Vítimas da violencia de xénero contarán os seus casos a nenos e nenas de Bacharelato | 50 millóns en axudas para as empresas afectadas polos aranceis de Trump. Serán máximo dun millón e terán carencias de 4 anos | Un ano da toma de posesión de Rueda tras vencer nas urnas | Unha placa na entrada de Navantia, en Ferrol, conmemora aos 38 traballadores do sector naval represaliados na Guerra Civil | Celebracións do Domingo de Ramos segundo o previsto... Máis difícil vano ter as de hoxe; pendentes do ceo as confrarías e devotos do Cristo Rei e a Virxe de Amargura de Ferrol ou o Cristo das Caídas en Pontevedra | Derrotas do Celta en casa ante o Español, en Primeira, e do Rácing de Ferrol en Segunda. Só o Deportivo conseguiu un empate na súa visita ao Mirandés nun partido marcado pola polémica arbitral | En baloncesto, o Río Breogán perdeu na cancha do Girona por 91 a 85 | A viguesa Esther Navarrete, faise co Campionato de Europa en Ruta por equipos | Boa sorte ao noso compañeiro Ovidio Fernández, cámara durante 37 anos en TVE | Ali Campbell leva aos UB40 a Castrelos
Aumenta a inestabilidade o que se traducirá en ceos máis cubertos e chuvascos fortes con treboadas polo que se activan alertas durante a tarde en boa parte da comunidade. As temperaturas empezan a baixar ás portas dunha fin de semana na que agardamos chuvias intermitentes o sábado e tempo máis seco o domingo con apertura de claros e temperaturas máis suaves
As reservas de turismo para a Semana Santa baixan ata un 30 % polos pronósticos do tempo. Prevense máis de dous millóns de desprazamentos no noroeste. Nunca houbo tantas ofertas de tren en Galicia: 28:000 | Encontro de Alfonso Rueda co presidente de Asturias para estreitar lazos con esa comunidade. Coinciden no debate do financiamento e o reto da perda de poboación. As discrepancias asoman en eidos como a quita da débeda e as políticas de vivienda, especialmente en canto á protección aos propietarios | A intermodal de Santiago estará terminada en maio | BNG e PSdeG piden á Xunta unha estratexia para axudar ao sector vitivinícola fronte aos aranceis de Trump | Unha de cada catro queixas recibidas na Valedora do Pobo son por mor da atención sanitaria. Primeiro encontro desta institución co conselleiro Antonio Gómez Caamaño | Acto de reparación a familiares de represaliados na Guerra Civil. Os restos mortais recuperados nunha fosa común de Bértoa, Carballo, foron entregados este mediodía aos seus descendentes. A partir de agora poderán velalos no cemiterio de San Pedro de Visma da Coruña | Bloque dunha conta bancaria en Vigo por requirimento da policía de EE.UU. O motivo: unha ciberestafa de 200.000 euros a unha multinacional. A xustiza investiga quen abriu a conta, e se houbo suplantación de identidade | Ciberdelincuentes piratean o móbil do alcalde de Boqueixón e piden diñeiro dende o seu número á veciñanza. O concello pide á cidadanía que ignoren as mensaxes e non fagan ningún tipo de envío económico | Catro séculos despois de ser escrito, un profesor da universidade de Santiago atopa, cun colega de Huelva, un manuscrito de Quevedo. Está custodiado en París e non deixa dúbida das malas relacións do célebre escritor co Duque de Olivares. O curioso, é que é a segunda vez que o galego atopa por casualidade un texto do célebre autor do Século de Ouro | Doblete do dine galego nas candidaturas ao festival de Cannes. Competirán pola Palma de Ouro o filme "Sirat", do director galego Oliver Laxe , e "Romería", película da catalana Carla Simón, rodada en Vigo | Galicia ten estes días as cerdeiras en plena floración
As reservas de turismo para a Semana Santa baixan ata un 30 % polos pronósticos do tempo. Prevense máis de dous millóns de desprazamentos no noroeste. Nunca houbo tantas ofertas de tren en Galicia: 28:000 | Unha de cada catro queixas recibidas na Valedora do Pobo son por mor da atención sanitaria. Primeiro encontro desta institución co conselleiro Antonio Gómez Caamaño | Acto de reparación a familiares de represaliados na Guerra Civil. Os restos mortais recuperados nunha fosa común de Bértoa, Carballo, foron entregados este mediodía aos seus descendentes. A partir de agora poderán velalos no cemiterio de San Pedro de Visma da Coruña | Catro séculos despois de ser escrito, un profesor da universidade de Santiago atopa, cun colega de Huelva, un manuscrito de Quevedo. Está custodiado en París e non deixa dúbida das malas relacións do célebre escritor co Duque de Olivares. O curioso, é que é a segunda vez que o galego atopa por casualidade un texto do célebre autor do Século de Ouro
As reservas de turismo para a Semana Santa baixan ata un 30 % polos pronósticos do tempo. Prevense máis de dous millóns de desprazamentos no noroeste. Nunca houbo tantas ofertas de tren en Galicia: 28:000 | Encontro de Alfonso Rueda co presidente de Asturias para estreitar lazos con esa comunidade. Coinciden no debate do financiamento e o reto da perda de poboación. As discrepancias asoman en eidos como a quita da débeda e as políticas de vivienda, especialmente en canto á protección aos propietarios | BNG e PSdeG piden á Xunta unha estratexia para axudar ao sector vitivinícola fronte aos aranceis de Trump | Unha de cada catro queixas recibidas na Valedora do Pobo son por mor da atención sanitaria. Primeiro encontro desta institución co conselleiro Antonio Gómez Caamaño | Ciberdelincuentes piratean o móbil do alcalde de Boqueixón e piden diñeiro dende o seu número á veciñanza. O concello pide á cidadanía que ignoren as mensaxes e non fagan ningún tipo de envío económico | Galicia ten estes días as cerdeiras en plena floración
Os restos da borrasca Olivier traerán de novo a volta das chuvias para mañá no inicio das vacacións de Semana Santa. Hoxe aumentará a inestabilidade con posibilidade dalgún chuvasco illado no interior agora pola tarde. As temperaturas, un pouco máis baixas, aínda deixarán valores máximos altos para esta época do ano. Oscilarán entre os 23 graos previstos en Ferrol e os 32 de Ourense,
Protestas por toda Galicia das traballadoras de residencias de maiores públicas e privadas. Denuncian falla de medios materiais e humanos, a psiquiatrización destes centros e malas condicións laborais. En Galicia hai máis de 22.000 prazas para maiores, tres de cada catro, públicas | A Illa de Arousa pon couto á circulación de vehículos de persoas non residentes. O plan da nova mobilidade está en marcha, de momento en probas | O Sergas pecha as unidades de atención os doentes de COVID persistente. A medida afecta a unhas 77.000 persoas en Galicia que tras padecer a enfermidade sofren síntomas de diversa índole que precisan de equipos pluridisciplinares. Serán atendidos como doentes crónicos | ‘Feriópolis' é o nome da cidade gobernada por nenos no último libro de Ledicia Costas. Con el, a escritora suma o premio Barco de Vapor, un dos galardóns de literatura infantil máis importante da fala hispana. Na nova obra aborda aspectos de fondo social
Protestas por toda Galicia das traballadoras de residencias de maiores públicas e privadas. Denuncian falla de medios materiais e humanos, a psiquiatrización destes centros e malas condicións laborais. En Galicia hai máis de 22.000 prazas para maiores, tres de cada catro, públicas | Os traballadores do SEPE denuncian un colapso no servizo debido á falta de persoal e a un novo programa informático que dificulta os trámites das prestacións como a do desemprego | A partir de agora tódalas localidades de máis de 5000 habitantes deberán dedicar a lo menos un 8% do seu solo á construción de vivenda protexida | Entran en vigor os descontos da AP53 entre Santiago e Dozón. A partir de hoxe os traxectos de volta son gratuítos se se realizan no mesmo día | A DXT prevé dous millóns de desprazamentos en Semana Santa. Mañá comeza o dispositivo especial ata o 21 de abril | A Illa de Arousa pon couto á circulación de vehículos de persoas non residentes. O plan da nova mobilidade está en marcha, de momento en probas | Prohibidas as queimas particulares a partir de hoxe ata novo aviso | O Sergas pecha as unidades de atención os doentes de COVID persistente. A medida afecta a unhas 77.000 persoas en Galicia que tras padecer a enfermidade sofren síntomas de diversa índole que precisan de equipos pluridisciplinares. Serán atendidos como doentes crónicos | Segundo desprendemento dun teito no hospital de Ourense nunha semana | Os médicos forenses de Galicia reclaman gardas dun máximo de 24 horas, como as que teñen no resto do Estado español. Arestora as súas son de 168 horas, unha semana completa | Mulleres musulmás galegas denuncian a discriminación que viven na contorna | ‘Feriópolis' é o nome da cidade gobernada por nenos no último libro de Ledicia Costas. Con el, a escritora suma o premio Barco de Vapor, un dos galardóns de literatura infantil máis importante da fala hispana. Na nova obra aborda aspectos de fondo social
Protestas por toda Galicia das traballadoras de residencias de maiores públicas e privadas. Denuncian falla de medios materiais e humanos, a psiquiatrización destes centros e malas condicións laborais. En Galicia hai máis de 22.000 prazas para maiores, tres de cada catro, públicas | A Illa de Arousa pon couto á circulación de vehículos de persoas non residentes. O plan da nova mobilidade está en marcha, de momento en probas | A Xunta declarará A Coruña mercado residencial tensionado, se cumpre coa normativa, ainda que están en contra desta cualificación
Máximas que mesmo poden superar os 31 graos en Ourense. No resto roldarán os 28 graos tanto nas rías Baixas, como en Santiago ou Lugo. A Coruña quedará arredor dos 24. Ceos con máis nubes que non impiden o paso do sol a partir de mañá aumentará a inestabilidade.
Galicia adquire as competencias sobre o litoral. Había 17 anos, dende o goberno do bipartito, que a nosa comunidade non asumía novos poderes. Un traspaso logo de dous anos de negociacións e unha confrontación entre a administración do Estado e a autonómica pola Lei do litoral, resolta polo Tribunal Constitucional a favor da Xunta | A asociación ‘Non Fumadores’ denuncia incumprimentos da lei antitabaco incluso en lugares especialmente sensibles coma os arredores dos hospitais | A Illa de Arousa autorizada para colgar 12 mallas de engorde de ameixas no espigón do porto do Xufre. Un proxecto piloto da confraría obtivo moi bos resultados | A Real Academia Galega estrea nas redes o documental por capítulos "Se canto é porque quero". A miniserie introdúcenos no mundo das Cantareiras, figura á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Galicia adquire as competencias sobre o litoral. Había 17 anos, dende o goberno do bipartito, que a nosa comunidade non asumía novos poderes. Un traspaso logo de dous anos de negociacións e unha confrontación entre a administración do Estado e a autonómica pola Lei do litoral, resolta polo Tribunal Constitucional a favor da Xunta | Rueda solicita que o Parlamento convoque o debate do Estado da autonomía despois de Semana Santa para un debate amplio sobre os modelos de sanidade e industria para Galicia | Rematado o búnker de protonterapia que empezará a funcionar despois do verán | A asociación ‘Non Fumadores’ denuncia incumprimentos da lei antitabaco incluso en lugares especialmente sensibles coma os arredores dos hospitais | A Fiscalía pide máis de quince anos de cárcere para dous homes acusados de agredir sexualmente a unha muller nun piso en Vigo | Investígase a desaparición dunha viguesa de 41 anos, protexida por unha orde de afastamento daá súa ex-parella | A Audiencia de Pontevedra ordena reabrir o caso do accidente do Marisquiño | A CIG esixe un plan galego de recuperación económica e social | En Sargadelos todos os traballadores volveron aos seus postos na fábrica de cerámica de Cervo | Abril é o momento de preparar os xardíns e nos viveiros dispáranse as vendas. Galicia é unha potencia na produción de flor e planta ornamental, un sector que factura 82 millóns de euros anuais | A Illa de Arousa autorizada para colgar 12 mallas de engorde de ameixas no espigón do porto do Xufre. Un proxecto piloto da confraría obtivo moi bos resultados | O Tribunal superior de Xustiza de Galicia rexeita a paralización cautelar da ampliación da balsa de barros vermellos de Alcoa en Xove | Goleada da selección española feminina de fútbol a Portugal. Gañou por sete a un en Balaídos | A Real Academia Galega estrea "Se canto é porque quero", unha serie documental dedicada ao mundo das Cantareiras
Galicia adquire as competencias sobre o litoral. Había 17 anos, dende o goberno do bipartito, que a nosa comunidade non asumía novos poderes. Un traspaso logo de dous anos de negociacións e unha confrontación entre a administración do Estado e a autonómica pola Lei do litoral, resolta polo Tribunal Constitucional a favor da Xunta Xunta | Rueda solicita que o Parlamento convoque o debate do Estado da autonomía despois de Semana Santa para un debate amplio sobre os modelos de sanidade e industria para Galicia | A asociación ‘Non Fumadores’ denuncia incumprimentos da lei antitabaco incluso en lugares especialmente sensibles coma os arredores dos hospitais | A Audiencia de Pontevedra ordena reabrir o caso do accidente do Marisquiño | En Sargadelos todos os traballadores volveron aos seus postos na fábrica de cerámica de Cervo | A CIG esixe un plan galego de recuperación económica e social | Goleada da selección española feminina de fútbol a Portugal. Gañou por sete a un en Balaídos
Con subas de ata catro graos, os termómetros poden chegar aos 29 graos en Ourense, con temperaturas máximas que en xeral en toda a comunidade superarán os 25 graos dende o norte ao sur. Tempo seco e solleiro que se manterá ata o xoves, cando se agarda que volvan as treboadas
Prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido polo crime do Bolo. O marido da vítima enfróntase aos delitos de homicidio e maltrato habitual con agravante de parentesco | Sargadelos máis preto de retomar a actividade en Cervo. A Consellería de Emprego comprométese a apoiar á empresa en caso de ter que levar a cabo obras nas instalacións declaradas Ben de Interese Cultural. Non se concretan datas ni medidas | Galicia produce a metade da pedra que se extrae en España. O sector acusa unha baixada da demanda de aproximadamente un 10 por cento. Din que se constrúe menos e que hai máis países nos que se elabora a pedra | Jennifer López comezará a súa xira por España en Pontevedra. Será o martes 8 de xullo no parque de Tafisa. Presentará o seu último traballo "Up all night". As redes sociais ferven cos fans da cantante que leva máis de 80 millóns de discos vendidos ao longo da súa carreira
Prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido polo crime do Bolo. O marido da vítima enfróntase aos delitos de homicidio e maltrato habitual con agravante de parentesco. Autoridades e expertos insisten na necesidade de denunciar | O Partido Popular rexeita en solitario facer pública a totalidade das listas de espera sanitarias en Galicia como pide o BNG co apoio do Partido Socialista e Democracia Ourensana | O Plan Estratéxico da Xuventude contempla 133 medidas para os vindeiros 3 anos | Sargadelos máis preto de retomar a actividade en Cervo. A Consellería de Emprego comprométese a apoiar á empresa en caso de ter que levar a cabo obras nas instalacións declaradas Ben de Interese Cultural. Non se concretan datas ni medidas | Galicia produce a metade da pedra que se extrae en España. O sector acusa unha baixada da demanda de aproximadamente un 10 por cento. | Concentración nos xulgados de Santiago de afectadas polo anticonceptivo Essure, un método que ocasionou graves efectos secundarios a un millón de mulleres en todo o mundo | Premios Stephen Hawking do Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Este ano, a madriña é a investigadora Marisol Soengas | A selección feminina de fútbol busca repetir esta tarde en Balaídos a vitoria do pasado venres ante Portugal. Defende o título da Liga de Nacións. Na alineación figuran nove das gañadoras da última Copa do Mundo | Teresa Portela renuncia a presentarse ao selectivo nacional. Os novos requirimentos da Real Federación Española obrigaríanlle a vivir en Sevilla. Tamén critica que leva sen adestrador dende outubro | Museos e bibliotecas tiran do moderado aumento da actividade cultural en 2024 segundo o barómetro do Consello da Cultura | Jennifer López comezará a súa xira por España en Pontevedra. Será o martes 8 de xullo no parque de Tafisa. Presentará o seu último traballo "Up all night". As redes sociais ferven cos fans da cantante que leva máis de 80 millóns de discos vendidos ao longo da súa carreira
Prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido polo crime do Bolo. O marido da vítima enfróntase aos delitos de homicidio e maltrato habitual con agravante de parentesco. Autoridades e expertos insisten na necesidade de denunciar | O Partido Popular rexeita en solitario facer pública a totalidade das listas de espera sanitarias en Galicia como pide o BNG co apoio do Partido Socialista e Democracia Ourensana | Galicia produce a metade da pedra que se extrae en España. O sector acusa unha baixada da demanda de aproximadamente un 10 por cento. Din que se constrúe menos e que hai máis países nos que se elabora a pedra | Sargadelos máis preto de retomar a actividade en Cervo. A Consellería de Emprego comprométese a apoiar á empresa en caso de ter que levar a cabo obras nas instalacións declaradas Ben de Interese Cultural. Non se concretan datas ni medidas | A selección feminina de fútbol busca repetir esta tarde en Balaídos a vitoria do pasado venres ante Portugal. Defende o título da Liga de Nacións. Na alineación figuran nove das gañadoras da última Copa do Mundo | Jennifer López comezará a súa xira por España en Pontevedra. Será o martes 8 de xullo no parque de Tafisa. Presentará o seu último traballo "Up all night". As redes sociais ferven cos fans da cantante que leva máis de 80 millóns de discos vendidos ao longo da súa carreira
Ceos despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas máximas soben. Oscilarán entre os 21 graos previstos en Santiago aos 27 que agardan en Ourense. O vento sopra frouxo en xeral, moderado no litoral norte. Tempo estable con poucos cambios ata o mércores.
Minutos de silencio por Josefa, primeira muller morta pola violencia de xénero este ano en Galicia. Non figuraba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero, o vioxén. No cuartel do Barco de Valdeorras está detido en relación co crime o seu home | Alfonso Rueda di que a manifestación a prol da sanidade pública está moi politizada e a oposición acúsalle de non escoitar á xente e apóiase en datos |Santiago acolle un foro de profesionais para prevenir e detectar casos de abusos sexuais na infancia coincidindo coa detención en Ribeira dun home acusado de distribiur pornografía infantil | Triunfo do fútbol galego a fin de semana. O Celta celebra a permanencia virtual, mentres o Dépor acurta distancia para p playoff de ascenso. Pendentes este serán do Racing de Ferrol en Elche. En Balaídos hoxe, adestramento das xogadoras da selección cara ao partido da Liga das Nacións mañá contra Portugal
Minutos de silencio por Josefa, primeira muller morta pola violencia de xénero este ano en Galicia. Non figuraba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero, o vioxén. No cuartel do Barco de Valdeorras está detido en relación co crime o seu home. É a vítima 73 da violencia de xénero en Galicia dende que hai rexistros | Alfonso Rueda di que a manifestación a prol da sanidade pública está moi politizada e a oposición acúsalle de non escoitar á xente e apóiase en datos | Santiago acolle un foro de profesionais para prevenir e detectar casos de abusos sexuais na infancia coincidindo coa detención en Ribeira dun home acusado de distribiur pornografía infantil | Doce anos e medio de prisión para a muller que matou a Leticia Sanabria en Valdeorras hai catro anos. O xurado popular considera probado que a asfixiou co agravante de abuso de superioridade | Sindicatos solicitan una reunión urxente con Inspección de Traballo para abordar a situación da fábrica de Sargadelos de Cervo. Por carto día os traballadores non puideron traballar no que é un peche irregular | Campaña da DGT de control de velocidade en Galicia nos días previos á Semana Santa | Das 21 persoas que morreron afogadas en España en marzo, oito perderon a vida en Galicia. É o cuarto peor inicio de ano dende que hai estadísticas | Triunfo do fútbol galego a fin de semana. O Celta celebra a permanencia virtual, mentres o Dépor acurta distancia para p playoff de ascenso. Pendentes este serán do Racing de Ferrol en Elche. En Balaídos hoxe, adestramento das xogadoras da selección cara ao partido da Liga das Nacións mañá contra Portugal | Sabela Cereijo presentará en formato acústico o seu terceiro disco "Todo lo que te no te dije"