Estabilizado o incendio en Barreiros, no norte de Lugo, no que resultaron feridos cinco membros dunha brigada heliotransportada. Permanecen ingresados no Hospital da Coruña, en estado grave. O lume obrigou a desaloxar varios veciños por precaución, e a interromper circulación en varias estradas | Os grupos da oposición piden a Rueda que escoite o clamor dos manifestantes que recorreron as rúas de Santiago en protesta pola xestión da Xunta da vaga de incendios do mes que agosto. O BNG proporá a creación dunha comisión de investigación no Parlamento | O Ministerio de Vivienda pide ás plataformas dixitais que retiren os anuncios de máis de 2.600 pisos turísticos ilegais en Galicia. Son pisos que teñen solicitado o número de rexistro obrigatorio dende o pasado 1 de xullo pero que non o obtiveron por incumprir algúns dos requisitos legais | Estados Unidos consolídase como o país que máis peregrinos achega ao Camiño de Santiago. Este ano son case 30.000, é o terceiro ano consecutivo no que lideran o ranking. Esta semana peregrinos dese país celebran un primeiro encontro sobre presente e o futuro do camiño
Adrián Ben á final dos 1500 metros no Campionato do Mundo de Atletismo en Tokio. O viveirense, sendo fiel ao seu estilo, correu de menos a máis na súa semifinal. Fixo un cambio de ritmo na última volta e afrontou os últimos 100 metros nos postos de cabeza| En Barreiros, na Mariña de Lugo quedou estabilizado o incendio forestal que afecta á parroquia de Celeiro de Mariñaos. Os cinco brigadistas feridos de gravidade nas tarefas de extinción seguen ingresados na unidade de queimados do hospital da Coruña | Máis de 2.600 vivendas de Galicia ofertadas para o turismo deberán ser retiradas dos portais que as publicitan. Son aproximadamente 1 de cada cinco das que solicitaron o número de rexistro obrigatorio dende xullo | Comeza en Santiago o 'Primeiro Encontro' dedicado a peregrinos procedentes de Estados Unidos, o país que encabeza a lista de orixe dos viaxeiros que obteñen a Compostela, este ano xa suman preto de 30.000 |
Adrián Ben clasifícase para a final dos 1.500 metros no mundial de Atletismo de Tokio | Estabilizado o incendio en Barreiros, no norte de Lugo, no que resultaron feridos cinco membros dunha brigada heliotransportada | O Ministerio de Vivienda pide ás plataformas dixitais que retiren os anuncios de máis de 2.600 pisos turísticos ilegais en Galicia | Estados Unidos consolídase como o país que máis peregrinos achega ao Camiño de Santiago. Este ano son case 30.000 | Cuarto empate a un para o Celta, desta vez ante o Girona . Os celestes tiveron moitas ocasións pero igualaron o partido de penalti en tempo de desconto
Entrada dunha fronte pouco activa. Ceos cubertos e chuvias nas primeiras horas. Pola tarde, nubes baixas no terzo norte e ceos máis despexados no resto. As temperaturas mínimas, máis baixas. As máximas oscilan entre os 21 graos de Ferrol e os 26 de Ourense
Bautismo de mar para a Fragata Bonifaz, amadriñada pola raíña Sofía. É a primeira da serie F- 110 encargada pola Armada ao estaleiro de Navantia en Ferrol. Un investimento definido polo presidente do goberno como emblema de rexurdimento industrial | A campaña de vacinación conxunta da gripe e a Covid deste ano empezará o próximo día 29 de setembro. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade. Como novidade, Presentou tamén a vacina de alta carga para a poboación a partir do 70 anos | O IPC sube en Galicia ata unha taxa interanual do 2´5% no mes de agosto, duas décimas por debaixo da media do conxunto de España. A vivenda encabeza o aumento de prezos ao chegar case ao seis por cento. Todos os sectores sufriron un crecemento | Nace en Vigo unha editorial especializada en material para mellorar a aprendidaxe do alumnado con necesidades educativas especiais. En Galicia son máis de 15.000. Os usuarios da Fundación Integra participan no traballo de elaboración dos materiais
O estaleiro Navantia de Ferrol está transformándose para facer más rápida e barata a construción de buques como a fragata que se botou onte. Unha das principais novidades e a fábrica de bloques, unha estrutura de 45.000 metros cadrados na que se van construir de xeito automático as partes que compoñen o barco | O próximo 29 de setembro comezará a campaña de vacinación da gripe e da covid e xa non se farán en grandes recintos. Como novidades este ano, incorpórase a vacina da gripe de alta carga a partir dos 70 anos e as vacinas en idade infantil amplíase ata os 11 anos. Ademáis, para os máis novos, a vacinación tamén se fará nos centros educativos| O IPC volveu repuntar en agosto e situouse no 2,5% interanual, dúas décimas por riba da taxa rexistrada en xullo. Con este xa son catro meses consecutivos de incrementos, impulsados polo encarecemento da vivenda, os gastos do fogar e a alimentación, así como pola subida en sanidade, ensino e transportes | |
Bautismo de mar para a Fragata Bonifaz, amadriñada pola raíña Sofía. É a primeira da serie F- 110 encargada pola Armada ao estaleiro de Navantia en Ferrol | A campaña de vacinación conxunta da gripe e a Covid deste ano empezará o próximo día 29 de setembro | O IPC sube en Galicia ata unha taxa interanual do 2´5% no mes de agosto, duas décimas por debaixo da media do conxunto de España. A vivenda encabeza o aumento de prezos ao chegar case ao seis por cento | Nace en Vigo unha editorial especializada en material para mellorar a aprendidaxe do alumnado con necesidades educativas especiais. En Galicia son máis de 15.000
Nubes e cada vez máis claros no ceo sobre todo pola tarde na metade sur onde as temperaturas soben. Mañá, tempo moi parecido ao de hoxe con máis humidade na franxa atlántica e con posibilidade de orballos pola noite e o domingo soben as temperaturas e ao final do día agardamos unha fronte pouco activa que pode deixar algunhas chuvias febles na metade norte
A primeira fragata da serie F 110, encargada pola Armada española a Navantia en Ferrol, lista para o bautismo de mar. A ministra de defensa comproba que todo está a punto para a botadura, que terá lugar esta tarde nun acto que será amadriñado pola raíña Sofía e coa asistencia do presidente do Goberno Pedro Sanchez | Trala vaga de incendios de agosto, a Confederación Hidrográfica do MIño Sil deu a coñecer hoxe o plan de choque co que pretende protexer as zonas afectadas. Trátase de actuar o antes posible para evitar que as choivas provoquen o arrastre de materiais contaminantes presentes na cinza ata os ríos e as zonas de captación de auga | A Vendima avanza con 38 millóns de quilos de uva recollidos nas denominacións de orixe Rías Baixas, O Ribeiro e Valdeorras. Os prezos baixan respecto a o ano pasado especialmente nas variedades tintas pola caída da demanda | A Conferencia mundial do atún reúne en Vigo a empresas de 30 países, xunto a expertos en sostibilidade alimentaria. O sector defende como seguro e saudable o consumo deste produto |
A primeira fragata da serie F 110, encargada pola Armada española a Navantia en Ferrol, lista para o bautismo de mar. A ministra de defensa comproba que todo está a punto para a botadura, que terá lugar esta tarde nun acto que será amadriñado pola raíña Sofía e coa asistencia do presidente do Goberno Pedro Sanchez | A Confederación Hidrográfica Miño Sil pon en marcha un plan de actuación para frear o arrastre das cinzas dos incendios, dotado con 3 millons de euros. Priorizará zonas próximas ás captacións de abastecemento e zonas con risco de inundación. Hoxe supervisaron os primeiros traballos | A Vendima avanza con 38 millóns de quilos de uva recollidos nas denominacións de orixe Rías Baixas, O Ribeiro e Valdeorras. Os prezos baixan respecto a o ano pasado especialmente nas variedades tintas pola caída da demanda | A industria conserveira defende que comer atún é seguro e saudable. Consideran desproporcionado que París e outras seis cidades francesas prohibiran o atún nos comedores escolares. A seguridade alimentaria é un dos temas que aborda dende hoxe en Vigo a Conferencia Mundial do atún|
Todo listo no estaleiro de Ferrol para a botadura esta tarde da Bonifaz, a primeira das cinco fragatas da serie F-110 que Navantia constrúe para a Armada | A Confederación Hidrográfica Miño Sil pon en marcha un plan de actuación para frear o arrastre das cinzas dos incendios| A Vendima avanza con 38 millóns de quilos de uva recollidos. Os prezos baixan respecto a o ano pasado especialmente nas variedades tintas | A Conferencia mundial do atún reúne en Vigo a empresas de 30 países, xunto a expertos en sostibilidade alimentaria. O sector defende como seguro e saudable o consumo deste produto
Unha fronte pouco activa volve deixar chuvias, que empezan pola metade oeste e co avance do día iranse estendendo ao resto da comunidade. As temperaturas baixan, con máximas entre os 21 graos de Santiago aos 23 da Coruña e Ourense. Ao final do día hai probabilidade de néboa máis intensa e persistente en zonas altas
Sae dende o Barco de Valdeorras a última etapa da Volta Ciclista a España por terras galegas, que ten a meta en Ponferrada. Foron tres xornadas en Galicia condicionadas polas protestas contra o xenocidio en Gaza | Concentracións en varias ciudades galegas para reclamar a redución da xornada laboral a 37 horas e media á semana. Unha proposta que hoxe se debate no Congreso e non ten apoios asegurados para a súa aprobación | Inditex declara un novo record de beneficios de 2.800 millóns de euros no primeiro semestre do ano. As vendas do grupo textil aumentan o 1´6 por cento, ata superar os 18.000 millóns. As accions da compañía, soben máis dun 6 por cento na bolsa | Animais asustados e sen alimento tras ver a súa contorna natural devorada polas lapas. Son outros dos afectados que deixa a vaga de incendios de agosto. Grupos de voluntarios, mobilízanse para axudalos a sobrevivir. Aumenta tamén o número de mascotas nas protectoras |
Sae dende o Barco de Valdeorras a última etapa da Volta Ciclista a España por terras galegas, que ten a meta en Ponferrada. Foron tres xornadas en Galicia condicionadas polas protestas contra o xenocidio en Gaza | Polémica pola actuación das forzas de seguridade nesas protestas. O subdelegado do goberno en Pontevedra defendeuna como profesional e impecable. O presidente da Deputación pídelle sen embargo responsabilidades polo ocorrido | O Partido Popular recupera a alcalía de Carral de mans de Alternativa dos Veciños, o mesmo grupo que perdía hai dúas semanas a alcaldía de Fisterra. A sesión estivo marcada polas protestas de numerosos vecinos | O grupo Inditex gaña cerca de 2.800 milllóns de euros no primeiro semestre fiscal do ano, de febreiro a xullo. Nova cifra récord de beneficios, cun aumento dun 0,8% máis ca o ano anterior | Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de suicidios de España e supera tamén a media europea. Hoxe celébrase o día mundial para a prevención do suicidio, que é xa a primeira causa de morte en mozos de entre 15 e 29 anos
Sae dende o Barco de Valdeorras a última etapa da Volta Ciclista a España, marcada polas protestas a favor de Palestina | O Partido Popular recupera a alcalía de Carral de mans de Alternativa dos Veciños, o mesmo grupo que perdía hai dúas semanas a alcaldía de Fisterra | O grupo Inditex gaña cerca de 2.800 milllóns de euros no primeiro semestre | Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de suicidios de España e supera tamén a media europea. Hoxe celébrase o día mundial para a prevención do suicidio, que é xa a primeira causa de morte en mozos de entre 15 e 29 anos
Unha fronte entra nas primeiras horas do día con chuvias sobre todo na provincia de Pontevedra. Chuvias que van remitindo pola tarde cando se vaian abrindo grandes claros. As temperaturas soben con máximas rondarán os 22 graos, agás en Ourense onde poden chegar aos 26
O Presidente da Xunta atribue a vaga de incendios e agosto a una “tormenta perfecta”, no Parlamento. Estimou a superficie queimada nunhas 120.000 hectáreas, das que un 60 por cento, dixo, corresponden a monte raso. Os líderes do BNG e do PSdeG cualifican de neglixente a sua xestión e pídenlle que dimita | A Volta Ciclista vive hoxe a segunda das tres etapas en terras galegas. Unha competición marcada polas protestas en apoio a Palestina e contra a presenza dun equipo israelí | Balance positivo do inicio do novo curso escolar por parte dos representantes sindicais de CCOO, UGT e ANPE, que asinaron o pacto laboral coa Xunta. A CIG, o sindicato maioritario, reclama 800 prazas vacantes sen cubrir e a contratación parcial do profesorado | O deseñador gráfico coruñés Manu Viqueira coróase como rei da animación co vídeo do novo single de Robert Plant, ex lider de Led Zeppeling. Un traballo do que hoxe nos conta cómo se inspirou|
Comparecencia do Presidente da Xunta, no Parlamento, sobre a vaga de incendios deste mes de agosto. Estimou a superficie queimada nunhas 120.000 hectáreas, das que un 60 por cento, dixo, corresponden a monte raso. Os líderes do BNG e do PSdeG cualifican de neglixente a sua xestión e pídenlle que dimita | A Volta Ciclista vive a segunda etapa en terras galegas, marcada polas protestas en apoio a Palestina e contra a presenza dun equipo israelí. Javier Romo, abandona tras sofrir as consecuencias da súa caída polos intentos dun manifestante de achegarse á calzada | Os sindicatos médicos Omega e Simega convocan unha folga para o próximo día 3 de outubro, en demanda dun estatuto propio. Din que o seu traballo ten características singulares respecto ao resto do persoal sanitario | O deseñador gráfico coruñés Manu Viqueira coróase como rei do collage animación co vídeo do novo single de Robert Plant, ex lider de Led Zeppeling. Un encargo que recibiu para rematar en tempo record
Rueda atribuie a gravidade do lume a que as circunstancias meteorolóxicas supuxeron unha "tormenta perfecta". Os grupos da oposición pidenlle que dimita | Segunda etapa da Volta en terras galegas, marcada polas protestas en apoio a Palestina. Javier Romo, abandona tras sofrir una caída polos intentos dun manifestante de achegarse á calzada | Os sindicatos médicos Omega e Simega convocan unha folga para o próximo día 3 de outubro, en demanda dun estatuto propio | O deseñador gráfico coruñés Manu Viqueira coróase como rei do collage animación co vídeo do novo single de Robert Plant, ex lider de Led Zeppeling
Entra unha nova fronte que trae de volta a chuvia polo noroeste nas últimas horas da mañá e pola tarde irase extendendo ao resto da comunidade. As temperaturas descenden. As máximas apenas chegarán aos 20 graos en boa parte de Galicia agás en Ourense onde poden acadar os 24 graos