Chega o primeiro grupo de españois deportados dende Israel, entre eles o lucense Manu López, patrón dun dos barcos da flotilla interceptada cando intentaba achegar axuda humanitaria a Gaza | Avanza a catalogación dos bens de Interese Cultural da costa. Tras recibir as competencias en xestión do litoral, hoxe o consello da Xunta aprobou someter a información pública un novo catalogo que especifica que usos se lle poderán dar aos 1.600 bens patrimoniais xa rexistrados | O Bng levará ao Parlamento a petición da transferencia dos tres aeroportos galegos de interese xeral. A líder nacionalista indicou que a problemática dos últimos recortes de voos vai máis alá dun grupo de traballo | Os grupos contrarios á planta de Altri en Palas de Rei aumentan a presión para que a mulitinacional renuncie definitivamente ao proxecto. Din que quedar fóra da planificación eléctrica do Ministerio de Transición Ecolóxica, é un punto de inflexión que debe levar á Xunta a denegarlle a tramitación. 06-10-2025
O anticiclón segue afastando as borrascas. A semana comeza con tempo seco e solleiro. As mañás amencen frías, con tres graos baixo cero en Guitiriz. Suba de temperaturas máximas, que en valores altos para esta época do ano, entre 25 e 30 graos. 06-10-2025
Chega o primeiro grupo de españois deportados dende Israel, entre eles o lucense Manu López, patrón dun dos barcos da flotilla interceptada cando intentaba achegar axuda humanitaria a Gaza | Os grupos contrarios á planta de Altri en Palas de Rei aumentan a presión para que a mulitinacional renuncie definitivamente ao proxecto | A falta de puntería frea o intento do Celta de anotar unha primeira vitoria na liga, un empate a un co Atlético de Madrid O Bng levará ao Parlamento a petición da transferencia dos tres aeroportos galegos de interese xeral. 06-10-2025
Chega o primeiro grupo de españois deportados dende Israel, entre eles o lucense Manu López, patrón dun dos barcos da flotilla interceptada cando intentaba achegar axuda humanitaria a Gaza. Nas próximas horas está prevista a chegada de Sandra Garrido, a outra galega que viaxaba na flotilla | Os grupos contrarios á planta de Altri en Palas de Rei aumentan a presión para que a mulitinacional renuncie definitivamente ao proxecto. Din que quedar fóra da planificación eléctrica do Ministerio de Transición Ecolóxica, é un punto de inflexión que debe levar á Xunta a denegarlle a tramitación | Un escape room para desafiar os coñecementos dos alumnos en materias como interpretar un balance, cambiar divisas ou contratar unha póliza de seguros. E unha das iniciativas, na Coruña, no Día para fomentar a Educación Financeira impulsado polo Banco de España | A falta de puntería frea o intento do Celta de anotar unha primeira vitoria na liga, un empate a un co Atlético de Madrid. Reparto de puntos tamén para o Deportivo en Almería. O equipo feminino cae derrotado en Murcia. No sorteo da Copa O Negreira quedou emprazado a enfrontarse á Real Sociedade. 06-10-2025
Os nomes dos máis de 20.000 nenos e nenas vítimas mortais dos ataques israelíes en Gaza, soan na praza do Obelisco, na Coruña. Lidos por cidadáns, nunha iniciativa xusto cando aumenta o clamor pola detención da Flotilla con axuda humanitaria a Franxa | O presidente do PP, Núñez Feijóo, ofrece no foro da Illa da Toxa a sua fórmula para rexenerar a política nacional. Na inauguración, o Rei Filipe VI abogou polo multilateralismo | Nova xornada de folga de médicos, contra a proposta de reforma do Estatuto que regula a sua profesión por parte do ministerio de Sanidade. En Galicia os convocantes estiman un seguemento masivo, que a consellería rebaixa ao 23 por cento | Festa e alegría dos seareiros do Celta no primeiro partido de Europa League en Balaídos. Miles de afeccionados acudiron para seguir o encontro ante o Paok grego, no que o equipo sumou a primeira vitoria da tempada. Máis de tres mil días despois, o fútbol europeo regresou á cidade viguesa
Lectura solidaria na Coruña dos nomes de nenos mortos en Gaza, que durará ata medianoite. Unha iniciativa xusto cando aumenta o clamor pola detención da Flotilla con axuda humanitaria a Franxa | A xeopolítica e a nova orde mundial abórdase no Foro que se celebra na Illa da Toxa. Entre os participantes, Esta mañá foi o turno do presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, que ofreceu a sua fórmula para rexenerar a política nacional | Médicos galego súmanse á folga contra o Estatuto Marco. En Santiago, máis dun cento pararon o tráfico. Denuncian a falta de representación na mesa sectorial | Festa e alegría dos seareiros do Celta no primeiro partido de Europa League en Balaídos. Miles de afeccionados acudiron para seguir o encontro ante o Pasok grego, no que o equipo sumou a primeira vitoria da tempada | A bailarina a actriz porriñesa Janet Novás vén de acadar o Premio Nacional de Danza na modalidade de interpretación
Lectura solidaria por Gaza na Coruña. Dende as oito da mañá enumeran os nomes dos nenos e nenas mortos na franxa polo asedio israelí | O presidente do PP, Núñez Feijóo, ofrece no foro da Illa da Toxa a sua fórmula para rexenerar a política nacional | O presidente do PP, Núñez Feijóo, ofrece no foro da Illa da Toxa a sua fórmula para rexenerar a política nacional | Festa e alegría dos seareiros do Celta no primeiro partido de Europa League en Balaídos | A bailarina a actriz porriñesa Janet Novás acada o Premio Nacional de Danza na modalidade de interpretación
Persiste a influencia anticiclónica, inda que con ventos marítimos que deixan moita humidade. Brétemas no litoral atlántico e néboas en comarcas do interior. As temperaturas mínimas sen cambios e máximas en lixeiro descenso. Mañá unha fronte fría pouco activa pode deixar chuvias nas horas centrais do día, para volver o domingo ao predominio das altas presións
A activista e abogada coruñesa Sandra Garrido, entre os detidos polas forzas israelíes cando viaxaba a bordo do Sirius, un dos barcos que forman parte da flotilla rumbo a Franxa de Gaza | Mal comportamento do mercado laboral de Galicia no mes de setembro, con case 3.400 persoas máis no paro e 7.200 afiliados menos á Seguridade Social. Uns datos que contrastan co conxunto de España, onde se rexistrou a creación de máis de 30.000 novos empregos e o paro baixou en 5.000 persoas | A nova orde mundial será o fio argumental do Foro de política internacional que arranca esta tarde na Illa da Toxa. O Rei Filipe VI participará na inauguración cun recoñecemento aos pais da Constitución Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón e Miquel Roca | Redeiras e mariscadoras colaboran xunto a persoas con discapacidade na recollida de refugallos nunha praia en Cangas. Forma parte da iniciativa Redes de España, para reciclar aparellos de pesca e convertelos en compoñentes para coches
Estudantes de universidade e de institutos, en folga para pedir que se poña fin ó xenocidio en Gaza. Manifestacións en varias cidades nas que reclaman que os membros da Flotilla interceptada por Israel volvan as súas casas sans e salvos | O Ministro de Interior lamentou esta mañá en Vigo a detencion de membros da Flotilla e puxo en valor o traballo humanitario que levan a cabo. Fronte as críticas de Sumar defendeu a implicación do Goberno fronte ao xenocidio| O paro aumentou en Galicia no mes de setembro en case 3.400 persoas e máis dobre, 7.200 deixaron de cotizar á seguridade social. Datos que contrastan co aumento de ocupación que se rexistrou no conxunto de España | Xa está todo preparado na illa da Toxa para unha nova edición do foro Vínculo Atlántico. A partir das catro e media desta tarde, líderes políticos, económicos e sociais debaterán sobre os grandes retos do noso tempo
A activista e abogada coruñesa Sandra Garrido, entre os detidos polas forzas israelíes como parte da flotilla rumbo a Franxa de Gaza | O Ministro de Interior lamentou, en Vigo, a detencion e defendeu a implicación do Goberno fronte ao xenocidio | fronte ao xenocidio | A nova orde mundial será o fio argumental do Foro de política internacional que arranca esta tarde na Illa da Toxa | En Vigo celebrouse este mediodía o acto central do Día da Policía Nacional | Redeiras e mariscadoras colaboran xunto a persoas con discapacidade na recollida de refugallos nunha praia en Cangas
Aínda que seguimos baixo influencia anticiclónica, os ventos marítimos traen hoxe moita humidade. Brétemas costeiras no litoral atlántico, máis probables nas horas da tarde e bancos de néboa no interior. As temperaturas mínimas sen cambios, pero as máximas descenden no litoral atlántico, ata 22 graos na Coruña, mentres que Ourense chegarán a 32 graos
A Taxa turística chega a cidade de Santiago, entre as queixas do sector, que non conseguíu frear a entrada en vigor da normativa pola vía xudicial. O Concello aspira recadar ata tres millóns de euros ao ano, cunha taxa que vai de un a dous euros e medio por noite, segundo a categoría do hotel | O alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, do BNG, anuncia a sua marcha, despois de máis de 20 anos no cargo. Di que quere ser un militante de base e un cidadán máis. Será substituído polo actual deputado da formación nacionalista Daniel Pérez López | No día internacional das persoas maiores, distintos actos reivindicativos advirten contra a discriminación por idade. En Covelo, un dos municipios de España con maior proporción de maiores de 90 anos, os residentes explícannos as claves da lonxevidade. A vida sá, e a boa relación con familiares e amigos | Unha superficie de 140 mil metros cadrados, e 40 millóns de euros de investimento para un complexo que contará con once campos para as distintas categorías do Deportivo da Coruña. É o proxecto Depor Training Center, presentado polo club coruñés
A Taxa turística chega a cidade de Santiago, con queixas do sector, que non conseguíu frear a normativa pola vía xudicial. Entre os turistas, na rúa, as opinións están divididas | O alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, do BNG, anuncia a sua marcha, despois de máis de 20 anos no cargo. Di que quere ser un militante de base e un cidadán máis. Será substituído polo actual deputado da formación nacionalista Daniel Pérez López | A Fundación laboral da construción asinou hoxe un convenio coa consellería de emprego, dotado con 200 mil euros, para por en marcha Unha iniciativa pioneira. Trátase dun equipo técnico que percorrerá Galicia para detectar deficiencias e ofrecer solucións axeitadas a pé de obra| No día internacional das persoas maiores, distintos actos reivindicativos advirten contra a discriminación por idade | A Fábrica, en Oleiros, acolle estes días unha exposición feita con debuxos de nenos e nenas de Gaza. Está a dar a volta ó mundo porque quere servir de plataforma para dar visibilidade ós máis silenciados. A visión da barbarie dende a perspectiva das crianzas
A Taxa turística chega a cidade de Santiago, con queixas do sector. Entre os turistas, na rúa, as opinións están divididas | O alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, do BNG, anuncia a sua marcha, despois de máis de 20 anos no cargo | No día internacional das persoas maiores, distintos actos reivindicativos advirten contra a discriminación por idade | O Deportivo da Coruña para a presentación da nova cidade deportiva do equipo. Unha superficie de 140 mil metros cadrados, e 40 millóns de euros de investimento para un complexo que contará con once campos para as distintas categorías |
Outubro comeza con influencia anticiclónica. Temos ceo despexado con presenza de nubes de tipo alto que non impiden o paso do sol. Néboas localmente persistentes no interior de Lugo. As temperaturas mínimas, sen cambios significativos e as máximas en lixeiro ascenso, dende os 23 graos na Coruña ata 31 en Ourense
Cambio a fronte da alcaldía en Ribeira. Luís Pérez Barral, do BNG perderá o cargo en favor de Mariola Sampedro, do Partido Popular, que anuncia un pacto de goberno co grupo de edis idependentes. Con esta son sete as mocións de censura en Galicia, nos últimos tres meses | A produción galega de leite corre perigo por por falta de remuda xeraciónal nos próximos dez anos. Así o ponde manifesto o observatorio de activistas do medio rural reunido hoxe na Coruña | A Xunta anuncia un ensaio clínico para garantir a igualdade de acceso a tratamentos avanzados aos pacientes diagnosticados de enfermidades tumorais complexas. Tras recoller mostras e realizar unha análise xenética, un Comité debatirá cada caso para determinar se existe algunha opción terapéutica | Cancións e poemas para traballar a autoestima e a xestión das emocións. É unha iniciativa para achegar a educación emocional entre aos alumnos dos institutos. Un colectivo no que as alteracións de saude mental como a ansiedade e a depresión rexistran un aumento do 70 por cento nos últimos seis anos
Cambio a fronte da alcaldía en Ribeira. Luís Pérez Barral, do BNG perderá o cargo en favor de María Sampedro, do Partido Popular, que anuncia un pacto de goberno co grupo de edís independentes | A Xunta porá en marcha en 2026 un ensaio clínico para garantir a igualdade de acceso aos diangósticos e tratamentos avanzados fronte ao cancro. Anunciouno o conselleiro de Sanidade na inaugaración dun curso sobre medicina personalizada e de precisión | A produción galega de leite corre perigo por por falta de remuda xeraciónal nos próximos dez anos. Así o ponde manifesto o observatorio de activistas do medio rural reunido hoxe na Coruña | Adif presenta a segunda fase da liberalización do transporte ferroviario de viaxeiros, que inclue a proposta de aumento de capacidade no corredor entre Madrid e Galicia | Dende hoxe están a venda os abonos para o Resurrection Fest, que terá lugar en Viveiro entre o 1 e o catro de xullo do ano que ven. O evento anuncia como cabezas de cartel a Marlyn Manson, Limp Bizkit e Iron Maiden
Luís Pérez Barral, do BNG perderá a alcaldía de Ribeira en favor de María Sampedro, do Partido Popular, que anuncia un pacto de goberno co grupo de independentes | Ensaio clínico para garantir igualdade no acceso a tratamentos oncolóxicos avanzados | A producción láctea, en perigo pola falta de remuda xeracional | Adif amplía a liberalización do transporte de viaxeiros na liña entre Galicia e Madrid | A venda os abonos para o Resurrection Fest do ano que ven
Continua a influencia anticiclónica. Ceos despexados con presenza de nubes altas que non impiden o paso do sol. Néboas matinais localmente persistentes nas comarcas do interior de Lugo. As temperaturas mínimas baixan, mentres que as máximas van en lixeiro ascenso, con 24 graos na Coruña e ata 29 prevén en Ourense