Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Minutos de silencio por Josefa, primeira muller morta pola violencia de xénero este ano en Galicia. Non figuraba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero, o vioxén. No cuartel do Barco de Valdeorras está detido en relación co crime o seu home | A Xunta aumentará a atención sanitaria por medios telemáticos. É unha das medidas aprobadas no Consello de hoxe. Alfonso Rueda tamén informou do estado da débeda pública galega | Miles de persoas acudiron este domingo a Santiago para pedir máis recursos económicos e de persoal para a Sanidade Pública | Sindicatos solicitan una reunión urxente con Inspección de Traballo para abordar a situación da fábrica de Sargadelos de Cervo. Por carto día os traballadores non puideron traballar no que é un peche irregular | Campaña da DGT de control de velocidade en Galicia nos días previos á Semana Santa | Triunfo do fútbol galego a fin de semana. O Celta celebra a permanencia virtual, mentres o Dépor acurta distancia para p playoff de ascenso. Pendentes este serán do Racing de Ferrol en Elche | Sabela Cereijo presentará en formato acústico o seu terceiro disco "Todo lo que te no te dije"

A borrasca Nuria irase aproximando polo suroeste, perdendo profundidade polo que seguimos con ceos nubrados con precipitacións localmente tormentosas, máis intensas na metade sur e oeste da Comunidade. O vento soprará do sur forte nas Rías Baixas e na montaña. Os chuvascos seguirán durante a fin de semana e a partir do luns volverá o anticiclón.

Os alugueiros subiron ata un vinte por cento en Galicia no último ano. Santiago acolle o Congreso Inmobiliario de Galicia | O Ministerio de Traballo solicita unha reunión urxente con Segismundo García, dono de Sargadelos, para abordar a situación da fábrica de Cervo | Preocupación no sector mexilloeiro pola caída drástica na produción do molusco| Malestar entre os usuarios que teñen previsto viaxar en tren de alta de velocidade desde Galicia este verán. Os billetes para xullo ou agosto aínda non están a venda

Os alugueiros subiron ata un vinte por cento en Galicia no último ano. Os prezos disparados e a falta de oferta tamén lastran o mercado da compravenda. Como trasfondo deste problema, o auxe das vivendas de uso turístico. Asuntos a debate en Santiago no Congreso Inmobiliario de Galicia | O Ministerio de Traballo vén de solicitar unha reunión urxente con Segismundo García, dono de Sargadelos, para abordar a situación da fábrica de Cervo, pechada desde onte | Preocupación no sector mexilloeiro trala publicación dun estudo do CSIC que alerta da caída drástica na produción do molusco. Apuntan a que se debe á suba da temperatura da auga | Malestar entre os usuarios que teñen previsto viaxar en tren de alta de velocidade desde Galicia este verán. A menos de tres meses da temporada alta das vacacións, os billetes para xullo ou agosto aínda non están a venda

Os alugueiros subiron ata un vinte por cento en Galicia no último ano. Os prezos disparados e a falta de oferta tamén lastran o mercado da compravenda. Como trasfondo deste problema, o auxe das vivendas de uso turístico. Asuntos a debate en Santiago no Congreso Inmobiliario de Galicia | O Ministerio de Traballo ven de solicitar unha reunión urxente con Segismundo García, dono de Sargadelos, para abordar a situación da fábrica de Cervo, pechada desde onte | Malestar entre os usuarios que teñen previsto viaxar en tren de alta de velocidade desde Galicia este verán. A menos de tres meses da temporada alta das vacacións, os billetes para xullo ou agosto aínda non están a venda

Alternancia de nubes e claros, derivando pola tarde en chuvascos localmente tormentosos, máis probables na metade sur e no interior da Comunidade. As temperaturas baixan. Así e todo, as máximas roldarán os 20 graos.

Segismundo García, propietario de Sargadelos, ábrese a negociar coa inspección de traballo. Hoxe os traballadores non puideron entrar na fábrica de Cervo | Plan Estratéxico da Xunta para o comercio, un sector con máis de 100.000 empregados en Galicia | O sector vinícola galego está en vilo polos aranceis de EE.UU. Principal destino do Rías Baixas, preto de tres millóns de litros de 85 adegas chegaron a aquel país o ano pasado, xerando ingresos de máis de 20 millóns de euros | Os traballadores do metal piden un convenio propio para Galicia | A universidade de Abanca non cumpre os novos requirimentos do Goberno do Estado para as universidades privadas. De aplicarse con efecto retroactivo, a futura norma podería deixar Galicia sen ningún centro destas características | | 'Eladio y los seres queridos' celebra o seu 20 aniversario no mundo da música grabando 17 temas con importantes artistas como Vetusta Morla, Eva Amaral ou Depedro entroutros

Segismundo García, propietario de Sargadelos, ábrese a negociar coa inspección de traballo. Hoxe os traballadores non puideron entrar na fábrica de Cervo | Plan Estratéxico da Xunta para o comercio, un sector con máis de 100.000 empregados en Galicia | O sector vinícola galego está en vilo polos aranceis de EE.UU. Principal destino do Rías Baixas, preto de tres millóns de litros de 85 adegas chegaron a aquel país o ano pasado, xerando ingresos de máis de 20 millóns de euros | Os traballadores do metal piden un convenio propio para Galicia | A universidade de Abanca non cumpre os novos requirimentos do Goberno do Estado para as universidades privadas. De aplicarse con efecto retroactivo, a futura norma podería deixar Galicia sen ningún centro destas características | A diócese de Santiago pon en marcha un servizo de acompañamento ás vítimas de abusos sexuais. A Igrexa quere reparar o dano causado e previr actuacións de posibles agresores | María Pan oficializa a súa dimisión ao fronte da alcadía de Cambre. É a segunda en renunciar ao cargo por bloqueo político do concello | En baloncesto feminino, o Baxi Ferrol, perdeu a final da Eurocopa contra ás francesas de ESBVA. Queda o fito histórico de acadar a medalla de prata | 'Eladio y los seres queridos' celebra o seu 20 aniversario no mundo da música grabando 17 temas con importantes artistas como Vetusta Morla, Eva Amaral ou Depedro entroutros

Segismundo García, propietario de Sargadelos, ábrese a negociar coa inspección de traballo. Hoxe os traballadores non puideron entrar na fábrica de Cervo | Plan Estratéxico da Xunta para o comercio, un sector con máis de 100.000 empregados en Galicia | O sector vinícola galego está en vilo polos aranceis de EE.UU. Principal destino do Rías Baixas, preto de tres millóns de litros de 85 adegas chegaron a aquel país o ano pasado, xerando ingresos de máis de 20 millóns de euros | En baloncesto feminino, o Baxi Ferrol, perdeu a final da Eurocopa contra ás francesas de ESBVA. Queda o fito histórico de acadar a medalla de prata | 'Eladio y los seres queridos' celebra o seu 20 aniversario no mundo da música grabando 17 temas con importantes artistas como Vetusta Morla, Eva Amaral ou Depedro entroutros

Case dous meses despois da grave agresión a persoal do CHUAC, os traballadores da área sanitaria Coruña-Cee volven protestar pola inseguridade no seu traballo. Piden un calendario de medidas concretas. O conselleiro di que se traballa no asunto | Moaña conta cunha UVI móbil máis pero de momento non se valora restituir o servizo do PAC | Traballadores do SAF piden á xestión directa do servizo por parte da Xunta | Brigadas da Xunta e da UME reforzan a colaboración na loita contra os incendios forestais | Cangas decide non solicitar bandeiras azuis para investir en socorristas en máis praias | Impacto da visita de Henry Cavill na proxección internacional da tenreira rubia galega | Derrota agridoce do Baxi Ferrol no partido de ida da final da Eurocup por 3 puntos. A volta será o 2 de abril ao norte de Francia

Agardamos a chegada dunha borrasca con nome, NURIA. O día abre con máis claros ca nubes pero co avance da xornada a atmósfera adquire inestabilidade. Medrarán nubes de evolución que poden deixar chuvascos treboentos localmente fortes. Dende primeira hora da tarde, alertas amarelas na metade norte da comunidade porque poden caer ata 15 litros por metro cadrado nunha hora e vir acompañadas de saraiba. As temperaturas descenden. O vento soprará forte especialmente na costa norte da provincia da Coruña.

Mobilizacións dos traballadores de Alcoa, que reclamarán a implicación de concellos, deputacións e do Parlamento para que se cumpra o acordo de viabilidade | O Plan Galego de Investigación e Innovación para os próximos tres anos contará con máis de 1.300 millóns de euros, un 20% más que o anterior. Ademais de impulsar campos como a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e a cuántica, buscarán solucións ás necesidades dos servizos municipais | O dono de Sargadelos anúncia aos traballadores a súa intención de pechar a emblemática fábrica de Cervo. Nunha carta alega que incapacidade para solventar as deficiencias detectadas por Inspección de Traballo | 'Antes de nós', unha longametrase sobre a figura de Castelao, abrirá a nova edición do Festival de Cans

Mobilizacións dos traballadores de Alcoa, que reclamarán a implicación de concellos, deputacións e do Parlamento para que se cumpra o acordo de viabilidade | O dono de Sargadelos anúncia aos traballadores a súa intención de pechar a emblemática fábrica de Cervo. Nunha carta alega que incapacidade para solventar as deficiencias detectadas por Inspección de Traballo | O Plan Galego de Investigación e Innovación para os próximos tres anos contará con máis de 1.300 millóns de euros, un 20% más que o anterior. Ademais de impulsar campos como a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e a cuántica, buscarán solucións ás necesidades dos servizos municipais | Industria eólica e Xunta confían en que antes do verán o Tribunal Europeo se pronuncie sobre a xudicialización que ten paralizados uns 64 parques | A Xunta autoriza a prospección xeolóxica para central hidroeléctica reversible en Vilariño de Conso | Deduccións para a campaña da renda | Baixa o paro en Galicia | O traslado do materno de Ourense comezará a semana que vén e levará 3 meses | Esta primavera deixará pouco pole en Galicia, pero manterase máis tempo no ambiente | Quedan horas para o histórico partido do Baxi de Ferrol | 'Antes de nós', unha longametrase sobre a figura de Castelao, abrirá a nova edición do Festival de Cans | No Día Internacional do Libro Xuvenil e Infantil descubrimos as tendencias

O Plan Galego de Investigación e Innovación para os próximos tres anos contará con máis de 1.300 millóns de euros, un 20% más que o anterior. Ademais de impulsar campos como a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e a cuántica, buscarán solucións ás necesidades dos servizos municipais | Mobilizacións dos traballadores de Alcoa, que reclamarán a implicación de concellos, deputacións e do Parlamento para que se cumpra o acordo de viabilidade | Industria eólica e Xunta confían en que antes do verán o Tribunal Europeo se pronuncie sobre a xudicialización que ten paralizados uns 64 parques | A Xunta autoriza a prospección xeolóxica para central hidroeléctica reversible en Vilariño de Conso | Deduccións para a campaña da renda | Baixa o paro en Galicia | O traslado do materno de Ourense comezará a semana que vén e levará 3 meses | “Cantareira”, palabra do ano

Aumentan as nubes, con algún chuvasco ocasional pola tarde en comarcas do interior. As temperaturas baixan lixeiramente; aínda así quedan por riba dos vinte graos nas cidades e mesmo acadarán os 27 en Ourense. Nos vindeiros días irá aumentando a inestabilidade, con treboadas polas tardes.

20 persoas sentan no banco por unha problemática social; a dificultade de acceso a unha vivenda e a exclusión. Están acusadas por ocupar o edificio de Vigo que se incendiou hai dous anos falecendo unha nai e tres dos seus fillos. Entre os acusados está o propio viuvo e pai das vítimas | As confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos acordan deixar de recoller marisco na ría ferrolá para tentar unha recuperación dos recursos mariños. Será un paro de tres meses | Protestas diante do Hospital de Ourense polo estado do materno infantil, con tres desprendementos de falsos teitos en dous anos | Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado no Día das Artes Galegas. Figura clave para entender a nosa arte contemporánea, fundou o Laboratorio de Formas de Galicia, que serviu de base para o renacemento da cerámica de Sargadelos

Entran en vigor os cambios na xubilación activa, que permite compaxinar pensión e traballo | A economía galega creceu case un 3% co tirón das exportacións | Alcoa e a empresa enerxética Ignis formalizan o acordo de asociación para impulsar a fábrica de Alcoa en San Cibrao | As confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos acordan deixar de recoller marisco na ría ferrolá para tentar unha recuperación dos recursos mariños. Será un paro de tres meses | Un cento de xacementos arqueolóxicos da provincia de Lugo están en risco por causa de labores forestais | A folga minoritaria de RENFE deixa máis de 500 viaxeiros en terra | Protestas diante do Hospital de Ourense polo estado do materno infantil, con tres desprendementos de falsos teitos en dous anos | O pleno do parlamento abordará os problemas do sistema sanitario galego | 20 persoas sentan no banco por unha problemática social; a dificultade de acceso a unha vivenda e a exclusión. Están acusadas por ocupar o edificio de Vigo que se incendiou hai dous anos falecendo unha nai e tres dos seus fillos. Entre os acusados está o propio viuvo e pai das vítimas | O xurado popular declara culpable da norte de Leticia Sabria á súa compañeira de piso | O Celta deixa escapar dous puntos en Balaídos | Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado no Día das Artes Galegas. Figura clave para entender a nosa arte contemporánea, fundou o Laboratorio de Formas de Galicia, base para o renacemento da cerámica de Sargadelos

Entran en vigor os cambios na xubilación activa, que permite compaxinar pensión e traballo | A economía galega creceu case un 3% co tirón das exportacións | Alcoa e a empresa enerxética Ignis formalizan o acordo de asociación para impulsar a fábrica de Alcoa en San Cibrao | O pleno do parlamento abordará os problemas do sistema sanitario galego | As confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos acordan deixar de recoller marisco na ría ferrolá para tentar unha recuperación dos recursos mariños. Será un paro de tres meses | 20 persoas sentan no banco por unha problemática social; a dificultade de acceso a unha vivenda e a exclusión. Están acusadas por ocupar o edificio de Vigo que se incendiou hai dous anos falecendo unha nai e tres dos seus fillos. Entre os acusados está o propio viuvo e pai das vítimas | O Celta deixa escapar dous puntos en Balaídos | Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado no Día das Artes Galegas. Figura clave para entender a nosa arte contemporánea, fundou o Laboratorio de Formas de Galicia, base para o renacemento da cerámica de Sargadelos

O anticiclón permite a entrada de aire cálido dende o sur nun día de ceos despexados con algunhas nubes de estancamanento na Mariña. Temperaturas roldando os 20 graos nas horas centrais, con máximas que poden superar os 25 en Santiago e nas Rías Baixas e ata 28 graos en Ourense

Máis de 20 accidentes de moto a pasada fin de semana. Ningún ferido de gravedade. A principal causa: a velocidade | A Xunta investirá 320 millóns para impulsar o comercio local e con el revitalizar os municipios. Poderán beneficiarse 32.000 establecementos que dan emprego a máis de 100.000 persoas | Moitas comisión de festas en risco de desaparecer por falta de relevo e, con elas, os correspondentes festexos | O Racing segue sen atopar a portería… Esta vez perde fronte ao Deportivo. Un derbi que non estivo exento de polémica