empresa que non cumprirá cos prazos acordados para o rearranque da fábrica de aluminio | Igrexa católica: Baixada de vodas, bautizos e comuñóns, aumento de visitas a catedral de Santiago | O Festival Internacional de Títeres toma Redondela estes días, con máis dun cento de espectáculos. O festival cumpre 26 anos

Situación de estabilidade e subida xeral das temperaturas. Xornada de ceos maioritariamente despexados, con nubes de evolución especialmente no interior. En Ourense podería haber algún chuvasco débil. As temperaturas máximas soben, chegando os 22 graos na provincia de Ourense e en Pontevedra.

A plataforma Queremos Galego chama a mobilizarse en Santiago este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas. A manifestación pola Lingua concluirá cunha multitudinaria foliada na Praza do Obradoiro, como homenaxe colectiva ás cantareiras e pandeireteiras. A Xunta confirma menor uso do galego pero non considera que estea en situación de emerxencia | Nova residencia pública de maiores na Coruña doada pola Fundación Amancio Ortega. Aumenta a oferta da rede pública de residencias en 150 prazas | 100.000 doazóns de sangue en 2024, 39 por cada 1.000 habitantes | O seguimento continuado polo mesmo médico de atención primaria reduce a mortaldade | Cinco anos de prisión para un home que agrediu a unha menor de 16 años e dúas detencións por malos tratos con horas diferencia | Operación antidroga no Salnés | O custo de vida subiu un 0’8% no mes de abril, case un 2% respecto a hai un ano | Á venda os billetes para viaxar a partir do 9 de xuño. Renfe reforza o servizo de verán | O tribunal superior de Xustiza suspende cautelarmente o parque eólico de Seselle | Ana Pontón reclama a contratación de 100 psicólogos e fala de "fraude" nas políticas de saúde mental | A USC detecta variantes do ADN relacionadas co TOC | Acabar con bacterias resistentes con antibióticos desenvoltos a través da IA | Podólogo bovino, unha profesión con gran demanda | Axudas a IGNIS pola descarbonización | Comeza Galiciencia en Ourense | Triunfo do Celta ante a Real Sociedade. De vencer o domingo entra matematicamente na competición europea | Cristina Coelho expón a mostra ‘Éveil’

A plataforma Queremos Galego chama a mobilizarse en Santiago este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas | Nova residencia pública de maiores na Coruña doada pola Fundación Amancio Ortega. Aumenta a oferta da rede pública de residencias en 150 prazas | O BNG reclama a contratación de 100 psicólogos e fala de "fraude" nas políticas de saúde mental | Alcoa e Ignis comunican ao comité de empresa que debido á apagada eléctrica non poderán cumprir o compromiso de rearranque das cubas. Di que precisa coñecer as causas do apagamento, e as posibles compensacións | Triunfo do Celta ante a Real Sociedade. De vencer o domingo entra matematicamente na competición europea | Cristina Coelho expón a mostra ‘Éveil’

A plataforma Queremos Galego chama a mobilizarse en Santiago este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas. A manifestación pola Lingua concluirá cunha multitudinaria foliada na Praza do Obradoiro, como homenaxe colectiva ás cantareiras e pandeireteiras | Nova residencia de maiores na Coruña doada pola Fundación Amancio Ortega. Aumenta a oferta da rede pública de residencias en 150 prazas | Triunfo do Celta ante a Real Sociedade por 0-1. De vencer o domingo entra matematicamente na competición europea

Día de ceos con intervalos nubosos, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais, máis probables no interior e en zonas altas. As temperaturas máximas soben algo. Oscilarán entre 17 graos na Coruña e os 21 de Ourense.

Os intereses comúns de Galicia, Asturias e Castela e León enriba da mesa. Os tres presidentes autonómicos manteñen un encontro en Santiago nun foro organizado por Prensa Ibérica e Abanca | Dúas semanas despois do apagamento que nos deixou sen luz nin comunicacións en España e Portugal, coñecemos o plan da Xunta para mellorar a capacidade de resposta ante unha situación así | O Ministerio de Consumo envía á Xunta o mapa das vivendas de uso turístico irregulares na nosa comunidade. Son preto de 10.000, a metade das ofertadas | En Ribadeo, na costa de Lugo, foi detectado un verme depredador do mexillón. Trátase dunha especie orixinaria de Nova Zelandia que pode poñer en risco a produción de moluscos se se converte en invasora | O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago dixitaliza 35 mil negativos das fotos que tirou o cura e profesor Salvador Ares Espada nas súas visitas polas parroquias de Compostela. Son dos anos 70 do século pasado e reflicten a sociedade laica e relixiosa da época

Os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León manteñen un encontro en Santiago nun foro organizado por Prensa Ibérica | Dúas semanas despois do apagamento, coñecemos o plan da Xunta para mellorar a capacidade de resposta ante unha situación así | O Ministerio de Consumo envía á Xunta o mapa das vivendas de uso turístico irregulares na nosa comunidade. Son preto de 10.000, a metade das ofertadas | O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago dixitaliza 35 mil negativos das fotos que tirou o cura e profesor Salvador Ares Espada nas súas visitas polas parroquias de Compostela

Foro Noroeste. Os intereses comúns de Galicia, Asturias e Castela e León enriba da mesa | O plan da Xunta para mellorar a capacidade de resposta ante posibles apagamentos | O Ministerio de Consumo envía á Xunta o mapa das vivendas de uso turístico irregulares en Galicia | Detectado en Ribadeo un verme depredador do mexillón orixinario de Nova Zelandia | O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago dixitaliza 35 mil negativos das fotos que tirou o cura e profesor Salvador Ares Espada

A borrasca situada ao norte perde profundidade co que pola tarde os chuvascos iranse retirando cara o interior. As temperaturas máximas soben. Oscilarán entre os 16 graos en Santiago e os 19 que agardan polo sur. Tempo inestable que se manterá ata o xoves.

La Real Academia Galega dedica el Día das Letras Galegas 2025 a la poesía popular oral, personificado en las ‘cantareiras’. Las más famosas fueron las Pandeireteiras de Mens (Malpica), un grupo mujeres labriegas que desde la década de 1970 actuaron en Europa y América. Muchos de sus cantares aparecen recogidos en el Cancioneiro Popular Galego, considerado la biblia del folclore en Galicia. RTVE Galicia les dedicó en el año 1983 este documental, dirigido por la periodista Tareixa Navaza.

O Consello da Xunta celebrouse en Lugo, onde se aprobou un plan de defensa en colaboración público privada | A oposición reclama un acordo para unha candidatura da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, o organismo que regulará a radio e a televisión autonómica | Os sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade CIG, CSIF, Comisións Obreiras e UGT, reclaman ao conselleiro novas negociacións pola precariedade do sector | A asociación na defensa da Dependencia e Discapacidade cualifica o sistema de avaliacións da Xunta de "chapuza" e lle reclama que retire o procedemento simplificado | Proxecto de residencia cooperativa de maiores | A fiscalía pide 16 anos de prisión para un home de Pontevedra por presunto abuso de catro menores de 16 anos entre os anos 2023 e 2024

O Consello da Xunta celebrouse en Lugo, onde se aprobou un plan de defensa en colaboración público privada | A oposición reclama un acordo para unha candidatura da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, o organismo que regulará a radio e a televisión autonómica | Os sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade CIG, CSIF, Comisións Obreiras e UGT, reclaman ao conselleiro novas negociacións pola precariedade do sector | A asociación na defensa da Dependencia e Discapacidade cualifica o sistema de avaliacións da Xunta de "chapuza" e lle reclama que retire o procedemento simplificado | Achégase o día das letras galegas que este ano homenaxea as cantareiras. Novas xeracións de mulleres collen a testemuña

O Consello da Xunta en Lugo, no que se aprobou un plan aeroespacial en colaboración público privada | A asociación na defensa da Dependencia e Discapacidade descualifica o sistema de avaliacións da Xunta e reclama que retire o procedemento simplificado | A Xunta asume a custodia dos cans de Maceda que causaron feridas a unha muller. A proliferación cans fai máis necesario a súa educación para evitar conflitos | O celta está máis preto de Europa despois da vitoria da fin de semana ante o Sevilla | Achégase o día das letras galegas que este ano homenaxea as cantareiras. Novas xeracións de mulleres collen a testemuña