Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un rapaz de 14 anos perde a vida afogado na lagoa de Pedras Miúdas, en Catoira. A zona está prohibida para o baño, aínda que actualmente non se ven carteis que o indiquen | O presidente da Generalitat Salvador Illa, defende en Galicia o sistema de financiamento singular para Cataluña, co apoio dos socialistas galegos. Alfonso Rueda, de visita institucional en Estremadura, di que supón un ataque a igualdade dos cidadáns | Arranca no centro hípico de Casas Novas o Campionato de Europa de Saltos. Participan máis de 90 xinetes e amazonas da elite do deporte ecuestre de 23 países | Coa colaboración de Antonio Orozco, preséntase ‘CaixaSon’, un proxecto pioneiro de inclusión musical, integrado por persoas con discapacidade, en risco de exclusión e migrantes. É unha iniciativa coa que comezou nas localidades de Tui e Valença do Miño o festival transfronteirizo Ikfem

Un rapaz de 14 anos perde a vida afogado na lagoa de Pedras Miúdas, en Catoira. A zona está prohibida para o baño, aínda que actualmente non se ven carteis que o indiquen | O presidente da Generalitat Salvador Illa, defende en Galicia o sistema de financiamento singular para Cataluña, co apoio dos socialistas galegos | Arranca no centro hípico de Casas Novas o Campionato de Europa de Saltos. Participan máis de 90 xinetes e amazonas da elite de 23 países | Os mellores xinetes internacionais xa están en Arteixo para participar no campionato europeo de Saltos. Unha competición que se celebra cada dous anos e na que se espera a asistencia de 6.000 persoas cada día

Un rapaz de 14 anos perde a vida afogado na lagoa de Pedras Miúdas, en Catoira. A zona está prohibida para o baño | O presidente da Generalitat Salvador Illa, defende en Galicia o sistema de financiamento singular para Cataluña, co apoio dos socialistas galegos | Arranca no centro hípico de Casas Novas o Campionato de Europa de Saltos | Coa colaboración de Antonio Orozco, preséntase ‘CaixaSon’, un proxecto pioneiro de inclusión musical, integrado por persoas con discapacidade, en risco de exclusión e migrantes. No festival transfronteirizo Ikfem

Aumenta a inestabilidade atmosférica polo achegamento dunha fronte pouco activa. Ceos con máis nubes na metade norte e oeste e con chuvascos de treboada, máis probables no terzo norte pola tarde. As temperaturas seguen descendendo. As máximas quedarán entre os 20 e os 26 graos, agás en Ourense que chegarán aos trinta. Durante a fin de semana seguiremos con ceos nubrados, chuvias xeneralizadas na noite do sábado ao domingo e temperaturas baixas para esta época.

Galicia súmase ao plante das comunidades gobernadas polo PP á conferencia sectorial sobre reparto de menores migrantes. Protstan así polos criterios fixados polo Goberno central para a reubicación de cerca de 4.000 mozos, que agora están acollidos en Canarias e Ceuta | Críticas das forzas políticas, sindicais e empresariais contra o plan da Unión Europea de recortar máis dun 20 por cento os fondos á Política Agraria Común e a reducción de ata un 60 por cento nos orzamentos destinados á pesca | As vacacións e o incremento da actividade turísica fan que se agrave a carencia de axentes de policía local. Moitos concellos teñen prazas vacantes e tampouco chegan a cubrir as baixas laboráis | O músico compostelano Abe Rábade, unha das figuras máis prominentes do Jazz feito en Galicia, é o protagonista hoxe da nosa sección "Eu Son"

Galicia súmase ao plante das comunidades gobernadas polo PP á conferencia sectorial sobre reparto de menores migrantes. Protstan así polos criterios fixados polo Goberno central para a reubicación de cerca de 4.000 mozos, que agora están acollidos en Canarias e Ceuta | Críticas das forzas políticas, sindicais e empresariais contra o plan da Unión Europea de recortar máis dun 20 por cento os fondos á Política Agraria Común e a reducción de ata un 60 por cento nos orzamentos destinados á pesca | As vacacións e o incremento da actividade turísica fan que se agrave a carencia de axentes de policía local. Moitos concellos teñen prazas vacantes e tampouco chegan a cubrir as baixas laboráis |

Galicia súmase ao plante das comunidades gobernadas polo PP á conferencia sectorial sobre reparto de menores migrantes | Críticas das forzas políticas, sindicais e empresariais contra o plan da Unión Europea de recortar os fondos á Política Agraria Común e a pesca | As vacacións e o incremento da actividade turísica fan que se agrave a carencia de axentes de policía local. Moitos concellos teñen prazas vacantes e tampouco chegan a cubrir as baixas laboráis | A Comisión Europea declara ilegal a ampliación da concesión da AP-9, adoptada no ano 2000 polo goberno de Aznar. Considera que incumplíu as normas comunitarias ao aprobarse sen concurso público |

Hoxe perdemos progrevisamente a influencia anticiclónica. Brétemas costeiras e mesmo algún orballo. A tendencia é que vaia diminuindo a nubosidade, con ceos máis abertos na metade sur. As temperaturas, especialmente as máximas, sufrirán un notable descenso, sobre todo no interior. Santiago quedará nos 27 graos, Lugo en 28 e Ourense en 35

A Princesa Leonor recibe a gran cruz do mérito naval de mans do seu pai, o rei Filipe VI. Foi nunha cerimonia que pon fin a estadía da princesa de Asturias en Galicia | Día da Virxe do Carme, a patroa da xente do mar, con todas as vilas mariñeiras de festa. En lugares como Aguiño, Camariñas, Corme ou Cabo de Cruz, mariñeiros e pescadores xa se botaron este mediodía ao mar para acompañar á patroa nas pocesións marítimas | As mariscadoras traballan mergulladas durante horas, soportando o frío e a humidade constantes. Hoxe poñemos o foco nas consecuencias que esta exposición ten na súa saúde íntima e nas demandas para que se recoñezan oficialmente | Son os verdadeiros "Fórmula un" do piragüismo, combinación de deseño innovador, traballo artesanal, e materiais de última xeración. Unhas embarcacións creadas en Pontevedra, na empresa fundada polo expadexeiro José Antonio Rouco

A Princesa Leonor recibe a gran cruz do mérito naval de mans do seu pai, o rei Filipe VI. Foi nunha cerimonia que pon fin a estadía da princesa de Asturias en Galicia | Día da Virxe do Carme, a patroa da xente do mar, con todas as vilas mariñeiras de festa. En lugares como Aguiño, Camariñas, Corme ou Cabo de Cruz, mariñeiros e pescadores xa se botaron este mediodía ao mar para acompañar á patroa nas pocesións marítimas | As mulleres representan máis do 70% do colectivo de mariscadoras. Durante horas, traballan mergulladas, soportando o frío e a humidade constantes. Hoxe poñemos o foco nas consecuencias que esta exposición ten na súa saúde íntima e nas demandas para que se recoñezan oficialmente | A Garda Civil segue buscando ao conductor dun coche que se fugou despois de provocar un accidente mortal no corredor do Baixo Miño

A Princesa Leonor recibe a gran cruz do mérito naval de mans do seu pai, o rei Filipe VI na Escola Naval de Marín | Día da Virxe do Carme, a patroa da xente do mar, con todas as vilas mariñeiras de festa | As mariscadoras traballan mergulladas durante horas, soportando o frío e a humidade constantes. Hoxe poñemos o foco nas consecuencias que esta exposición ten na súa saúde íntima | O home acusado de queimar dous autobuses urbanos en Vigo, condenado a 22 anos de cárcere e a conductora implicada a 15 | A Garda Civil segue buscando ao conductor dun coche que se fugou despois de provocar un accidente mortal no corredor do Baixo Miño

Nova xornada de sol e calor en toda Galicia. As altas presións seguen deixando ceo despexado e achegando aire cálido. O termómetro podería chegar hoxe aos corenta graos nos vales do Miño e do Sil, e superar os 35 en moitas outras localidades, sobre todo na metade sur. Mañá comezará o descenso das temperaturas

O estadio vigués de Balaídos volve á loita por converterse nunha das sedes do mundial de fútbol 2030, que compartirán España, Portugal e Marrocos. A renuncia de Málaga deixa aberta unha segunda oportunidade para a candidatura viguesa, que terá como principal rival a Valencia. | A Xunta rexeita o acordo de financiamento singular para Cataluña anunciado pola Generalitat e o Goberno Central. Rueda considera que é perxudicial para os intereses de Galicia. Mentres, o BNG, asegura que é unha oportunidade para mellorar o financiamento autonómico | O concello de Ferrol, pioneiro con dispensadores gratuítos de crema protectora nas súas praias, nunha iniciativa para resaltar a importancia da prevención do melanoma. Segundo os últimos datos, Galicia rexistrou 460 casos desta enfermidade nun só ano| Logo duns anos de bonanza, corren malos tempos para as orquestras. O descenso de público e as alternativas máis económicas, coma os discomóbiles, poñen en risco a sua continuidade

O estadio de Balaídos, en Vigo, volve á loita por converterse nunha das sedes do mundial de fútbol 2030, que compartirán España, Portugal e Marrocos. A renuncia de Málaga deixa aberta unha segunda oportunidade para a candidatura viguesa, que terá como principal rival a Valencia| A Xunta rexeita o acordo de financiamento singular para Cataluña anunciado pola Generalitat e o Goberno Central. O BNG, asegura que é unha oportunidade para mellorar o financiamento autonómico | O concello de Ferrol, pioneiro con dispensadores gratuítos de crema protectora nas súas praias, nunha iniciativa para resaltar a importancia da prevención do melanoma | Logo duns anos de bonanza, corren malos tempos para as orquestras. O descenso de público e as alternativas máis económicas, coma os discomóbiles, poñen en risco a sua continuidade

O estadio de Balaídos, en Vigo, volve á loita por converterse nunha das sedes do mundial de fútbol 2030 | A Xunta rexeita o acordo de financiamento singular para Cataluña anunciado pola Generalitat e o Goberno Central | O concello de Ferrol, pioneiro con dispensadores gratuítos de crema protectora nas súas praias | Corren malos tempos para as orquestras. O descenso de público e as alternativas máis económicas, coma os discomóbiles, poñen en risco a sua continuidade

Galicia está baixo influencia anticiclónica, con circulación do nordés. Temos tempo seco e soleado en xeral, con temperaturas en ascenso, sobre todo na metade sur. No Miño de Ourense superarán os 36 graos. Tamén quedarán por riba dos trinta Vigo e Pontevedra. Mentres que no norte non superarán os 25

A princesa Leonor recibe a medalla de ouro de Galicia, a máxima distinción que outorga o Goberno galego. O presidente da Xunta salienta o papel da monarquía na consolidación da democracia e o carácter autonomista e constitucional da nosa comunidade | Á mesma hora e a poucos metros, dirixentes do BNG e da súa organización xuvenil, Galiza Nova, protestaban pola concesión desta medalla á princesa Leonor. Acusan á Xunta de tentar un lavado de cara da monarquía | Chega a Vigo o Laboratorio Mobil Europeo de Bioloxía Molecular, para estudar os efectos das vagas de calor nos océanos e buscar a maneira de frear as mareas vermellas que afectan aos moluscos | Nais solteiras, mulleres que mantiñan relacións fóra do matrimonio ou que se querían divorciar, acabaron ingresadas no hospital psiquiátrico de Conxo, en Santiago

A princesa Leonor recibe a medalla de ouro de Galicia, a máxima distinción que outorga o Goberno galego. O presidente da Xunta salienta o papel da monarquía na consolidación da democracia e o carácter autonomista e constitucional da nosa comunidade | Á mesma hora e a poucos metros, dirixentes do BNG e da súa organización xuvenil, Galiza Nova, protestaban pola concesión desta medalla á princesa Leonor. Acusan á Xunta de tentar un lavado de cara da monarquía | Nais solteiras, mulleres que mantiñan relacións fóra do matrimonio ou que se querían divorciar, acabaron ingresadas no hospital psiquiátrico de Conxo, en Santiago. A historiadora Carmen Valiña recupera agora as súas historias

A princesa Leonor recibe a medalla de ouro de Galicia, a máxima distinción que outorga o Goberno galego | Á mesma hora e a poucos metros, dirixentes do BNG e da súa organización xuvenil, Galiza Nova, protestaban pola concesión da medalla | Chega a Vigo o Laboratorio Mobil Europeo de Bioloxía Molecular, para estudar os efectos das vagas de calor nos océanos e buscar a maneira de frear as mareas vermellas que afectan aos moluscos | Nais solteiras, mulleres que mantiñan relacións fóra do matrimonio ou que se querían divorciar, acabaron ingresadas no hospital psiquiátrico de Conxo, en Santiago

Comezamos semana recuperando a influencia anticiclónica, con tempo seco e soleado en xeral, e temperaturas en progresivo ascenso. Hoxe os ceos irán quedando despexados ou con nubes altas. As máximas soben no oeste de Galicia e seguen sen cambios no resto. Superarán os trinta graos no interior e os 25 no litoral. Vento frouxo de compoñente norte, con intervalos máis intensos no litoral atlántico.