Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Vacina contra a gripe por vía intranasal. É o programa piloto posto en marcha hoxe nun colexio do concello de Oroso, con alumnos que contan con previa autorización dos pais, e que podería estenderse a todolos centros de Galicia con alumnos de ata 11 anos | En Ribeira debátese a moción de censura presentada polo Partido Popular, co apoio de dos edís independentes. María Sampedro será a nova alcaldesa, en sustitución de Luís Pérez, do BNG | Protesta veciñal en Barreiros, apoiada polo Concello, para denunciar a carencia de médicos no centro de Saúde. Din que a última semana non houbo ningún facultativo para cubrir a atención primaria máis alá das urxencias | A compañía Pista Catro, de Santiago, galardoada co Premio Nacional de Circo. O recoñecemento, que concede o Ministerio de Cultura, destaca o seu número que mezcla a destreza co humor dos paiasos. É a primeira vez que unha formación galega recibe esta distinción, dotada de 30.000 euros

Ribeira conta xa con nova alcaldesa, María Sampedro, do Partido Popular, que desaloxa da alcaldía a Luis Pérez, do BNG. A moción de censura saíu adiante grazas aos 10 votos dos populares e a tres independentes | comezou a vacinación infantil fronte á gripe, que este ano se amplía aos nenos de entre seis meses e 11 anos. Son en total uns 215 mil. Outra novidade é a posta en marcha dun programa piloto para inmunizar nos propios colexios a 19 mil alumnos de infantil e primaria de 55 centros repartidos por toda Galicia | A Xunta establecerá nos presupostos do ano que ven rebaixas fiscais para as persoas maiores que cedan bens a cambio de coidados para toda a sua vida | mías dun cento de persoas con discapacidade cargadas de emoción chegaron hoxe a Praza do Obradoiro |

Ribeira conta xa con nova alcaldesa, María Sampedro, do Partido Popular, que desaloxa da alcaldía a Luis Pérez, do BNG | Comeza a vacinación infantil fronte á gripe, coa posta en marcha dun programa piloto para inmunizar nos propios colexios por vía intranasal | A Xunta establecerá nos presupostos do ano que ven rebaixas fiscais para as persoas maiores que cedan bens a cambio de coidados para toda a sua vida | Protesta veciñal en Barreiros, apoiada polo Concello, para denunciar a carencia de médicos no centro de Saúde | | A compañía Pista Catro, de Santiago, galardoada co Premio Nacional de Circo

A semana comeza con poucos cambios e temperaturas en valores altos para esta época. As máximas oscilan entre os 24 graos da Coruña e os 30 en Ourense. Co avance do día irán medrando brétemas costeiras e nubes de evolución no interior. Pola tarde, chuvascos no sur e leste do territorio

Conmemoración do día da Saúde Mental, con máis de 70.000 persoas que padecen alguna doenza dese tipo en Galicia. O estrés e ansiedade son as circunstancias que, segundo os especialistas, máis están a afectar | A cirurxía robótica avanza, con cerca de 12.000 intervencións efectuadas en Galicia dende que comezou a funcionar o primeiro robot Da Vinci, hai catro anos. A colocación de próteses de cadeira e xeonllo mediante esta técnica supera o 40%, pero os especialistas dín que poderían chegar ao cen por cen dos casos | Nun dos mellores momentos da súa carreira, Borja Iglesias di que lle colleu por sorpresa a convocatoria para a selección, despois de tres anos, no partido de mañá ante Xeorxia. Un encontro que será retransmitido por La 1, e, por primeira vez, coa posibilidade escoitalo en galego | Visitamos o taller da artista coruñesa Verónica Moar, antes de que parta cara a cidade de Yingdésen, considerada a capital da porcelana Chinesa, para participar no seu prestixioso premio internacional de cerámica

Xornada de conmemoración, nos hospitais, do día da Saúde Mental, un conxunto de doenzas que afecta actualmente a máis de 70.000 persoas en Galicia. O estrés e a ansiedade son as circunstancias que, segundo os especialistas, máis están a afectar á saude mental dos galegos | Por primeira vez Galicia quedará conectada con Norteamérica en voo directo regular. A compañía United Airlines anuncia unha liña entre Santiago e Nova Iork | RTVE ofrece a posibilidade de seguir en galego o encontro da fase de clasificación do mundial 2026 deste sábado, entre as seleccións de España e Xeorxia | O dianteiro do Celta Borja Iglesias volve á selección española despois de tres anos, cando renunciara para posicionarse en contra do polémico caso de Luis Rubiales | A artista coruñesa Verónica Moar participará no prestixioso premio internacional de cerámica da cidade de Yingdésen, considerada a capital da porcelana Chinesa

O estrés e a ansiedade son as circunstancias que máis están a afectar á saude mental dos galegos | Por primeira vez Galicia quedará conectada con Norteamérica en vó directo regular | A cirurxía robótica avanza en Galicia, con cerca de 12.000 intervencións efectuadas | Nun dos mellores momentos da súa carreira, Borja Iglesias di que lle colleu por sorpresa a convocatoria para a selección, despois de tres anos, no partido de mañá ante Xeorxia | A artista coruñesa Verónica Moar participará no prestixioso premio internacional de cerámica da cidade de Yingdésen

Segue a influencia do anticiclón, e déixanos tempo seco e de sol. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso. Ata 22 graos na Coruña e 28 en Ourense. Durante a fin de semana, a presenza de aire frío en altura provocará inestabilidade, que pode traducirse en tormentas pola tarde no interior

Conxemar, a gran feira europea dos produtos conxelados, pecha en Vigo con cifras de récord e pide máis espazo para seguir medrando. O número de visitantes desta edición vaise aproximar aos 30.000 e o volume de negocio superará tamén o do ano pasado | Os traballadores que prestan servizo a Ryanair en Santiago mobilízanse contra o ERE que suporá un cento de despedimentos no aeroporto da cidade. Propoñen como alternativa una regulación de emprego temporal | Sandra Garrido e Manu López, os dous galegos que participaron na Flotilla humanitaria interceptada por Israel, son escépticos sobre o plan de paz de Trump para Gaza. Os dous están de volta en Galicia | A Fundación Barrié abre na Coruña unha ampla exposición retrospectiva de Fernando Álvarez de Sotomayor, con obras da Casa de Alba o traídas de Chile que nunca se expuxeron ao público

Conxemar, a gran feira europea dos produtos conxelados, pecha en Vigo con cifras de récord e pide máis espazo para seguir medrando. O número de visitantes desta edición vaise aproximar aos 30.000 e o volume de negocio superará tamén o do ano pasado | Os traballadores que prestan servizo a Ryanair en Santiago mobilízanse contra o ERE que suporá un cento de despedimentos no aeroporto da cidade. Propoñen como alternativa una regulación de emprego temporal | Sandra Garrido e Manu López, os dous galegos que participaron na Flotilla humanitaria interceptada por Israel, son escépticos sobre o plan de paz de Trump para Gaza. Os dous están de volta en Galicia | Corenta anos despois de fundar Érguete, as nais contra a droga recibirán unha gran homenaxe esta noite no teatro Afundación de Vigo

Conxemar, a gran feira europea dos produtos conxelados, pecha en Vigo con cifras de récord e pide máis espazo para seguir medrando | Os traballadores que prestan servizo a Ryanair en Santiago mobilízanse contra o ERE que suporá un cento de despedimentos no aeroporto da cidade | Sandra Garrido e Manu López, os dous galegos que participaron na Flotilla humanitaria interceptada por Israel, son escépticos sobre o plan de paz para Gaza. Os dous están de volta en Galicia | A Fundación Barrié abre na Coruña unha ampla exposición retrospectiva de Fernando Álvarez de Sotomayor

Seguimos como estes días, con néboas e nubes baixas no interior pola mañá, que irán desaparecendo co avance do día. Pola tarde, probabilidade de chuvascos de treboada no sueste. As temperaturas continúan sen cambios e os ventos sopran do nordés moderados en xeral, e fortes entre Bares e a Costa da Morte pola tarde.

Os maiores galegos buscan o sol e a calor. Benidorm, a Costa do Sol e Canarias, son os destinos preferidos nas viaxes do Imserso, que hoxe comezan a venderse na nosa comunidade | A covid volve circular con forza entre nós. Seguramente saberemos de alguén que estes días está loitando contra o virus, que está disparando as vendas de test nas farmacias e as consultas nos centros de saúde. A maioría están afectados pola variante Frankenstein, que adoita causar dor de gorxa | O sector dos produtos do mar factura 8.000 millóns de euros e máis da metade deles son de empresas galegas. Parte deses contratos estanse negociando estes días na feira Conxemar, en Vigo | Formou parte da Xeración do 27 e foi unha das artistas máis senlleiras do século pasado. Maruja Mallo, naceu en Viveiro, en Lugo. O museo Reina Sofía de Madrid, abre hoxe a maior exposición retrospectiva da súa obra

Os maiores galegos buscan o sol e a calor. Benidorm, a Costa do Sol e Canarias, son os destinos preferidos nas viaxes do Imserso | A covid volve circular con forza entre nós O virus está disparando as vendas de test nas farmacias e as consultas nos centros de saúde | O sector dos produtos do mar factura 8.000 millóns de euros e máis da metade deles son de empresas galegas. Parte deses contratos estanse negociando estes días na feira Conxemar, en Vigo | Formou parte da Xeración do 27 e foi unha das artistas máis senlleiras do século pasado. O museo Reina Sofía de Madrid abre hoxe a maior exposición retrospectiva de Maruja Mallo

Benidorm, a Costa do Sol e Canarias, son os destinos preferidos nas viaxes do Imserso, que hoxe comezan a venderse en Galicia | A covid volve circular con forza entre nós. O virus está disparando as vendas de test nas farmacias e as consultas nos centros de saúde | O sector dos produtos do mar factura 8.000 millóns de euros e máis da metade deles son de empresas galegas | O museo Reina Sofía de Madrid abre a maior exposición retrospectiva de Maruja Mallo

Galicia mantense en influencia anticiclónica, pero con vento do norte e aire frío en altura. Diso viron as nubes baixas da mañá, moi abundantes nas comarcas do interior, que van abrir claros agora pola tarde. No norte de Galicia, tamén nubes baixas, con posibilidade de orballos na Mariña. Nas próximas horas, non se descartan chuvascos localmente treboentos en zonas altas do sueste de Ourense. Temperaturas mínimas en descenso, e baixan tamén, e de xeito notable, as máximas. Os ventos, do norte-nordés, irán aumentando a súa intensidade co avance do día.

Medrar mantendo a calidade e a sostibilidade. É o desafío do sector dos produtos do mar conxelados. Conxemar, a gran feira europea das empresas deste sector abre as súas portas en Vigo, con case 800 expositores de 46 países | Galicia recicla cada ano unhas 15.000 toneladas de electrodomésticos e aparellos electrónicos. Máis de 300 expertos e xestores deste proceso reúnense na Coruña co obxectivo de incentivar a reciclaxe e mellorar a recuperación de materiais | Hoxe comezou en Vigo a campaña de doazón da comunidade universitaria. Este curso contan con chegar ás 4.500 doazóns de sangue entre as tres universidades | As salinas de Ulló, na ría de Vigo, acollen estes días un grupo de flamengos, unha especie que non paraba por aquí desde hai máis de cincuenta anos. Os ornitólogos pensan que se debe ao cambio climático, cos invernos máis suaves

Medrar mantendo a calidade e a sostibilidade. É o desafío do sector dos produtos do mar conxelados. Conxemar, a gran feira europea das empresas deste sector abre as súas portas en Vigo, con case 800 expositores de 46 países | Galicia recicla cada ano unhas 15.000 toneladas de electrodomésticos e aparellos electrónicos. Máis de 300 expertos e xestores deste proceso reúnense na Coruña co obxectivo de incentivar a reciclaxe e mellorar a recuperación de materiais | As mulleres con discapacidade, xitanas ou inmigrantes sofren discriminación interseccional. É dicir, crúzanse varios motivos de discriminación creando unha forma única de vulnerabilidade e multiplicando os obstáculos para exercer os seus dereitos | Un técnico do Icomos, o organismo asociado a UNESCO que avaliará a candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio da Humanidade, visita estes días este territorio entre Lugo e Ourense. A inspección in situ busca contrastar os elementos do expediente sobre o que a UNESCO decidirá o ano que ven tras a retirada da candidatura de hai catro anos

Conxemar, a gran feira europea das empresas deste sector abre as súas portas en Vigo, con case 800 expositores de 46 países | Galicia recicla cada ano unhas 15.000 toneladas de electrodomésticos e aparellos electrónicos. Máis de 300 expertos e xestores deste proceso reúnense na Coruña | Campaña de doazón da comunidade universitaria | As salinas de Ulló, na ría de Vigo, acollen un grupo de flamengos, unha especie que non paraba por aquí desde hai máis de cincuenta anos

Seguimos en situación anticiclónica, pero coa entrada de ventos húmidos pola tarde aumentarán as nubes. A xornada comezou con ceo moi aberto, agás nos vales do interior nos que houbo algunhas néboas. Co avance o día tivemos un aumento das nubes baixas e posibilidade de brétemas costeiras polo oeste e agora pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas altas do interior. As temperaturas mínimas soben un pouco mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso.