Campaña especial da Xunta para vacinar da gripe a toda a poboación de entre 60 e 69 anos. Será esta fin de semana nos centros hospitalarios | Tres galegos figuran entre os 10 fuxitivos máis buscados en España. Están acusados de delitos de agresión sexual a menores ou tráfico de drogas. A Policía Nacional falicita a lista dos perfís con características físicas para solicitar colaboración cidadá | As bandas do leste de Europa son xa o principal reto para as forzas policiais de loita contra o narcotráfico en Galicia. Así o indica o xefe do Grupo Espacial de Crime Organizado nunha Entrevista para Radio Nacional | A Xunta detecta 32 mulleres en risco de Violencia Machista tras unha enquisa protocolaria nos centros de atención primaria | Sen chegar aos 30 anos, Samuel Mariño está a revolucionar o mundo da ópera, tanto pola súas actuacións como pola súa mensaxe. É de Venezuela, vive en Berlín e triunfa en teatros de todo o mundo. Hoxe chega por primeira vez Galicia para un concerto esta noite na Coruña |
Campaña especial da Xunta para vacinar da gripe a toda a poboación de entre 60 e 69 anos | A Policía Nacional sitúa en Cuba a Martiño Ramos, o profesor de música condenado a 13 anos de cárcere por violar e agredir físicamente a unha alumna en Ourense | A Xunta detecta 32 mulleres en risco de Violencia Machista tras unha enquisa nos centros de atención primaria | As bandas do leste de Europa son xa o principal reto para as forzas policiais de loita contra o narcotráfico en Galicia | Calcetíns de Nadal, para a nova campaña de recollida de fondos da Federación Galega de Enfermidades Raras
A semana comeza co paso dunha fronte que deixa chuvia sobre todo en Pontevedra. Alí está activa unha alerta ata o mediodía por acumulados de máis de 40 litros por metro cadrado en doce horas. Tralo paso da fronte, apertura de claros e chuvascos ocasionais
Annie Leibovitz, a fotógrafa más famosa do mundo, presenta na Coruña a exposición Wonderland, organizada pola Fundación Marta Ortega. Un percorrido pola obra da artista, que inclúe o seu traballo co figuras da música como os Rolling Stones ou da moda e o estilismo | Nova cita entre a consellería de Sanidade e os sindicatos para negociar a posible desconvocatoria da folga prevista para a semana que ven en atención primaria. O conselleiro insiste en que está aberto ao diálogo e advirte do aumento da presión asistencial pola vaga de gripe | Os beneficios para a saúde de consumir leite e derivados lácteos. E a mensaxe que difunde dende Lugo a asociación de gandeiros Agromuralla, que cumpre dez anos en defensa dos intereses do sector | Novos autobuses cen por cen eléctricos, híbridos, de hidróxeno ou incluso autónomos. O último en solucións tecnolóxicas e equipamento para vehículos de transporte de pasaxeiros por estrada. É o que ofrece o certame Expo Bus no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda
A Fundación Marta Ortega ofrece por primeira vez unha mostra conxunta do traballo da fotógrafa Annie Leibovitz. "Wonderland" supón un recorrido por imaxes icónicas das últimas décadas, que abre mañá ao público no Peirao da Batería da Coruña | A Universidade da Coruña aproba por unanimidade o acordo para asegurar a docencia de Medicina. O Consello de Goberno, reunido esta mañá, aposta pola descentralización gradual dos cursos de cuarto, quinto e sexto | En plena convulsión pola condena ao fiscal xeral do estado, a asociación de fiscais que xusto hoxe celebra a súa asemblea en Santiago, considera que o xuizo a Álvaro García Ortiz deixa gravemente ferida a imaxe da institución, critica as reaccións no seo do goberno e aposta por limpar a imaxe da fiscalía ante a cidadanía | Silleda acolle estes días unha das mostras máis importantes a nivel nacional do sector do transporte de viaxeiros por estrada. Alí únese a vangarda en eficiencia, sostibilidade ou accesibilidade, pero tamén hai oco para unha exposición de autobuses antigos
Annie Leibovitz, a fotógrafa más famosa do mundo, presenta na Coruña a exposición Wonderland, organizada pola Fundación Marta Ortega | A Universidade da Coruña aproba por unanimidade o acordo para asegurar a docencia de Medicina | A asociación de fiscais celebra a súa asemblea en Santiago e critica as reaccións do goberno á condena de García Ortiz polo Supremo | | O último en solucións tecnolóxicas e equipamento para autobuses, certame Expo Bus no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda
A fin de semana comeza con máis frío, xeadas nas montañas e neve na cota dos 800 metros con algúns chuvascos illados polo norte nas primeiras horas. Durante a fin de semana soben algo as temperaturas e tamén volven as chuvias a última hora do sábado durante a mañá do domingo
Los trabajos han hallado dos cuerpos en la fosa en el cementerio de Santa María de Luou, en Teo, A Coruña. Se buscaba a cuatro guerrilleros antifranquistas. Emitido el 20 de noviembre de 2025 en el informativo territorial de Galicia, Telexornal.
Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias
Ao cumprirse 50 anos dende a morte de Franco buscamos os recordos dos que o viviron a idea que os máis novos teñen do Franquismo. Tamén repasamos os lugares declarados da memoria democrática en Galicia, a cidade de Ferrol, a Illa de San Simón e o Pazo de Meirás, onde se retransmitíu o programa La Noche en 24 Horas, con récord de audiencia | En Teo, exhumación dunha fosa ao lado do cemiterio de Luou. Segundo os historiadores deberían estar enterrados catro 'maquis' asasinados na posguerra | Galicia foi un dos escenarios habituais protagonistas do NODO, o noticiario propagandístico do réxime de Franco. A súa proxección era obrigada nos cines, en tempos nos que aínda non había televisión | Primeira nevarada do outono nas serras orientais de Galicia. As precipitacións foron escasas polo momento. A comunidade líbrase das alertas meteorolóxicas que si están activas nas zonas montañosas da metade norte da península
Ao cumprirse 50 anos dende a morte de Franco, buscamos os recordos dos que o viviron e tamén coñecer a idea que os máis novos teñen do Franquismo | O Goberno declarou como Lugares de Memoria democrática o Pazo de Meirás e a Illa de San Simón, na Ría de Vigo, e a cidade de Ferrol | Exhumación dunha fosa ao lado do cemiterio de Luou, en Teo, na que os historiadores cren que están enterrados catro 'maquis' asasinados na posguerra |O Consello de docencia clínica ratifica o acordo para a descentralizacion da facultade de Medicina en Galicia. Os conselleiros de Educación e Sanidade conxuntamente cos tres reitores celebran o consenso acadado na descentralización do grao de Medicina | Arranca en Santiago a primeira edición dun encontro internacional ao redor da arte dixital. Expertos de todo o mundo analizan os retos e oportunidades da creación dixital na era dos algoritmos.
Exhumación dunha fosa ao lado do cemiterio de Luou, en Teo, na que os historiadores cren que están enterrados catro 'maquis' asasinados na posguerra | O Goberno declarou como Lugares de Memoria democrática o Pazo de Meirás e a Illa de San Simón, na Ría de Vigo, e a cidade de Ferrol | O Consello de docencia clínica ratifica o acordo para a descentralizacion da facultade de Medicina en Galicia | Primeira nevarada do outono nas serras orientais de Galicia | Arranca en no Centro Gaiás, en Santiago, a primeira edición dun encontro internacional ao redor da arte dixital
Unha masa de aire polar achega dende o norte. Máis despexado canto máis ao sur e con chuvascos illados e ocasionais no norte, que de novo serán de neve por riba dos 800 metros. Durante o día os termómetros apenas pasarán dos dez graos en moitos puntos do interior
Probas de espirometría para detectar posibles casos en persoas que non teñen sequera sospeita de padecer EPOC. Unha doenza respiratoria crónica, que pode afectar ata o 16 por cento dos maiores de 40 anos, sobre todo fumadores, e da que hoxe se celebra o día mundial | A Situación da Sanidade, a debate na Sesión de Control do Parlamento. Fronte ás críticas da oposición, Rueda anuncia a chegada, esta fin de semana, do acelerador para o Centro de Protonterapia que se constrúe en Santiago | Seis de cada dez mulleres do rural coñecen a algunha vítima de violencia machista na súa contorna. Así o indica un estudo elaborado pola de Federación de Mulleres Rurais. A maioría das enquisadas considera que no rural non están igual de protexidas | A Web de RTVE presenta un mapa interactivo elaborado cos 6.000 puntos de soterramento de vítimas da Guerra Civil e do Franquismo. En Galicia son un cento e a metade están ainda sen exhumar
Hoxe celébrase o Día Mundial da EPOC. Sete de cada dez adultos enfermos está sen diagnosticar, por iso neumólogos dos hospitais públicos realizan sesións informativas | A Situación da Sanidade, a debate na Sesión de Control do Parlamento. Fronte ás críticas da oposición, Alfonso Rueda anuncia a chegada, esta fin de semana, do acelerador para o Centro de Protonterapia | Comezan hoxe as obras de construción do novo edificio do centro de supercomputación de Galicia no polígono da Sionlla de Santiago. Ten un orzamento de 13 millons de euros | Seis de cada dez mulleres do rural coñecen a algunha vítima de violencia machista na súa contorna. Así o indica un estudo elaborado pola de Federación de Mulleres Rurais | 'O país das 6.000 fosas' é o novo proxecto interactivo desta casa, de radio televisión española. Un traballo no que se pode coñecer a historia de moitas vítimas da Guerra Civil e do franquismo. En Galicia máis da metade das fosas aínda están sen exhumar
Probas de espirometría para detectar posibles casos en persoas que non teñen sequera sospeita de padecer EPOC | Alfonso Rueda anuncia a chegada, esta fin de semana, do acelerador para o Centro de Protonterapia | Comezan a construción do novo edificio do centro de supercomputación de Galicia no polígono da Sionlla de Santiago. Ten un orzamento de 13 millons de euros | Seis de cada dez mulleres do rural coñecen a algunha vítima de violencia machista na súa contorna. Así o indica un estudo elaborado pola de Federación de Mulleres Rurais |
Xornada cos ceos parcialmente nubrados e chuvascos illados e ocasionais, máis probables na metade norte. No sur ceos alternando as nubes cos claros. A cota de neve irá descendendo progresivamente ata quedar por debaixo dos 1.000 metros xa durante a madrugada. As temperaturas sofren un lixeiro descenso
Volve a recomendación de usar máscara nos centros de saúde e nas urxencias, pola vaga da gripe. A Xunta activa o plan de inverno un mes antes do previsto polo aumento da incidencia do virus | A Consellería de Sanidade intensifíca as negociacións cos sindicatos para poder desconvocar a folga prevista para a semana que ven na atención primaria, despois de retirar os cambios organizativos máis polémicos| A agonía final do franquismo, da que se cumpren 50 anos, tivo en Galicia un dos seus principais escenarios, co ditador pasando o último verán no Pazo de Meirás. Hoxe repasamos cómo foi aquel período cheo de incertezas | Os tesouros das profundidades mariñas de Galicia, indonesia ou Costa Rica. E o traballo de documentalistas e investigadores, que participan na Semana de Cine Submarino que arranca en Vigo
A Xunta activa o plan de inverno un mes antes do previsto polo aumento da incidencia da gripe. A variedade que se está detectando é gripe A e ven acompañada de problemas intestinais en moitos casos | A Delegación do Goberno en Galicia rende homenaxe ós medios estatais que participaron na extinción dos incendios do pasado verán | O produtor cinematográfico e presidente de Filmax Julio Fernández faleceu en Miami aos 78 anos. Natural da Fonsagrada, foi unha figura relevante na industria audiovisual española| Documentalistas, investigadores e divulgadores participan dende hoxe na Semana de Cine Submarino que organiza a Universidade de Vigo|
A Xunta activa o plan de inverno un mes antes do previsto polo aumento da incidencia da gripe. | Sanidade intensifíca as negociacións cos sindicatos para poder desconvocar a folga prevista para a semana que ven na atención primaria | A Delegación do Goberno en Galicia rende homenaxe ós medios estatais que participaron na extinción dos incendios do pasado verán | O grao de Medicina seguirá impartíndose en Santiago pero a docencia comezará a descentralizarse o próximo ano, nos tres últimos cursos da carreira de xeito progresivo | Documentalistas, investigadores e divulgadores participan dende hoxe na Semana de Cine Submarino que organiza a Universidade de Vigo
As altas presións no Atlántico norte achegan aire frío. Xornada de ceo máis nubrado no norte, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais e apertura de grandes claros no sur; néboas persistentes en puntos do interior. As temperaturas sufren un descenso de lixeiro a moderado