Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta investirá 320 millóns para impulsar o comercio local e con el revitalizar os municipios. Poderán beneficiarse 32.000 establecementos que dan emprego a máis de 100.000 persoas | PSOE e BNG denuncian que a Consellería de Sanidade improvisa e o noso sistema de saúde se deteriora | O cancro de colon é o tumor máis común en Galicia e o segundo en mortalidade pero só a metade das persoas incluídas no programa de detección precoz se fai as probas | Galicia lidera a investigación en España contra a lipodistrofia, enfermedades do tecido adiposo que poden ter graves consecuencias fisiolóxicas | A fiscalía pide 2 anos de cadea e inhabilitación para os propietarios da mina de Touro | Unións Agrarias denunciará os contratos ofertados polas industrias lácteas por suposto abuso de posición dominante | Máis de 20 accidentes de moto a pasada fin de semana | O problema das toalliñas húmidas na rede de saneamento leva ao concello ourensán de Barbadás a facer un chamamento á cidadanía | Día Mundial para visibilizar á comunidade trans e denunciar as discriminacións e ataques que sofren | Moitas comisión de festas en risco de desaparecer por falta de relevo e, con elas, os correspondentes festexos | O Racing volve perder, esta vez fronte ao Deportivo. Un derbi que non estivo exento de polémica | Vigo insta a Rueda a que esixa a publicación das puntacións candidatas ás sedes do Mundial | “A paisaxe que me acompaña”, unha exposición que atopa un fío que une Arzúa, León e Senegal

A Xunta investirá 320 millóns para impulsar o comercio local e con el revitalizar os municipios. Poderán beneficiarse 32.000 establecementos que dan emprego a máis de 100.000 persoas | PSOE e BNG denuncian que a Consellería de Sanidade improvisa e o noso sistema de saúde se deteriora | A fiscalía pide 2 anos de cadea e inhabilitación para os propietarios da mina de Touro | Unións Agrarias denunciará os contratos ofertados polas industrias lácteas por suposto abuso de posición dominante | Máis de 20 accidentes de moto a pasada fin de semana | Moitas comisión de festas en risco de desaparecer por falta de relevo e, con elas, os correspondentes festexos | O Racing volve perder, esta vez fronte ao Deportivo. Un derbi que non estivo exento de polémica | “A paisaxe que me acompaña”, unha exposición que atopa un fío que une Arzúa, León e Senegal

A fin de semana seguiremos con tempo seco e solleiro. Hoxe pola tarde irán entrando nubes baixas desde o norte que poden deixar precipitacións febles no extremo norte nas últimas horas do día. As temperaturas, algo máis baixas polo norte hoxe, pero en xeral sen moitos cambios. O domingo mesmo poden subir e acadar os 25 graos polas Rías Baixas.

Arrancan en Vigo os días grandes da festa que conmemora a expulsión dos franceses | Atunlo, a maior comercializadora de túnidos de España, con sede en Vigo, vai á liquidación ao non chegar un acordo cos case 300 acredores | Aumentan os ingresos hospitalarios dende a pandemia. En 2023 houbo case 300.000 altas de pacientes, un 5,5 por cento máis que o ano anterior | Jenni Hermoso non estará en Balaídos no partido da Selección feminina contra Portugal para a Liga das Nacións

Arrancan en Vigo os días grandes da festa que conmemora a expulsión dos franceses. Escenificacións históricas e o propio de toda festa: música e comida | Atunlo, a maior comercializadora de túnidos de España, con sede en Vigo, vai á liquidación ao non chegar un acordo cos case 300 acredores. Os responsables din que buscarán vías para que a actividade continúe | Aumentan os ingresos hospitalarios dende a pandemia. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, en 2023 houbo case 300.000 altas de pacientes, un 5,5 por cento máis que o ano anterior | Jenni Hermoso non estará en Balaídos no partido da Selección feminina contra Portugal para a Liga das Nacións. A seleccionadora nacional deu a coñecer a súa lista de convocadas no propio estadio

Arrancan en Vigo os días grandes da festa que conmemora a expulsión dos franceses. Escenificacións históricas, música e comida | Atunlo, a maior comercializadora de túnidos de España, vai á liquidación ao non chegar un acordo cos acredores. Os responsables din que buscarán vías para que a actividade continúe | Aumentan os ingresos hospitalarios dende a pandemia. En 2023 houbo case 300.000 altas de pacientes, un 5,5 por cento máis que o ano anterior | Jenni Hermoso non estará en Balaídos no partido da Selección feminina contra Portugal para a Liga das Nacións

Continuamos con tempo seco, con alternancia de nubes e claros. Pola tarde, posibilidade dalgún chuvasco illado na provincia de Ourense. Temperaturas sen cambios ou con lixeiros ascensos. As máximas volverán quedar en valores moi agradables entre os 17 graos previstos na Coruña e os 21 que agardan en Ourense.

Brigadas da Xunta e da UME reforzan a colaboración na loita contra os incendios forestais | Case dous meses despois da grave agresión a persoal do CHUAC, os traballadores da área sanitaria Coruña-Cee volven protestar pola inseguridade no seu traballo. Piden un calendario de medidas concretas. O conselleiro di que se traballa no asunto | Cangas decide non solicitar bandeiras azuis para investir en socorristas en máis praias | Derrota agridoce do Baxi Ferrol no partido de ida da final da Eurocup por 3 puntos. A volta será o 2 de abril ao norte de Francia

Case dous meses despois da grave agresión a persoal do CHUAC, os traballadores da área sanitaria Coruña-Cee volven protestar pola inseguridade no seu traballo. Piden un calendario de medidas concretas. O conselleiro di que se traballa no asunto | Moaña conta cunha UVI móbil máis pero de momento non se valora restituir o servizo do PAC | Traballadores do SAF piden á xestión directa do servizo por parte da Xunta | Brigadas da Xunta e da UME reforzan a colaboración na loita contra os incendios forestais | Cangas decide non solicitar bandeiras azuis para investir en socorristas en máis praias | Impacto da visita de Henry Cavill na proxección internacional da tenreira rubia galega | Derrota agridoce do Baxi Ferrol no partido de ida da final da Eurocup por 3 puntos. A volta será o 2 de abril ao norte de Francia

Baixas temperaturas nocturnas que durante o día chegan aos 22 graos e medio en Leiro, Ourense, roldando en boa parte da comunidade os 20 graos. O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos moderados entre Bares e Fisterra

A asociación Ponte nas Ondas, dedicada a difundir o patrimonio inmaterial galego-portugués a través das radios escolares, cumpre 30 anos... RNE participa no maratón radiofónico desenvolto en máis de 60 centros educativos de Galicia e Portugal | Rueda pecha o debate medioambiental por Altri e defende a macrocelulosa proxectada en Palas de Rei como fonte de riqueza pra Galicia. A oposición acúsao de implantar unha industria contraria ás medidas fronte ao cambio climático, que provocará perda de emprego noutros sectores e requerirá dunha gran inversión con diñeiro público | Particulares e organizacións acusan á Xunta de Galicia de inacción ante a contaminación do encoro das Conchas pola actividade intensiva gandeira e aviar. Por primeira vez en Europa, xulgaráse ese impacto nos recursos hídricos dende a perspectiva de dereitos fundamentais das persoas | Nas horas previas ao partido de ida da final da Eurocup do Baxi Ferrol palpamos as sensacións no equipo. O pabillón da Malata estará cheo e hai pantallas instaladas fóra para os que non conseguiron entradas

Rueda pecha o debate medioambiental por Altri e defende a macrocelulosa proxectada en Palas de Rei como fonte de riqueza pra Galicia. A oposición acúsao de implantar unha industria contraria ás medidas fronte ao cambio climático, que provocará perda de emprego noutros sectores e requerirá dunha gran inversión con diñeiro público | Europa declara de interese estratéxico o proxecto de extracción de Litio en Doade, no concello de Beariz. Pretende obter unhas 90.000 toneladas ao ano dun mineral necesario na fabricación de baterías recargables. Un proxecto cuestionado por grupos ecoloxistas | Particulares e organizacións acusan á Xunta de Galicia de inacción ante a contaminación do encoro das Conchas pola actividade intensiva gandeira e aviar. Por primeira vez en Europa, xulgaráse ese impacto nos recursos hídricos dende a perspectiva de dereitos fundamentais das persoas | Comeza en Silleda SEDEXPO, a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias | Peches e protestas dos veterinarios de toda Galicia pola norma de administración de antibióticos | A asociación Ponte nas Ondas, dedicada a difundir o patrimonio inmaterial galego-portugués a través das radios escolares, cumpre 30 anos... RNE participa no maratón radiofónico desenvolto en máis de 60 centros educativos de Galicia e Portugal | O Foro Innova enche de proxectos innovadores a Cidade da Cultura, en Santiago. Propostas punteiras dos centros de Formación Profesional coas que os visitantes poden interactuar | Nas horas previas ao partido de ida da final da Eurocup do Baxi Ferrol palpamos as sensacións no equipo. O pabillón d Malata estará cheo e hai pantallas instaladas fóra para os que non conseguiron entradas

Rueda pecha o debate medioambiental por Altri e defende a macrocelulosa proxectada en Palas de Rei como fonte de riqueza pra Galicia. A oposición acúsao de implantar unha industria contraria ás medidas fronte ao cambio climático, que provocará perda de emprego noutros sectores e requerirá dunha gran inversión con diñeiro público | Europa declara de interese estratéxico o proxecto de extracción de Litio en Doade, no concello de Beariz | Particulares e organizacións acusan á Xunta de Galicia de inacción ante a contaminación do encoro das Conchas pola actividade intensiva gandeira e aviar | Comeza en Silleda SEDEXPO, a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias | A asociación Ponte nas Ondas, dedicada a difundir o patrimonio inmaterial galego-portugués a través das radios escolares, cumpre 30 anos

Ceos parcialmente nubrados e con algúns chuvascos no terzo norte ao comezo evolucionando con claros. As temperaturas máximas seguen a subir. Oscilarán entre os 15 graos previstos na Coruña e os 20 que agardan en Ourense e Pontevedra. O vento soprará do nordés moderado no litoral, frouxo no resto.

O teléfono da Xunta de atención á soidade non desexada, comezará funcionar este ano. En Galicia hai unas 240 mil personas nesa situación | Galicia innova coa primeira lei de intelixencia artificial de Europa. A oposición apoia a norma pero acusa á Xunta de perseguir máis o titular de ser os primeiros que unha boa lei | Unha comisión independente analizará o proceso de selección das sedes pro Mundial de Fútbol de 2030. A Federación di que se empregaron ao menos 5 documentos técnicos e carga contra o Consello Superior de deportes. Abel Caballero segue a reclamar transparencia | A cor negra é o fio condutor dunha exposición de pinturas e esculturas a patir de materiais sorprendentes. Unha mostra que nunca é a mesma...muda

Alfonso Rueda confirma que o proxecto de Altri é unha macrocelulosa. Sustenta as declaracións da conselleira de medio ambiente, que comparou dito proxecto coa celulosa de Ence na ría de Pontevedra | Galicia innova coa primeira lei de intelixencia artificial de Europa. A oposición apoia a norma pero acusa á Xunta de perseguir máis o titular de ser os primeiros que unha boa lei | Xuízo en Lugo a unha muller por presuntamente prostituir a súa filla menor de idade. Tamén está acusado un home octoxenario que supostamente pagaba por manter relacións sexuais non consentidas coa pequeña | O teléfono da Xunta de atención á soidade non desexada comezará a funcionar este ano. En Galicia hai unas 240 mil personas nesa situación | Unha comisión independente analizará o proceso de selección das sedes pro Mundial de Fútbol de 2030. A Federación di que se empregaron ao menos 5 documentos técnicos e carga contra o Consello Superior de deportes. Abel Caballero segue a reclamar transparencia |O Sindicato Policial SUP aporta un video no que tres axentes resultan feridos durante unha intervención en Pontevedra. Din que as agresións son cada vez máis habituais | Preto de dous mil nenos celebraron hoxe en Vigo a Reconquistiña a golpe de tambor | Premios de Narrativa San Clemente; os estudantes do IES Rosalía de Castro fixeron a súa selección… | A cor negra é o fio condutor dunha exposición de pinturas e esculturas a patir de materiais sorprendentes. Unha mostra que nunca é a mesma...muda

Alfonso Rueda confirma que o proxecto de Altri é unha macrocelulosa. Sustenta as declaracións da conselleira de medio ambiente, que comparou dito proxecto coa celulosa de Ence na ría de Pontevedra | Galicia innova coa primeira lei de intelixencia artificial de Europa. A oposición apoia a norma pero acusa á Xunta de perseguir máis o titular de ser os primeiros que unha boa lei | O teléfono da Xunta de atención á soidade non desexada, comezará funcionar este ano. En Galicia hai unas 240 mil personas nesa situación |Pronunciamento do Supremo que favorece a 64 parques eólicos pendentes de recurso xudicial. A última palabra virá de Europa | A cor negra é o fio condutor dunha exposición de pinturas e esculturas a patir de materiais sorprendentes. Unha mostra que nunca é a mesma...muda

Todavía con ceos máis nubrados ao norte e aínda con algún chuvasco feble. A tendencia é que as temperaturas vaian subindo e o tempo sexa seco. As máximas oscilaran entre os 10 graos previstos en Lugo e os 15 polas Rías Baixas. Cambia o tempo por unha borrasca atlántica

A borrasca Martinho retírase logo de cinco días de alertas meteorolóxicas. Na Coruña mantense o dispositivo de busca dun home que caeu ao mar nas inmediacións da Torre de Hércules. Tamén en Sada, efectivos de Policía Local e Salvamento buscan a unha muller octoxenaria na zona de Carnoedo | Alfonso Rueda cre que as protestas contra Altri están ‘ideoloxizadas políticamente’. Para o PSdeG o proxecto non cumpre as condicións para acceder aos 250 millóns de euros en axudas. Ana Pontón, pide o Presidente Rueda que empregue os fondos públicos para axudar a outras industrias | En Vigo aumenta a polémica pola exclusión de Balaidos da lista de sedes do Mundial de Fútbol 2030 logo que o diario El Mundo revelara un cambio na avaliación das candidaturas 48 horas despois da decisión do comité técnico | Este venres estréase 'Cicatriz', a primeira coprodución de danza inclusiva do centro coreográfico galego. Fusiona a danza contemporánea coa poesía de Antón Reixa. O propio escritor debuta no baile da man da coreógrafa Kirenia Martínez

Alfonso Rueda cre que as protestas contra Altri están ‘ideoloxizadas políticamente’. Para o PSdeG o proxecto non cumpre as condicións para acceder aos 250 millóns de euros en axudas. Ana Pontón, pide o Presidente Rueda que empregue os fondos públicos para axudar a outras industrias | Carta do Sindicato Labrego Galego ás tres principais empresas lácteas para que paguen o leite ao mesmo prezo a todos os gandeiros | Ata 27 Estrelas Michelín pasan polo Fórum Gastronómico que se celebra estes días na Coruña. Un evento pros profesionais que agarda recibir 25.000 visitas | Dispositivos de busca de dúas persoas desaparecidas, un home nas inmediacións da Torre de Hércules da Coruña e, en Sada, unha octoxenaria da que non se sabe nada dende onte | A Policía Nacional alerta da proliferación en Galicia dunha ciberestafa que ofrece falsos postos de traballo a través de chamadas ou mensaxes | En Vigo aumenta a polémica pola exclusión de Balaidos da lista de sedes do Mundial de Fútbol 2030 logo que o diario El Mundo revelara un cambio na avaliación das candidaturas 48 horas despois da decisión do comité técnico | Este venres estréase en Santiago 'Cicatriz', a primeira coprodución de danza inclusiva do centro coreográfico galego. Un espectáculo que fusiona a danza contemporánea coa poesía de Antón Reixa. O propio Reixa debuta no baile da man da experimentada coreógrafa Kirenia Martínez