Abordaxe no medio do Atlántico dun mercante con 4.000 quilos de cocaína con destino ao porto de Vigo. Unha intervención a cargo do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional, en colaboración coa DEA norteamericana. Os nove tripulates están detidos | O temor a dermatose nodular contaxiosa leva a cancelar dende hoxe todalas feiras e mercados que impliquen concentración de gando. Queda prohibida tamén a entrada de animais procedentes de zonas declaradas como restrinxidas. A Xunta asegura que non hai constancia de ningún caso en Galicia | Alivio no celtismo trala Primeira vitoria desta temporada na Liga, con remontada fronte ao Osasuna. Os tres puntos, pese a todo, non permiten coller moita distancia dos postos de descenso | No Día do Patrimonio Audiovisual, poñemos a ollada no ocorrido hai xusto 50 anos no centro de Santiago. Alí era demolido, ante a indiferencia xeral, o edificio Castromil
Abordaxe no medio do Atlántico dun mercante con 4.000 quilos de cocaína con destino a Vigo. Unha intervención a cargo do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional, en colaboración coa DEA norteamericana | Refórzanse as medidas en Galicia contra a dermatose nodular. Dende hoxe, quedan suspendidos os mercados, feiras e concursos de gando en toda Galicia | En Vigo comezou o xuizo polo chamado crime de Coia. A Fiscalía pide case 22 anos para un home por, presuntamente, asasinar outro a tiros en plena rúa en 2024 | No Día do Patrimonio Audiovisual, poñemos a ollada no ocorrido hai xusto 50 anos no centro de Santiago. Alí era demolido, ante a indiferencia xeral, o edificio Castromil. O arquitecto Carlos Almuiña foi unha das poucas voces que se alzaron para evitalo
Interceptado no Atlántico un mercante con 4.000 quilos de cocaína con destino ao porto de Vigo. Os nove tripulates están detidos | Dende hoxe, quedan suspendidos os mercados, feiras e concursos de gando. As organizacións do sector acollen positivamente a medida frente a dermatose nodular contaxiosa | Alivio no celtismo trala Primeira vitoria desta temporada na Liga, con remontada fronte ao Osasuna | A Fiscalía pide 22 anos para o presunto autor dun asesinato en Coia en 2024 | Por primeira vez en máis de 100 anos, o parque de bombeiros de Santiago permanece inactivo por falta de persoal
Empeza a semana con tempo seco e solleiro e con temperaturas mínimas máis baixas. Xeou nalgunhas zonas do interior de Lugo e Ourense. As temperaturas máximas soben. Oscilarán entre os 17 graos previstos na Coruña e os 22 que agardan en Ourense e Pontevedra
Un Golazo no primeiro minuto de encontro, clave para acadar a vitoria do Celta ante o Niza na Europa Leage. Protagonismo total para Iago Aspas, cun golazo no primeiro minuto de encontro, clave para acadar a vitoria do Celta ante o Niza na Europa Leage. O Príncipe das Bateas coroase como xogador con máis partidos na historia do Club vigués, van xa 534 | O tirón da creación de emprego no verán fai que a taxa de paro en Galicia baixe ao 8 por cento. Unha cifra que non se acadaba dende antes da crise de 2008. Mantense dous puntos e medio por debaixo da media do conxunto de España | Centos de sindicalistas renden homenaxe en Santiago a Suso Díaz, histórico fundador en Galicia de Comisións Obreiras, falecido o pasado mes de xullo. Entre os participantes, a sua filla, a vicepresidenta do goberno Yolanda Díaz | Expertos e responsables políticos intensifican o debate sobre a conveniencia do cambio de hora, que chega esta fin de semana, na madrugada do sábado ao domingo
Cun golazo no primeiro minuto, clave para a vitoria ante o Niza na Europa Leage, Iago Aspas coróase, como xogador con máis partidos na historia do Celta | Os conselleiros de Sanidade populares, entre eles o da Xunta, abandonan o Consello Interterritorial de Saúde en Zaragoza | O tirón da creación de emprego no verán fai que a taxa de paro en Galicia baixe ao 8 por cento, unha cifra que non se acadaba dende antes da crise de 2008. Mantense dous puntos e medio por debaixo da media de España | Homenaxe en Santiago a Suso Díaz, histórico sindicalista de Comisións Obreiras en Galicia, finado o pasado mes de xullo. Pai da Vicepresidenta Yolanda Díaz, que acudiu ao acto visiblemente emocionada | Pais dun colexio de Vigo denuncian falta de resposta ante o presunto acoso que sufriu a súa filla de cinco anos | Sabela Ramil publica un novo álbum con cancións en galego e referencias á vida rural
Iago Aspas coróase, cunha actuación estelar ante o Niza, como xogador con máis partidos na historia do Celta | A taxa de paro en Galicia baixe ao 8 por cento. Unha cifra que non se acadaba dende antes da crise de 2008 | Homenaxe en Santiago a Suso Díaz, histórico sindicalista falecido o pasado mes de xullo. Entre os participantes, a sua filla a vicepresidenta do goberno Yolanda Díaz | Os país dunha alumna denuncian en Vigo a falta de resposta ante o presunto acoso que sufriu a súa filla de cinco anos | Sabela Ramil, publica un novo álbum con cancións en galego e referencias á vida rural
Ceos máis abertos no norte e máis nubrados na metade sur. As temperaturas con poucos cambios, máximas que non pasan de 16 graos en Lugo. Mañá podería haber tamén algunhas precipitacións na provincia de Ourense e o domingo irá reforzándose a influencia anticiclónica
Satisfacción das familias do Villa de Pitanxo, ao coñecer o informe definitivo da Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos. Di que o buque iba sobrecargado e que foron os erros cometidos polo patrón os que propiciaron o máis grave afundimento dun pesqueiro galego nos últimos 40 anos | A busca de maior coordinación entre os Aeroportos galegos para frear a caída de viaxeiros comenza a dar pasos. O presidente da Xunta e o de Aena, acordan unha primeira xuntanza do grupo de traballo da Comisión de coordinación aeroportuaria | A queixería don Crisanto, da Denominación de Orixe San Simón, distinguida nos Premios Alimentos de España que concede o Ministerio de Agricultura. Premio tamén á produción pesqueira para a organizacion profesional Interfish | Nova cita europea do Celta, esta noite. O Niza francés ven a Balaídos. De saír ao campo, Iago Aspas podería converterse no xogador con máis partidos na historia do club
Satisfacción das familias do Villa de Pitanxo, ao coñecer o informe definitivo da Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos que atribue o naufraxió a erros cometidos polo patrón e que o buque iba sobrecargado | Nova xornada de folga e mobilizacións de traballadoras de residencias privadas, de centros de días de maiores e do servizo de axuda ao fogar | O Consorcio aeroespacial galego ten previsto acadar este ano os dous mil traballadores. Un crecemento impulsado pola demanda de aeronaves comerciais, satélites e naves non tripuladas. Son algúns dos retos que abordan en Vigo, representantes do sector | O Celta recibe esta noite en Balaídos ao Niza francés no encontro da terceira xornada da Europa League. Un encontro que chega nun momento en que os vigueses non terminan de acadar a regularidade a nivel de resultados
Satisfacción das familias do Villa de Pitanxo, polo informe definitivo da Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos que atribue o naufraxió a erros do patrón | Os presidentes da Xunta e de Aena acordan unha primeira xuntanza do grupo de traballo da Comisión de coordinación aeroportuaria | O Consorcio aeroespacial galego prevé acadar este ano os dous mil traballadores polo aumento da demanda de aeronaves, drons e satélites | A queixería don Crisanto, da Denominación de Orixe San Simón, distinguida nos Premios Alimentos de España | O Celta recibe esta noite en Balaídos ao Niza francés no encontro da terceira xornada da Europa League
Situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Ceos con abundantes nubes e co paso do día iranse abrindo grandes claros. As temperaturas sufren un moderado descenso, con máximas entre os 16 graos en Santiago e os 19 en Pontevedra. O vento, forte no litoral norte entre Ortegal e Estaca de Bares
Incautadas máis de duas toneladas de cocaína, grazas á colaboración de axentes da policía española e francesa, nun operativo no Porto da Coruña. Alí está atracada unha embarcación de 12 metros de eslora, que foi interceptada fronte a costa de Lisboa, con catro tripulantes detidos. A operación segue aberta | As medidas para facilitar o acceso a vivenda, a debate hoxe na sesión de control do Parlamento. O presidente Rueda defendeu a súa proposta de adaptar baixos comerciais para alugueiro social, fronte ás críticas da oposición | Comerciantes e hostaleiros do Morrazo reclaman unha revisión do aumento da taxa do lixo aprobado pola Mancomunidade para adaptarse á nova lei que obriga a repercutir o custo total do tratamento dos residuos. Din que nalgúns casos a nova taxa multiplica por dez a anterior | Boas capturas no comenzo da temporada do ourizo de mar, un produto cada vez mais demandado na alta cociña e tamén pola industria conserveira
Operación internacional a gran escala no porto da Coruña, onde permanece una embarcación interceptada fronte á costa de Lisboa con máis de dúas toneladas de cocaína | A previsión de chuvias intensas e vento forte nas próximas horas, levou á Xunta a activar a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de Lugo e A Coruña | As medidas para facilitar o acceso a vivenda, a debate hoxe na sesión de control do Parlamento. O presidente Rueda defendeu a súa proposta de adaptar baixos comerciais para alugueiro social, fronte ás críticas da oposición | O talento e o esforzo do estudantado, protagonistas na entrega dos premios á excelencia académica | A obra galega de Federico García Lorca cumpre noventa anos. Para celebralo a universidade de Santiago inaugurou hoxe unha exposición no pazo de Fonseca
Incautadas máis de duas toneladas de cocaína, grazas á colaboración de axentes da policía española e francesa, nun operativo no Porto da Coruña | O presidente Rueda defende na Sesión de Control do Parlamento a súa proposta de adaptar baixos comerciais para alugueiro social, fronte ás críticas da oposición | A previsión de chuvias intensas e vento forte nas próximas horas, levou á Xunta a activar a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de Lugo e A Coruña | Comerciantes e hostaleiros do Morrazo reclaman unha revisión do aumento da taxa do lixo aprobado pola Mancomunidade
Unha nova fronte activa achega ceos moi nubrados en xeral, con precipitacións máis probables na metade oeste. A medida que avance o día, as chuvias serán máis xeneralizadas e localmente intensas e o vento será forte en todo o territorio nas últimas horas.
A Xunta non pedirá ao Goberno Central as competencias en salvamento marítimo e a loita contra a contaminación mariña. A maioría do Partido Popular rexeita no Parlamento a proposta do BNG apoiada polos socialistas para asumir a xestión desas materias, ao ter máis de 1.700 quilómetros de costa e unha frota de 4.000 embarcacións | Xuntanza, en Santiago, de representantes das comunidades autónomas no Comité Europeo das Rexións. O presidente da Xunta, que exerce de anfitrión, xustifica a negativa a facilitar ao Ministerio de Sanidade datos dos cribados de cancro de mama | Polémica en Vigo polo anuncio de peche da pensión máis antiga da cidade. Os grupos da oposición reclaman ao goberno municipal alternativas para os 21 inquilinos, persoas con baixos recursos que quedarán na rúa, ante a falta de alternativas de vivenda accesible | O conflicto de Palestina, protagonista da nova edición do Festival de Cine e Cultura árabe Amal, que arranca en Santiago. Na inauguración, O xornalista palestino Yousef Hammas, presenta a sua obra documental sobre a guerra de Gaza
O Salvamento Marítimo e a loita contra a contaminación mariña non serán competencia da Xunta. A maioría do Partido Popular rexeita no Parlamento a proposta do BNG apoiada polos socialistas para asumir a xestión desas materias | Reunión en Santiago, da delegación española no Comité Europeo das Rexións. Foi nunha xuntanza extraordinaria para visibilizar unha fronte común e salientar a importancia das administracións territoriais | A factura electrónica comezará a ser obrigatoria para os establecementos a partir de mediados do ano que vén, xunto coa nova regulación de envases. Uns cambios que moitos responsables de pequenos negocios din ser incapaces de asumir | A Garda Civil e Policía Nacional teñen en marcha una operación contra o narcotráfico en distintas localidades | Chega ás librarias 'El balanceo del Alacrán', de Eduardo Fernán-López. Unha novela negra ambientada no naufraxio do Villa de Pitanxo en augas de Canadá
A maioría do Partido Popular rexeita no Parlamento a proposta do BNG apoiada polos socialistas para asumir as competencias en Salvamento Marítimo e loita contra a contaminación mariña | Xuntanza, en Santiago, de representantes das comunidades autónomas no Comité Europeo das Rexións para rexeitar a centralización dos fondos europeos | A Garda Civil e Policía Nacional teñen en marcha una operación contra o narcotráfico en distintas localidades | Chega ás librarias 'El balanceo del Alacrán', de Eduardo Fernán-López. Unha novela negra ambientada no naufraxio do Villa de Pitanxo
Seguen chegando sucesivas liñas de inestabilidade, nunha xornada de ceos nubrados e con chuvascos, máis probables e intensos na segunda metade do día, localmente treboentos na fachada atlántica. As temperaturas experimentan lixeiros ascensos. Alerta amarela por mar de vento entre Bares e Fisterra