Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A policía investiga unha agresión sexual en plena praza de España de Ferrol. Hai un detido e non se descartan máis arrestos. A vítima, de 18 anos, chegou ao hospital con lesións por recibir, tamén, unha malleira pero está fóra de perigo. O detido xa tiña antecedentes | A Xunta superará por primeira vez os 14.000 millóns de gasto durante ano 2.026. Así o establece o límite financeiro aprobado hoxe nun consello extraordinario. É 1,6% máis que o do ano pasado. Agora ese teito de gasto será remitido ao Parlamento para que inicie a tramitación dos presupostos xerais do ano que vén | Satisfacción no sector eólico polo pronunciamento da xustiza europea que da a razón á Xunta na legalidade do procedemento de tramitación de novos parques. Confían en que agora poidan ser desbloqueados os 70 proxectos baixo suspensión cautelar |O Festival SonRías Baixas, en Bueu, ata o domingo, con artistas como Carolina Durante, Sen Senra, Dani Fernández ou Judelin

Nova investigación na localidade do Porriño, pola morte dunha muller de 53 anos. O seu corpo apareceu no interior dun domicilio con signos de violencia. A voz de alarma deuna un particular que entrou na vivenda esta mesma mañá, e atopou o cadáver no interior | A policía investiga unha agresión sexual en plena praza de España de Ferrol. Hai un detido e non se descartan máis arrestos. A vítima, de 18 anos, chegou ao hospital con lesións por recibir, tamén, unha malleira pero está fóra de perigo | Un consello extraordinario da Xunta aprobou hoxe o primeiro paso para os orzamentos autonómicos do ano que vén. O teito de gasto, que ascende a máis de 14mil millóns de euros. Trátase dun orzamento récord, que supón unha suba do 1,6% respecto ao deste ano| O Tribunal de Xustiza da Unión Europea avala o proceso de concesión de licencias de parques eólicos por parte da Xunta. É a resposta á cuestión prexudicial solicitada polo Tribunal Superior galego, que mantén actualmente paralizados de xeito cautelar 70 proxectos na nosa comunidade | O Festival Sonrías Baixas en Bueu reunirá ata o domingo moita xente e boa música. No cartel do festival... mestúranse grupos nacionais e galegos |

Nova investigación na localidade do Porriño, pola morte dunha muller de 53 anos. O seu corpo apareceu no interior dun domicilio con signos de violencia | A policía investiga unha agresión sexual en plena praza de España de Ferrol. Hai un detido e non se descartan máis arrestos. A vítima, de 18 anos, chegou ao hospital con lesións | A Xunta superará por primeira vez os 14.000 millóns de gasto durante ano 2.026. Así o establece o límite financeiro aprobado hoxe nun consello extraordinario | | O Tribunal de Xustiza da Unión Europea avala o proceso de concesión de licencias de parques eólicos por parte da Xunta |

Segue activo o aviso amarelo da AEMET na zona do Miño de Pontevedra por altas temperaturas. Máis de 30 graos en Ourense, Vigo e Pontevedra., mentres Ferrol, Lugo e Santiago roldarán os 25. O vento do nordés volve a ser protagonista, forte no litoral atlántico. Para esta fin de semana as temperaturas continúan en ascenso. En Ourense poden chegar, incluso, aos 40 graos

Segue activo o lume no concello da Cañiza, o máis grave do que levamos de verán, cunhas 270 hectáreas afectadas. A situación mellora respecto ás últimas horas, cando a proximidade das lapas levou a decretar o nivel 2 de emerxencias e confinar varios núcleos de poboación. Por primeira vez, os veciños foron avisados mediante o sistema de alerta telefónico da Xunta | A Coruña será a primeira cidade de Galicia en aplicar a Taxa turística, a partir de setembro. Os viaxeiros terán que abonar entre un e dous euros e medio por noite de estancia e incluirá tamén aos cruceiristas. Tamén en Santiago a taxa turística foi aprobada, aínda que atrasará a aplicación ao un de outubro | Máis de 50 marcas, oitenta adegas e milleiros de persoas, participan xa en Cambados na Festa do Albariño, a cita para render culto aos productos da denominación de Orixe das Rías Baixas | Moitos nenos e nenas len contos que teñen as súas ilustracións. O debuxante Víctor Rivas é protagonista hoxe da nosa sección "Eu Son", dedicada a novos creadores

Segue activo o lume no concello da Cañiza, o máis grave do que levamos de verán, cunhas 270 hectáreas afectadas. A situación mellora respecto ás últimas horas, cando a proximidade das lapas levou a confinar varios núcleos de poboación. Por primeira vez, os veciños foron avisados mediante o sistema de alerta telefónico da Xunta | A partir de setembro os visitantes que pasen a noite na Coruña terán que pagar a taxa turística. Tamén se aplicará aos cruceiristas. A cidade herculina convértese na primeira localidade galega en aplicar esta medida | | Máis de 50 marcas, oitenta adegas e milleiros de persoas, participan xa en Cambados na Festa do Albariño, a cita para render culto aos productos da denominación de Orixe das Rías Baixas | A Universidade de Vigo recibirá 15 millóns de euros para a investigación de fotoconductores, uns chips que empregan a luz en lugar da electricidade para transmitir datos cunha eficiencia e rapidez moito maior. Así o anunciou hoxe o Ministro de Transformación Dixital, nunha visita en Vigo |

Activo o lume no concello da Cañiza, o máis grave do que levamos de verán, cunhas 270 hectáreas afectadas. Por primeira vez, os veciños foron avisados mediante o sistema de alerta telefónico da Xunta | A Coruña será a primeira cidade de Galicia en aplicar a Taxa turística. Entrará en vigor a partir de setembro. E en Santiago tamén foi aprobada, aínda que atrasará a aplicación ao un de outubro | Máis de 50 marcas, oitenta adegas e milleiros de persoas, participan xa en Cambados na Festa do Albariño | A Universidade de Vigo recibirá 15 millóns de euros para a investigación de fotoconductores |

Segue a influencia anticiclónica, con ceos despexados. As temperaturas sen grandes cambios. A AEMET activou o aviso amarelo por altas temperaturas na zona do Miño de Pontevedra e nas Rías Baixas. Os termómetros roldarán os 35 graos en Ourense, Pontevedra e Vigo. Ventos moderados do nordés, con intervalos fortes no litoral atlántico, con alerta amarela entre Vilán e Fisterra

Seguimos baixo influencia anticiclónica. Ceos despexados en case toda a comunidade con temperaturas en ascenso. A AEMET activou o aviso amarelo na zona do Miño de Pontevedra por temperaturas que roldarán os 35 graos. O mercurio marcará o mesmo en Ourense, Pontevedra e Vigo. Soprará moderado do nordés e haberá refachos fortes ou moi fortes no litoral atlántico, entre Fisterra e Louro

Loito no Porriño polo crime que custou a vida de Teresa, de 48 anos, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar. Desata a polémica pola seguridade destas empregadas | A participación de efectivos militates na loita contra o lume aumenta este verán a 35 brigadas. Así o anunciaron os responsables da chamada Operación Sentinela | O Sergas aposta nun novo investimento por integrar a Intelixencia Artificial no seu sistema informático | Arranca a colocación das luces de Nadal de Vigo. Xa se instalaron as primeiras decoracións na Porta do Sol |

Mostras de dor e loito no Porriño polo crime que custou a vida de Teresa, de 48 anos, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar. Desata a polémica pola seguridade destas empregadas. O acusado, Enrique Leirós, sometido a avaliación psicolóxica no Hospital Alvaro Cunqueiro | A participación de efectivos militates na loita contra o lume aumenta este verán a 35 brigadas. Así o anunciaron os responsables da chamada Operación Sentinela, que terá lugar a partir do 15 de agosto. En Arbo mantense activo un incendio que chegou a poñer vivendas en perigo, e outro en Lugo que xa supera as 20 hectáreas | O Sergas aposta nun novo investimento por integrar a Intelixencia Artificial no seu sistema informático. Trátase dun xerador automático de informes clínicos e de altas hospitalarias | E hoxe, 30 de xullo arranca a colocación das luces de Nadal de Vigo. Xa se instalaron as primeiras decoracións na Porta do Sol. Este ano, haberá 420 rúas iluminadas con máis de 11 millóns e medio de luces LED

Mostras de dor e loito no Porriño polo crime que custou a vida de Teresa, de 48 anos, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar. O acusado, ingresado baixo vixiancia policial no Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo | Activo un incendio en Arbo, na provincia de Pontevedra, no que se desactivou o nivel 2 pola proximidade ás vivendas e outro en Carballedo, Lugo, que xa supera as 20 hectáreas calcinadas | A participación de efectivos militates na loita contra o lume aumenta este verán a 35 brigadas. Así o anunciaron os responsables da chamada Operación Sentinela, que terá lugar a partir do 15 de agosto | O Sergas aposta nun novo investimento por integrar a Intelixencia Artificial no seu sistema informático | Arranca a colocación das luces de Nadal de Vigo. Xa se instalaron as primeiras decoracións na Porta do Sol. Este ano, haberá 420 rúas iluminadas con máis de 11 millóns e medio de luces LED

Os equipos de extinción loitan contra o lume iniciado de madrugada en Meaño, que provoca unha columna de fume que se extende pola Ría de Pontevedra. E en Salvaterra. Medio Rural da por estabilizado un incendio no que as lapas ameazaron núcleos de poboación | A declaración da Coruña como zona tensionada publícase hoxe no BOE. A cidade queda así incluida polo Ministerio de Vivenda na listaxe das que terán permitido limitar o prezo do aluguer e conceder bonificacións aos propietarios que rebaixen as rendas aos inquilinos | Descontento no sector agrario galego e na Xunta ante o novo borrador das PAC para o vindeiro 2028. Contempla a redución do orzamento nun 25% e un reparto a nivel estatal, en lugar de por comunidades. As gobernadas polo PP esixen a Pedro Sánchez que se opoña en Bruxelas | Recuperar a área arqueolóxica do Pico Sacro. É o obxetivo dun grupo de voluntarios de distintos países que participan nun campo internacional para preservar un espazo, cargado de lendas, e que agocha restos dunha antiga fortaleza medieval

Unha muller, traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño, foi atopada morta con signos de violencia. A Garda Civil investiga a un home de arredor de 70 anos, e marido da usuaria que atendía a vítima, como posible autor | Os equipos de extinción loitan contra o lume iniciado de madrugada en Meaño, que provoca unha columna de fume que se extende pola Ría de Pontevedra. Leva arrasadas unhas 40 hectáreas, tras horas de moita tensión | A declaración da Coruña como zona tensionada publícase hoxe no BOE. A cidade queda así incluida polo Ministerio de Vivenda na listaxe das que terán permitido limitar o prezo do aluguer e conceder bonificacións aos propietarios que rebaixen as rendas aos inquilinos | Descontento no sector agrario galego e na Xunta ante o novo borrador das PAC para o vindeiro 2028. Contempla a redución do orzamento nun 25% e un reparto a nivel estatal, en lugar de por comunidades |

Unha muller, traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño, foi atopada morta con signos de violencia. A Garda Civil investiga a un home de arredor de 70 anos, e marido da usuaria que atendía a vítima, como posible autor | Despois dun inicio de verán de relativa tranquilidade, o lume irrompe na provincia de Pontevedra. En Meaño, un incendio leva arrasadas unhas 40 hectáreas, tras horas de moita tensión | A declaración da Coruña como zona tensionada publícase hoxe no BOE | Descontento no sector agrario galego e na Xunta ante o novo borrador das PAC para o vindeiro 2028. Contempla a redución do orzamento nun 25% e un reparto a nivel estatal, en lugar de por comunidades |

Segue a influencia das altas presións. Ceos despexados en xeral, excepto no norte, con intervalos nubosos ás primeiras e últimas horas. Temperaturas similares ás de onte con 34 graos na zona do Miño en Pontevedra e en Ourense. Roldarán os 25 na Coruña, Santiago e Lugo. Vento do nordés con refachos fortes nas zonas do oeste. A humidade é baixa no centro e no sur da comunidade

A compañía de tecnoloxía militar Indra presenta en Vigo a sua nova sede, con visita da ministra de Defensa. Anuncia unha aposta polo emprego na nosa comunidade, na que conta actualmente con oito centros de traballo con 1.600 traballadores | | Abanca consegue no primeiro trimestre do no un beneficio récord de 427 millóns de euros. É un 3,7% máis que no mesmo período do ano anterior | A Xunta agarda que entre en vigor este mesmo ano a lei que vai prohibir a venda de vapeadores e bebidas enerxéticas a menores, unha medida pioneira en España | Modernas, con todas as comodidades, e a prezos asequibles. As casas prefabricadas convértense nunha solución para moitas persoas ante a escaseza de vivenda | O Carneiro ao espeto amosa o seu poder de convocatoria nunha nova edición da festa gastrónomica en Moraña. Milleiros de persoas de distintos países, disfrutan desta carne á brasa nun evento declarado ben de interese autonómico

A compañía de tecnoloxía militar Indra presenta en Vigo a sua nova sede, con visita da ministra de Defensa | Abanca consegue no primeiro trimestre do no un beneficio récord de 427 millóns de euros. É un 3,7% máis que no mesmo período do ano anterior | A Xunta agarda que entre en vigor este mesmo ano a lei que vai prohibir a venda de vapeadores e bebidas enerxéticas a menores, unha medida pioneira en España | Modernas, con todas as comodidades, e a prezos asequibles. As casas prefabricadas convértense nunha solución para moitas persoas ante a escaseza de vivenda | Milleiros de persoas de distintos países, disfrutan en Moraña na festa do Carneiro ó Espeto, un evento declarado ben de interese autonómico

Segue a influencia anticiclónica. Ceos nubosos no norte, pero a partir do mediodía abriranse claros. Na metade sur, o ceo permanecerá pouco nubrado ou despexado. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso; mentres que as máximas, descenden. As principais cidades roldan os 25 graos de máxima, excepto Vigo, Pontevedra e Ourense que superarán os 30

Sistemas de guerra electrónica para utilizar no campo de batalla en Ucraína. Son elaborados en Vigo, na nova sede da multinacional Indra presentada hoxe, coa visita da ministra de Defensa Margarita Robles. A compañía anuncia unha aposta polo emprego na nosa comunidade, na que conta actualmente con oito centros de traballo con 1.600 traballadores | Abanca consegue no primeiro trimestre do no un beneficio récord de 427 millóns de euros. É un 3,7% máis que no mesmo período do ano anterior. Os responsables da entidade destacan que o volume de negocio supere os 134mil millóns de euros, con máis de 76mil novos clientes | Modernas, con todas as comodidades, e a prezos asequibles. As casas prefabricadas convértense nunha solución para moitas persoas ante a escaseza de vivenda. Unha empresa do Grove comercializa modelos chineses, que se poden adquirir dende 25mil euros | O Carneiro ao espeto amosa o seu poder de convocatoria nunha nova edición da festa gastrónomica en Moraña. Milleiros de persoas de distintos países, disfrutan desta carne á brasa nun evento declarado ben de interese autonómico.