Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta acaba de dar por estabilizado o incendio de Chandrexa de Queixa, outro dos grandes lumes deste agosto, que afecta a 19.000 hectáreas. Segue ardendo o de Carballeda de Valdeorras e outro que comezou onte á tarde en Avión | Volvemos a unha aldea, Vilela, en Cualedro, que viu o lume moi preto. Salvouse a aldea, pero todo arredor, dá pena. A paisaxe, e o ánimo dos veciños non é o mesmo | En dúas semanas comeza o curso escolar para 300 mil alumnos, en Galicia. Son catro mil menos que o ano pasado. Non volverán ás clases nos sete colexios que pechan, pero mantense o número de aulas e en outras 18 escolas medra a cantidade de alumnos | As peixarías ambulantes, as que reparten a domicilio, modernízanse. Agora á tradicional bucina, súmanselle as aplicacións de mensaxería. Antes de saír cara a lonxa, envían mensaxes polo móbil para que a clientela encargue os pedidos e así axilizar á venda

A Xunta acaba de dar por estabilizado o incendio de Chandrexa de Queixa, outro dos grandes lumes deste agosto, que afecta a 19.000 hectáreas. Segue ardendo o de Carballeda de Valdeorras e outro que comezou onte á tarde en Avión | En dúas semanas comeza o curso escolar para 300 mil alumnos, en Galicia. Son catro mil menos que o ano pasado. Non volverán ás clases nos sete colexios que pechan, pero mantense o número de aulas e en outras 18 escolas medra a cantidade de alumnos | As peixarías ambulantes, as que reparten a domicilio, modernízanse. Agora á tradicional bucina, súmanselle as aplicacións de mensaxería

A Xunta acaba de dar por estabilizado o incendio de Chandrexa de Queixa, outro dos grandes lumes deste agosto, que afecta a 19.000 hectáreas | Des días despois, volvemos a unha aldea, Vilela, en Cualedro, que viu o lume moi preto | En dúas semanas comeza o curso escolar para 300 mil alumnos, en Galicia. Son catro mil menos que o ano pasado | As peixarías ambulantes, as que reparten a domicilio, modernízanse. Agora á tradicional bucina, súmanselle as aplicacións de mensaxería

Situación intermedia entre as altas presións desprazadas ao oeste das Azores e unha profunda borrasca situada ao oeste de Irlanda. Despois dunha mañá de brétemas sobre todo no norte e oeste da comunidade, a tendencia é apertura de grandes claros. As temperaturas máximas empezan a descender. Con todo, aínda roldarán os 30 graos en cidades coma Santiago e Lugo e ata 35 chegarán os termómetros por Ourense. Nas Rías Baixas e na Mariña quedarán arredor dos 25

O susto saltou a Pontevedra. Dous incendios agresivos preto das casas obrigaron a decretar a situación 2 de emerxencia en Oia e en Vilaboa. En Oia desaloxaron un cámping e en Vilaboa 14 veciños tiveron que abandonar as súas casas, por precaución | En Ourense, aínda que a situación mellora, seguen sen control cinco grandes incendios, algúns deles batendo marcas de superficie arrasada. Nas dúas semanas que levamos de vaga de lumes arderon en Galicia case 90.000 hectáreas, segundo as estimacións da Xunta | As viñas, tamén vítimas do lume. Nunha adega de Verín arderon unhas 10 hectáreas de cepas estragando 120.000 quilos de uva a piques de vendimar. Os adegueiros afectados piden axudas con urxencia | A Xunta mantén a prealerta por escaseza de auga prolongada e pídelle aos veciños que eviten malgastala. O aviso afecta a 20 concellos e estase seguindo especialmente a situación na conca no Lérez, na zona de Baiona e no río Grande de Camariñas

Dous incendios agresivos preto das casas obrigaron a decretar a situación 2 de emerxencia en Oia e en Vilaboa | En Ourense, aínda que a situación mellora, seguen sen control cinco grandes incendios, algúns deles batendo marcas de superficie arrasada| Nunha adega de Verín arderon unhas 10 hectáreas de cepas estragando 120.000 quilos de uva a piques de vendimar. Os adegueiros afectados piden axudas con urxencia | A Xunta mantén a prealerta por escaseza de auga prolongada. O aviso afecta a 20 concellos e estase seguindo especialmente a situación na conca no Lérez, na zona de Baiona e no río Grande de Camariñas

Dous incendios preto das casas obrigaron a decretar a situación 2 de emerxencia en Oia e en Vilaboa | En Ourense seguen sen control cinco grandes incendios, algúns deles batendo marcas de superficie arrasada | Nunha adega de Verín arderon unhas 10 hectáreas de cepas estragando 120.000 quilos de uva a piques de vendimar. Os adegueiros afectados piden axudas con urxencia | A Xunta mantén a prealerta por escaseza de auga prolongada e pídelle aos veciños que eviten malgastala. O aviso afecta a 20 concellos

A fin de semana será seca e solleira con aumento de temperaturas hoxe e mañá, pero a partir do domingo agardamos a chegada dos restos dunha fronte que deixará algúns orballos durante a mañá e treboadas no interior pola tarde cos chuvascos que tanto se necesitan por alí. Este venres os termómetros volven subir con temperaturas máximas que oscilarán entre os 25 graos da Coruña, os 30 polas rías Baixas e sobre 35 en Ourense. Pero será sobre todo mañá cando notemos máis calor, porque os termómetros acadarán os 30 graos en moitos puntos, tamén polo norte

O lume amaina pero está aínda lonxe de rematar. Cinco grandes incendios seguen avanzando sen control e no que vai de vaga xa queimaron en Galicia máis de 87.000 hectáreas, unha cifra histórica | Perdéronse animais, ardeu algunha granxa, pero o que máis preocupa agora aos gandeiros afectados polos incendios é como alimentar os que se salvaron. Hai explotacións en extensivo que perderon os seus pastos e teñen que recorrer á herba seca, con máis gastos | Comeza a vendima en Valdeorras, unha comarca que segue sufrindo a vaga de lumes. As viñas fixeron de cortalumes, pero hai incerteza por como lle afectarán á uva as altas temperaturas e o fume | A pintora e ilustradora Lara Pintos crea representacións poéticas do espazo. Hoxe é a protagonista de 'Eu Son', a nosa sección dedicada á nova creación galega. Dende A Coruña, fala da súa paixón por reflectir o íntimo e cotiá

O lume amaina pero está aínda lonxe de rematar. Cinco grandes incendios seguen avanzando sen control e no que vai de vaga xa queimaron en Galicia máis de 87.000 hectáreas | Perdéronse animais, ardeu algunha granxa, pero o que máis preocupa agora aos gandeiros afectados polos incendios é como alimentar os que se salvaron. Hai explotacións en extensivo que perderon os seus pastos e teñen que recorrer á herba seca | Comeza a vendima en Valdeorras. As viñas fixeron de cortalumes, pero hai incerteza por como lle afectarán á uva as altas temperaturas e o fume | A pintora e ilustradora Lara Pintos crea representacións poéticas do espazo. Hoxe é a protagonista de 'Eu Son', a nosa sección dedicada á nova creación galega

Cinco grandes incendios seguen avanzando sen control e no que vai de vaga xa queimaron en Galicia máis de 87.000 hectáreas | O que máis preocupa aos gandeiros afectados polos incendios é como alimentar os animais, pola perda dos pastos| Comeza a vendima en Valdeorras. As viñas fixeron de cortalumes, pero hai incerteza por como lle afectarán á uva as altas temperaturas e o fume | A pintora e ilustradora Lara Pintos é a protagonista de 'Eu Son', a nosa sección dedicada á nova creación galega

O anticiclón vai entrando en forma de cuña co que vai xerar ventos do norte nordés que medrarán en intensidade na segunda metade do día. O día está con ceos máis despexados no sur, e posibilidade dalgún chuvasco ocasional, máis probable canto máis ó norte. As temperaturas máximas en lixeiro ascenso. Oscilarán entre os 24 graos previstos na Coruña aos 32 de Ourense.

Sete incendios seguen sen control na provincia de Ourense, pero o descenso das temperaturas e unha chisca de humidade amainan a súa intensidade. Nas últimas horas non aumentou a superficie queimada neses lumes, que se mantén en algo máis 67.000 hectáreas | Segue moi grave, pero estable, o brigadista de 18 anos queimado hai unha semana no incendio de Oímbra. Está ingresado na unidade de queimados do hospital da Coruña. Hoxe achegámonos a esta unidade de referencia en España polo tipo de lesións que atende| O turismo tamén se resente cos incendios. O temor a ter problemas coas viaxes provoca un dez por cento de cancelacións nos hoteis de Santiago. Nas comarcas máis afectades de Ourense, as renuncias dos turistas son case completas | Concentración no xulgado de Tui de familiares e amigos de Brais Otero, o motorista que perdeu a vida contra un coche no Rosal. Piden xustiza. O condutor do coche, investigado por homicidio imprudente, evitou a prisión provisional pagando unha fianza de 150.000 euros

Sete incendios seguen sen control na provincia de Ourense, pero o descenso das temperaturas e unha chisca de humidade amainan a súa intensidade. Nas últimas horas non aumentou a superficie queimada neses lumes | Segue moi grave, pero estable, o brigadista de 18 anos queimado hai unha semana no incendio de Oímbra. Está ingresado na unidade de queimados do hospital da Coruña. Hoxe achegámonos a esta unidade de referencia en España | O turismo tamén se resente cos incendios. O temor a ter problemas coas viaxes provoca un dez por cento de cancelacións nos hoteis de Santiago | Concentración no xulgado de Tui de familiares e amigos de Brais Otero, o motorista que perdeu a vida contra un coche no Rosal. O condutor do coche evitou a prisión provisional pagando unha fianza de 150.000 euros

Sete incendios seguen sen control na provincia de Ourense, pero o descenso das temperaturas e unha chisca de humidade amainan a súa intensidade. Nas últimas horas non aumentou a superficie queimada neses lumes | Hoxe achegámonos achegámonos á unidade de queimados do hospital da Coruña | O temor a ter problemas coas viaxes provoca un dez por cento de cancelacións nos hoteis de Santiago | Concentración no xulgado de Tui de familiares e amigos de Brais Otero, o motorista que perdeu a vida contra un coche no Rosal. Piden xustiza

Continuamos con circulación do noroeste ao que está a achegar unha masa de aire húmida a Galicia. Xornada de ceos nubrados, con máis nubes canto máis ao norte e con chuvascos febles máis probables na metade norte e interior da Comunidade. As temperaturas non terán cambios significativos. As máxima oscilarán entre os 23 graos da Coruña aos 28 de Ourense. O vento soprará do norte-noroeste frouxo, con intervalos moderados pola tarde nas Rías Baixas e en zonas altas.

O lume non dá respiro. Sete incendios avanzan sen control nesta vaga que queima Ourense. O de Larouco, que leva arrasadas 20.000 hectáreas, é o máis grande rexistrado en Galicia e avanza xa por Lugo cara ao Courel | Catro traballadores do operativo contra os incendios están ingresados na Unidade de Queimados do hospital da Coruña. Tres deles graves e outro, un mozo de 18 anos, con prognóstico moi grave. Os catro foron vítimas do lume no incendio de Oímbra | Luis Insua, do Partido Popular, novo alcalde de Fisterra ao prosperar a moción de censura contra a rexedora Áurea Domínguez, de Alternativa dos Veciños, impulsada polo PP e un concelleiro díscolo do partido do goberno | En Cee, na Costa da Morte, a antiga factoría baleeira de Caneliñas segue en pé como recordo dun oficio que desapareceu. O Concello quere convertela nun centro de interpretación, pero os propietarios privados planean construír alí un cámping de luxo

Sete incendios avanzan sen control nesta vaga que queima Ourense. O de Larouco, que leva arrasadas 20.000 hectáreas e avanza xa por Lugo cara ao Courel | Catro traballadores do operativo contra os incendios están ingresados na Unidade de Queimados do hospital da Coruña. Tres deles graves e outro, un mozo de 18 anos, con prognóstico moi grave. Os catro foron vítimas do lume no incendio de Oímbra | Luis Insua, do Partido Popular, novo alcalde de Fisterra ao prosperar a moción de censura contra a rexedora Áurea Domínguez, de Alternativa dos Veciños, impulsada polo PP e un concelleiro díscolo do partido do goberno

O lume non dá respiro. Sete incendios avanzan sen control nesta vaga que queima Ourense. O de Larouco, que leva arrasadas 20.000 hectáreas | Catro traballadores do operativo contra os incendios están ingresados, tres deles graves e outro moi grave | Luis Insua, do Partido Popular, novo alcalde de Fisterra ao prosperar a moción de censura contra a rexedora Áurea Domínguez, de Alternativa dos Veciños | En Cee, na Costa da Morte, a antiga factoría baleeira de Caneliñas segue en pé como recordo dun oficio que desapareceu

Unha baixa sobre Francia está achegando moita humidade con algúns orballos e chuvias febles que serán máis probables na metade norte, no interior e zonas altas. En todo caso, dinnos dende Meteogalicia que serán catro gotas que apenas aliviarán a situación que están a vivir en Ourense e no sur de Lugo polos incendios. Iso si, aumentará a humidade do terreo que sumado o descenso das temperaturas axudará un pouco. No resto a tendencia é a apertura de claros con temperaturas máximas que oscilarán entre os 23 graos de Ferrol, aos 25 das Rías Baixas e os 30 en Ourense.